Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IN855A
Programa Ignicia proba de concepto.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais, Entidades locais
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
1. Esta resolución ten por obxecto aprobar as condicións xerais polas que se rexerá o programa Ignicia proba de concepto, que ten como finalidade poñer en valor e apoiar o desenvolvemento das aplicacións comerciais da investigación xerada polos organismos de investigación e difusión de Galicia, de acordo co previsto no artigo 31 da Lei galega 5/2013, do 30 de maio, de fomento da investigación e innovación.
Constitúese, polo tanto, cos seguintes obxectivos:
• Facilitar a transferencia de resultados de investigación desde organismos de investigación ao mercado.
• Acelerar e mellorar os resultados nos procesos de transferencia tecnolóxica.
• Contribuír á rendibilización económica e social do investimento público en investigación.
• Internacionalizar a función de transferencia da tecnoloxía.
• Detectar con prontitude proxectos con potencial innovador e de mercado.
2. Así mesmo, por medio desta resolución realízase a súa convocatoria para o ano 2023 en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva.
Fases do programa.
O programa Ignicia proba de concepto estrutúrase en tres fases:
I. Fase de avaliación.
Esta fase efectuarase en dúas etapas sucesivas. A primeira delas terá carácter excluínte, de tal xeito que o paso á segunda avaliación requirirá a superación satisfactoria da primeira.
II. Fase de maduración e investimento.
Nesta fase os proxectos seleccionados recibirán asesoramento por parte de expertos internacionais e do equipo de xestión do programa, co obxectivo de definir un plan de desenvolvemento e comercialización que estableza a folla de ruta cara ao mercado.
Os proxectos propostos polo Comité de Investimentos definido no artigo 16 recibirán, por parte da Axencia Galega de Innovación e nos termos establecidos nesta convocatoria, apoio económico destinado á valorización comercial dos resultados da investigación a través dunha achega patrimonial onerosa.
III. Fase de seguimento.
Esta fase ten como finalidade o seguimento dos investimentos aprobados e dos retornos xerados polos proxectos tras a súa comercialización.
Poderán ser beneficiarios e participar na presente convocatoria os organismos de investigación e difusión, de conformidade coa definición do artigo 2, con centro de traballo en Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Axencia Galega de Innovación (GAIN)
Rúa Airas Nunes, s/n (Conxo)
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541076 / 981957008
Fax: 981541039
Email: servizos.gain@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
31/01/2023 00:00 - 28/02/2023 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día de publicación. Se o último día do prazo for inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.
Os proxectos presentados deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Abordar probas ou actuacións posteriores á obtención do resultado de investigación que se pretende explotar.
b) Estar situados nun TRL4 ou superior, de conformidade coas definicións do artigo 2.
c) Ter a capacidade de xerar resultados con aplicación na sociedade; estes resultados deberán ter potencial comercial e xerar retornos suficientes de acordo coas bases desta convocatoria, independentemente do prazo en que estes se produzan.
d) A duración estimada do proxecto será entre 9 e 24 meses. Durante a fase de maduración, poderá ser proposta unha duración diferente á solicitada inicialmente se o resultado do plan de desenvolvemento e comercialización así o aconsellan.
e) O orzamento mínimo do proxecto será de 100.000,00 €. Durante a fase de maduración, poderá ser proposto un orzamento diferente ao solicitado polo proxecto, se o resultado do plan de desenvolvemento e comercialización así o aconsella.
f) O obxectivo do proxecto de transferencia debe enmarcarse nalgún dos ámbitos de prioridade da Estratexia de especialización intelixente (RIS3) de Galicia 2021-2027, recollidos no anexo V desta convocatoria.
Forma e lugar de presentación das solicitudes.
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
Para a presentación electrónica das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. O formulario de solicitude incluirá unha declaración expresa de aceptación, por parte da entidade solicitante, das condicións e obrigas do programa Ignicia proba de concepto recollidas nesta resolución.
Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Memoria técnica, no modelo que se achega como anexo II, dispoñible na páxina web da Axencia Galega de Innovación (http://gain.xunta.gal), na súa epígrafe de axudas.
Para os efectos de facilitar os procesos de avaliación por parte de persoal experto de nivel internacional, o anexo II terá que ser presentado en calquera das dúas linguas oficiais da nosa comunidade autónoma e en inglés.
b) Poder do representante que presenta a solicitude inscrito no rexistro competente.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
4. No caso de que algún dos documentos que se deban presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos
1. Para tramitar este procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de solicitude e achegar os devanditos documentos. Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas que presenten os documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Solicitude (Anexo I)
Prazo de resolución:
Nove meses
Sentido do silencio:
Positivo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 17 de xaneiro de 2023 pola que se establecen as condicións xerais do programa Ignicia proba de concepto e se realiza a súa convocatoria para o ano 2023 (DOG nº 20 do 30 de xaneiro de 2023).
-
Outros procedementos relacionados
Convocatoria pola Axencia Galega de Innovación de cinco postos de persoal investigador, na modalidade de investigador distinguido, para persoas beneficiarias dunha bolsa do Consello Europeo de Investigación (ERC), no marco do programa Oportunius.
Prazo aberto: 12/06/2025 00:00 - 26/06/2025 23:59
Programas sanitarios excepcionais e de investigación ou experimentación en apicultura.
Aberto todo o ano
Autorización de entidades que imparten cursos de capacitación de persoal que traballa con animais para experimentación e outros fins científicos, incluída a docencia.
Aberto todo o ano
Axudas ás universidades galegas para proxectos de investigación e para a creación de grupos de investigación en materia de cooperación para o desenvolvemento.
Prazo aberto: 29/05/2025 00:00 - 30/06/2025 23:59