Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR508B
Comunicación e rexistro de establecementos de venda de medicamentos veterinarios por outras canles.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería do Medio Rural
Os establecementos de venda por outras canles, entendidos como os establecementos de distribución e venda de medicamentos destinados a animais de terrario, paxaros ornamentais, peixes de acuario e pequenos roedores que non requiran prescrición veterinaria e radicados na Comunidade Autónoma de Galicia, comunicarán á consellería competente en materia de gandaría a súa localización con carácter previo ao inicio da actividade, de acordo co modelo de solicitude do anexo II, en calquera dos rexistros previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben por medios electrónicos no enderezo http://mediorural.xunta.es.
Os establecementos de distribución e venda de medicamentos destinados a animais de terrario, paxaros ornamentais, peixes de acuario e pequenos roedores que non requiran prescrición veterinaria e radicados na Comunidade Autónoma de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
PRAZA LUIS SEOANE S/N
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184569
Fax: 981184653
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo
RONDA DA MURALLA,70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294509
Fax: 982294808
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense
R/ FLORENTINO LÓPEZ CUEVILLAS, 4-6
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386525
Fax: 988386524
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra
R/BENITO CORBAL, 47,4º
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 886206569
Fax: 886206590
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Dende o 2 de marzo de 2012.
Estes establecementos, que unicamente poderán comercializar aqueles medicamentos veterinarios nos cales se faga constar que exclusivamente están destinados ás especies dos grupos indicados no punto 1 deste artigo e que non requiran prescrición veterinaria, deberán cumprir cos requisitos a que se refire o artigo 91 do Real decreto 109/1995.
Os establecementos a que se fai referencia no artigo 7 deste decreto que veñan desenvolvendo a súa actividade antes da entrada en vigor deste decreto, disporán dun prazo de 3 meses para facer a dita comunicación. Este prazo contarase a partir do día seguinte ao da entrada en vigor desta norma.
Comunicación segundo o Anexo II.
Anexo II-bis para a comprobación do NIF da empresa.
Xustificante do pagamento da taxa (exemplar para a administración).
Comprobación de datos.
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás Administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.
DNI/NIE da persoa comunicante.
DNI/NIE da persoa representante.
NIF da entidade representante.
NIF da entidade comunicante.
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto 63/2012, do 12 de xaneiro, polo que se regulan as condicións de comercialización e uso dos medicamentos veterinarios na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 27 do 8 de febreiro de 2012).
-
Orde do 22 de abril de 2015 do Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería do Medio Rural e do Mar (DOG nº 77 do 24 de abril de 2015).
-
-
Ámbito Estatal
-
Real Decreto 109/1995, de 27 de xaneiro, sobre medicamentos veterinarios (BOE nº 53 de 3 de marzo de 1995).
-
Lei 29/2006, do 26 de xullo, de garantías e uso racional dos medicamentos e produtos sanitarios (BOE nº 178 do 27 de xullo de 2006).
-
Outros procedementos relacionados
Rexistro Oficial de Produtores e Operadores de medios de defensa fitosanitaria (ROPO) - sector subministrador de medios de defensa fitosanitaria.
Aberto todo o ano
Rexistro Oficial de Produtores e Operadores de medios de defensa fitosanitaria (ROPO) - sector de tratamentos fitosanitarios
Aberto todo o ano
Rexistro Oficial de Produtores e peradores de medios de defensa fitosanitaria (ROPO) - sector de asesoramento fitosanitario.
Aberto todo o ano
Rexistro Oficial de Produtores e Operadores de medios de defensa fitosanitaria (ROPO) - sector usuarios profesionais.
Aberto todo o ano