Guía de procedementos e servizos

MR506B

Réxime de axudas á apicultura: Solicitude de agrupacións de apicultores/as.

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Empresas e profesionais

Convocatoria 2022 estendida - Prazo pechado: 06/04/2023 00:00 - 05/05/2023 23:59

Consellería do Medio Rural

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Establecer, en réxime de concorrencia competitiva, as bases reguladoras das axudas para o fomento daquelas actividades destinadas a mellorar a produción e comercialización dos produtos da apicultura

Cooperativas apícolas, organizacións representativas, agrupacións de defensa sanitaria e asociacións de apicultores, con personalidade xurídica propia, na medida en que os seus integrantes cumpran os requisitos establecidos no punto 2, Entidades apícolas.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Subdirección Xeral de Gandaría

Servizo de Producións Gandeiras e Benestar Animal

Edificio Administrativo San Lázaro, s/n

15771  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881997016

Fax: 981545735

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña

Servizo de Gandaría da Coruña

Rúa Vicente Ferrer, nº 2

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184565

Fax: 981184653

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo

Servizo de Gandaría de Lugo

Ronda da Muralla, nº 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294534

Fax: 982294425

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense

Servizo de Gandaría de Ourense

Rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386525

Fax: 988386524

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra

Servizo de Gandaría de Pontevedra

Avda. Mª Victoria Moreno, nº 43 - 2º

36071  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 886206569

Fax: 886206590

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Prazo de presentación: PECHADO

06/04/2023 00:00 - 05/05/2023 23:59

O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. De acordo co artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes.

1. Para acollerse ás axudas, as persoas apicultoras, a título individual ou como integrantes dunha entidade apícola, deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Seren titulares, con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2022, dunha explotación apícola inscrita no Rexistro Galego de Explotacións Apícolas (Rgeap), fóra daquelas persoas que adquirisen a titularidade con posterioridade por falecemento, xubilación ou incapacidade laboral da anterior titular e sexan parentes desta en, como máximo, cuarto grao. Así mesmo, exceptúanse do devandito requisito os supostos de forza maior.

b) Seren titulares dunha explotación con máis de 15 colmeas para o caso das persoas apicultoras que soliciten a axuda a título individual, e con máis de 50, se solicitan axuda para realizar a transhumancia, sexan ou non persoas traballadoras autónomas.

c) Realizaren polo menos un tratamento ao ano fronte á varroose, de acordo co establecido no Real decreto 608/2006, do 19 de maio, polo que se establece e regula un programa nacional de loita e control das enfermidades das abellas do mel.

d) Disporen dun seguro de responsabilidade civil das colmeas.

e) Cumpriren as previsións contidas no Real decreto 209/2002.

f) Teren realizada a declaración censual anual obrigatoria referida ao 31 de decembro de 2021 antes do día 1 de marzo de 2022.

g) Teren realizada a validación anual do libro de rexistro de explotación apícola (CEAT) con resultado favorable antes do 1 de marzo de 2022, segundo o recollido no artigo 7, punto 2, do Real decreto 209/2002, e no artigo 6 do Decreto 339/2009, do 11 de xuño, sobre ordenación sanitaria e zootécnica das explotacións apícolas na Comunidade Autónoma de Galicia.

As alvarizas abandonadas e as colmeas mortas non darán dereito ao cobramento de axudas.

2. Para o caso das entidades apícolas, para seren beneficiarias, a solicitude de axuda deberá incluír, como mínimo, 1.500 colmeas.

3. Unha mesma persoa apicultora só poderá ser beneficiaria da axuda para cada unha das súas colmeas por unha mesma liña, ben a título individual, ben como integrante dunha entidade apícola. Deberá indicar na solicitude individual da axuda as liñas que solicita a través dunha entidade apícola, de ser o caso.

Non obstante, as persoas apicultoras incluídas na solicitude de axuda presentada por unha entidade apícola, ben sexa para unha ou varias liñas de axuda, non poderán solicitar a axuda como integrantes doutra entidade apícola.

De ser o caso, soamente se terá en conta esa persoa apicultora na solicitude da entidade apícola que o inclúa como beneficiaria naquela liña de axuda que ocupe o primeiro lugar atendendo á orde de prelación que se establece no artigo 9.1 desta orde de axudas.

Solicitudes.

1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través dos formularios normalizados dispoñibles (anexo II para o procedemento MR506B) na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, que serán de uso obrigatorio para as persoas interesadas en aplicación do artigo 66.6 da Lei 39/2015.

