Guía de procedementos e servizos

MR670B

Primeira forestación de terras non agrícolas.

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Cidadáns, Empresas e profesionais, Entidades locais

Convocatoria 2024 - Prazo pechado: 05/02/2024 00:00 - 15/03/2024 23:59

Consellería do Medio Rural

Establecer as bases que regulan as axudas para a creación de superficies forestais en terras non agrícolas e proceder á súa convocatoria para o ano 2024, en réxime de concorrencia competitiva.

Serán beneficiarias as entidades locais e as persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares dos terreos obxecto de axuda, entendendo por titulares tanto propietarios como arrendatarios ou xestores.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña

Servizo de Montes de Coruña

Rúa Vicente Ferrer, nº 2

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184575

Fax: 981184672

Email: servizo.montes.coruna@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo

Servizo de Montes de Lugo

Ronda da Muralla, nº 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294531

Fax: 982294874

Email: montes.lugo@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense

Servizo de Montes de Ourense

Villaamil e Castro, s/n

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386695

Fax: 988386697

Email: montes.medio-rural.ourense@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra

Servizo de Montes de Pontevedra

Avda. Mª Victoria Moreno, nº 43 - 2º

36071  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805411

Fax: 986805478

Email: servizo.montes.pontevedra@xunta.gal

Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal

Prazo de presentación: PECHADO

05/02/2024 00:00 - 15/03/2024 23:59

1. O prazo de presentación de solicitudes será de trinta días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

2. Os traballos solicitados na solicitude de axuda non poderán iniciarse antes da inspección previa á que se refire o artigo 20 desta orde e estarán condicionados á aprobación da axuda.

1. As beneficiarias deben cumprir os requisitos establecidos nos artigos 10.2 e 10.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. As CMVMC para poder acceder a estas subvencións deberán estar legalmente constituídas e regulamentariamente inscritas no Rexistro Provincial de CMVMC, de acordo co disposto no artigo 57 do Decreto 260/1992, do 4 de setembro, polo que se aproba o Regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, e cumprir co disposto no artigo 125 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e no Decreto 23/2016, do 25 de febreiro, polo que se regula o reinvestimento dos ingresos obtidos polas CMVMC en actuacións de mellora e protección forestal como moi tarde o día en que remate o prazo de solicitude da axuda.

3. As Sofor deberán ter a inscrición definitiva no Rexistro de sociedades de fomento forestal, como moi tarde, o día en que remate o prazo de solicitude da axuda.

4. Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise, de acordo coa definición do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.

Para verificar o cumprimento deste requisito, as empresas solicitantes deberán declarar na solicitude que non se encontran en situación de crise conforme a normativa comunitaria.

5. Non poderán ser beneficiarias aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.

Solicitudes

1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible (anexo I) na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

2. A persoa solicitante fará constar na solicitude de axuda (anexo I) se a superficie de actuación comprende zonas incluídas na Rede Natura 2000, zonas de protección lateral do Camiño de Santiago ou se está afectada pola normativa de patrimonio cultural de Galicia, conforme o Decreto 232/2008, do 2 de outubro, sobre o Inventario xeral do patrimonio cultural de Galicia, así como calquera outra afección segundo a lexislación sectorial vixente en materias distintas da forestal. As ditas afeccións están reflectidas no visor que figura no enderezo electrónico http://mapas.xunta.gal/visores/aproveitamentos/

O solicitante, de acordo coa alínea c.5) do artigo 15, deberá presentar, xunto a solicitude de axuda (anexo I), as ditas autorizacións/informes dos órganos competentes por razón da materia ou, na súa falta, a solicitude das correspondentes autorizacións/informes presentadas perante os órganos competentes. No caso de que a dita autorización/informe xa constase en poder da Administración deberá indicalo no impreso de solicitude da axuda. No caso de que algunha das autorizacións/informes sexa desfavorable, a solicitude declararase decaída no seu dereito a trámite.

