Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR550A
Axudas á reposición de animais: xeral.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería do Medio Rural
O obxecto desta orde é establecer as bases reguladoras e convocar para o ano 2018:
1. As axudas de compensacións complementarias por lucro cesante nos casos de inactividade nas explotacións de gando bovino, e gando ovino e cabrún, rexistradas en Galicia, con motivo da vixilancia, loita, control ou erradicación de enfermidades destas especies, levados a cabo no marco de programas ou actuacións sanitarias oficiais.
2. As axudas para a compra de animais das especies bovina, ovina e cabrúa que teña por obxecto a reposición de efectivos, naquelas explotacións rexistradas en Galicia en que se ordenou o sacrificio de animais destas especies, despois do diagnóstico dunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación; tamén se incluirán os casos de animais desas especies que morresen neses marcos sanitarios oficiais citados e os casos de morte/sacrificio deses animais en consecuencia dun programa oficial obrigatorio de vacinación.
1. Poderán ser persoas beneficiarias das axudas de compensacións complementarias por lucro cesante, as persoas físicas e xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica que sexan titulares de explotacións bovinas, ovinas e cabrúas en que se sacrificase ou destruíse de forma preventiva a totalidade do seu censo, por motivos de sospeita e/ou confirmación da presenza dalgunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación.
2. Poderán ser persoas beneficiarias das axudas para a compra de animais de reposición as persoas físicas e xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica que sexan titulares de explotacións bovinas, ovinas e cabrúas en que se ordenase o sacrificio obrigatorio de animais existentes nelas, como consecuencia do diagnóstico dunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación, así como as persoas titulares daquelas explotacións onde morresen ou se practicase a eutanasia de animais das ditas especies, por mor dunha enfermidade sometida a un programa ou a unha actuación sanitaria oficial de vixilancia, loita, control ou erradicación ou por mor dun programa oficial obrigatorio de vacinación.
3. As persoas solicitantes das axudas establecidas nesta orde, para seren beneficiarias delas, deberán ter a condición de pemes, de acordo co disposto no anexo I do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño, polo que se declaran determinadas categorías de axuda nos sectores agrícola e forestal e en zonas rurais compatibles co mercado interior, en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.
4. No cumprimento do artigo 1.6.b) ii) do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, as pemes beneficiarias do presente réxime de axudas non terán a consideración de empresas en crise, segundo a definición destas establecida no artigo 2.14 deste regulamento, agás que a empresa se convertese nunha empresa en crise por mor dos danos ou perdas causadas polas enfermidades animais recollidas na lista da Organización Mundial de Sanidade Animal (OIE) ou nos anexos I e II do Regulamento (UE) nº 652/2014 do Parlamento Europeo e do Consello.
5. Non poderán ter a condición de persoas beneficiarias das axudas reguladas nesta orde as persoas ou entidades:
a) Que se atopen en calquera das circunstancias sinaladas no artigo 10, puntos 2 e 3, da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 13, puntos 2 e 3, da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. Así mesmo, será de obrigado cumprimento a apreciación recollida no artigo 14 do Decreto 11/2009, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.
b) Que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente, despois dunha decisión previa da Comisión que declarara unha axuda ilegal e incompatible co mercado interior, e en cumprimento do artigo 1.5.a) do Regulamento (UE) nº 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
Subdirección Xeral Económica e de Dotación de Medios
Servizo de Dotación de Medios
EDIF, ADMINISTRATIVO SAN CAETANO
15771 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545733
Fax: 981545735
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
Servizo de Gandaría da Coruña
R/ VICENTE FERRER, 2
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184565
Fax: 981184653
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo
Servizo de Gandaría de Lugo
RONDA DA MURALLA,70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294534
Fax: 982294425
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense
Servizo de Gandaría de Ourense
R/ FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS, 4-6
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386525
Fax: 988386524
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra
Servizo de Gandaría de Pontevedra
R/FERNÁNDEZ LADREDA, 43,2º
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 886206569
Fax: 886206590
Prazo de presentación: PECHADO
03/02/2018 00:00 - 30/11/2018 23:59
O prazo para a presentación de solicitudes e, se é o caso, da correspondente documentación complementaria, será desde o día seguinte á data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia ata o día 30 de novembro de 2018, incluíndo ambas as datas no cómputo do prazo.
