Guía de procedementos e servizos

MT201J

Informe anual de actividade do SCRAP e documentación complementaria

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Aberto todo o ano

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Sobre o procedemento

Cumprimento ás obrigas de información establecidas para os Sistemas Colectivos de Responsabilidade Ampliada do Produtor (SCRAP), de conformidade co artigo 53 da Lei 7/2022, do 8 de abril, de residuos e solos contaminados para unha economía circular.

A información achegada permitirá verificar o cumprimento das obrigas derivadas da autorización do sistema e facilitar as actuacións de seguimento, control e avaliación por parte da Administración competente.

Persoas físicas e xurídicas que optan por un sistema colectivo de responsabilidade ampliada do produtor.

Xunta de Galicia

Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático

Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade

Subdirección Xeral de Residuos e Economía Circular

Servizo de Residuos

Edificio Administrativo de San Lázaro s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981 541 056

Email: buzon.residuos@xunta.gal

Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Segundo o fluxo de residuos:




  • Aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE): antes do 28 de febreiro do ano seguinte ao do periodo de cumprimento (Real decreto 110/2015 art 41.e)


  • Pilas e acumuladores: antes do 1 de abril de cada ano (Real Decreto 106/2008 art. 18 e o art.16 da súa modificación )


  • Envases: antes do 31 de maio do ano seguinte ao do periodo de cumprimento (Real Decreto 1055/2022 art. 21.h ).


  • Pneumáticos ao final da súa vida útil: antes do 31 de maio de cada ano ( Real Decreto 712/2025 art. 13.g )


  • Aceites industriais: antes do mes de xullo de cada ano (Real decreto 679/2006 art. 14)



Forma e lugar de presentación

As comunicacións presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación para a presentación

1. As persoas interesadas deberán achegar a seguinte documentación complementaria :

  • Informe anual co contido mínimo establecido na normativa vixente en función do fluxo de residuos de que se trate:

    • Aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE)

      Informe anual da actividade do SCRAP (anexo XVIII do Real decreto 110/2015).

    • Pilas e acumuladores

      Informe anual da actividade do SCRAP ( art 18 Real decreto 106/2008 e art 16 Real decreto 710/2015 )

    • Envases

      Informe anual da actividade do SCRAP ( anexo VII do Real Decreto 1055/2022).

    • Pneumáticos ao final da súa vida útil

      Informe anual da actividade do SCRAP ( anexo IV Real Decreto 712/2025 )

    • Aceites industriais usados

      Informe anual da actividade do SCRAP ( anexo I Real decreto 679/2006 )

  • Documentación acreditativa da representación legal da empresa con copia da escritura notarial da representación debidamente inscrita no Rexistro Mercantil ( só personas xurídicas)

    2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

    As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

    3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da comunicación deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

    4. No caso de que algún dos documentos a presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivera un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

    Comprobación de datos

    1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas Administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta.

    a) DNI/NIE da persoa física solicitante ou comunicante.

    b) NIF da persoa xurídica solicitante ou comunicante.

    c) DNI/NIE da persoa representante.

    d) NIF da entidade representante.

    No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

    2. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

    Trámites administrativos posteriores á presentación

    Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar despois da presentación , deberán efectuarse electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

    Despois de presentar

    Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

    Normativa
    • Ámbito Autonómico
      • Orde do 7 de xullo de 2020 pola que se habilitan electronicamente os procedementos administrativos de prazo aberto do órgano competente en materia de Calidade Ambiental e Cambio Climático desta consellería e se habilitan na sede electrónica da Xunta de Galicia (DOG nº 198 do 30 de setembro de 2020).

      • Lei 6/2021, do 17 de febreiro, de residuos e solos contaminados de Galicia (DOG nº 38 do 25 de febreiro de 2021).

    • Ámbito Estatal
      • Lei 7/2022, de 8 de abril, de residuos e solos contaminados para unha economía circular (BOE nº 85 de 9 de abril de 2022).

      • Real Decreto 679/2006, do 2 de xuño, polo que se regula a xestión dos aceites industriais usados (BOE núm. 132, do 3 de xuño de 2006)

      • Real decreto 106/2008, de 1 de febrero, sobre pilas y acumuladores y la gestión ambiental de sus residuos, modificado por el Real decreto 710/2015, do 24 de julio, y por el Real decreto 27/2021, de 19 de enero (BOE núm. 37, de 12 de febrero de 2008)

      • Real Decreto 110/2015, do 20 de febreiro, sobre residuos de aparellos eléctricos e electrónicos

      • Real Decreto 1055/2022, de 27 de diciembre, de envases y residuos de envases (BOE núm. 311, de 28 de diciembre de 2022)

      • Real Decreto 712/2025, de 26 de agosto, de neumáticos al final de su vida útil (BOE núm. 206, de 27 de agosto de 2025)

    Descargar o contido desta ficha en formato PDF

    Outros procedementos relacionados

    AU113A

    Autorización de obras ou traballos no dominio público hidráulico ou zona de policía de leitos.

    Tramitar en liña

    Aberto todo o ano

    AU113C

    Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía

    Tramitar en liña

    Aberto todo o ano

    AU114A

    Autorización de verteduras de augas residuais (tramitación ordinaria).

    Tramitar en liña

    Aberto todo o ano

    AU208A

    Concesión de augas.

    Tramitar en liña

    Aberto todo o ano