A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas titulares de explotacións apícolas, as entidades apícolas e as persoas traballadoras autónomas para os trámites e actuacións que realicen coas administracións públicas no exercicio da súa actividade profesional, así como as persoas representantes dunha das anteriores. As persoas físicas titulares de explotacións apícolas que non sexan traballadoras autónomas poderán presentar, opcionalmente, a solicitude de forma presencial.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

2. Recibidas as solicitudes e a súa documentación, serán examinadas polo órgano xestor que, de observar deficiencias, requirirá a súa emenda ao solicitante, concedéndolle un prazo de dez días, consonte o artigo 68 da Lei 39/2015. Transcorrido este prazo sen se producir a emenda ao expediente, terase por desistido da súa petición, logo da súa resolución.

3. A falsidade do declarado na solicitude determinará a imposibilidade de percibir, se é o caso, a axuda concedida, dende o momento en que se teña constancia da falsidade, sen prexuízo das responsabilidades penais, civís ou administrativas que procedan.

Documentación complementaria (MR506B).

1. As entidades apícolas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Certificación do órgano competente na cal se especifique o acordo polo que se concede autorización para facer a solicitude ao asinante dela.

Se actúa en virtude de atribucións fixadas nos estatutos, indicarase así na solicitude, citando a disposición que recolle a competencia. De non ser así, deberá acreditarse a representación conforme o artigo 5 da Lei 39/2015.

b) Certificación do órgano competente que acredite o desempeño actual do cargo.

c) Acta de constitución da entidade apícola, ou copia dos estatutos.

d) Relación nominal de socios actualizada, en formato electrónico, concretamente nun arquivo ‘.csv’.

O arquivo conterá os seguintes campos, de cada un dos socios:

– Nome ou razón social.

– Primeiro apelido.

– Segundo apelido.

– NIF.

– Código Rega da explotación.

– Número de colmeas da explotación.

En función das liñas solicitadas a través da entidade apícola:

– Produto ou produtos empregados (liñas B.1, B.2, B.4.1 e B.4.2).

– Número de tratamentos aplicados contra a varroose (liñas B.1 ou B.2).

– Cantidade de cada un dos produtos (liña B.4.1 e B.4.2).

– Descrición (liñas B.5.2, C.1, C.2, C.3 e E.1).

– Cantidade (liñas B.5.1 e B.5.2).

– Custo (liñas C.1, C.2, C.3, E.1 e E.2).

– Número de póliza (liña C.4).

– Colmeas cubertas pola póliza de seguro da entidade (liña C.4).

Todos os datos deberán ir en maiúsculas, sen acentos e os campos de tipo alfanumérico, sen espazos entre os caracteres.

e) Copia do contrato e titulación do persoal veterinario e doutro persoal técnico titulado responsable da execución do programa sanitario de loita contra a varroose.

Para poder realizar o cálculo da axuda correspondente, todos os contratos deberán recoller o período de duración da contratación do persoal técnico e a xornada laboral contratada, así como os importes desagregados por cada mes de traballo.

Para o caso doutro persoal técnico titulado, as titulacións admitidas serán as de veterinaria, bioloxía, enxeñaría agrónoma, enxeñaría técnica agrícola, enxeñaría forestal, enxeñaría técnica forestal, técnica en produción agropecuaria, persoal técnico que dispoña da certificación de cualificación profesional da familia agraria en apicultura, nivel 2, de acordo co Real decreto 1784/2011, do 16 de decembro, polo que se establecen dous certificados de profesionalidade da familia profesional agraria e se inclúen no Repertorio nacional de certificados de profesionalidade. Para outras titulacións será necesario presentar a documentación acreditativa da formación do persoal técnico que xustifique a experiencia no sector apícola, cuxa validez será sometida á valoración por parte do órgano colexiado recollido no artigo 10.

f) Copia do contrato do persoal administrativo.

Para poder realizar o cálculo da axuda correspondente, todos os contratos deberán recoller o período de duración da contratación do persoal e a xornada laboral contratada, así como os importes desagregados por cada mes de traballo.

g) Certificación do contido dos contratos de traballo.

Para contratos subscritos en datas anteriores á de presentación da solicitude, no caso de que non recollan a información citada, esta deberá vir sinalada nunha certificación asinada polo representante legal ou persoa en que teña delegada a representación da entidade apícola.

h) Solicitude de autorización previa para a contratación das actividades subvencionadas a persoas ou entidades vinculadas co beneficiario, de acordo co recollido no artigo 27.7.d) da Lei 9/2007.

i) Nas axudas das liñas B.1 e B.2 de loita contra a varroose: declaración responsable do persoal veterinario de compromiso previo de execución e posterior xustificación do programa.

j) Programa de actuación que pretende desenvolver para cada unha das liñas de axuda solicitadas.