1. Para os efectos de ter dereito ás axudas reguladas nesta orde, as persoas titulares implicadas e as explotacións gandeiras afectadas:
a) Cumprirán e seranlles de aplicación os contidos da normativa en vigor, citada a seguir, que afecten directamente o correcto desenvolvemento dos programas e actuacións oficiais de vixilancia, loita, control e erradicación de enfermidades dos animais: sobre sanidade animal, identificación animal, movemento pecuario, benestar e alimentación animal, e a propia dos programas nacionais de vixilancia, loita, control e erradicación de enfermidades dos animais.
b) Terán a obriga de cumprir o contido do artigo 17 do Real decreto 2611/1996, do 20 de decembro, polo que se regulan os programas nacionais de erradicación de enfermidades dos animais e, por tanto, non se atoparán incursos en ningunha das circunstancias previstas no artigo 17.2 do citado Real decreto 2611/1996.
c) As explotacións afectadas estarán correctamente rexistradas na Comunidade Autónoma de Galicia, en concreto, figurarán inscritas e con todos os seus datos actualizados no Rexistro Xeral de Explotacións Gandeiras (Rega), establecido polo Real decreto 479/2004, do 26 de marzo, e no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia (Reaga), regulado no Decreto 200/2012, do 4 de outubro, da Consellería do Medio Rural.
2. Para as axudas de compensacións complementarias por lucro cesante, ademais, comprobarase:
a) Que sexa efectivo o baleiro sanitario da explotación, co sacrificio obrigatorio da totalidade dos seus animais.
b) Que se cumpra o prazo de tempo para o período de baleiro (ou período de corentena) da explotación, sinalado pola autoridade sanitaria competente, ata que esta autorice a repoboación na explotación ou leve a cabo a súa desinmobilización.
3. Para as axudas á reposición de gando, ademais, comprobarase que se cumpren os seguintes requisitos:
a) En todos os casos, ter sacrificado obrigatoriamente aqueles animais de especies susceptibles de padeceren a enfermidade e que foron diagnosticados positivos ou sospeitosos.
b) Ter efectuado previamente, antes da reposición dos animais, a limpeza e desinfección da explotación de acordo coa lexislación vixente e as instrucións da autoridade competente.
c) Cumprir a normativa establecida na Orde do 4 de abril de 1997 pola que se establecen as normas para o desenvolvemento das campañas de saneamento gandeiro das especies bovina, ovina e cabrúa.
d) En canto aos animais adquiridos polos cales se solicita axuda, os da especie bovina procederán de explotacións de orixe cunha cualificación sanitaria T3B4H (“explotacións T3B4 históricas”, é dicir, con cualificación T3B4 desde hai máis de 3 anos),e libres de leucose bovina enzoótica, perineumonía contaxiosa bovina e encefalopatías esponxiformes transmisibles. As ditas explotacións de orixe deberán pertencer a provincias e unidades veterinarias locais de prevalencia de tuberculose inferior ao 1% e libres de brucelose bovina (segundo os datos Rasve dispoñibles máis actualizados). Se as reses bovinas adquiridas proceden de explotacións de orixe situadas noutros países, estes deberán ser Oficialmente Indemnes de tuberculose, brucelose e leucose bovinas e libres de perineumonía bovina. Os animais das especies ovina e cabrúa deberán proceder de explotacións con cualificación sanitaria M4 e libres de encefalopatías esponxiformes transmisibles, pertencentes a provincias e unidades veterinarias locais de prevalencia de tuberculose bovina inferior ao 1% e libres de brucelose ovina e cabrúa (segundo os datos Rasve dispoñibles máis actualizados). Se as reses ovinas ou cabrúas adquiridas proceden de explotacións de orixe situadas noutros países, estes deberán ser Oficialmente Indemnes de tuberculose bovina e de brucelose ovina e cabrúa.
e) Unicamente se subvencionará a reposición efectuada con animais para manter na explotación un nivel de produción similar ao existente con anterioridade ao sacrificio.
4. Os servizos de gandaría provinciais da Consellería do Medio Rural, como órganos competentes para a tramitación dos procedementos de concesión das axudas reguladas nesta orde, comprobarán o cumprimento dos requisitos descritos nos tres puntos anteriores.
Solicitude segundo o Anexo IV.
Copia da póliza de seguro contratada que cubre a cobertura de indemnizacións polos sacrificios obrigatorios de animais, en cumprimento de programas ou actuacións oficiais de vixilancia, loita, control ou erradicación das súas enfermidades, e copia dos documentos xustificativos dos importes percibidos por parte da empresa aseguradora por dito motivo, se é o caso.
Facturas ou documentos equivalentes válidos en dereito que acrediten a compra dos animais polos cales se solicita a axuda.
Documento da entidade financeira que acredite o movemento bancario entre dúas contas bancarias distintas (da persoa compradora e da vendedora), xustificativo dos pagamentos das facturas ou documentos de compra das reses de reposición.
Para os animais bovinos sacrificados de raza cárnica e inscritos no libro xenealóxico da raza, copia da carta xenealóxica do animal sacrificado en que figure a cualificación morfolóxica, e emitida pola entidade xestora do libro xenealóxico da raza, se é o caso.
Xustificantes do valor económico obtido na comercialización dos animais, se é o caso.
Xustificantes dos importes percibidos polas canais no matadoiro, se é o caso.
DOCUMENTACIÓN PRESENTADA CON ANTERIORIDADE (presumiráse que a consulta é autorizada)
Copias dos documentos de constitución da entidade e dos seus estatutos, se é o caso.
No caso de representación, documento acreditativo desta por calquera medio válido en dereito.
Para os animais bovinos sacrificados de raza cárnica e inscritos no libro xenealóxico da raza, copia da carta xenealóxica do animal sacrificado en que figure a cualificación morfolóxica, e emitida pola entidade xestora do libro xenealóxico da raza, se é o caso.
Xustificantes do valor económico obtido na comercialización dos animais, se é o caso.
Xustificantes dos importes percibidos polas canais no matadoiro, se é o caso.
Comprobación de datos.
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente e achegar unha copia dos documentos.
DNI/NIE da persoa solicitante.
NIF da entidade solicitante.
DNI/NIE da persoa representante.
Estar ao día nas obrigas e débedas tributarias coa AEAT. Estar ao día de pagamento coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
Estar ao día nas obrigas e débedas coa Consellería de Facenda.
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).
A presentación electrónica da solicitude será obrigatoria para as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica (comunidades de bens (CB), sociedades civís (SC), sociedades agrarias de transformación (SAT), etc.), e para as persoas representantes dunha das anteriores.
Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave “Chave 365” (https://sede.xunta.gal/chave365).
Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica (serán as persoas físicas para os procedementos incluídos na presente orde), opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando os formularios normalizados dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia.
A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
A presentación electrónica da documentación complementaria será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude: as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica (comunidades de bens (CB), sociedades civís (SC), sociedades agrarias de transformación (SAT), etc.), e para as persoas representantes dunha das anteriores. Se algunha destas persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica (serán as persoas físicas para os procedementos incluídos na presente orde), opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten a disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para a facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 29 de decembro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas de compensacións complementarias e axudas para a reposición dos animais en explotacións de gando bovino, ovino e cabrún, como consecuencia do sacrificio obrigatorio de gando en execución de programas oficiais de erradicación de enfermidades, e se convocan para o ano 2018 (DOG nº 24 do 2 de febreiro de 2018).
-
Outros procedementos relacionados
Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria
Aberto todo o ano
Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Inicio de actividade/baixa/modificación na sección de explotacións acollidas ao réxime de venda directa.
Aberto todo o ano