Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR651B
Axudas para a construción de punto de auga en montes veciñais en man común e Sofor.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong
Consellería do Medio Rural
1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras da concesión de subvencións que os titulares de montes veciñais en man común (en diante, MVMC), as súas agrupacións e as sociedades de fomento forestal (en diante, Sofor) poderán percibir para a posta en marcha de actuacións preventivas recollidas na lexislación galega sobre incendios forestais e a súa convocatoria para o ano 2020 en réxime de concorrencia competitiva.
Esta incentivación na colaboración dos titulares de montes veciñais en man común e as Sofor na realización de traballos de silvicultura preventiva contribuirá a minorar as consecuencias e os impactos negativos que os incendios forestais poidan provocar sobre a capacidade potencial de desenvolvemento e produción destes montes, de grande importancia na nosa comunidade, e, en conxunto, sobre a fauna, a flora e a paisaxe de Galicia.
b) Liña II: subvencións para a construción de puntos de auga (código de procedemento MR651B).
Actividades subvencionables
1. Os puntos de auga integran as redes de defensa contra incendios forestais dos distritos.
2. Subvencionarase a construción de puntos de auga para a prevención e defensa contra incendios forestais, que se localizarán en zonas estratéxicas para a defensa dos núcleos de poboación e das masas forestais, cunha orografía axeitada para a actuación dos medios do SPDCIF e garantindo a actuación rápida destes. A localización dos puntos de auga será coherente co disposto nos plans de prevención de distrito.
3. Os puntos de auga deberán cumprir polo menos coas seguintes premisas:
a) Permitirán a carga de vehículos motobomba do SPDCIF.
b) Levarán peche perimetral de seguridade e protección.
c) As dimensións mínimas dos puntos de auga serán as que figuran a continuación. Unha vez aprobado o expediente admitiranse variantes sempre que o volume útil sexa igual ou superior ao aprobado e co informe favorable do servizo provincial de prevención de incendios:
1º. Depósito de auga 5×4×2 m (volume útil 30 m3).
2º. Depósito de auga 6×4×2,5 m (volume útil 50 m3).
3º. Depósito de auga 7×4×2,5 m (volume útil 60 m3).
4º. Depósito de auga 8×7×2 m (volume útil 110 m3).
4. Subvencionarase un máximo dun punto de auga para expedientes con CMVMC, mancomunidades ou agrupacións de CMVMC de menos de 500 ha clasificadas e de dous puntos de auga para expedientes en que a devandita superficie sexa maior o igual a 500 ha ou Sofor.
5. Ademais o beneficiario deberá manter operativos para a prevención e defensa contra incendios forestais estas infraestruturas durante polo menos 20 anos, polo que deberá garantir:
a) Un acceso axeitado a estes dos medios do SPDCIF.
b) Un caudal continuo e suficiente.
c) Un baleirado do depósito axeitado.
d) Manterán a zona perimetral libre de vexetación arbórea e arbustiva.
6. O uso principal destas construcións estará vinculado á prevención de incendios.
7. Non serán subvencionables os gastos anteriores á solicitude de axuda ou á acta de non inicio, se esta é anterior a aquela.
1. O disposto nesta orde será de aplicación aos montes veciñais en man común e as Sofor da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto aqueles montes veciñais en man común que estean consorciados coa Administración, salvo que solicitasen a rescisión ou transformación do dito consorcio. No caso de montes veciñais en man común consorciados coa Xunta de Galicia poderá solicitarse subvención naquela superficie non consorciada.
2. Poderán ser beneficiarios destas subvencións os titulares de montes veciñais en man común, as súas agrupacións e mancomunidades, e as Sofor, sempre que non incorran en ningunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.
3. Serán elixibles as actuacións localizadas en todo o territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, a excepción das parroquias densamente poboadas dos grandes concellos de Galicia, de acordo co establecido no número 8.1 do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020.
4. As actuacións localizaranse en zonas de alto ou medio risco de incendios, ou sexa, que poderá abranguer todo o territorio de Galicia, conforme o disposto na Orde do 18 de abril de 2007 pola que se zonifica o territorio con base no risco espacial de incendio forestal.