Memoria descritiva de cada actuación onde figuren os datos das persoas apicultoras incluídas no programa ou liña de axuda, número de colmeas afectadas, descrición dos investimentos e finalidade deles, incluíndo orzamentos pormenorizados e/ou facturas pro forma dos investimentos. No caso de solicitar axuda para a liña C.4, para seren considerados válidos, os orzamentos ou facturas pro forma do seguro deberán desagregar as distintas coberturas, o custo que paga a cooperativa ou agrupación ou asociación apícola por cada unha delas e os prezos por colmea, no suposto de que inclúan coberturas distintas da responsabilidade civil das colmeas.

k) Documentación relativa ás ofertas achegadas e xustificación de non vinculación entre as empresas invitadas a ofertar.

Independentemente da liña de axuda e do tipo de gasto subvencionable, en todos os gastos, a entidade apícola deberá incluír un sistema de avaliación dos custos que lle permita á Administración comprobar o valor de mercado dos gastos subvencionables, como é a comparación de ofertas.

Para a comparación de ofertas, a entidade apícola deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, á prestación do servizo ou á entrega do ben, agás que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren.

A escolla entre as ofertas presentadas, que deberán achegarse xunto coa solicitude da axuda, realizarase conforme criterios de eficiencia e economía, e debe xustificarse expresamente nunha memoria cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa ou cando o número de ofertas sexa menor de tres por inexistencia no mercado de suficientes entidades que presten os servizos.

As empresas invitadas a presentar ofertas non poderán estar vinculadas entre elas e exixiráselles sempre unha declaración das empresas coas cales teñan vinculación. No expediente deberá deixarse constancia das invitacións cursadas, das ofertas recibidas e das razóns para a súa aceptación ou rexeitamento.

Todas as ofertas teñen que estar detalladas e desagregadas de tal xeito que inclúan os mesmos elementos para ser comparables entre si. Os requisitos mínimos que deben cumprir os orzamentos ou facturas pro forma que se presenten son os seguintes:

– Identificación clara de que o documento é un orzamento ou unha factura pro forma.

– Razón social e NIF do solicitante da oferta.

– Razón social e NIF do provedor.

– Data de emisión.

– Desagregación detallada dos distintos conceptos orzados, de ser o caso, indicando o número de unidades e o prezo unitario.

– Deberá figurar o IVE ou indicación de que non se reflicte, aínda que non se considere para efectos do cálculo do investimento elixible.

Outros posibles sistemas válidos para realizar a moderación de custos son os prezos de mercado, cotizacións de mercados nacionais, estimación por referencia aos valores recollidos en rexistros oficiais de carácter fiscal, ditame de peritos da Administración, taxación pericial contraditoria e calquera outro medio de proba admitido en dereito.

l) Dispoñibilidade dos terreos para a realización da transhumancia, así como permisos ou licenza das obras que pretenda realizar para a colocación das colmeas e/ou de adecuación ou mellora dos accesos (autorización das obras e dispoñibilidade dos terreos), de ser o caso.

m) Memoria explicativa da realización da transhumancia (resumo e esquema da situación de orixe das colmeas e do destino onde se pretende realizar a transhumancia e datas probables do movemento), de ser o caso.

n) Xustificación da exclusividade dos equipamentos para a actividade transhumante, se é o caso.

o) Copia da póliza do seguro de responsabilidade civil das colmeas en vigor e xustificante bancario do seu pagamento.

A póliza especificará os nomes dos titulares das explotacións apícolas aseguradas, o código Rega das explotacións e o número de colmeas aseguradas por cada titular. Todo isto para os efectos de comprobar o cumprimento do requisito recollido no artigo 3.2.d).

p) Documentación que acredite, de ser o caso, o cumprimento dos criterios sinalados nas letras b) , f) e g) do artigo 9.2 desta orde:

– Certificación da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Mel de Galicia en que se acrediten as persoas apicultoras socias da entidade apícola solicitante que pertencen á IXP en data do 1 de xaneiro do ano de presentación da solicitude.

– Certificación do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia en que se acrediten as persoas apicultoras socias da entidade apícola solicitante que pertencen ao consello regulador en data 1 de xaneiro do ano de presentación da solicitude.