3. Deberán presentar a solicitude correctamente cuberta conforme o anexo I, xunto co resto de anexos, se for necesario. Os datos da solicitude que se citan a seguir considéranse o mínimo imprescindible para a súa tramitación:

a) Datos da persoa solicitante (nome, apelidos, NIF e enderezo completo).

b) En todos os casos, correo electrónico ou teléfono móbil.

c) Datos do tipo de solicitante.

d) Tres ofertas de diferentes provedores, nas cales debe constar como mínimo: sinatura, NIF, número do Resfor, nome e enderezo da empresa ofertante ou da persoa que asine; o nome ou razón social da persoa solicitante da axuda; a data de expedición; os conceptos ofertados e o seu importe.

No caso de que algún documento teña erros, precise completar algún dato ou precise algunha aclaración, requirirase para a súa emenda, non dando lugar a inadmisión da solicitude, sempre en cando os documentos, fosen presentados coa solicitude.

4. Soamente se poderá presentar unha solicitude por titular e ano e para os terreos que se encontren nun mesmo concello, agás no caso de que un titular teña terreos en dúas ou máis agrupacións forestais, nas cales o 50 % dos seus membros deberá ser distinto. No caso contrario, procederase de oficio a arquivar sen máis trámite as solicitudes presentadas con posterioridade á primeira. Deberase presentar unha solicitude para cada petición realizada sobre diferentes concellos.

5. Toda a información para a presentación de solicitudes está dispoñible na Guía de procedementos e servizos no enderezo https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos. Tamén se poderá acceder a través da oficina agraria virtual (OAV) dispoñible no enderezo https://mediorural.xunta.gal/gl/oficina-virtual-do-medio-rural

6. A presentación da solicitude non implica ningún dereito para o peticionario mentres non exista resolución favorable á petición.

Documentación complementaria.

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude do modelo normalizado que figura no anexo I desta orde a seguinte documentación:

a) Documentación xeral:

a.1) No caso de que actúe por medio de representante, e de acordo co artigo 5.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, deberá acreditarse a representación por un medio válido en dereito que deixe constancia da súa existencia.

Entenderase acreditada a representación nos procedementos administrativos tramitados polo sector público autonómico mediante outorgamento de apoderamentos apud acta efectuados pola comparecencia persoal nas oficinas da rede regulada na dita lei, pola comparecencia electrónica na sede electrónica da Xunta de Galicia ou a través da acreditación da inscrición no Rexistro Electrónico Xeral de Apoderamentos de Galicia, ou no que corresponda, do poder de representación.

a.2) Acreditación da propiedade:

No caso das CMVMC, mediante declaración responsable e de acordo cos datos que figuren no Rexistro Xeral de Montes Veciñais en Man Común.

No caso de montes de varas, abertais, de voces, de vocerío ou de fabeo, mediante declaración responsable e de acordo cos datos que figuren no Rexistro de Montes de Varas, Abertais, de Voces, de Vocerío ou de Fabeo.

No caso de Sofor, mediante declaración responsable e de acordo cos datos que figuren no Rexistro de Sofor (Rsofor).

No caso de propietarios particulares de xeito individual por calquera documentación xustificativa da propiedade admisible en dereito ou, na súa falta, mediante declaración xurada.

No caso de pro indivisos, pro indivisos legalmente constituídos, asociacións e agrupación de propietarios legalmente constituída, excepto SAT e cooperativas, mediante unha copia do documento que acredite a propiedade dos terreos (só para os efectos desta orde) ou, na súa falta mediante declaración responsable.

No caso de SAT ou cooperativas mediante certificado do responsable do Rexistro de SAT e do responsable do Rexistro das Cooperativas de Galicia.

No caso de entidades locais, documento que acredite a propiedade do terreo.

No caso de titulares non propietarios do terreo, copia do contrato de arrendamento ou de xestión cunha duración equivalente, polo menos, ao período de compromiso da axuda.