5. No caso de agrupacións de montes veciñais en man común, deberán facerse constar os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación.
6. Cando se trate de agrupacións sen personalidade, deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como a porcentaxe de subvención que percibirá cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios.
7. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, lle corresponden á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007.
8. No caso da liña II, o cálculo da subvención deberá ser proporcional á superficie de cada CMVMC con respecto á superficie total da agrupación.
Obrigas dos beneficiarios
1. Son obrigas do beneficiario:
a) Cumprir o obxectivo, executar o proxecto, realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión das subvencións.
b) Xustificar ante o órgano concedente o cumprimento dos requisitos e das condicións, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determine a concesión ou o desfrute da subvención.
c) Someterse ás actuacións de comprobación, que efectuará o órgano concedente ou a entidade colaboradora, se é o caso, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación e control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos coma estatais ou comunitarios, para o que se achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores. Segundo o Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, establécese no artigo 71 que o beneficiario se compromete a proporcionar á autoridade de xestión, aos avaliadores designados ou a outros organismos en que a dita autoridade delegase a realización deste tipo de tarefas toda a información necesaria para poder realizar o seguimento e avaliación do programa, en particular en relación co cumprimento de determinados obxectivos e prioridades.
d) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
e) Acreditar con anterioridade a que se dite a proposta de resolución de concesión que se encontra ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
f) Dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como cantos estados contables e rexistros específicos sexan exixidos polas bases reguladoras das subvencións, coa finalidade de garantir o axeitado exercicio das facultades de comprobación e control.
Deberase levar un sistema de contabilidade específica Feader ou ben un código contable axeitado onde se rexistren as transaccións relativas á operación, tal e como exixe o artigo 66.1.c) do Regulamento (UE) nº 1305/2013.
g) Conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, en canto poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.
h) Adoptar as medidas de difusión contidas no número 3 do artigo 15 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.
i) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos previstos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
j) De acordo co disposto na Estratexia de información e publicidade do PDR 2014-2020 de Galicia, cumprir co disposto no punto 2 da parte 1 do anexo III do Regulamento de execución (UE) nº 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo, polo que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1305/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, relativo á axuda ao desenvolvemento rural a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), en relación coa información e publicidade, en particular, no caso de investimentos subvencionados cun custo total superior a 50.000 € deberase colocar unha placa explicativa, e cando o custo supere os 500.000 € deberase colocar un panel publicitario. En ambos os casos figurará a descrición do proxecto, así como a bandeira europea e o lema Feader «Europa inviste no rural».
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
Servizo de Prevención de Incendios Forestais da Coruña
Vicente Ferrer, 2 - 6º
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184535
Fax: 981184652
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo
Servizo de Prevención de Incendios Forestais de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294540
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense
Servizo de Prevención de Incendios Forestais de Ourense
Avda. da Habana, 79-1º
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386089
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra
Servizo de Prevención de Incendios Forestais de Pontevedra
R/ Benito Corbal, 47
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805327
Prazo de presentación: PECHADO
20/02/2020 00:00 - 20/03/2020 23:59
01/06/2020 00:00 - 08/06/2020 23:59
Reanúdase o prazo de presentación de solicitudes dende o 01-06-2020 ata o 08-06-2020 en virtude do disposto no artigo 9 do Real Decreto 537/2020, de 22 de maio, polo que se prorroga o estado de alarma declarado polo Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 (BOE núm.145 de 23 de maio de 2020).
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo entenderase que o prazo expira o último do mes.
1. A superficie forestal mínima por expediente en comunidades de montes veciñais en man común será de cen hectáreas (100 ha).
2. Para acadar a superficie as comunidades de montes veciñais en man común (en diante, CMVMC) poderán formar unha agrupación, sempre que as CMVMC se localicen nunha mesma provincia e, ademais, cumpran con algún destes requisitos:
a) Localización nun mesmo concello.
b) Localización en concellos limítrofes sempre que sexan estremeiras.
3. Nas Sofor e excepcionalmente, no caso de que a CMVMC, mancomunidade ou algunha das CMVMC que integren a agrupación estivese localizada nalgún concello incluído en espazos protexidos Rede Natura 2000, a superficie mínima a que fai referencia o primeiro parágrafo sería de 50 ha.
Condicións xerais
Con carácter xeral, deberase ter en conta o seguinte:
a) As Sofor e as CMVMC deberán estar legalmente constituídas e regulamentariamente inscritas no rexistro correspondente.
b) As cotas mínimas de reinvestimento dos montes veciñais serán do 40 % de todos os ingresos xerados, segundo o disposto no artigo 125 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.
c) Non se poderán solicitar subvencións para actuacións en:
1º. Zonas de protección lateral do Camiño de Santiago.
2º. Zonas en que existen obxectos ou restos materiais que formen parte do Rexistro de Bens de Interese Cultural de Galicia.
3º. Zonas incluídas en hábitats prioritarios.
d) En zonas cun procedemento de concentración parcelaria en execución soamente serán aprobables as subvencións solicitadas en terreos en que o acordo de concentración parcelaria sexa firme.
e) Os terreos cun proceso iniciado de expropiación forzosa non poderán beneficiarse destas subvencións.
f) Non se concederán subvencións para o control selectivo de combustible nas mesmas superficies en que se subvencionou nos tres anos anteriores, excepto para a acción de roza de penetración, rareo e eliminación de restos das entrefaixas de masas forestais (artigo 32.5.d) da presente orde).
g) Non se poderán solicitar simultaneamente subvencións para as actuacións de roza en rexenerado forestal natural e de roza de penetración, rareo e eliminación de restos das entrefaixas na mesma superficie. No caso de solicitarse, queda anulada esta última actuación.
h) Cando as subvencións consistan nunha porcentaxe do orzamento das actuacións preventivas, o total da subvención calcularase segundo o orzamento apreciado e aprobado pola Consellería do Medio Rural, segundo o disposto para cada liña de subvencións nos capítulos II e III desta orde. O IVE non será subvencionable salvo que non sexa recuperable conforme a lexislación nacional sobre o IVE.
i) Cada beneficiario só poderá obter unha subvención para cada unha das liñas, independentemente de que o solicite individualmente ou agrupado, xa que en caso de agrupacións de CMVMC hai que atender o disposto no artigo 8, punto 3, da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, que recolle que todos os integrantes da agrupación terán a consideración de beneficiarios. Se un solicitante presenta solicitude individual e agrupadamente, comportará o arquivamento da solicitude presentada individualmente. Se presenta máis dunha solicitude para a mesma liña arquivaranse todas as solicitudes presentadas.
j) Non se concederán axudas a empresas en crise, de acordo coa definición e condicións establecidas nas directrices comunitarias sobre as axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise (2014/C 249/01). Conforme estas, considerarase que unha empresa está en crise se concorre polo menos unha das seguintes circunstancias.
i) Tratándose dunha sociedade de responsabilidade limitada, cando teña desaparecido máis da metade do seu capital social subscrito como consecuencia das perdas acumuladas, circunstancia que sucede cando a dedución das perdas acumuladas das reservas (e de todos os demais elementos que se adoitan considerar fondos propios da sociedade) conduce a un importe acumulativo negativo superior á metade do capital social subscrito.
ii) Tratándose dunha sociedade na cal polo menos algúns socios teñen unha responsabilidade ilimitada sobre a débeda da sociedade, cando teña desaparecido polas perdas acumuladas máis da metade dos seus fondos propios que figuran na súa contabilidade.
iii) Cando a empresa se atope inmersa nun procedemento de quebra ou insolvencia ou reúna os criterios establecidos legalmente para ser sometida a un procedemento de quebra ou insolvencia por petición dos seus acredores.
iv) Tratándose dunha empresa que non sexa unha peme, cando durante os dous anos anteriores:
– A ratio débeda/capital da empresa fose superior a 7,5.
