Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR604E
Autorización para aproveitamentos de cortizas en montes ou terreos forestais de xestión privada que non conten cun instrumento de ordenación ou xestión aprobado pola Administración.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería do Medio Rural
As persoas propietarias de predios e as persoas por elas autorizadas poden realizar aproveitamentos de cortiza en masas de sobreiras que non conten cun instrumento de ordenación ou de xestión aprobado pola Administración forestal. Para isto presentarán ante a correspondente xefatura territorial competente en materia de montes, con carácter previo ao inicio dos traballos, unha solicitude de autorización a través do formulario normalizado recollido no anexo VI (MR604E).
Esta solicitude de autorización irá dirixida á xefatura territorial da Consellería do Medio Rural onde se sitúe o terreo obxecto do aproveitamento.
As operacións de descortizamento de sobreiras deben efectuarse durante o período vexetativo, entre o 20 de xuño e o 30 de agosto de cada ano, ambos os dous incluídos. Non se poden realizar operacións de descortizamento fóra deste período e, dentro deste, suspenderanse cando a cortiza se adhira á arbore e a súa extracción poida causarlle danos.
As operacións de reunión, enfardamento e retirada ou transporte da cortiza extraída pódense realizar en calquera época do ano.
As autorizacións presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude, declaración ou comunicación presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
No caso de dúbidas sobre a presentación do procedemento poderá solicitar información no Servizo do 012:
teléfono:
Desde Galicia: 012 - 981 900 643
Desde fóra de Galicia: 981 900 643
Desde o estranxeiro: 00 34 981 900 643
Correo electrónico: 012@xunta.gal
No caso de dúbidas sobre o estado de tramitación do procedemento poderá solicitar información nas unidades da consellería do Medio Rural que aparecen no apartado “onde acudir” desta guía.
*Onde acudir
Consellería do Medio Rural
Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal
Subdirección Xeral de Recursos Forestais
Avda. San Lázaro, s/n
15703 Santiago de Compostela
Teléfonos: 981546112 / 981-546129 / Fax: 981546101
Servizo de Montes da Coruña
R/ Vicente Ferrer, 2 - 15071 A Coruña
servizo.montes.coruna@xunta.gal
Tlf.: 981184656
Servizo de Montes de Lugo
Ronda da Muralla, 70 - 27071 Lugo
montes.lugo@xunta.gal
Tlf.: 982294469/ 982889223
Servizo de Montes de Ourense
Villaamil y Castro, s/n - 32071 Ourense
montes.medio-rural.ourense@xunta.gal
Tlf.: 988386701
Servizo de Montes de Pontevedra
Avda. Mª Victoria Moreno, 43-2º - 36071 Pontevedra
servizo.montes.pontevedra@xunta.gal
Tlf.: 986805476
Distritos forestais:
DISTRITO FORESTAL I-FERROL
Praza Camilo José Cela, s/n 15403 FERROL
Teléfono: 981337341 Fax: 981337346
DISTRITO FORESTAL II-BERGANTIÑOS-AS MARIÑAS CORUÑESAS
O Carregal, s/n 15300 BETANZOS
Teléfono: 981775870 Fax: 981774389
Tras da Igrexa, s/n
15680 CARBALLO
Teléfono: 981755190 Fax: 981755190
DISTRITO FORESTAL III-SANTIAGO-MESETA INTERIOR
Rúa Nova, 41-2º 15680 ORDES
Teléfono: 981688470 Fax: 981681798
Avda. de Santiago, 24 15810 ARZÚA
Teléfono: 981500868 Fax: 981500868
DISTRITO FORESTAL IV-BARBANZA
Rúa Pintor Xenaro Carrero, 15 15200 NOIA
Teléfono: 981824079 Fax: 981824079
DISTRITO FORESTAL V-FISTERRA
Codeseiras, 11
15129 VIMIANZO
Teléfono: 981707470 Fax: 981716041
DISTRITO FORESTAL VI-A MARIÑA LUCENSE
Avda. Ramón Canosa, s/n 27850 LODEIRO-VIVEIRO
Teléfono: 982561018 Fax: 982561018
Rúa Pardo de Cela, 22 27740 MONDOÑEDO
Teléfono: 982507409 Fax: 982507409
DISTRITO FORESTAL VII-A FONSAGRADA-OS ANCARES
Rúa Ano Vello, s/n, entrechán 27640 BECERREÁ
Teléfono: 982360713 Fax: 982369029
