Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR502G
Axudas para a realización de proxectos e obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais – Liña 2.2
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Economía e Industria
Axudas á utilización de produtos de madeira en obra nova, rehabilitación ou reforma de vivendas unifamiliares que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais.
Para as liña 1.2 (código de procedemento MR502D) e 2.2 (código de procedemento MR502G): As persoas físicas, sexa de xeito individual ou unha pluralidade delas, que residan en Galicia.
No caso de solicitudes presentadas por unha agrupación de persoas físicas, todas as persoas solicitantes quedan obrigadas solidariamente ao cumprimento dos deberes que se deriven da concesión da subvención e ao cumprimento do establecido no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
Ademais, no caso de agrupacións de persoas físicas, deberán facer constar os compromisos de execución asumidos por cada unha das persoas solicitantes que determinará proporcionalmente o importe da subvención que se aplicará a cada unha delas que terán, igualmente, a consideración de persoas beneficiarias. En calquera caso, deberá nomearse unha persoa representante da agrupación, con poder suficiente para cumprir os deberes que, como beneficiaria, corresponden á agrupación, e coa que a Administración efectuará as actuacións no marco do procedemento administrativo.
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Axencia Galega da Industria Forestal
Avda. Fernando de Casas Novoa, nº 38
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881995473
Email: madeira-xera.cmr@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
13/04/2024 00:00 - 02/05/2024 23:59
O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto desde o día seguinte ao da publicación desta resolución, ata o 2 de maio de 2024 ou ata o esgotamento dos fondos asignados no caso de que se produza con anterioridade a esa data.
Liña 2.2 (código de procedemento MR502G):
- A obra terá por obxecto a edificación de obra nova, rehabilitación ou reforma de vivendas segundo as definicións recollidas no anexo XVI.
- A estrutura da edificación será realizada total ou parcialmente empregando produtos de madeira ou derivados da madeira.
- O sumatorio dos custos correspondentes aos produtos de madeira ou derivados da madeira e a súa colocación con finalidade estrutural, dos sistemas de compartimentación, envolvente e acabados excluíndo os das carpintarías interiores, pavimentos interiores e acabados interiores suporá, cando menos, o 20 % dos custos de execución material da obra finalizada.
- Solicitude segundo o Anexo IV.
- Contratos, orzamentos ou facturas pro forma (segundo sexa o caso) dos investimentos previstos de tres provedores distintos, se fose o caso.
- Anexo V de pluralidade de solicitantes, no caso de solicitudes de persoas físicas agrupadas.
- Documentación que acredite, por calquera medio válido en dereito, a representación con que actúa a persoa que asina a solicitude.
Comprobación de datos.
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente do Anexo e achegar unha copia dos documentos.
- DNI/NIE da persoa solicitante.
- DNI/NIE da persoa representante.
- Consulta de datos de residencia con data da última variación padroal.
- Consulta de concesións de subvencións e axudas.
- Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
- Certificado de estar ao día no cumprimento das obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
- Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.
A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos, con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica tamén poderán realizarse os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Fase de solicitude
- Pluralidade de persoas solicitantes (Anexo V)
- Solicitude (Anexo IV)
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 5 de abril de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2024, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións para a realización de proxectos e obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais (códigos de procedemento MR502B, MR502D, MR502F e MR502G) (DOG nº 72 do 12 de abril de 2024).
-
Extracto da Resolución do 5 de abril de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2024, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións para a realización de proxectos e obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais (códigos de procedemento MR502B, MR502D, MR502F e MR502G) (DOG nº 72 do 12 de abril de 2024).
-
Resolución do 26 de marzo de 2025 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas e denegadas e ás solicitudes non admitidas a trámite e desistidas no ano 2024, ao abeiro da Resolución do 5 de abril de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2024, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións para a realización de proxectos e obras que empreguen produtos de madeira como elementos estruturais (códigos de procedemento MR502B, MR502D, MR502F e MR502G) (DOG nº 67 do 7 de abril de 2025).
-
Outros procedementos relacionados
Solicitude de autorización para a utilización das aplicacións informáticas da Oficina Virtual Tributaria para o pagamento electrónico e a presentación electrónica dos modelos de declaración 008 e de autoliquidación 013 do Imposto compensatorio ambiental mineiro (ICAM).
Aberto todo o ano
Novacións de débedas
Prazo aberto: 07/02/2025 09:00 - 30/12/2025 14:00
Revisión actividades artesás do Rexistro xeral de artesanía de Galicia.
Aberto todo o ano
Autorización do uso da marca Artesanía de Galicia.
Aberto todo o ano