Guía de procedementos e servizos

MR404B

Establecemento de persoas agricultoras novas

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2024 - Prazo pechado: 23/01/2024 00:00 - 22/04/2024 23:59

Consellería do Medio Rural

Atraer e apoiar aos novos agricultores e facilitar o desenvolvemento empresarial sustentable nas zonas rurais, e promover o emprego, o crecemento, a igualdade de xénero, incluída a participación das mulleres na agricultura, a inclusión social e o desenvolvemento local nas zonas rurais, entre elas a bioeconomía circular e a silvicultura sustentable.

Persoas físicas.

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña

Servizo de Explotacións Agrarias da Coruña

R/ Vicente Ferrer, 2

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184554/ 981182256

Fax: 981184474

Email: sea.medio-rural.coruna@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo

Servizo de Explotacións Agrarias de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294465/ 982294526

Fax: 982294808

Email: explotacionsagrarias.cmr.lugo@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense

Servizo de Explotacións Agrarias de Ourense

R/ Florentino López Cuevillas, 4-6 Baixo

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386531

Fax: 988386482

Email: sea.cmrm.ourense@xunta.gal

Xunta de Galicia

Consellería do Medio Rural

Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra

Servizo de Explotacións Agrarias de Pontevedra

R/ Fernández Ladreda, 43-2º

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 886206199/ 986805422

Fax: 886206588

Email: explotacionsagrarias.cmr.pontevedra@xunta.gal

Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

Prazo de presentación: PECHADO

23/01/2024 00:00 - 22/04/2024 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será de 3 meses, que se contará desde o día seguinte ao da publicación da orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último día do mes. Una vez rematado o prazo de solicitude e antes da aprobación, non se admitirán cambios no referente aos investimentos ou aos criterios de prioridade.

As persoas que desexen acceder ás axudas para o establecemento de persoas agriculturas novas (procedemento MR404B) deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Ter entre 41 e 55 anos de idade, ambos incluídos.

b) Cumprir coas condicións necesarias para ser xefe de explotación por primeira vez ou tela cumprido nos 12 meses anteriores á solicitude da axuda.

c) A explotación en que se promove a instalación debe alcanzar unha renda unitaria de traballo igual ou superior ao 35 % da renda de referencia.

d) Posuír o nivel de capacitación profesional mínimo de 150 horas no prazo máximo de 36 meses desde o momento do establecemento. A acreditación da capacitación realizarase segundo se establece no Decreto 200/2012, do 4 de outubro, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.

e) Presentar un plan empresarial co seguinte contido mínimo:

a. Unha descrición da situación inicial da explotación agraria, indicando as fases e os obxectivos concretos de desenvolvemento das actividades da nova explotación.

b. Unha descrición da situación unha vez realizado o plan de empresa, incluíndo, polo menos, os seguintes datos:

i. Superficie da explotación, especificando a superficie dos distintos cultivos, e cabezas de gando, por especies, e rendementos medios de cada actividade produtiva.

ii. Maquinaria, equipamentos, melloras territoriais e edificacións.

iii. Composición e dedicación da man de obra.

iv. Plan de produción, que incluirá información relativa á produción bruta de cada actividade produtiva, aos gastos de cada actividade produtiva e gastos fixos do conxunto da explotación.

v. Análise económica do proxecto. Esta análise incluirá: previsións económicas, estrutura de financiamento e rendibilidade.

vi. Actuacións que se van realizar.

c. Un plan de investimentos (información detallada sobre investimentos e prazos), se é o caso, en que indiquen as melloras que se van realizar, establecendo o seu impacto no cambio climático (emisións de gases efecto invernadoiro, capacidade de adaptación), que inclúa medidas de aforro e eficiencia enerxética, consumo auga eficiente, etc., e no cal figure un estudo de impacto ambiental, no caso de que a normativa europea-estatal-autonómica así o require, prestando especial atención aos posibles impactos nas zonas incluídas na Rede Natura 2000.

d. Información detallada, se é o caso, sobre formación, asesoramento ou calquera outra medida necesaria para desenvolver as actividades da explotación agraria, incluíndo as relacionadas coa sustentabilidade ambiental e a eficiencia dos recursos.

f) Permanecer na actividade agraria durante un prazo de 5 anos desde o pagamento final da axuda.

g) Participar no programa de titorización ás persoas agricultoras novas que presta a Consellería do Medio Rural. O proceso de incorporación deberá ser tutelado polo persoal técnico agrario das oficinas rurais da Consellería do Medio Rural do ámbito territorial da área comarcal onde se localice a explotación agraria.

h) Non ter recibido axuda por primeira instalación, nin considerarse instalado.

Requisitos para todas as persoas beneficiarias

1. Sen prexuízo do previsto no capítulo III, en todo caso, as persoas beneficiarias deberán cumprir os requisitos establecidos no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

2. Así mesmo, as persoas beneficiarias deberán dispor dunha contabilidade específica Feader.

Solicitudes

As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo VI) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

A solicitude de axuda será cuberta a través da aplicación informática Melles á cal pode acceder mediante a seguinte ligazón: https://melles.xunta.gal/melles/sede

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Documentación complementaria

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo VI) a seguinte documentación:

a) Acreditación da persoa representante da súa representación (se é o caso).

b) Anexo VII, Comprobación de datos de terceiras persoas (se é o caso).

c) Xustificante da capacitación profesional. No caso de títulos oficiais do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes, só se ten que presentar esta documentación no caso de que a persoa solicitante se opoña expresamente á súa consulta.

d) No caso de subvencións de importe superior a 30.000 euros, acreditación do cumprimento dos prazos de pagamento establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, mediante algún dos seguintes documentos:

a. Certificación subscrita pola persoa física, en que afirme alcanzar o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento previstos na citada Lei 3/2004, do 29 de decembro.

b. Certificación emitida por auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas que conteña unha transcrición desagregada da información en materia de pagamentos descrita na memoria das últimas contas anuais auditadas, cando delas se desprenda que se alcanza o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento establecidos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, determinado neste punto, con base na información requirida pola disposición adicional terceira da Lei 15/2010, do 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004, do 29 de decembro.

c. Informe de procedementos acordados elaborado por un auditor rexistrado no Rexistro Oficial de Auditores de Contas que, con base na revisión dunha mostra representativa das facturas pendentes de pagamento a provedores, conclúa sen a detección de excepcións ao cumprimento dos prazos de pagamento da Lei 3/2004, do 29 de decembro, ou no caso de que se detectasen, estas non impidan alcanzar o nivel de cumprimento requirido.

Entenderase cumprido o requisito exixido neste punto cando o nivel de cumprimento dos prazos de pagamento previstos na Lei 3/2004, do 29 de decembro, sexa igual ou superior á porcentaxe prevista na disposición derradeira sexta, letra d), punto segundo, da Lei 18/2022, do 28 de setembro, de creación e crecemento de empresas.

De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa foron presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recadados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.

De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se presente de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no número anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a. DNI/NIE da persoa solicitante e, de ser o caso, das persoas socias.

b. DNI/NIE da persoa representante.

c. NIF da entidade representante.

d. NIF da entidade socia, de ser o caso.

e. Títulos oficiais non universitarios da persoa solicitante.

f. Títulos oficiais universitarios da persoa solicitante.

g. Certificado de residencia da persoa solicitante.

h. Informe de vida laboral da empresa da persoa solicitante.

i. Acreditación de actividade agraria por conta propia da persoa solicitante e, de ser o caso, das persoas socias.

j. Informe de vida laboral nos últimos 5 anos da persoa solicitante e, de ser o caso, das persoas socias.

k. Certificación de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT da persoa solicitante.

l. Certificación de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social da persoa solicitante.

m. Certificación de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Atriga da persoa solicitante.

n. Inhabilitación para obter subvencións e axudas da persoa solicitante.

o. Concesión doutras subvencións da persoa solicitante.

p. Nivel de renda agraria da persoa solicitante.

q. Imposto de actividades económicas ampliado (IAE) da persoa solicitante.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio (anexo VI), ou no anexo VII, se é o caso, e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude, deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Prazo de resolución:

Seis meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 2 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á mellora das estruturas de produción das explotacións agrarias, no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o ano 2024 (DOG nº 15 do 22 de xaneiro de 2024).

    • Extracto da Orde do 2 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á mellora das estruturas de produción das explotacións agrarias, no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o ano 2024 (DOG nº 15 do 22 de xaneiro de 2024).

    • Orde do 11 de marzo de 2024 pola que se modifica a Orde do 2 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á mellora das estruturas de produción das explotacións agrarias, no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento MR404A, MR404B, MR405D, MR405E, MR405F e MR405G) (DOG nº 53 do 14 de marzo de 2024).

    • Extracto da Orde do 11 de marzo de 2024 pola que se modifica a Orde do 2 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á mellora das estruturas de produción das explotacións agrarias, no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento MR404A, MR404B, MR405D, MR405E, MR405F e MR405G) (DOG nº 53 do 14 de marzo de 2024).

    • Corrección de erros. Orde do 2 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á mellora das estruturas de produción das explotacións agrarias, no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento MR404A, MR404B, MR405D, MR405E, MR405F e MR405G) (DOG nº 72 do 12 de abril de 2024).

    • Orde do 12 de decembro de 2024 pola que se modifica a Orde do 2 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á mellora das estruturas de produción das explotacións agrarias, no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento MR404A, MR404B, MR405D, MR405E, MR405F e MR405G) (DOG nº 242 do 17 de decembro de 2024).

    • Resolución do 19 de decembro de 2024 pola que se resolven as solicitudes das subvencións para investimentos en modernización e/ou mellora de explotacións agrarias, pequenas explotacións, convocadas pola Orde do 2 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á mellora das estruturas de produción das explotacións agrarias, no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento MR404A, MR404B, MR405D, MR405E, MR405F e MR405G) (DOG nº 19 do 29 de xaneiro de 2025).

    • Resolución do 19 de decembro de 2024 pola que se resolven as solicitudes das subvencións para investimentos produtivos en explotacións agrarias vinculadas a contribuír á mitigación-adaptación ao cambio climático e uso eficiente dos recursos naturais en pequenas explotacións, convocadas pola Orde do 2 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á mellora das estruturas de produción das explotacións agrarias, no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento MR404A, MR404B, MR405D, MR405E, MR405F e MR405G) (DOG nº 19 do 29 de xaneiro de 2025).

    • Resolución do 27 de decembro de 2024 pola que se resolven as solicitudes de subvención para o establecemento de persoas agricultoras mozas_Incorporación agraria, convocadas pola Orde do 2 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á mellora das estruturas de produción das explotacións agrarias, no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento MR404A, MR404B, MR405D, MR405E, MR405F e MR405G) (DOG nº 19 do 29 de xaneiro de 2025).

    • Resolución do 30 de decembro de 2024 pola que se resolven as solicitudes das subvencións para o establecemento de novas persoas agricultoras, convocadas pola Orde do 2 de xaneiro de 2024, pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á mellora das estruturas de produción das explotacións agrarias, no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento MR404A, MR404B, MR405D, MR405E, MR405F e MR405G) (DOG nº 19 do 29 de xaneiro de 2025).

    • Resolución do 30 de decembro de 2024 pola que se resolven as solicitudes de subvención para investimentos en modernización e/ou mellora de explotacións agrarias, convocadas pola Orde do 2 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á mellora das estruturas de produción das explotacións agrarias, no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento MR404A, MR404B, MR405D, MR405E, MR405F e MR405G) (DOG nº 19 do 29 de xaneiro de 2025).

    • Resolución do 30 de decembro de 2024 pola que se resolven as solicitudes de subvención para investimentos produtivos en explotacións agrarias vinculadas a contribuír á mitigación-adaptación ao cambio climático e uso eficiente dos recursos naturais-Investimentos en explotacións, convocadas pola Orde do 2 de xaneiro de 2024 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas destinadas á mellora das estruturas de produción das explotacións agrarias, no marco do Plan estratéxico da política agraria común de España 2023-2027, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader), e se convocan para o ano 2024 (códigos de procedemento MR404A, MR404B, MR405D, MR405E, MR405F e MR405G) (DOG nº 19 do 29 de xaneiro de 2025).

Outros procedementos relacionados

MR101B

Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria

Aberto todo o ano

MR203A

Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR203B

Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

MR237C

Inicio de actividade/baixa/modificación na sección de explotacións acollidas ao réxime de venda directa.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano