Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR437B
Baixa no Rexistro Oficial de Maquinaria Agrícola (ROMA).
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Este procedemento regula a baixa de máquinas agrícolas no rexistro de maquinaria agrícola da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural.
Agricultor (individual ou pertencente a unha asociación), representante dunha empresa de servizos agrarios ou dun organismo oficial ou titular dunha máquina destinada á agricultura pertencente a algún dos seguintes grupos:
- Tractores agrícolas de rodas de calquera tipo, potencia e peso, e os remolques agrícolas con peso máximo autorizado, que exceda de 750 Kg.
- Tractores con cadeas, motocultores, portadores, tractocarros e máquinas agrícolas automotrices de calquera tipo, potencia e peso.
- Máquinas agrícolas arrastradas cun peso máximo autorizado que exceda de 750 Kg.
- Máquinas agrícolas non incluídas nos apartados anteriores, para a adquisición das cales teña solicitado un crédito ou unha subvención oficial.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias
Servizo de Sanidade e Produción Vexetal
Rúa dos Irmandiños, s/n. Salgueiriños
15701 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881997441/ 881997443
Fax: 881997442
Email: sspv.cmrm@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
Servizo de Explotacións Agrarias da Coruña
Rúa Vicente Ferrer, nº 2
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184628/ 981184549
Fax: 981184651
Email: roma.medio-rural.coruna@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo
Servizo de Explotacións Agrarias de Lugo
Ronda da Muralla, nº 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982889579 / 982294457
Fax: 982294808
Email: rma.medio-rural.lugo@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense
Servizo de Explotacións Agrarias de Ourense
Rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6 baixo
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386575/ 988687298/ 988386461
Fax: 988386482
Email: roma.cmrm.ourense@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra
Servizo de Explotacións Agrarias de Pontevedra
Rúa Fernández Ladreda nº 43-2º
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 886206585/ 886206542
Fax: 886206588
Email: roma.pontevedra@xunta.gal
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
A baixa dunha máquina no ROMA deberá realizarse de forma obrigatoria, a instancias do seu titular, cando se dea algunha das seguintes situacións:
a) Pase a outros sectores (obras ou servizos) procedente do agrario.
b) Despezamento, achatarramiento ou inutilidade da máquina.
c) Cambio de titularidade (transferencia, herdanza, etc.) sen modificación do seu uso ou destino.
d) Pase a vehículo histórico.
e) Baixa temporal, incluída a entrega a empresa comercializadora de maquinaria.
f) Outros motivos.
Solicitude segundo o Anexo I.
1. Para todos os motivos de baixa:
Declaración responsable de representación de persoas xurídicas, de ser o caso.
Cartilla agrícola orixinal.
Copia da ficha técnica para as máquinas que están obrigadas a tela.
Copia do permiso de circulación, de ser o caso.
Copia do certificado de características técnicas para as máquinas que non ten ficha técnica.
Se a baixa é para desguace, achegar o certificado de desguace.
Anexo II para a comprobación de datos da persoa adquirente. Non é necesario no caso de baixa por envío a outro pais.
2. No caso de falecemento da persoa titular da máquina:
2.1 Se a persoa falecida deixa persoa herdeira da/s máquina/s agrícola/s no testamento ou consta no cupo de repartición da herdanza:
Copia das últimas vontades e testamento ou cupo de repartición.
2.2 Se a persoa falecida non identifica a/as persoa/s herdeira/as da/s máquina/s agrícola/s no testamento e tampouco consta no cupo de repartición da herdanza:
Copia das últimas vontades e testamento ou declaración de herdeiros.
Declaración responsable da persoa solicitante na que identifique as persoas herdeiras actuais da máquina (con constancia do seu número do NIF) e se faga constar que todas elas deron o seu consentimento ao trámite solicitado.
Comprobación de datos.
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo e achegar unha copia dos documentos.
NIF da entidade solicitante.
DNI/NIE da persoa solicitante.
DNI/NIE da persoa representante.
NIF da entidade representante.
- Fase de solicitude
- Comprobación de datos da persoa adquirente (Anexo II)
- Solicitude (Anexo I)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 22 de abril de 2015 do Vicepresidente e Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería do Medio Rural e do Mar (DOG nº 77 do 24 de abril de 2015).
-
-
Ámbito Estatal
-
Real decreto 448/2020, do 10 de marzo, sobre caracterización e rexistro da maquinaria agrícola (BOE nº 117 do 27de abril de 2020)
-
Outros procedementos relacionados
Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria
Aberto todo o ano
Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Inicio de actividade/baixa/modificación na sección de explotacións acollidas ao réxime de venda directa.
Aberto todo o ano