– A ratio de cobertura de intereses da empresa, calculada sobre a base do EBITDA, fose inferior a 1,0.
– As pemes con menos de tres anos de antigüidade non se considerarán empresa en crise salvo que cumpran a condición establecida na epígrafe iii) do parágrafo anterior.
– En todo caso, para verificar o cumprimento deste requisito, as empresas presentarán coa solicitude de axuda unha declaración de non atoparse en situación de crise conforme a normativa comunitaria, así como, no caso de sociedades, fotocopia dos balances e contas de explotación dos tres últimos anos.
Tampouco poderán ser beneficiarias das axudas as empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas como consecuencia dunha decisión previa da Comisión Europea que as declare ilegais e incompatibles co mercado común.
k) Os montes con superficies superiores a 25 hectáreas en couto redondo deben contar cun plan técnico, proxecto de ordenación, plan de xestión en que se considere a realización dos traballos solicitados ao abeiro da presente orde, ou presentar xunto coa solicitude de axuda unha copia da súa adhesión aos modelos silvícolas, de acordo co establecido na disposición transitoria segunda do Decreto 52/2014, do 16 de abril, polo que se regulan as instrucións xerais de ordenación e de xestión de montes de Galicia, e segundo a Orde de 19 de maio de 2014 pola que se establecen os modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos e referentes de boas prácticas forestais para os distritos forestais de Galicia.
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que foi realizada a emenda. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. Deberán presentar obrigatoriamente solicitude electrónica correctamente completada, conforme o anexo I (código de procedemento MR651A) ou II (código de procedemento MR651B), segundo a liña de subvención. Os datos incluídos nestes anexos terán a consideración de declaración responsable e son esenciais para a súa aprobación polo que a inexactitude, falsidade ou omisión de calquera dos datos determinará a imposibilidade de continuar coa tramitación da subvención e dará lugar á inadmisión da solicitude. A solicitude non implica ningún dereito para o peticionario, mentres non exista resolución de concesión.
Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación.
a) Xustificación por parte do beneficiario de non suxeición ou exención do imposto sobre o valor engadido (IVE) emitida pola AEAT. En caso de non presentarse esta xustificación ou non ser válida considerase que o IVE non é subvencionable para o beneficiario.
b) Xustificación de que os montes con superficies superiores a 25 hectáreas en couto redondo contan cun plan técnico, proxecto de ordenación, plan de xestión en que se considere a realización dos traballos solicitados ou unha copia da súa adhesión aos modelos silvícolas, de acordo ao establecido na disposición transitoria segunda do Decreto 52/2014 e segundo a Orde do 19 de maio de 2014 pola que se establecen os modelos silvícolas ou de xestión forestal orientativos e referentes de boas prácticas forestais para os distritos forestais de Galicia.
c) No caso de agrupacións de montes veciñais en man común, a solicitude irá asinada polo representante da agrupación de conformidade co artigo 2.7 das presentes bases. Neste suposto e con anterioridade a ditarse a proposta de resolución de concesión da subvención deberá constar no expediente a documentación que acredite a representación para efectos de tramitación da subvención e, se é o caso, do cobramento desta, de conformidade co previsto no artigo 20 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, segundo o modelo que figura no anexo III.
d) En todos os casos o solicitante deberá presentar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores. A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta máis favorable economicamente, e non se admitirán as ofertas que procedan de empresas vinculadas entre elas, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público. Así mesmo, as empresas e persoas individuais que sexan responsables deses orzamentos deberán exercer a súa actividade vinculada á silvicultura.
Non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa. Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente, para as liñas I (MR651A) e II (MR651B), os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI e NIE da persoa representante e NIF da entidade solicitante.
b) Certificación de estar ao día de obrigas tributarias que constan en poder da AEAT.
c) Certificación de estar ao día de obrigas coa Seguridade Social que constan en poder da Tesouraría da Seguridade Social.
d) Certificación de estar ao día de obrigas tributarias que constan en poder da Atriga.
e) NIF da entidade cesionaria achegado no anexo IV.
f) DNI/NIE da persoa cesionaria achegado no anexo IV.
g) NIF da entidade cedente achegado no anexo IV.
h) Acreditación do cumprimento de obrigas tributarias coa AEAT da persoa cesionaria.
i) Acreditación do cumprimento de obrigas tributarias coa AEAT da entidade cedente.
j) Acreditación do cumprimento de obrigas coa Seguridade Social da persoa cesionaria que constan en poder da Tesouraría da Seguridade Social.
k) Acreditación do cumprimento de obrigas coa Seguridade Social da entidade cedente que constan en poder da Tesouraría da Seguridade Social.
l) Acreditación do cumprimento de obrigas tributarias coa Atriga da persoa cesionaria.
m) Acreditación do cumprimento de obrigas tributarias coa Atriga da entidade cedente.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución:
Cinco meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais en man común e en sociedades de fomento forestal (Sofor), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020 (códigos de procedemento MR651A e MR651B) (DOG nº 34 do 19 de febreiro de 2020).
-
Extracto da Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais en man común e en sociedades de fomento forestal (Sofor), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020 (códigos de procedemento MR651A e MR651B) (DOG nº 34 do 19 de febreiro de 2020).
-
Orde do 13 de maio de 2020 relativa ás excepcións para o ano 2020 na execución dos controis administrativos e sobre o terreo establecidos nas convocatorias de subvencións desta consellería cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, de conformidade co Regulamento de execución (UE) 2020/532 da Comisión, do 16 de abril de 2020, que establece excepcións, para o ano 2020, aos regulamentos de execución (UE) 809/2014, (UE) 80/2014, (UE) 181/2014, (UE) 2017/892, (UE) 2016/1150, (UE) 2018/274, (UE) 2017/39, (UE) 2015/1368 e (UE) 2016/1240, no que se refire a determinados controis administrativos e sobre o terreo aplicables no marco da política agrícola común (DOG nº 98 do 22 de maio de 2020).
-
Orde do 22 de xuño de 2020 relativa ao réxime de anticipos, modificacións e renuncia en relación coas axudas cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (DOG nº 125 do 26 de xuño de 2020).
-
Corrección de erros Orde do 22 de xuño de 2020 relativa ao réxime de anticipos, modificacións e renuncia en relación coas axudas cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020 (DOG nº 128 do 30 de xuño de 2020).
-
Orde do 3 de agosto de 2020 pola que se amplía a dotación orzamentaria para a concesión das axudas da Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais en man común e en sociedades de fomento forestal (Sofor), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020 (códigos de procedemento MR651A e MR651B) (DOG nº 160 do 11 de agosto de 2020)
-
Extracto da Orde do 3 de agosto de 2020 pola que se amplía a dotación orzamentaria para a concesión das axudas da Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais en man común e en sociedades de fomento forestal (Sofor), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020 (códigos de procedemento MR651A e MR651B) (DOG nº 160 do 11 de agosto de 2020)
-
Resolución do 13 de outubro de 2020, da Dirección Xeral de Defensa do Monte, pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencóns para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais en man común e en sociedades de fomento forestal (Sofor), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020 (códigos de procedemento MR651A e MR651B) (Diario Oficial de Galicia número 34, do 19 de febreiro de 2020) (DOG nº 217 do 28 de outubro de 2020).
-
Orde do 23 de abril de 2021 pola que se modifica a Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a prevención dos danos causados aos bosques por incendios, desastres naturais e catástrofes en montes veciñais en man común e en sociedades de fomento forestal (Sofor), cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2020 (DOG nº 80 do 29 de abril de 2021).
-
Outros procedementos relacionados
Actuacións menores no dominio público hidráulico e zona de policía
Aberto todo o ano
Recoñecemento de agrupación forestal de xestión conxunta.
Aberto todo o ano
Axudas para a creación e apoio das Agrupacións Forestais de Xestión Conxunta.
Prazo aberto: 09/04/2025 00:00 - 13/06/2025 23:59
Comunicación de ingresos e reinvestimentos en montes veciñais en man común.
Aberto todo o ano