Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR670D
Axudas ao fomento de plantacións de castiñeiro para froito e para a rexeneración e/ou mellora de soutos tradicionais de castiñeiros.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería do Medio Rural
Estas axudas teñen como obxectivo o fomento da plantación de castiñeiro para froito e a rexeneración e/ou mellora de soutos tradicionais de castiñeiros. As axudas teñen o seu encaixe no Plan de recuperación, transformación e resiliencia (PRTR).
1. Serán persoas beneficiarias as entidades locais e as persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares dos terreos obxecto de axuda, entendendo por titulares tanto propietarios como arrendatarios ou xestores.
2. As persoas beneficiarias deben cumprir coas obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e non estar incursas en ningunha clase de inhabilitación de axudas previstas no seu artigo 10. Ademais, non deben estar incursas en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
3. As CMVMC deberán estar legalmente constituídas e regulamentariamente inscritas no Rexistro Provincial de CMVMC, de acordo co disposto no artigo 57 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, para poder acceder a estas subvencións e cumprir co disposto no artigo 125 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e no Decreto 23/2016, do 25 de febreiro, polo que se regula o reinvestimento dos ingresos obtidos polas CMVMC en actuacións de mellora e protección forestal como moi tarde o día en que remate o prazo de solicitude da axuda.
4. Os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo deben cumprir co estipulado no artigo 126 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e no Decreto 16/2024, do 18 de xaneiro, polo que se regula o réxime xurídico e o rexistro de montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo.
5. Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise, de acordo coa definición do Regulamento (UE) nº 2022/2472 da Comisión, do 14 de decembro de 2022, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.
Para verificar o cumprimento deste requisito, as empresas solicitantes deberán declarar na solicitude que non se encontran en situación de crise conforme a normativa comunitaria.
6. Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
Servizo de Montes de Coruña
Rúa Vicente Ferrer, nº 2
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184575
Fax: 981184672
Email: servizo.montes.coruna@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo
Servizo de Montes de Lugo
Ronda da Muralla, nº 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294531
Fax: 982294874
Email: montes.lugo@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense
Servizo de Montes de Ourense
Rúa Villaamil y Castro, s/n
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386695
Fax: 988386697
Email: montes.medio-rural.ourense@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra
Servizo de Montes de Pontevedra
Avda. Mª Victoria Moreno, nº 43 - 2º
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805411
Fax: 986805478
Email: servizo.montes.pontevedra@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
15/05/2024 00:00 - 26/06/2024 23:59
1. O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
2. Os traballos solicitados na solicitude de axuda non poderán iniciarse antes da inspección previa a que se refire o artigo 19 desta orde e estarán condicionados á aprobación da axuda.
Solicitudes
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible (anexo I) na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. A persoa solicitante fará constar na solicitude de axuda (anexo I) se a superficie de actuación comprende zonas incluídas na Rede Natura 2000, zonas de protección lateral do Camiño de Santiago ou se está afectada pola normativa de patrimonio cultural de Galicia, conforme o Decreto 232/2008, do 2 de outubro, sobre o Inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia, así como calquera outra afección segundo a lexislación sectorial vixente en materias distintas da forestal. As ditas afeccións están reflectidas no visor que figura no enderezo electrónico http://mapas.xunta.gal/visores/aproveitamentos/
3. A persoa interesada deberá presentar unha solicitude, dirixida á xefatura territorial da Consellería do Medio Rural da provincia onde radique o terreo obxecto de actuación, axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo I (solicitude), que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 13 desta orde xunto cos anexos que sexan necesarios.
4. No formulario de solicitude (anexo I) inclúense as seguintes declaracións responsables:
a) De todas as axudas solicitadas e concedidas para a mesma finalidade ou os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.
b) De que todos os datos contidos nesta solicitude e nos documentos que se achegan son certos.
c) De que cumpre coas obrigas establecidas no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e non está incursa en ningunha clase de inhabilitación de axudas previstas no seu artigo 10. Ademais, de que non está incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
d) De que a persoa solicitante cumpre as disposicións contidas nesta orde.
e) Que a persoa solicitante non está inmersa nun proceso de concurso de acredores nin se encontra en situación de crise conforme a normativa comunitaria.
f) Compromiso de cumprimento dos principios transversais establecidos no PRTR, en concreto os seguintes:
i. Declaración responsable do cumprimento do compromiso de etiquetaxe verde e dixital prevista no PRTR, con base no Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia. As actuacións recollidas nestas liñas de axudas teñen asignado un campo de intervención cuxo código é o 050 cunha contribución do 40 % aos obxectivos climáticos e do 100 % aos obxectivos ambientais.
ii. Declaración responsable do cumprimento do compromiso do principio horizontal de «non causar prexuízo significativo» (Do no significant harm, DNSH) que define o artigo 2.6 do Regulamento (UE) nº 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, respecto dos seis obxectivos ambientais recollidos no artigo 5 da Orde HFP/1030/2021 e definidos no Regulamento (UE) nº 2020/852 (Regulamento de taxonomía da UE):
a. Mitigación do cambio climático.
b. Adaptación ao cambio climático.
c. Uso sustentable e protección dos recursos hídricos e mariños.
d.Transición cara a unha economía circular.
e. Prevención e control da contaminación.
f. Protección e recuperación da biodiversidade e os ecosistemas.
Atendendo ao tipo concreto de actuación, poderá resultar exixible o condicionado específico que recolle o número 8 do compoñente 4 do PRTR para o investimento I3 (C04.I03).
g) Declaración de cesión e tratamento de datos en relación coa execución de actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia para o compoñente 4 (C04) para dar cumprimento ao establecido no artigo 22.2.d) do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, e ao artigo 8.1 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, e segundo o modelo b) do anexo IV da citada orde.
h) Declaración de compromiso de cumprimento dos principios transversais en relación coa execución de actuacións do Plan de recuperación, transformación e resiliencia para o compoñente 4 (C04) para dar cumprimento ao establecido no artigo 22.2.d) do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia, e ao artigo 8.1 da Orde HFP/1030/2021, do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, e segundo o modelo c) do anexo IV da citada orde.
5. Para cada liña de axuda soamente se poderá presentar unha solicitude por titular, ano e para os terreos que se encontren nun mesmo concello, agás no caso de que un titular teña terreos en dúas ou máis agrupacións forestais, nas cales o 50 % dos seus membros deberá ser distinto. No caso contrario, procederase de oficio a arquivar sen máis trámite as solicitudes presentadas con posterioridade á primeira. Deberase presentar unha solicitude para cada petición realizada sobre diferentes concellos.
6. Toda a información para a presentación de solicitudes está dispoñible na Guía de procedementos e servizos no enderezo https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos. Tamén se poderá acceder á información a través da oficina agraria virtual (OAV) dispoñible no enderezo https://mediorural.xunta.gal/gl/oficina-virtual-do-medio-rural
7. A presentación da solicitude non implica ningún dereito para o peticionario mentres non exista resolución favorable á petición.
Documentación complementaria.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Documentación xeral:
a.1) Documentación que acredite, por calquera medio válido en dereito, a representación con que actúa a persoa que asina a solicitude.
a.2) Acreditación da dispoñibilidade dos terreos onde se van realizar os investimentos por calquera documentación xustificativa da propiedade admisible en dereito ou, na súa falta, mediante declaración responsable.
En particular, para as seguintes entidades:
– Os CMVMC: mediante declaración responsable e de acordo cos datos que figuren no Rexistro Xeral de Montes Veciñais en Man Común.
– Os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo, mediante declaración responsable e de acordo cos datos que figuren no Rexistro de Montes de Varas, Abertais, de Voces, de Vocerío ou de Fabeo.
– As organizacións inscritas no Rexistro de Agrupacións Forestais de Xestión Conxunta (incluídas as Sofor) non precisarán achegar documentación que acredite a propiedade ou a cesión dos dereitos de uso e aproveitamento das parcelas inscritas neste rexistro a favor da agrupación forestal de xestión conxunta.
a.3) Os propietarios particulares de xeito individual que soliciten axuda para unha superficie de actuación igual ou superior a 10 hectáreas, as entidades locais e as persoas xurídicas deberán presentar un proxecto (en formato PDF ou similar, e coa cartografía en soporte dixital en formato vectorial), de acordo co establecido no anexo XI, asinado con certificado dixital por unha persoa titulada en Enxeñaría de Montes ou Enxeñería Técnica Forestal, ou titulada universitaria de grao ou posgrao en materia forestal, e co nomeamento do director de obra.
Os propietarios particulares de xeito individual que soliciten axuda para unha superficie de actuación inferior a 10 hectáreas presentarán o documento descritivo das actuacións (anexo IV).
a.4) Para todas as persoas solicitantes, os orzamentos ou facturas pro forma do importe do investimento polo que solicita subvención asinadas electronicamente e cos seguintes requisitos:
– Non poderán proceder de persoas físicas ou xurídicas vinculadas entre elas nin co solicitante.
– Deberán incluír, como mínimo, o NIF ou CIF, o nome e o enderezo da empresa ou persoa oferente, o nome ou razón social do solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados e o seu importe unitario (desagregación de todas as actuacións polas que se solicita axuda por custos unitarios de unidades de obra).
No caso de que o importe do investimento polo que se solicita subvención sexa igual ou superior aos importes de contrato menor de obras (40.000 euros) segundo o establecido no artigo 118 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, IVE excluído, a persoa solicitante deberá presentar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, nas cales figurarán detalladas as actuacións que se van realizar (desagregación de todas as actuacións polas cales se solicita axuda por custos unitarios de unidades de obra).
A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, e cando a elección non recaia na proposta económica máis favorable deberá xustificarse expresamente nunha memoria. Ademais, non se admitirán as ofertas que procedan de empresas vinculadas entre elas nin coa persoa solicitante da axuda.
Estas ofertas deberán estar asinadas e incluír, como mínimo, o CIF ou NIF, o nome e o enderezo da empresa ou persoa ofertante, o nome ou razón social da solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados e o seu importe unitario.
Por outra banda, non poderá haber vinculación entre a persoa solicitante da axuda e calquera das ofertantes e, en referencia ao artigo 27.7.d) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en ningún caso poderá concertar a persoa beneficiaria a execución das actividades subvencionadas con persoas ou entidades vinculadas coa dita beneficiaria. Para estes efectos, consideraranse persoas ou entidades vinculadas aquelas que estean nalgún dos casos establecidos no artigo 18 da Lei 27/2014, do 27 de novembro, do imposto sobre sociedades.
Os orzamentos ou ofertas que presente a persoa solicitante circunscríbense a unha relación comercial entre terceiros, entre a persoa solicitante e persoas físicas ou xurídicas oferentes, sendo estes os responsables de calquera situación de vinculación, colusión ou concertación de ofertas de acordo co establecido na lexislación aplicable. Estas situacións comportarán a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia do reintegro das cantidades percibidas e poderá supor a apertura dun expediente sancionador segundo se establece na Lei 9/2007, do 13 de xuño, subvencións de Galicia, todo iso sen prexuízo das responsabilidades penais ou civís a que procederen.
En todo caso, as empresas e persoas individuais que sexan responsables das ofertas ou orzamentos deberán estar inscritas no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor).
a.5) Número de expediente dixital da adhesión a modelos silvícolas ou de xestión forestal, excepto no caso de instrumentos de ordenación ou xestión forestal inscritos no Rexistro de Montes Ordenados. No caso das parcelas identificadas no Sistema de identificación xeográfica de parcelas agrícolas (Sixpac) como froiteiras (código FY) e terras arables (código TA), este requisito non será exixible.
a.6) Declaración responsable da clasificación urbanística das parcelas para as cales se solicita a axuda e localización nos planos do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) das ditas parcelas ou nas normas subsidiarias ou no Plan básico autonómico da Xunta de Galicia (PBA). No caso dunha afección distinta da forestal segundo o visor de aproveitamentos (Camiño de Santiago, Patrimonio, Dominio Público Hidráulico, etc.) farase constar tamén nesta declaración responsable.
a.7) Os propietarios particulares, sociedade ou agrupación de propietarios particulares, de cooperativa agrícola, de pro indiviso (copropietarios), pro indiviso legalmente constituído e de montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, ou de comunidade de bens que teñan parcelas inscritas no rexistro da propiedade, e unicamente para os efectos de desempate na puntuación da orde de prioridade, deberán presentar copia de documento que acredite as parcelas inscritas no Rexistro da Propiedade.
b) Documentación específica:
b.1) As comunidade de bens, asociacións sen ánimo de lucro e entidades sen personalidade xurídica presentarán o anexo II (acordo de toma de razón).
b.2) As organizacións inscritas no Rexistro de Agrupacións Forestais de Xestión Conxunta (incluídas as Sofor) presentarán o anexo III (toma de razón dos compromisos e obrigas establecidos na orde).
b.3) As entidades con personalidade xurídica (S.L., S.A., cooperativas, SAT, etc.) presentarán o anexo V (certificación do acordo de solicitude de subvención).
c) Certificados, autorizacións e informes:
c.1) As CMVMC: certificado do acordo que autoriza o/a presidente/a da CMVMC para presentar a solicite das axudas ao abeiro desta orde, tomado en asemblea xeral e asinado polo/a secretario/a co visto e prace do/da presidente/a.
c.2) Os montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo: acordo que autoriza a persoa representante da xunta xestora ou da asemblea de copropietarios do monte a presentar a solicitude da axuda ao abeiro desta orde, tomado en asemblea de copropietarios ou pola xunta xestora.
c.3) Cooperativas agrarias ou sociedades agrarias de transformación (SAT): certificado do responsable do rexistro conforme está inscrita e a documentación indicada na alínea b.3).
c.4) Entidades locais: certificado do/da secretario/a municipal conforme se informou a xunta de goberno local da solicitude de axuda.
