Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
IN620C - Rexistro de instalacións de protección activa contra incendios en establecementos non industriais.
Regular o procedemento de rexistro de instalacións de protección activa contra incendios en establecementos non industriais, conforme o indicado no Real decreto 513/2017, do 22 de maio, e na súa Guía técnica de aplicación, e que terá asignado o código de procedemento IN620C.
1. Estarán suxeitas ás disposicións deste regulamento tanto as empresas instaladoras como as empresas mantedoras de instalacións de protección contra incendios.
2. Así mesmo, as exixencias técnicas deste regulamento aplicaranse aos fabricantes, importadores, distribuidores ou organismos que interveñan na certificación ou avaliación técnica dos produtos e a todos aqueles que puideren verse afectados por esta regulación.
Requisitos dos produtos de protección contra incendios .
Os equipamentos, sistemas e compoñentes que conforman as instalacións de protección activa contra incendios deberán cumprir as condicións e os requisitos que se establecen nas normas da Unión Europea, na Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria, e nas súas normas de desenvolvemento, así como neste regulamento e nos seus anexos.
Requisitos das empresas instaladoras .
1. Para poder exercer as funcións de empresa instaladora, a empresa deberá cumprir os seguintes requisitos:
a) Dispor da documentación que identifique a empresa instaladora, que, no caso de ser persoa xurídica, deberá estar constituída legalmente.
b) Dispor de persoal contratado, adecuado ao seu nivel de actividade, conforme o establecido no anexo III.
c) Dispor dos medios técnicos necesarios para o desenvolvemento da súa actividade en condicións de seguridade.
d) Subscribir un seguro de responsabilidade civil, avais ou outras garantías financeiras outorgadas por unha entidade debidamente autorizada, que cubran os riscos da súa responsabilidade, respecto a danos materiais e persoais a terceiros, por unha contía mínima de 800.000 euros, sen que a dita contía limite esta responsabilidade.
e) Dispor dun certificado de calidade do sistema de xestión da calidade implantado, emitido por unha entidade de certificación acreditada, segundo os procedementos establecidos no Regulamento da infraestrutura para a calidade e seguridade industrial, aprobado mediante o Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro. O alcance do correspondente certificado deberá incluír, explicitamente, o deseño, se procede, e a instalación de todos e cada un dos equipamentos ou sistemas para os cales se solicita a habilitación.
No inicio de actividade, e por un período máximo dun ano, considerarase cumprido este requisito coa acreditación de ter contratado o desenvolvemento e a implantación do dito sistema de xestión da calidade, nos termos indicados no parágrafo anterior.
f) Para a instalación de sistemas de extinción mediante axentes gasosos fluorados, deberase estar en posesión dos certificados de cualificación previstos no Regulamento (CE) n.º 517/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 16 de abril de 2014, e no Real decreto 115/2017, do 17 de febreiro, polo que se regulan a comercialización e manipulación de gases fluorados e equipamentos baseados neles, así como a certificación dos profesionais que os utilizan e polo que se establecen os requisitos técnicos para as instalacións que desenvolvan actividades que emitan gases fluorados.
g) No caso dos sistemas de iluminación de emerxencia, as empresas instaladoras deberán cumprir unicamente o establecido no Regulamento electrotécnico de baixa tensión, aprobado mediante o Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, e na instrución técnica complementaria correspondente.
2. A empresa instaladora habilitada non poderá facilitar, ceder ou allear certificados de instalación non realizados por ela mesma.
3. O incumprimento dos requisitos exixidos, verificado pola autoridade competente e declarado mediante resolución motivada, comportará o cesamento da actividade, salvo que se poida incoar un expediente de emenda de erros, sen prexuízo das sancións que puideren derivar da gravidade das actuacións realizadas.
Requisitos das empresas mantedoras .
1. Para poder exercer as funcións de empresa mantedora, a empresa deberá cumprir os seguintes requisitos:
a) Dispor da documentación que identifique a empresa mantedora, que, no caso de persoa xurídica, deberá estar constituída legalmente.
b) Dispor de persoal contratado, adecuado ao seu nivel de actividade, conforme o establecido no anexo III.
c) Para o mantemento de sistemas de extinción mediante axentes gasosos fluorados, deberá estar en posesión dos certificados de cualificación previstos no Regulamento (UE) n.º 517/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 16 de abril de 2014, e no Real decreto 115/2017, do 17 de febreiro.
d) Dispor dos medios materiais técnicos para o desenvolvemento da súa actividade, incluíndo, en todo caso, as ferramentas e os recambios suficientes e idóneos para a execución eficaz das operacións de mantemento en condicións de seguridade.
e) Subscribir un seguro de responsabilidade civil, avais ou outras garantías financeiras outorgadas por unha entidade debidamente autorizada, que cubran os riscos da súa responsabilidade, respecto a danos materiais e persoais a terceiros, por unha contía mínima de 800.000 euros, sen que a dita contía limite a dita responsabilidade.
f) Dispor dun certificado de calidade do sistema de xestión da calidade implantado, emitido por unha entidade de certificación acreditada, segundo os procedementos establecidos no Regulamento da infraestrutura para a calidade e seguridade industrial, aprobado mediante o Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro. O alcance do correspondente certificado deberá incluír explicitamente o mantemento de todos e cada un dos equipamentos ou sistemas para os cales se solicita a habilitación.
No caso de extintores portátiles, a entidade de certificación acreditada deberá ter en conta os requisitos adicionais recollidos na norma UNE 23120 sobre «Mantemento de extintores portátiles contra incendios».
No inicio de actividade, e por un período máximo dun ano, considerarase cumprido este requisito coa acreditación de ter contratados o desenvolvemento e a implantación do dito sistema de xestión da calidade nos termos indicados no parágrafo anterior.
g) No caso dos sistemas de iluminación de emerxencia, as empresas mantedoras deberán cumprir unicamente o establecido no Regulamento electrotécnico de baixa tensión, aprobado mediante o Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, e na instrución técnica complementaria correspondente.
2. A empresa mantedora habilitada non poderá facilitar, ceder ou allear certificados de actuacións non realizadas por ela mesma.
3. O incumprimento dos requisitos exixidos, verificado pola autoridade competente e declarado mediante resolución motivada, comportará o cesamento da actividade, salvo que se poida incoar un expediente de emenda de erros, sen prexuízo das sancións que puideren derivar da gravidade das actuacións realizadas.
Xunta de Galicia
Consellería de Economía, Industria e Innovación
Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación da Coruña
Servizo de Industria da Coruña
Rúa Vicente Ferrer 2
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184906
Email: cei.xtcoruna@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Economía, Industria e Innovación
Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación de Lugo
Servizo de Industria de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294815/ 982294659
Xunta de Galicia
Consellería de Economía, Industria e Innovación
Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación de Ourense
Servizo de Industria de Ourense
R/ Curros Enríquez, 1-4º
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386755
Email: xefaturaindustria.cei.ourense@xunta.gal
Xunta de Galicia
Consellería de Economía, Industria e Innovación
Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Industria e Innovación de Pontevedra
Servizo de Industria de Pontevedra
Avda. Mª Victoria Moreno, 43-5
36071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 986805255
Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais
Resolución do 5 de decembro de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se regula o procedemento de rexistro de instalacións de protección activa contra incendios en establecementos non industriais (DOG nº 241 do 19 de decembro de 2018).
Orde do 5 de maio de 2020 pola que se autoriza e se dá publicidade dunha relación de procedementos que, por razóns motivadas, deben continuar coa súa tramitación durante a vixencia do estado de alarma. (DOG nº 90 do 11 de maio de 2020).
Real Decreto 513/2017, de 22 de maio, polo que se aproba o Regulamento de instalacións de protección contra incendios (BOE nº 139 de 12 de xuño de 2017).
Corrección de erros do Real Decreto 513/2017, de 22 de maio, polo que se aproba o Regulamento de instalacións de protección contra incendios (BOE nº 230 de 23 de setembro de 2017).
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
O prazo de presentación de comunicacións comezará o día 20 de decembro de 2018.
Tramitar en liña:
Entre para cubrir e presentar a solicitude correspondente a este procedemento no rexistro electrónico e a través desta sede.
Este procedemento está suxeito ao pago dunha taxa. A continuación móstrase a listaxe de taxas aplicables:
- Inscrición en rexistros oficiais. Primeira inscrición. Modificacións da primeira inscrición. (Código taxa: 30.02.00)
- Inscrición no rexistro de instalacións de protección contra incendios (Código taxa: 32.19.11)
- Modificación no rexistro de instalacións de protección contra incendios (Código taxa: 32.19.34)
Pode realizar o pago destas taxas na sede electrónica como un dos pasos da tramitación en liña.
- As comunicacións presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado recollido no anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Se algunha das persoas interesadas presenta a súa comunicación presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da comunicación aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das comunicacións poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
- As persoas interesadas deberán achegar coa comunicación a seguinte documentación:
- 1. Certificado da empresa instaladora, emitido por un técnico titulado competente designado por ela, no cal se fará constar que a instalación se realizou de conformidade co establecido no Regulamento de instalacións de protección contra incendios e de acordo co proxecto ou documentación técnica.
- 2. Contrato de mantemento cunha empresa mantedora debidamente habilitada, que cubra, polo menos, os mantementos dos equipamentos e sistemas suxeitos ao Regulamento de instalacións de protección contra incendios.
- A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
- Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
- DNI ou NIE da persoa comunicante.
- DNI ou NIE da persoa representante.
- NIF da persoa xurídica comunicante.
- As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude.
Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida. Neste caso as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral poderá de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.
As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.
Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
- Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"