As organizacións inscritas no Rexistro de Agrupacións Forestais de Xestión Conxunta non precisarán achegar documentación que acredite a propiedade ou a cesión dos dereitos de uso e aproveitamento das parcelas inscritas neste rexistro a favor da agrupación forestal de xestión conxunta.

a.3) As entidades locais, as persoas xurídicas e os propietarios particulares de xeito individual que soliciten axuda para unha superficie de actuación igual ou superior a 10 hectáreas deberán presentar un proxecto (en formato PDF ou similar, e coa cartografía en soporte dixital en formato vectorial), de acordo co establecido no artigo 9, asinado con certificado dixital por unha persoa titulada en enxeñaría de Montes ou enxeñaría técnica Forestal, ou titulada universitaria de grao ou posgrao en materia forestal, e co nomeamento do director de obra.

a.4) En todos os casos o solicitante deberá presentar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, nas cales figurarán detalladas as actuacións que se van realizar (desagregación de todas as actuacións polas que se solicita axuda por custos unitarios de unidades de obra, incluído o cartel publicitario, se é o caso). A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis favorable, e non se admitirán as ofertas que procedan de empresas vinculadas entre elas nin coa persoa solicitante da axuda, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público. Estas ofertas deberán estar asinadas e incluír, como mínimo, o NIF, o nome e enderezo da empresa ofertante, o nome ou razón social da persoa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados. Así mesmo, as empresas e persoas individuais que sexan responsables deses orzamentos deberán estar inscritas no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor). Por outra banda, non poderá haber vinculación entre o solicitante da axuda e calquera dos ofertantes e, en referencia ao artigo 27.7.d) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en ningún caso poderá concertar o beneficiario a execución das actividades subvencionadas con persoas ou entidades vinculadas co dito beneficiario. Para estes efectos, consideraranse persoas ou entidades vinculadas aquelas que estean nalgúns dos casos establecidos no artigo 18 da Lei 27/2014, do 27 de novembro, do imposto sobre sociedades.

a.5) Número de expediente dixital da adhesión a modelos silvícolas ou de xestión forestal, excepto no caso de instrumentos de ordenación ou xestión forestal inscritos no Rexistro de Montes Ordenados ou solicitada a súa aprobación.

a.6) Declaración responsable da clasificación urbanística das parcelas para as cales se solicita a axuda e localización nos planos do Plan xeral de ordenación municipal (PXOM) das ditas parcelas ou nas normas subsidiarias ou no Plan básico autonómico da Xunta de Galicia (PBA). No caso dunha afección distinta da forestal (Camiño de Santiago, patrimonio, dominio público hidráulico, etc.) farase constar tamén nesta declaración responsable.

b) Documentación específica:

b.1) As asociacións formalmente constituídas inscritas no Rexistro Xeral de Asociacións da Xunta de Galicia presentarán o anexo II ou acordo de cesión asinado polas persoas asociadas titulares da superficie incluída na solicitude de subvención.

b.2) Para os pro indivisos, os pro indivisos legalmente constituídos e montes de varas, fabeo, de vocerío, de voces, abertais e comunidades de bens, presentarán asinado o anexo III ou acordo de compromisos e obrigas, e deberán presentar a acreditación da persoa física que as representa.

b.3) No caso de propietarios particulares de xeito individual que soliciten axuda para unha superficie de actuación inferior a 10 hectáreas, documento descritivo das actuacións ou anexo IV.

c) Documentación complementaria:

c.1) No caso de CMVMC: certificado do acordo tomado en asemblea xeral, asinado polo/a secretario/a, co visto e prace do presidente/a, conforme autorizan que o presidente/a da CMVMC solicite axudas á Consellería do Medio Rural para a execución das accións obxecto da solicitude.

c.2) No caso de cooperativas agrarias: certificado do responsable do rexistro conforme estea inscrita e anexo V debidamente cuberto.

c.3) No caso doutras entidades xurídicas (asociacións, agrupacións, Sofor, etc.): certificado do responsable do rexistro conforme estea inscrita e anexo V debidamente cuberto.

c.4) No caso de propietarios particulares, sociedade ou agrupación de propietarios particulares, de cooperativa agrícola, do pro indiviso (copropietarios), pro indiviso legalmente constituído e de montes de varas, abertais, de voces, de vocerío e fabeo, ou de comunidade de bens que teñan parcelas inscritas no Rexistro da Propiedade, e unicamente para os efectos de desempate na puntuación da orde de prioridade, deberán presentar copia de documento que acredite as parcelas inscritas no Rexistro da Propiedade.

c.5) Solicitude ou autorizacións/informes dos órganos competentes indicados no artigo 13, número 2 (incluída solicitude de avaliación de impacto ambiental, se é o caso):

c.5.1) Solicitude ou autorización/informe do órgano competente indicando que os traballos obxecto de solicitude de axuda teñen actuacións en zona clasificada como Rede Natura 2000 ou, na súa falta, a solicitude das correspondentes autorizacións/informes perante o devandito órgano competente.

c.5.2) Solicitude ou autorización/informe do órgano competente indicando que a superficie obxecto de solicitude de axuda comprende zona de protección lateral do Camiño de Santiago ou, na súa falta, a solicitude das correspondentes autorizacións/informes perante o devandito órgano competente.

c.5.3) Solicitude ou autorización/informe do órgano competente indicando que a superficie obxecto de solicitude de axuda afectada pola normativa de patrimonio cultural de Galicia conforme o Decreto 232/2008, do 2 de outubro, e calquera outra afección segundo a lexislación sectorial vixente en materias distintas da forestal ou, na súa falta, a solicitude das correspondentes autorizacións/informes perante o devandito órgano competente.

c.5.4) Solicitude ou autorización/informe do órgano competente indicando que os traballos obxecto de solicitude de axuda precisan avaliación de impacto ambiental ou, na súa falta, a solicitude das correspondentes autorizacións/informes perante o devandito órgano competente.

c.6) No caso das entidades locais: certificado do/da secretario/a municipal conforme se informou á xunta de goberno local da solicitude de axuda.

2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada a calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada. De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

6. Nos supostos de imposibilidade material de obter algún dos anteriores documentos, o órgano competente poderá requirirlle á persoa solicitante ou representante a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

Trámites posteriores á presentación das solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta.

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) NIF da entidade solicitante.

c) DNI/NIE da persoa representante (se for o caso).

d) DNI/NIE da persoa cesionaria (se for o caso).

e) NIF da entidade cesionaria (se for o caso).

f) DNI/NIE da persoa representante da persoa cesionaria (se for o caso).

g) Estar ao día no pagamento coa Seguridade Social a persoa solicitante e, se for o caso, a persoa cesionaria.

h) Estar ao día no pagamento de obrigas tributarias (AEAT) a persoa solicitante e, se for o caso, a persoa cesionaria.

i) Estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda e Administración Pública a persoa solicitante e, se for o caso, a persoa cesionaria.

j) Estar inhabilitada a persoa solicitante para obter subvencións públicas.

k) Ter recibido a persoa solicitante axudas pola regra de minimis.

l) Concesións de subvencións e axudas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no anexo I e VI, e VII (se for o caso), e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 22 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de superficies forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2024 (DOG nº 24 do 2 de febreiro de 2024).

    • Extracto da Orde do 22 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de superficies forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2024 (DOG nº 24 do 2 de febreiro de 2024).

    • Corrección de erros. Orde do 22 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de superficies forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2024 (DOG nº 46 do 5 de marzo de 2024).

    • Orde do 12 de agosto de 2024 pola que se modifica a dotación orzamentaria da Orde do 22 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de superficies forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2024 (DOG nº 161 do 22 de agosto de 2024).

    • Extracto da Orde do 12 de agosto de 2024 pola que se modifica a dotación orzamentaria da Orde do 22 de decembro de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de superficies forestais, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2024 (DOG nº 161 do 22 de agosto de 2024).

    • Anuncio do 19 de setembro de 2024, da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, polo que se publica a resolución das axudas concedidas e desestimadas ao abeiro da Orde do 22 de decembro de 2023, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de superficies forestais, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2024 (DOG nº 203 do 21 de outubro de 2024).

  • Ámbito Europeo
    • Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, de 17 de decembro de 2013 relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) e polo que se derroga o Reglamento (CE) nº 1698/2005 do Consello

Outros procedementos relacionados

MR601A

Permisos para a realización de queimas.

Aberto todo o ano

MR604C

Comunicación final de aproveitamentos madeireiros e leñosos en montes ou terreos forestais de xestión privada.

Aberto todo o ano

MR604D

Declaración responsable para aproveitamentos de cortizas en montes ou terreos forestais de xestión privada que conten cun instrumento de ordenación ou xestión aprobado pola Administración.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR604E

Autorización para aproveitamentos de cortizas en montes ou terreos forestais de xestión privada que non conten cun instrumento de ordenación ou xestión aprobado pola Administración.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano