Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR604F
Inscrición no Rexistro Público de terreos forestais de pastoreo.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería do Medio Rural
O aproveitamento de pastos polo gando en montes e terreos forestais estará expresamente regulado no correspondente instrumento de ordenación ou de xestión forestal, e a súa práctica levarase a cabo consonte o establecido no instrumento de ordenación ou de xestión.
Na súa falta será obxecto de inscrición no Rexistro Público de Terreos Forestais de Pastoreo, mediante comunicación (MR604F), o aproveitamento de pastos polo gando en montes ou terreos forestais de conformidade co establecido no capítulo II do título III da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, e o regulado no capítulo V do Decreto 73/2020, do 24 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos, micolóxicos e de resinas en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia, o modelo normalizado para a súa presentación figura como anexo VII do dito decreto.
O aproveitamento de pastos polo gando en montes e terreos forestais considérase aproveitamento forestal.
O dereito de pastoreo corresponde en orixe á persoa propietaria, que pode exercitalo, ceder o seu aproveitamento a outra persoa ou prohibilo. A regulación ou prohibición dos aproveitamentos forestais de pastos, inscribirase, de oficio ou a instancia de parte, no Rexistro Público de Terreos Forestais de Pastoreo.
A cesión dos dereitos de aproveitamento de pastos a outra persoa distinta da propietaria do monte requirirá dispoñer da documentación acreditativa da devandita cesión. Nos montes veciñais en man común, a autorización regulada, prohibición ou cesión de dereitos acordarase pola asemblea xeral da comunidade propietaria, de conformidade cos seus estatutos e a normativa vixente na materia.
En todo caso, o aproveitamento de pastos realizarase de xeito compatible e respectuoso coa conservación do potencial produtivo do monte e coas actuacións de rexeneración do arboredo.
A persoa propietaria deberá comunicar á Administración forestal, mediante este procedemento, o seu desexo de:
prohibir o aproveitamento de pastos nunha parte ou na totalidade dos seus montes ou terreos forestais;
ou autorizar, de xeito regulado, o aproveitamento de pastos nunha parte ou na totalidade dos seus montes ou terreos forestais.
As a solicitude de inscrición no rexistro presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
Esta solicitude de inscrición irá dirixida á xefatura territorial da Consellería do Medio Rural onde se sitúe o terreo obxecto do aproveitamento.
* Onde acudir: no caso de dúbidas sobre a presentación do procedemento poderá solicitar información no Servizo do 012.
Teléfonos:
Desde Galicia: 012 - 981 900 643
Desde fóra de Galicia: 981 900 643
Desde o estranxeiro: 00 34 981 900 643
Correo electrónico: 012@xunta.gal
No caso de dúbidas sobre o estado de tramitación do procedemento poderá solicitar información nas unidades da consellería do Medio Rural que aparecen no apartado “onde acudir” desta guía.
Outra información sobre o estado de tramitación do procedemento:
Consellería do Medio Rural
Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal
Subdirección Xeral de Recursos Forestais
Avda. San Lázaro, s/n
15703 Santiago de Compostela
Teléfonos: 981546112 / 981-546129 / Fax: 981546101
Servizo de Montes da Coruña
R/ Vicente Ferrer, 2 - 15071 A Coruña
servizo.montes.coruna@xunta.gal
Tlf.: 981184656
Servizo de Montes de Lugo
Ronda da Muralla, 70 - 27071 Lugo
montes.lugo@xunta.gal
Tlf.: 982294469/ 982889223
Servizo de Montes de Ourense
Villaamil y Castro, s/n - 32071 Ourense
montes.medio-rural.ourense@xunta.gal
Tlf.: 988386701
Servizo de Montes de Pontevedra
Avda. Mª Victoria Moreno, 43-2º - 36071 Pontevedra
servizo.montes.pontevedra@xunta.gal
Tlf.: 986805476
Distritos forestais:
DISTRITO FORESTAL I-FERROL
Praza Camilo José Cela, s/n 15403 FERROL
Teléfono: 981337341 Fax: 981337346
DISTRITO FORESTAL II-BERGANTIÑOS-AS MARIÑAS CORUÑESAS
O Carregal, s/n 15300 BETANZOS
Teléfono: 981775870 Fax: 981774389
Tras da Igrexa, s/n
15680 CARBALLO
Teléfono: 981755190 Fax: 981755190
DISTRITO FORESTAL III-SANTIAGO-MESETA INTERIOR
Rúa Nova, 41-2º 15680 ORDES
Teléfono: 981688470 Fax: 981681798
Avda. de Santiago, 24 15810 ARZÚA
Teléfono: 981500868 Fax: 981500868
DISTRITO FORESTAL IV-BARBANZA
Rúa Pintor Xenaro Carrero, 15 15200 NOIA
Teléfono: 981824079 Fax: 981824079
DISTRITO FORESTAL V-FISTERRA
Codeseiras, 11
15129 VIMIANZO
Teléfono: 981707470 Fax: 981716041
DISTRITO FORESTAL VI-A MARIÑA LUCENSE
Avda. Ramón Canosa, s/n 27850 LODEIRO-VIVEIRO
Teléfono: 982561018 Fax: 982561018
Rúa Pardo de Cela, 22 27740 MONDOÑEDO
Teléfono: 982507409 Fax: 982507409
DISTRITO FORESTAL VII-A FONSAGRADA-OS ANCARES
Rúa Ano Vello, s/n, entrechán 27640 BECERREÁ
Teléfono: 982360713 Fax: 982369029
Lugar Os Chaos, s/n 27100 A FONSAGRADA
Teléfono: 982340474 Fax: 982340474
DISTRITO FORESTAL VIII-TERRA DE LEMOS
Estrada Castro Caldelas, s/n 27400 MONFORTE DE LEMOS
Teléfono: 982889119 Fax: 982889125
Rúa do Rego, 3 27600 CHANTADA
Teléfono: 982440124 Fax: 982454108
DISTRITO FORESTAL IX-LUGO-SARRIA
Rúa Benigno Rivera, 62, baixo (Polígono do Ceao) 27003 LUGO
Teléfono: 982209527 Fax: 982207137
Rúa Vázquez Queipo, 25 27600 CHANTADA
Teléfono: 982533313 Fax: 982533313
DISTRITO FORESTAL X-A TERRA CHÁ
Rúa Poetisa Carmiña Prieto Rouco, s/n 27800 VILALBA
Teléfono: 982523440 Fax: 982523441
Praza do Concello, s/n 27420 MEIRA
Teléfono: 982330534 Fax: 982330534
DISTRITO FORESTAL XI-RIBEIRO-ARENTEIRO
Estrada O Carballiño-Cea (OU-204), km 4 O CARBALLIÑO
Teléfono: 988274436 Fax: 988530213
DISTRITO FORESTAL XII-MIÑO-ARNOIA
Avda. da Habana, 79-5º 32004 OURENSE
Teléfono: 988237896 Fax: 988269105
Rúa Fonte dos Canos, 6 32700 MACEDA
Teléfono: 988237896 Fax: 988463365
DISTRITO FORESTAL XIII-VALDEORRAS-TRIVES
Casa Grande de Viloira
32300 O BARCO DE VALDEORRAS Teléfono: 988325144 Fax: 988326495
Avda. Ourense, 36
32760 CASTRO CALDELAS
Teléfono: 988203523 Fax: 988203523
DISTRITO FORESTAL XIV-VERÍN-VIANA
Rúa Rosalía de Castro, 63-1º 32600 VERÍN
Teléfono: 988411451 Fax: 988590407
Rúa Beato Aparicio, s/n 32540 A GUDIÑA
Teléfono: 988594010 Fax: 988594008
DISTRITO FORESTAL XV-A LIMIA
Rúa Prolongación Irmáns Martínez, 4-6 32840 BANDE
Teléfono: 988444419 Fax: 988444489
Rúa Vicente Risco, 9-1º 32630 XINZO DE LIMIA
Teléfono: 988462488 Fax: 988462488
DISTRITO FORESTAL XVI-DEZA-TABEIRÓS
Polígono 2000 (Edificio Expodeza), 2ª 36500 LALÍN
Teléfono: 986794494 Fax: 986794495
DISTRITO FORESTAL XVII-O CONDADO-A PARADANTA
Rúa Paseo Matutino, 35-1º A/B 36860 PONTEAREAS
Teléfono: 986644120 Fax: 986644030
DISTRITO FORESTAL XVIII-VIGO-BAIXO MIÑO
Rúa Riveira, s/n Edif. Multiusos de Torneiros 36400 O PORRIÑO
Teléfono: 986344620 Fax: 986335455
Paseo A Xunqueira, 15-1ºB 36800 REDONDELA
Teléfono: 986402723 Fax: 986402723
DISTRITO FORESTAL XIX-CALDAS-O SALNÉS
Centro de Apoio Cabanas, s/n 36143 SALCEDO
Teléfono: 986868538 Fax: 986868594
Praza Ravella, 13-5º
36600 VILAGARCÍA DE AROUSA
Teléfono: 986505778 Fax: 986505778
Persoas físicas ou xurídicas de dereito privado que xestionen aproveitamentos de pastos polo gando en montes ou terreos forestais de natureza privada situados na Comunidade Autónoma de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal
Subdirección Xeral de Recursos Forestais
Avda. San Lázaro, s/n
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546112/ 981546129
Fax: 981546101
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
Rúa de Vicente Ferrer, nº 2
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184501
Email: mediorural.co@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo
Ronda da Muralla, nº 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294469/ 982889223
Email: xefeterritorial.cmr.lugo@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense
Rúa de Florentino L. Cuevillas, nº 4-6 baixo
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386455
Email: mediorural.ourense@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra
Avda. Mª Victoria Moreno, nº 43 - 2º
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805409
Email: xefaturaterritorial.mrpo@xunta.gal
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Este decreto entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Aproveitamento de pastos polo gando en montes ou terreos forestais que non dispoñan de instrumento de ordenación ou xestión forestal aprobado pola Administración forestal.
A información contida no Rexistro Público de Terreos Forestais de Pastoreo completarase coa información subministrada polos instrumentos de ordenación ou de xestión forestal validamente aprobados consonte co establecido no capítulo II do título III da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia. En caso de discrepancia entre a información contida no Rexistro e a información contida nestes instrumentos, prevalecerá o disposto neste últimos, e pódese, en todo caso, proceder, por instancia da persoa propietaria, á súa modificación de conformidade co establecido no artigo 82 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia.
O órgano competente da Comunidade Autónoma en materia de sanidade animal poderá suspender de xeito temporal o pastoreo por causas sanitarias ou epidemiolóxicas. Nestes casos, a inscrición dos terreos autorizados obxecto do aproveitamento no Rexistro Público de Terreos Forestais de Pastoreo quedará automaticamente suspendida e levantarase cando cesen as circunstancias que motivaron a suspensión, logo de comunicación, en ambos os supostos, do órgano competente en materia de sanidade animal ao órgano forestal.
Con carácter xeral, prohíbese o pastoreo en todos os montes e terreos forestais que resulten afectados por incendios forestais, nun prazo mínimo contado desde a data en que se produza o incendio ata o 31 de decembro posterior á data en que se fagan dous anos deste e ata que as adecuadas condicións de restauración da masa arborada, se é o caso, o permitan.
Unha vez superado este límite temporal, poderase proceder ao aproveitamento de pastos nos montes ou terreos forestais afectados por incendios forestais de conformidade co establecido na sección 2ª do capítulo V do Decreto 73/2020, do 24 de abril, segundo corresponda. A inscrición deste tipo de terreos baixo unha autorización regulada no Rexistro Público de Terreos Forestais de Pastoreo estará supeditada a que o dito aproveitamento non favoreza o risco de sufrir graves episodios de erosión e escorremento pola degradación ou pola sobreexplotación dos seus solos.
No Rexistro Público de Terreos Forestais de Pastoreo inscribiranse de oficio como zonas prohibidas as superficies queimadas naquelas parroquias definidas como de alta actividade incendiaria incluídas nas zonas declaradas como de alto risco de Galicia, durante o período que resulte por aplicación da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento.
Para autorizar, de xeito regulado, o aproveitamento de pastos nunha parte ou na totalidade do monte, ou para prohibir o aproveitamento de pastos nunha parte ou na totalidade dos seus montes; empregarase o formulario normalizado do Anexo VII (MR604F).
Xuntarase ademais a seguinte documentación ás solicitudes de inscrición:
a) Acreditación da representación, se for o caso.
b) Acreditación do dereito de propiedade sobre o predio.
c) A titularidade do dereito de aproveitamento de pastos, se foi cedido a outro suxeito consonte a normativa de aplicación.
d) Autorización expresa para o pastoreo por parte da persoa propietaria ou pola persoa titular dos dereitos de aproveitamento. No caso de comunidades titulares de montes veciñais en man común, deberá constar acordo expreso da asemblea xeral.
Se o obxecto da solicitude é a autorización do aproveitamento forestal de pastos, achegarase o plan de aproveitamento silvopastoril para a regulación do aproveitamento, redactado por un técnico competente en materia forestal que incluirá os contidos mínimos previstos no artigo 46 do decreto de aproveitamentos.
Cando o obxecto da solicitude sexa a prohibición do aproveitamento forestal de pastos, achegarase unha memoria técnica, redactada por un técnico competente en materia forestal, que incluirá que incluirá os contidos mínimos previstos no artigo 46 do decreto de aproveitamentos.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo VII)
Prazo de resolución:
Dous meses
Sentido do silencio:
Positivo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (DOG nº 140 do 23 de xullo de 2012).
-
Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (DOG nº 74 do 17 de abril de 2007).
-
Decreto 73/2020, do 24 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos, micolóxicos e de resinas en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG nº 97 do 20 de maio de 2020).
-
Outros procedementos relacionados
Permisos para a realización de queimas.
Aberto todo o ano
Comunicación final de aproveitamentos madeireiros e leñosos en montes ou terreos forestais de xestión privada.
Aberto todo o ano
Declaración responsable para aproveitamentos de cortizas en montes ou terreos forestais de xestión privada que conten cun instrumento de ordenación ou xestión aprobado pola Administración.
Aberto todo o ano
Autorización para aproveitamentos de cortizas en montes ou terreos forestais de xestión privada que non conten cun instrumento de ordenación ou xestión aprobado pola Administración.
Aberto todo o ano