Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR441B
Declaración de colleita de uva
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería do Medio Rural
O obxecto deste procedemento é a presentación da declaración de colleita de uva para todas as persoas obrigadas a presentala indicando a produción obtida e o seu destino.
Viticultores.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
Servizo Territorial do FOGGA da Coruña
Praza Luis Seoane, s/n
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184525
Fax: 981184559
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo
Servizo Territorial do FOGGA de Lugo
Rolda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294462
Fax: 982294411
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense
Servizo Territorial do Fogga de Ourense
Rúa do Paseo, 22 - 1º
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386948
Fax: 988386940
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra
Servizo Territorial do Fogga de Pontevedra
Paseo de Cervantes, 7-1º
36002 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805455
Fax: 986805569
Pode obter máis información sobre este procedemento na pestana "Vitivinícola" do portal do FOGGA
Prazo de presentación: PECHADO
O prazo de presentación da declaración na campaña vitícola iníciase o 1 de agosto e remata o 10 de decembro de cada ano.
Se o día en que remata o prazo é inhábil pecharase o seguinte día hábil.
Persoas obrigadas a presentar a declaración: as persoas ou entidades viticultoras que comercialicen toda ou parte da súa colleita.
Persoas exentas a presentar a declaración: as persoas ou entidades viticultoras que non comercialicen ningunha parte da súa colleita.
Número de declaracións que debe presentar cada persoa obrigada: O colleiteiro presentará unha declaración por cada provincia na cal posúa superficie de viñedo en produción, utilizando un único exemplar do presente Anexo D:I a referido ao/s viñedo/s situado/s en cada provincia.
Documentación para a presentación.
- Declaración segundo o Anexo D:I a.
Presentación.
As declaracións presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do normalizado (anexo D I-a) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas Administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
DNI/NIE DA PERSOA DECLARANTE
DNI/NIE DA PERSOA REPRESENTANTE
NIF DA ENTIDADE DECLARANTE
NIF DA ENTIDADE REPRESENTANTE
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o esixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Despois da presentación.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar trala presentación da declaración deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Ficha (Explic. Anexo D: Ia)
- Declaración (Anexo D: Ia)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto 256/2011, do 7 de decembro, polo que se regula o potencial de produción vitícola de Galicia (DOG nº 60 do 27 de marzo de 2012).
-
Orde do 22 de setembro de 2021 pola que se modifican anexos, prazos e normas procedementais do Decreto 256/2011, do 7 de decembro, polo que se regula o potencial de produción vitícola de Galicia (DOG nº 189 do 30 de setembro de 2021).
-
Orde do 25 de agosto de 2023 pola que se modifican normas procedementais do Decreto 256/2011, do 7 de decembro, polo que se regula o potencial de produción vitícola de Galicia (DOG nº 165 do 31 de agosto de 2023).
-
-
Ámbito Estatal
-
Real Decreto 739/2015, de 31 de xullo, sobre declaracións obligatorias no sector vitivinícola (BOE nº 183 de 1 de agosto de 2015)
-
-
Ámbito Europeo
-
Regulamento (CE) nº 491/2009 do Consello, de 25 de maio de 2009 , que modifica o Regulamento (CE) nº 1234/2007 polo que se crea unha organización común de mercados agrícolas e se establecen disposicións específicas para determinados produtos agrícolas (Regulamento único para as OCM).
-
Regulamento Delegado (UE) 2018/273 da Comisión, de 11 de decembro de 2017, polo que se completa o Regulamento (UE) n°1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que atinxe ao réxime de autorizacións para plantacións de vide, o rexistro vitícola, os documentos de acompañamento, a certificación, o rexistro de entradas e saídas, as declaracións obrigatorias, as notificacións e a publicación da información notificada, e polo que se completa o Regulamento (UE) n°1306/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que atinxe aos controis e sancións pertinentes, polo que se modifican os Regulamentos (CE) n°555/2008, (CE) nº 606/2009 e (CE) n°607/2009 da Comisión e polo que se derrogan o Regulamento (CE) n°436/2009 da Comisión e el Regulamento Delegado (UE) 2015/560 da Comisión.
-
Outros procedementos relacionados
Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria
Aberto todo o ano
Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Inicio de actividade/baixa/modificación na sección de explotacións acollidas ao réxime de venda directa.
Aberto todo o ano