– Certificación da cooperativa apícola que acredite que as persoas apicultoras socias da cooperativa solicitante o son desde o 1 de xaneiro do ano de presentación da solicitude.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se puideren obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A presentación das xustificacións técnicas e económicas realizarase coa solicitude de axuda, de acordo co disposto no artigo 13.

3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

4. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

5. No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Non será necesario achegar os documentos das letras a), b) e c) que xa fosen presentados anteriormente.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI da persoa solicitante, só para o procedemento MR506A, ou NIF da entidade solicitante.

b) DNI da persoa representante ou NIF da entidade representante.

c) A información relativa á declaración censual anual, ao titular, tipo e clase de explotación, así como o número de colmeas (dimensión das explotacións acollidas á axuda).

d) A obriga de ter realizado, polo menos, un tratamento ao ano fronte á varroose, de acordo co establecido no Real decreto 608/2006, do 19 de maio, polo que se establece e regula un programa nacional de loita e control das enfermidades das abellas do mel.

e) A validación anual do libro de rexistro de explotación apícola (CEAT), segundo o recollido no artigo 7.2 do Real decreto 209/2002.

f) As certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a consellería competente en materia de facenda da Xunta de Galicia. A presentación da solicitude de concesión de subvención pola persoa interesada ou representante comportará a autorización ao órgano xestor para solicitalas, segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007.

g) A pertenza da persoa solicitante a unha agrupación de defensa sanitaria gandeira legalmente recoñecida será comprobada de oficio polo órgano xestor da axuda mediante consulta realizada ao Rexistro Oficial de Agrupacións de Defensa Sanitaria Gandeira de Galicia da Consellería do Medio Rural.

h) Documentación acreditativa de explotación apícola situada en zona desfavorecida na Lista comunitaria de zonas agrícolas desfavorecidas, tal como se definen nos puntos 3 e 4 do artigo 3 da Directiva 75/268/CEE (equivalentes aos artigos 18 e 19 do Regulamento (CE) nº 1257/99, respectivamente), de acordo coa Directiva do Consello (86/466/CEE), do 14 de xullo de 1986, coa Decisión da Comisión (86/566/CEE), do 16 de outubro de 1989, e coa Directiva do Consello (91/465/CEE), do 22 de xullo de 1991.

Consultaranse, ademais, os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

i) A condición de explotación de titularidade compartida para os efectos do establecido na Lei 35/2011.

j) A condición de agricultor mozo.

De acordo coa definición de agricultor mozo e condicións establecidas no Regulamento (UE) nº 1307/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen normas aplicables aos pagamentos directos aos agricultores en virtude dos réximes de axuda incluídos no marco da PAC, e polo que se derrogan os regulamentos (CE) nº 637/2008 e (CE) nº 73/2009 do Consello.

k) Inhabilitación para obter subvencións e axudas.

l) Concesións de subvencións e axudas.

Os datos das letras c), d), e), i) e j) xa figuran en poder da Administración. Comprobaraos de oficio o órgano xestor mediante a consulta realizada ás aplicacións Regan, Ingan e Reaga da Consellería do Medio Rural.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, tamén poderán realizar os trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 24 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras de concesión de axudas á apicultura e se convocan para o período estendido (do 1 de agosto ao 31 de decembro de 2022) do Programa nacional apícola 2020-2022 (códigos de procedemento MR506A e MR506) (DOG nº 67 do 5 de abril de 2023).

    • Extracto da Orde do 24 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras de concesión de axudas á apicultura e se convocan para o período estendido (do 1 de agosto ao 31 de decembro de 2022) do Programa nacional apícola 2020-2022 (códigos de procedemento MR506A e MR506B). (DOG nº 67 do 5 de abril de 2023).

    • Resolución do 6 de xuño de 2023 pola que se dá publicidade das persoas beneficiarias das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 24 de marzo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras de concesión de axudas á apicultura e se convocan para o período estendido (do 1 de agosto ao 31 de decembro de 2022) do Programa nacional apícola 2020-2022 (DOG nº 113 do 15 de xuño de 2023).

Outros procedementos relacionados

FA300A

Recoñecemento e inscrición no rexistro dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario, modificación de datos ou baixa.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA300B

Recoñecemento e inscrición no rexistro, modificación de datos ou baixa dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario presentada por unha persoa prestamista única.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA300C

Inscrición, modificación de datos ou baixa no rexistro de persoas representantes designadas por unha persoa intermediaria de crédito inmobiliario.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA300D

Recoñecemento e inscrición no rexistro dunha persoa prestamista inmobiliaria, modificación de datos ou baixa.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano