Guía de procedementos e servizos

MR501A

Rexistro obrigatorio de explotacións avícolas de autoconsumo

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano
TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Esta obrigatoriedade afecta aos currais avícolas cuxa finalidade sexa o autoconsumo familiar onde se manteñan aves das especies galiñas (galiñas ou polos), pavos, parrulos, pintadas, gansos, paspallás, perdices, faisáns ou pombas.

Enténdese como explotación de autoconsumo aquela explotación que teña como máximo 0,15 Unidades de Gando Maior (UGM) de capacidade máxima de aves de curral (máximo 30 galiñas poñedoras ou 50 polos de engorde e os seus equivalentes noutras especies), e que en ningún caso, comercialice os animais ou os seus productos (carne, ovos, outras producións...). No caso de que exista comercialización serán consideradas como explotacións avícolas reducidas.

Non poderán ter a consideración de explotación avícola de autoconsumo aquelas que crien especies de aves corredoras (ratites).

As instalacións onde se manteñan soamente aves ornamentais non se consideran explotacións de autoconsumo.

Estas explotacións, agás o seu rexistro, non teñen que cumprir ningún outro requisito adicional; a única finalidade deste rexistro é o coñecemento da súa existencia e localización por parte da autoridade competente en materia de sanidade animal, información necesaria en situacións de risco sanitario por enfermidades das aves nas que se precise o seu control pola autoridade competente.

Ás explotacións avícolas de tipo familiar (currais familiares) que manteñen aves domésticas de autoconsumo, sen finalidade comercial.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña

Servizo de Gandaría da Coruña

Rúa Vicente Ferrer, nº 2

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184565

Fax: 981184653

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo

Servizo de Gandaría de Lugo

Ronda da Muralla, nº 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294534

Fax: 982294425

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense

Servizo de Gandaría de Ourense

Rúa Florentino López Cuevillas, nº 4 - 6

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386525

Fax: 988386524

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra

Servizo de Gandaría de Pontevedra

Rúa Fernández Ladrera, nº 43 - 2º

36071  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 886206569

Fax: 886206590

Servizo de Sanidade Animal

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

  • Acreditación da representatividade (se e o caso).

  • Outros.

Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.

  • DNI/NIE da persoa comunicante.

  • DNI/NIE da persoa representante.

Consentimento para a comprobación de datos

A persoa interesada autoriza a consulta a outras administracións públicas dos seguintes datos. De non autorizar a consulta, deberá achegar o documento correspondente.

  • NIF da entidade comunicante

  • NIF da entidade representante

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 22 de abril de 2015 do Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería do Medio Rural e do Mar (DOG nº 77 do 24 de abril de 2015).

  • Ámbito Estatal
    • Lei 8/2003, de 24 de abril, de sanidade animal (BOE nº 99 do 25 de abril de 2003).

    • Orde APA/2442/2006, do 27 de xullo, pola que se establecen medidas específicas de protección en relación coa influenza aviaria (BOE nº 179 do 28 de xullo de 2006).

    • Real Decreto 637/2021, do 27 de xullo, polo que se establecen as normas básicas de ordenación das granxas avícolas. (BOE nº 179 de 28 de xullo de 2021)

Outros procedementos relacionados

MR101B

Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria

Aberto todo o ano

MR203A

Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR203B

Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR237C

Inicio de actividade/baixa/modificación na sección de explotacións acollidas ao réxime de venda directa.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano