Guía de procedementos e servizos

MR440D

Axuda para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países.

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Empresas e profesionais

Convocatoria 2024 - Prazo pechado: 01/08/2023 00:00 - 14/09/2023 23:59

Consellería do Medio Rural

Sobre o procedemento

Establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a execución de actividades de promoción e comunicación levadas a cabo en terceiros países e realizar a convocatoria para o ano 2024. 

 

1. Poderán presentar solicitudes para acollerse ao financiamento das medidas de promoción en terceiros países as seguintes figuras xurídicas con domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia:

a) Empresas vinícolas, considerando como tales aquelas empresas privadas nas cales, de acordo co seu último exercicio fiscal pechado, máis do 50 % da súa facturación proveña de produtos do anexo IV ou cuxa produción supere os 500 hl deses produtos. As empresas deberán estar constituídas con anterioridade á data de presentación da solicitude.

b) Organizacións de produtores vitivinícolas e asociacións de organizacións de produtores vitivinícolas, definidas de acordo cos artigos 152 e 156 do Regulamento (UE) nº 1308/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro.

c) Organizacións interprofesionais.

d) Organizacións profesionais que exerzan a súa actividade maioritariamente no sector do viño e que teñan entre os seus fins estatuarios a realización de actividades de promoción.

e) Órganos de xestión e de representación das DOP e IXP vitivinícolas, así como as súas asociacións.

f) As asociacións temporais ou permanentes de produtores que teñan entre os seus fins o desenvolvemento de iniciativas en materia de promoción e comercialización do viño.

g) Cooperativas que comercialicen viños elaborados por elas ou polos seus asociados.

h) As entidades asociativas sen ánimo de lucro participadas exclusivamente por empresas do sector vitivinícola que teñan entre os seus fins a promoción exterior dos viños.

No caso das asociacións temporais ou permanentes de produtores designarase un representante da agrupación, que deberá ter poderes suficientes para poder cumprir as obrigas que corresponden á citada agrupación como beneficiaria das axudas, tal e como establece o artigo 11.3 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. Todos os membros da agrupación obterán a condición de beneficiarios, e manteranse na agrupación desde o momento de presentación da solicitude ata o cesamento das obrigas de control financeiro establecidas pola Lei 38/2003, do 17 de novembro.

2. Non poderán ser beneficiarios da axuda os que estean en calquera das seguintes situacións:

a) Situación de crise, segundo se define nas directrices sobre axudas estatais de salvamento e de reestruturación de empresas non financeiras en crise (Comunicación 2014/C 249/01 da Comisión, do 31 de xullo de 2014).

b) En proceso de solicitar a declaración de concurso voluntario.

c) Ter sido declarada insolvente en calquera procedemento.

d) Acharse declarada en concurso, agás que neste adquirira a eficacia un convenio.

e) Estar suxeita a intervención xudicial ou ter sido inhabilitada conforme a Lei 22/2003, do 9 de xullo, concursal, sen que concluíse o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.

3. Así mesmo, non poderá percibir estas axudas quen:

a) Incumpra calquera dos requisitos previstos no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.

En particular, conforme o establecido no artigo 13.3.bis da Lei 38/2003, para subvencións de importe superior a 30.000 euros, cando os solicitantes sexan unicamente suxeitos incluídos no ámbito de aplicación da Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, non poderán obter a condición de beneficiarias as empresas que incumpran os prazos de pagamento previstos na citada lei.

A acreditación do cumprimento deste requisito levarase a cabo mediante a entrega, no momento de presentación da solicitude, segundo corresponda, de:

1º. Para as sociedades que, de acordo con a normativa contable, non poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, certificación emitida por un auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas que acredite o seu cumprimento polo solicitante, con independencia de calquera financiamento para a cobranza anticipada da empresa provedora. Para ese efecto, se do informe de auditoría das últimas contas anuais se deduce un cumprimento do 100  % dos prazos de pagameto a provedores por parte do solicitante, bastará un certificado emitido polo auditor que indique que no seu traballo de auditoría realizou procedementos para obter evidencia da corrección do contido da memoria das contas anuais como certificación de cumprimento do requisito do artigo 13.3 bis. No caso de que non sexa posible emitir tal certificado (por non existiren contas anuais auditadas ou porque estas reflictan unha porcentaxe de cumprimento de prazos de pagamento a provedores inferior ao 100 %), presentarase certificación, baseada nun «informe de procedementos acordados», de que o requisito se cumpre no momento de solicitude da subvención, certificado que terá unha validez de seis meses.

2º. No resto de casos, declaración responsable.

b) Non estea ao día respecto das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social.

c) Se demostre que creou artificialmente as condicións exixidas para cumprir os criterios de admisibilidade ou de prioridade establecidos, tal e como se establece no artigo 62 do Regulamento (UE) 2021/2116 do Parlamento Europeo e do Consello.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Subdirección Xeral de Industrias Agroalimentarias

Avenida do Camiño Francés, nº 10

15703  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981540168/ 981540027

Email: mediorural.dxgaia@xunta.gal

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
Requisitos e documentación

Prazo de presentación: PECHADO

01/08/2023 00:00 - 14/09/2023 23:59

O prazo de presentación de solicitudes de axuda para esta convocatoria comeza o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e remata o día 14 de setembro de 2023.

1. Os beneficiarios deberán demostrar, en función do persoal de que dispoñen e, se é o caso, do tamaño da empresa e a súa experiencia profesional nos últimos anos, que teñen acceso á suficiente capacidade técnica para afrontar as exixencias de comercio cos terceiros países e que contan cos recursos financeiros e de persoal suficientes para asegurar que a intervención de promoción se aplica o máis eficazmente posible.

2. Deberán, así mesmo, garantir a dispoñibilidade, en cantidade e calidade, de produtos para asegurar a resposta a longo prazo fronte ás demandas que se poidan xerar como efecto da promoción realizada unha vez concluída.

3. Deberán presentar, coa solicitude de axuda, unha declaración responsable de non ter recibido dobre financiamento ou axudas incompatibles.

4. No caso de volver solicitar outro programa en sucesivos anos deberán presentar, xunto á solicitude de axuda, unha declaración responsable, para os efectos de dar cumprimento ao prazo establecido no artigo 5 relativo á duración máxima dos programas.

5. Non se concederán nin pagarán subvencións a solicitantes ou beneficiarios que non estean ao día nas obrigas tributarias (Ministerio de Facenda e Función Pública) e coa Seguridade Social, ou que teñan débedas pendentes de pagamento coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia (Consellería de Facenda e Administración Pública), de acordo co establecido nos artigos 11 e 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Solicitudes.

1. As solicitudes de axuda presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

2. De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

3. Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

4. As solicitudes deberán presentarse antes do 15 de setembro do ano previo ao comezo do programa.

Documentación complementaria.

1. As solicitudes de axuda presentaranse no modelo que figura como anexo I desta orde, xunto coa seguinte documentación complementaria:

– Memoria, que deberá conter polo menos a información prevista no anexo II desta orde.

– Copia do poder ou acordo do órgano competente, se é o caso, que xustifique que quen asina como solicitante ten plena capacidade legal para facelo e para aceptar os compromisos correspondentes, na data da solicitude.

– Catálogo ou relación descritiva da carteira de produtos que se van comercializar co programa de promoción presentado. No caso de viños amparados por unha denominación de orixe, IXP ou ecolóxicos, debe xuntarse ademais un certificado do consello regulador que indique o viño dispoñible.

– Relación de ofertas solicitadas e elixidas: anexo IX debidamente cuberto, acompañado de todas as ofertas solicitadas.

– Copia das escrituras e dos estatutos ou do regulamento da entidade, organismo, organización ou empresa solicitante.

– Copia do imposto de sociedades ou documentación equivalente (no caso de persoas xurídicas) dos 3 últimos anos.

– Para as sociedades que, de acordo coa normativa contable, non poidan presentar conta de perdas e ganancias abreviada, certificación, emitida por auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, de cumprimento dos prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, nos termos indicados no número 3.a).1º do artigo 7 desta orde.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada a calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa presentación.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia

3. Os beneficiarios que teñan a intención de xuntar certificados dos estados financeiros coas súas solicitudes de pagamento deberán notificalo á autoridade competente no momento da presentación da súa solicitude de axuda.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) Documento acreditativo da personalidade da entidade ou da persoa solicitante, consistente no NIF cando o solicitante sexa unha persoa xurídica e no DNI/NIE no caso de persoa física.

b) Declaración do IRPF dos últimos tres anos.

c) Acreditación de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

d) Acreditación de estar ao día nas obrigas coa Seguridade Social.

e) Acreditación de estar ao día nas obrigas coa Comunidade Autónoma de Galicia (Consellería de Facenda e Administración Pública).

f) Comprobación de que o solicitante ten o domicilio fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia.

g) Comprobación de que o solicitante non ten concedidas outras subvencións e axudas incompatibles.

h) Comprobación de que o solicitante non está inhabilitado para obter subvencións e axudas públicas.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario correspondente e xuntar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Despois de presentar

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

Normativa
  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 19 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países e se convocan para o ano 2024 (DOG nº 144 do 31 de xullo de 2023).

    • Extracto da Orde do 19 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países e se convocan para o ano 2024 (DOG nº 144 do 31 de xullo de 2023).

    • Resolución do 11 de febreiro de 2025, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 19 de xullo de 2023 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a execución de medidas de promoción do sector vitivinícola en mercados de terceiros países e se convocan para o ano 2024 (DOG nº 39 do 26 de febreiro de 2025).

Descargar o contido desta ficha en formato PDF

Outros procedementos relacionados

FA300A

Recoñecemento e inscrición no rexistro dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario, modificación de datos ou baixa.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA300B

Recoñecemento e inscrición no rexistro, modificación de datos ou baixa dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario presentada por unha persoa prestamista única.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA300C

Inscrición, modificación de datos ou baixa no rexistro de persoas representantes designadas por unha persoa intermediaria de crédito inmobiliario.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA300D

Recoñecemento e inscrición no rexistro dunha persoa prestamista inmobiliaria, modificación de datos ou baixa.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano