Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
MR404A
Axudas á incorporación de mozos/as á actividade agraria.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Esta orde ten por obxecto convocar para o ano 2017 a seguinte liña de axuda incluída no Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, en réxime de concorrencia competitiva:
Medida 6. Desenvolvemento de explotacións agrícolas e empresariais.
- Submedida 6.1. Creación de empresas para os agricultores mozos (procedemento MR404A).
Calquera persoa física que, no momento de presentar a solicitude, no teña máis de corenta anos, conte coa capacidade e competencias profesionais adecuadas e se instale nunha explotación agraria por vez primeira como xefe/a da dita explotación.
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña
Servizo de Explotacións Agrarias da Coruña
R/ Vicente Ferrer, 2
15008 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184554 / 981182256
Fax: 981184474
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias
Subdirección Xeral de Explotacións Agrarias
Servizo de Explotacións e Asociacionismo Agrario
Edificio Administrativo San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546396 / 981546275
Fax: 981546892
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo
Servizo de Explotacións Agrarias de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294465 / 982294526
Fax: 982294808
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra
Servizo de Explotacións Agrarias de Pontevedra
R/ Fernández Ladrera, 43-2º
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 886206199 / 986805422
Fax: 886206588
Xunta de Galicia
Consellería do Medio Rural
Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Ourense
Servizo de Explotacións Agrarias de Ourense
R/Florentino López Cuevillas, 4-6 baixo
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386531
Fax: 988386482
Prazo de presentación: PECHADO
01/04/2017 00:00 - 15/05/2017 23:59
Segundo a Orde do 28 de abril de 2017, amplíase o prazo de presentación de solicitudes ata o día 15 de maio de 2017.
Os/as agricultores/as mozos/as que desexen acceder ás axudas á incorporación de agricultores mozos á actividade agraria deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Ser agricultor mozo.
b) Cumprir a condición de agricultor profesional.
c) Posuír o nivel de capacitación profesional suficiente no momento da solicitude da axuda, segundo se establece no Decreto 200/2012, polo que se regula o Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia, ou comprometerse a adquirilo nun prazo improrrogable de 36 meses desde a instalación.
d) A explotación en que se produce a instalación debe alcanzar, cando sexa efectiva a incorporación do mozo, unha renda unitaria de traballo igual ou superior ao 35 % da renda de referencia anual e inferior ao 120 % desta.
e) Instalarse nunha explotación que alcance a dimensión física mínima establecida no anexo V.
f) Cumprir o plan empresarial.
g) Exercer o control efectivo da explotación.
h) Non procederán estas axudas se o proceso de instalación está rematado antes da solicitude de axuda.
Así mesmo deberán:
a) Comprometerse por escrito a exercer a actividade agraria durante cinco anos, contados desde a instalación.
b) Cumprir as normas mínimas en materia de ambiente, hixiene e benestar dos animais, de conformidade coa normativa comunitaria e nacional, coa propia orde e co Programa de desenvolvemento rural de Galicia aprobado pola Unión Europea, coa execución do plan empresarial.
a) Anexo I.
b) Acreditación da persoa representante (se é o caso).
c) Presentar un plan empresarial, redactado por un enxeñeiro agrónomo, enxeñeiro técnico agrícola ou grao universitario equivalente ou por un equipo multidisciplinar en que a memoria e os documentos técnicos específicos que fagan referencia a producións, instalacións ou outros datos agrarios os asine o dito técnico (acreditarase titulación). O plan debe incluír:
1. A situación inicial da explotación agraria.
2. As metas e os obxectivos para o desenvolvemento das actividades da explotación e o detalle das accións requiridas, incluídas as relacionadas coa sustentabilidade ambiental e a eficiencia de recursos.
3. Os investimentos e gastos asociados para a instalación do mozo, que garantan a permanencia do mozo durante un mínimo de cinco anos.
4. A formación, asesoramento e calquera outra actividade que se vaia desenvolver.
O plan deberá estar realizado segundo o anexo V.
d) Informe de vida laboral de todas as UTA e socios da explotación. No caso de asalariados, a maiores, copia do contrato e informe de vida laboral da empresa.
e) Xustificación do nivel de capacitación profesional suficiente. No caso de títulos oficiais do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, só se ten que presentar esta documentación no caso de que a persoa solicitante denegue expresamente a súa consulta.
f) Solicitude de cambio de titularidade da explotación, no caso de realizar este trámite simultaneamente, en favor do/da agricultor/a mozo/a, axustado ao modelo normalizado da consellería; ou solicitude de alta no Rexistro de Explotacións Agrarias de Galicia.
g) Solicitudes de transferencia, en favor da nova persoa titular, de ser o caso, dos dereitos de prima que tivese a explotación, agás no caso de instalación nunha explotación asociativa.
h) Escritura pública (arrendamento do predio ou predios, compravenda, cesión, etc.) ou documento de arrendamento a través do Banco de Terras de Galicia, xustificativa da instalación, se é o caso.
Na modalidade 1, o alcance das escrituras públicas de transmisión da base territorial da explotación do anterior titular ao mozo, cando se instale nunha explotación preexistente, ou do/dos propietario/s ao mozo, cando sexa explotación de nova creación, será o seguinte:
i. Se algunha das orientacións produtivas principais da explotación do mozo é agrícola e como tal está expresada en unidades de superficie, tales superficies deben ser obxecto de transmisión mediante escritura pública do/dos seu/s propietario/s ao mozo.
ii. Se algunha das orientacións produtivas da explotación do mozo é de gandaría non ligada á terra, a/as escritura/s pública/s de transmisión deberá/n conter, como mínimo, a superficie que delimita o peche perimetral da explotación existente ou prevista.
iii. Se algunha das orientacións produtivas da explotación do mozo é de gandaría ligada á terra, a/as escritura/s pública/s de transmisión deberá/n conter, como mínimo, as parcelas onde están ou van estar encravados os aloxamentos permanentes ou temporais do gando e edificacións auxiliares anexas, así como calquera superficie forraxeira que sexa do mesmo propietario que aquelas e que eventualmente poida estar incluída na súa declaración de superficies PAC. Para o resto de superficies forraxeiras que poidan estar incluídas na declaración de superficies da solicitude única PAC do anterior titular, cando a instalación é nunha explotación preexistente, ou para o resto de superficies recollidas como da explotación do mozo solicitante no seu plan empresarial, no caso de explotacións de nova creación, admitirase escritura privada de arrendamento a favor daquel. En calquera caso, o mozo solicitante asinará un compromiso de que declarará como parte da súa explotación tales superficies obxecto de transmisión na solicitude única da primeira campaña PAC na cal conste el como titular, así como en sucesivas campañas ata fin de compromisos.
Para a modalidade 2: a escritura pública onde conste:
i. A relación de todos os elementos que compoñen a explotación, valorados a prezo de mercado dos que, sendo propietario ou titular, estean integrados nela, con expresión detallada dos que se lle transmiten ao/á mozo/a, que deberán representar, polo menos, un terzo do valor total daqueles. Sen prexuízo do anterior, incluirase na transmisión, polo menos, un terzo da propiedade, tanto dos predios rústicos como do conxunto dos restantes bens inmobles. En todo caso, deberá indicarse expresamente que os usos e o aproveitamento de todos os elementos da explotación transmitidos ao/á mozo/a cotitular continuarán integrados na referida explotación.
ii. Un acordo, cunha duración mínima de seis anos, entre a persoa titular e o/a agricultor/a mozo/a conforme este compartirá as responsabilidades xerenciais, os resultados económicos da explotación, os riscos inherentes á súa xestión e aos investimentos que nela se realicen, nunha proporción igual ou superior ao 50 %.
i) No caso de instalarse mediante a modalidade 3:
i. Unha certificación expedida polo órgano reitor da entidade, onde se especifiquen as condicións de participación do/da agricultor/a mozo/a e a súa contribución.
ii. Os estatutos da entidade e acta de constitución.
iii. A relación de socios/as que exercen a dirección técnica e de xestión.
j) Para ter os puntos por explotación ecolóxica establecidos no artigo 26 presentarase certificación do Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia.
k) Certificación dun grupo operativo da Asociación Europea de Innovación, para ter os puntos por proxecto innovador establecidos no artigo 26, atendendo ao exposto no número 8 do artigo 2.
l) De querer optar á bonificación da axuda por volume de gasto necesario para instalarse, presentaranse memoria xustificativa e tres ofertas de diferentes provedores por cada un dos investimentos. As ofertas presentadas deberán cumprir os seguintes requisitos:
i. Deberán proceder de empresas que teñan como obxecto social a fabricación ou subministración dos bens ou servizos incluídos na oferta, salvo a compra de terreos e edificacións.
ii. Non poderán proceder de empresas vinculadas entre elas nin co solicitante, nos termos establecidos na lexislación de contratos do sector público.
iii. Deberán incluír como mínimo o NIF, nome e enderezo da empresa oferente, o nome ou a razón social da empresa solicitante da axuda, a data de expedición e unha descrición detallada dos conceptos ofertados. Para que a descrición dos conceptos se considere detallada deberá incluír, no caso de obra civil e instalacións, a relación pormenorizada e cuantificada das unidades de obra que inclúe, no caso de subministración de maquinaria e equipamentos, a súa marca, o modelo así como as características técnicas e, no caso de prestación de servizos, a descrición detallada destes.
Non se considerarán admisibles as ofertas presentadas que non reúnan estes requisitos, o que poderá dar lugar á exclusión como subvencionable do gasto xustificado con esa oferta.
A elección entre as ofertas presentadas realizarase conforme criterios de eficiencia e economía e debe xustificarse expresamente nunha memoria a elección, baseada nos criterios sinalados, cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. No caso de non ser así, considerarase como importe máximo subvencionable para ese concepto o correspondente á proposta económica máis vantaxosa.
Para dar cumprimento ao requisito de moderación de custos, que se establece no artigo 48.2.e) do Regulamento (UE) nº 809/2014, da Comisión, fixaranse custos de referencia ditados en virtude da disposición derradeira primeira, definidos na norma complementaria que se publicará na web da Consellería do Medio Rural, independentemente da exixencia de presentar un mínimo de tres ofertas de distintos provedores.
Os documentos sinalados nas anteriores letras h) e i) poderán ser presentados unha vez aprobada a subvención xunto coa xustificación da realización do plan empresarial. Nestes casos, coa solicitude de axuda á primeira instalación xuntarase un compromiso debidamente asinado.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas, as entidades sen personalidade xurídica e as persoas representantes dunha das anteriores.
Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se deben presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tiver un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes, tamén poderán presentalos presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
No prazo de presentación de solicitudes, entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución: Nove meses
Sentido do silencio: Negativo
- Fase de xustificación
- Anexo II
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 13 de maio de 2020 relativa ás excepcións para o ano 2020 na execución dos controis administrativos e sobre o terreo establecidos nas convocatorias de subvencións desta consellería cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, de conformidade co Regulamento de execución (UE) 2020/532 da Comisión, do 16 de abril de 2020, que establece excepcións, para o ano 2020, aos regulamentos de execución (UE) 809/2014, (UE) 80/2014, (UE) 181/2014, (UE) 2017/892, (UE) 2016/1150, (UE) 2018/274, (UE) 2017/39, (UE) 2015/1368 e (UE) 2016/1240, no que se refire a determinados controis administrativos e sobre o terreo aplicables no marco da política agrícola común (DOG nº 98 do 22 de maio de 2020).
-
Orde do 29 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para os agricultores mozos e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2017 (DOG nº 64 do 31 de marzo de 2017).
-
Corrección de erros. Orde do 29 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para os agricultores mozos e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2017 (DOG nº 74 do 18 de abril de 2017).
-
Orde do 28 de abril de 2017 pola que se modifica o prazo de presentación das solicitudes previsto na Orde do 29 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para os agricultores mozos e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, e se convocan para o ano 2017 (DOG nº 83 do 2 de maio de 2017).
-
Orde do 7 de setembro do 2017 pola que se modifica o prazo de presentación da licenza municipal de obra e dos diferentes permisos administrativos previstos na Orde do 29 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas, para a creación de empresas para os agricultores mozos e para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións, cofinanciadas co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do PDR de Galicia 2014-2020 (DOG. nº 174 do 13 de setembro de 2017).
-
Resolución do 12 de decembro de 2017 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 29 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de empresas para o desenvolvemento de pequenas explotacións (DOG nº 9 do 12 de xaneiro de 2018).
-
Resolución do 29 de decembro de 2017 pola que se dá publicidade das axudas concedidas ao abeiro da Orde do 29 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a creación de empresas para os agricultores mozos (DOG nº 9 do 12 de xaneiro de 2018).
-
Resolución do 2 de xaneiro de 2018 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 29 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas (DOG nº 11 do 16 de xaneiro de 2018).
-
Resolución do 3 de maio de 2018 pola que se dá publicidade ás axudas denegadas e ás declaracións de desistencia de peticións ao abeiro da Orde do 29 de marzo de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para o apoio aos investimentos nas explotacións agrícolas e a creación de empresas para os agricultores mozos (DOG nº 102 do 30 de maio de 2018).
-
Outros procedementos relacionados
Solicitude de certificados de propiedade ou de transmisión da propiedade en concentración parcelaria
Aberto todo o ano
Autorización para impartir cursos de manipulador aplicador de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Carné de usuario profesional de produtos fitosanitarios.
Aberto todo o ano
Inicio de actividade/baixa/modificación na sección de explotacións acollidas ao réxime de venda directa.
Aberto todo o ano