Lugar Os Chaos, s/n 27100 A FONSAGRADA
Teléfono: 982340474 Fax: 982340474
DISTRITO FORESTAL VIII-TERRA DE LEMOS
Estrada Castro Caldelas, s/n 27400 MONFORTE DE LEMOS
Teléfono: 982889119 Fax: 982889125
Rúa do Rego, 3 27600 CHANTADA
Teléfono: 982440124 Fax: 982454108
DISTRITO FORESTAL IX-LUGO-SARRIA
Rúa Benigno Rivera, 62, baixo (Polígono do Ceao) 27003 LUGO
Teléfono: 982209527 Fax: 982207137
Rúa Vázquez Queipo, 25 27600 CHANTADA
Teléfono: 982533313 Fax: 982533313
DISTRITO FORESTAL X-A TERRA CHÁ
Rúa Poetisa Carmiña Prieto Rouco, s/n 27800 VILALBA
Teléfono: 982523440 Fax: 982523441
Praza do Concello, s/n 27420 MEIRA
Teléfono: 982330534 Fax: 982330534
DISTRITO FORESTAL XI-RIBEIRO-ARENTEIRO
Estrada O Carballiño-Cea (OU-204), km 4 O CARBALLIÑO
Teléfono: 988274436 Fax: 988530213
DISTRITO FORESTAL XII-MIÑO-ARNOIA
Avda. da Habana, 79-5º 32004 OURENSE
Teléfono: 988237896 Fax: 988269105
Rúa Fonte dos Canos, 6 32700 MACEDA
Teléfono: 988237896 Fax: 988463365
DISTRITO FORESTAL XIII-VALDEORRAS-TRIVES
Casa Grande de Viloira
32300 O BARCO DE VALDEORRAS Teléfono: 988325144 Fax: 988326495
Avda. Ourense, 36
32760 CASTRO CALDELAS
Teléfono: 988203523 Fax: 988203523
DISTRITO FORESTAL XIV-VERÍN-VIANA
Rúa Rosalía de Castro, 63-1º 32600 VERÍN
Teléfono: 988411451 Fax: 988590407
Rúa Beato Aparicio, s/n 32540 A GUDIÑA
Teléfono: 988594010 Fax: 988594008
DISTRITO FORESTAL XV-A LIMIA
Rúa Prolongación Irmáns Martínez, 4-6 32840 BANDE
Teléfono: 988444419 Fax: 988444489
Rúa Vicente Risco, 9-1º 32630 XINZO DE LIMIA
Teléfono: 988462488 Fax: 988462488
DISTRITO FORESTAL XVI-DEZA-TABEIRÓS
Polígono 2000 (Edificio Expodeza), 2ª 36500 LALÍN
Teléfono: 986794494 Fax: 986794495
DISTRITO FORESTAL XVII-O CONDADO-A PARADANTA
Rúa Paseo Matutino, 35-1º A/B 36860 PONTEAREAS
Teléfono: 986644120 Fax: 986644030
DISTRITO FORESTAL XVIII-VIGO-BAIXO MIÑO
Rúa Riveira, s/n Edif. Multiusos de Torneiros 36400 O PORRIÑO
Teléfono: 986344620 Fax: 986335455
Paseo A Xunqueira, 15-1ºB 36800 REDONDELA
Teléfono: 986402723 Fax: 986402723
DISTRITO FORESTAL XIX-CALDAS-O SALNÉS
Centro de Apoio Cabanas, s/n 36143 SALCEDO
Teléfono: 986868538 Fax: 986868594
Praza Ravella, 13-5º
36600 VILAGARCÍA DE AROUSA
Teléfono: 986505778 Fax: 986505778
Persoas físicas ou xurídicas de dereito privado que xestionen aproveitamentos de cortiza en masas de sobreiras en montes ou terreos forestais de natureza privada situados na Comunidade Autónoma de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
Rúa Vicente Ferrer, nº 2
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184501
Email: mediorural.co@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo
Ronda da Muralla, nº 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294469/ 982889223
Email: xefeterritorial.cmr.lugo@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense
Rúa Florentino L. Cuevillas, nº 4-6 baixo
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386455
Email: mediorural.ourense@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra
Avda. Mª Victoria Moreno, nº 43 - 2º
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805409
Email: xefaturaterritorial.mrpo@xunta.gal
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Este decreto entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
As persoas propietarias de predios e as persoas por elas autorizadas poden realizar aproveitamentos de cortiza en masas de sobreiras que non conten cun instrumento de ordenación ou de xestión aprobado pola Administración forestal. Para isto presentarán ante a correspondente xefatura territorial competente en materia de montes, con carácter previo ao inicio dos traballos, unha solicitude de autorización a través do formulario normalizado recollido no anexo VI (MR604E).
Condicións específicas na realización dos aproveitamentos de cortiza
1. As operacións de descortizamento de sobreiras deben efectuarse durante o período vexetativo, entre o 20 de xuño e o 30 de agosto de cada ano, ambos os dous incluídos. Non se poden realizar operacións de descortizamento fóra deste período e, dentro deste, suspenderanse cando a cortiza se adhira á arbore e a súa extracción poida causarlle danos.
As operacións de reunión, enfardamento e retirada ou transporte da cortiza extraída pódense realizar en calquera época do ano.
2. O primeiro descortizamento só pode realizarse sobre sobreiras cuxa circunferencia, medida sobre a casca a 1,3 metros de altura, sexa maior ou igual a 60 centímetros. A altura máxima do bornizo, medida desde a base da árbore, será dúas veces a lonxitude da circunferencia.
3. No segundo descortizamento ou segundeiro e nos sucesivos, denominados descortizamentos de reprodución, a altura da peladura será de 2,5 veces a lonxitude da circunferencia, medida sobre a casca a 1,3 metros de altura, tomada desde a base da árbore. A altura máxima da peladura será, en calquera caso, de 3 metros tomados desde a base da árbore.
4. En ningún caso poden realizarse operacións de descortizamento sobre as raíces que sobresaian da terra.
5. O tempo transcorrido entre dous descortizamentos nunha mesma árbore será, como mínimo, de nove anos. Non se realizarán podas nas árbores que foron peladas durante os tres anos anteriores e posteriores ao momento da peladura.
6. En caso de sobreiras afectadas por incendios forestais, pódese extraer a cortiza con calquera idade, ben que debe transcorrer polo menos un ano desde o incendio para poder efectuar a operación de descortizamento. Este só poderá ser autorizado logo da comprobación de que a árbore se atope en bo estado vexetativo, a través do persoal referido no artigo 61 deste decreto.
7. Non se permite a peladura das pólas, agás nas árbores de diámetro igual ou superior a 70 centímetros que, ademais, presenten o fuste gallado a unha altura menor ou igual a 1,6 metros, respectando, en todo caso, a altura máxima de peladura.
8. As operacións de descortizamento serán realizadas sempre por persoas cualificadas e coas ferramentas apropiadas, respectando as seguintes prescricións:
a) Practicaranse cortes lonxitudinais e transversais que permitan obter panas das maiores dimensións posibles.
b) Procurarase que non quede adherido ao tronco ningún anaco de cortiza.
c) Non se causarán feridas á arbore.
d) Non se realizarán cortes na capa nai nin se arrincarán placas a esta.
e) Separaranse da parte inferior do tronco os fragmentos de cortiza que queden adheridos nel despois da peladura. Esta operación realizarase de xeito que, sen causar dano á árbore, esta parte quede ben limpa.
9. Non se levarán a cabo operacións de descortizamento naquelas sobreiras que se visen afectadas por circunstancias externas que motivasen o seu extremo debilitamento. En caso de árbores afectadas por pragas ou enfermidades, descortizaranse por separado do resto e con especial atención á desinfección das ferramentas empregadas nas operacións.
Solicitude de autorización a través do formulario normalizado recollido no anexo VI.
Acreditación da representación, se for o caso.
Plan de aproveitamento de cortiza, cando proceda, segundo o disposto no punto 3 deste artigo.
No caso de montes veciñais en man común, acordo previo da asemblea xeral da comunidade propietaria. O acordo acreditarase por medio de copia da acta da asemblea ou certificación expedida pola persoa titular da secretaría da comunidade, onde se dea fe do acordo aprobado en asemblea.
No caso de que a superficie dispoña de instrumento de ordenación ou xestión forestal aprobado pola Administración competente e de que se pretendan realizar aproveitamentos que non se axusten ao disposto nel, deberá xuntarse xustificación do aproveitamento.
Outra documentación que a persoa interesada considere relevante en relación co aproveitamento.
- A persoa que conste na solicitude do aproveitamento como aquela que vai realizar o aproveitamento de cortiza deberá estar dada de alta no Rexistro de Empresas do Sector Forestal de Galicia, e ter realizada a pertinente comunicación anual no prazo legalmente estipulado.
- Cando a solicitude afecte masas de sobreiras de máis de 5 hectáreas de extensión, deberá xuntarse a aquela un plan de aproveitamento de cortiza, asinado por persoal técnico competente en materia forestal. O plan xustificará a necesidade ou oportunidade do aproveitamento de cortiza e indicarase a súa localización planimétrica, a superficie obxecto deste, o número de pés e o volume de sobreiras afectadas, a taxación correspondente e as prescricións técnicas do aproveitamento. O plan de aproveitamento de cortiza cumprirá o disposto, de ser o caso, na lexislación en materia de seguridade e saúde. Este plan deberá ser autorizado pola persoa titular do predio ou pola persoa titular dos dereitos de aproveitamento.
Presentación
- As solicitudes de autorización, declaracións responsables e comunicacións presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude, declaración ou comunicación presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
- Para a presentación das solicitudes, declaracións e comunicacións empregaranse os correspondentes formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, que se axustarán aos modelos recollidos nos anexos deste decreto, e poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
- As solicitudes de autorización, declaracións responsables e comunicacións reguladas neste decreto dirixiranse á persoa titular da xefatura territorial correspondente. A tramitación dos procedementos regulados neste decreto corresponde á xefatura territorial da consellería competente en materia de montes en cuxo ámbito se sitúe o monte ou terreo forestal en que se vaia realizar o aproveitamento obxecto da solicitude, declaración ou comunicación, ou a maior superficie daquel, no caso de estar situado no ámbito de máis dunha xefatura territorial.
Presentación de documentación complementaria necesaria para a tramitación dos procedementos
1. As persoas interesadas deben achegar coa solicitude de autorización a declaración responsable ou a comunicación, a documentación que para cada suposto se especifica neste decreto, respectando o previsto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, as administracións poderán solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas polo/a interesado/a, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
Se algunha das persoas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que foi realizada a emenda.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a declaración responsable ou a comunicación, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude, a declaración responsable ou a comunicación e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación destes de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deben realizar durante a tramitación destes procedementos deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación dos procedementos regulados neste decreto consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas sempre que a persoa interesada expresase o seu consentimento para que sexan consultados ou obtidos:
a) DNI/NIE da persoa solicitante, declarante ou comunicante.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) NIF da entidade solicitante, declarante ou comunicante.
d) NIF da entidade representante.
No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
2. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo VI)
Prazo de resolución:
Dous meses
Sentido do silencio:
Positivo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia (DOG nº 140 do 23 de xullo de 2012).
-
Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia (DOG nº 74 do 17 de abril de 2007).
-
Decreto 73/2020, do 24 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos, micolóxicos e de resinas en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia. (DOG nº 97 do 20 de maio de 2020).
-
Decreto 50/2014, do 10 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos e micolóxicos en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia e o contido, organización e funcionamento do Rexistro de Empresas do Sector Forestal (DOG nº 86 do 7 de maio de 2014).
-
Outros procedementos relacionados
Permisos para a realización de queimas.
Aberto todo o ano
Comunicación final de aproveitamentos madeireiros e leñosos en montes ou terreos forestais de xestión privada.
Aberto todo o ano
Declaración responsable para aproveitamentos de cortizas en montes ou terreos forestais de xestión privada que conten cun instrumento de ordenación ou xestión aprobado pola Administración.
Aberto todo o ano
Inscrición no Rexistro Público de terreos forestais de pastoreo.
Aberto todo o ano