c.5) Solicitude ou autorizacións/informes dos órganos competentes indicados no artigo 11, número 2 (incluída a solicitude de avaliación de impacto ambiental, se for o caso):
c.5.1) Autorización/informe do órgano competente indicando que os traballos obxecto de solicitude de axuda teñen actuacións en zona clasificada como Rede Natura 2000 ou, na súa falta, a solicitude das correspondentes autorizacións/informes perante o devandito órgano competente.
c.5.2) Autorización/informe do órgano competente indicando que a superficie obxecto de solicitude de axuda comprende zona de protección lateral do Camiño de Santiago ou, na súa falta, a solicitude das correspondentes autorizacións/informes perante o devandito órgano competente.
c.5.3) Autorización/informe do órgano competente indicando que a superficie obxecto de solicitude de axuda afectada pola normativa de patrimonio cultural de Galicia conforme o Decreto 232/2008, do 2 de outubro, e calquera outra afección segundo a lexislación sectorial vixente en materias distintas da forestal ou, na súa falta, a solicitude das correspondentes autorizacións/informes perante o devandito órgano competente.
c.5.4) Autorización/informe do órgano competente indicando que os traballos obxecto de solicitude de axuda precisan avaliación de impacto ambiental ou, na súa falta, a solicitude das correspondentes autorizacións/informes perante o devandito órgano competente.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se deben presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
5. Nos supostos de imposibilidade material de obter algún dos anteriores documentos, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante ou representante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
Trámites posteriores á presentación das solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI/NIE da persoa solicitante.
b) NIF da entidade solicitante.
c) DNI/NIE da persoa representante (se for o caso).
d) DNI/NIE da persoa cesionaria (se for o caso).
e) NIF da entidade cesionaria (se for o caso).
f) DNI/NIE da persoa representante da persoa cesionaria (se for o caso).
g) Estar ao día no pagamento de obrigas coa Seguridade Social a persoa solicitante e, se for o caso, a persoa cesionaria.
h) Estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria a persoa solicitante e, se for o caso, a persoa cesionaria
i) Estar ao día no pagamento de obrigas coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia a persoa solicitante e, se for o caso, a persoa cesionaria.
j) Estar inhabilitada a persoa solicitante para obter subvencións públicas.
k) Ter recibido a persoa solicitante axudas pola regra de minimis.
l) Concesións de subvencións e axudas.
m) Número de expediente dixital da adhesión a modelos silvícolas ou de xestión forestal, excepto no caso de instrumentos de ordenación ou xestión forestal inscritos no Rexistro de Montes Ordenados, caso en que se consultarán os datos dispoñibles no devandito rexistro e na aplicación Xorfor. No caso das parcelas identificadas no Sistema de identificación xeográfica de parcelas agrícolas (Sixpac) como froiteiras (código FY) e terras arables (código TA), este requisito non será exixible.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no anexo I e VI, e VII (se for o caso), e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
- Fase de solicitude
- Certificado do acordo de solicitude de subvención, debidamente asinado (Anexo V)
- Solicitude (Anexo I)
- Acordo de compromisos e obrigas (Anexo III)
- Acordo de cesión, debidamente asinado por todos e cada un dos compoñentes da agrupación (Anexo II)
- Documento descritivo das actuacións (Anexo IV)
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 30 de abril de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para o fomento de plantacións de castiñeiro para froito e para a rexeneración e/ou mellora de soutos tradicionais de castiñeiros, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convocan para o ano 2024 (DOG nº 93 do 14 de maio de 2024).
-
Extracto da Orde do 30 de abril de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para o fomento de plantacións de castiñeiro para froito e para a rexeneración e/ou mellora de soutos tradicionais de castiñeiros, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convocan para o ano 2024 (DOG nº 93 do 14 de maio de 2024).
-
Anuncio do 11 de decembro de 2024, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, polo que se publica a resolución das axudas concedidas e desestimadas ao abeiro da Orde do 30 de abril de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas, en concorrencia competitiva, para o fomento de plantacións de castiñeiro para froito e para a rexeneración e/ou mellora de soutos tradicionais de castiñeiros, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia de España, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e se convocan para o ano 2024 (DOG nº 12 do 20 de xaneiro de 2025).
-
Outros procedementos relacionados
Permisos para a realización de queimas.
Aberto todo o ano
Comunicación final de aproveitamentos madeireiros e leñosos en montes ou terreos forestais de xestión privada.
Aberto todo o ano
Declaración responsable para aproveitamentos de cortizas en montes ou terreos forestais de xestión privada que conten cun instrumento de ordenación ou xestión aprobado pola Administración.
Aberto todo o ano
Autorización para aproveitamentos de cortizas en montes ou terreos forestais de xestión privada que non conten cun instrumento de ordenación ou xestión aprobado pola Administración.
Aberto todo o ano