Guía de procedementos e servizos

IN627B

Autorización conxunta anual de canalizacións de gas.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano
Se vostede é titular ou representante dunha empresa, pode solicitar ás delegacións provinciais da Consellería de Economía, Emprego e Industria a autorización administrativa da instalación de autorización conxunta anual de canalización de gas, nos seguintes supostos:

- Ampliacións de redes de distribución urbana con presión máxima de servicio igual ou inferior a 4 bar e nas que se dispoña de tódalas autorizacións dos propietarios dos terreos afectadas, se é o caso.

- Ampliación de redes de distribución urbana e as acometidas industriais, cunha presión máxima de servicio entre 4 e 16 bar con diámetro menor ou igual a 114,3 mm e nas que se dispoña de tódalas autorizacións dos propietarios dos terreos afectados, se é o caso.

A empresa titular da autorización administrativa presentará durante o cuarto trimestre de cada ano, un ou varios proxectos que comprendan as actuacións que ten previsto realizar no exercicio seguinte. A Xefatura Territorial de Industria procederá a dictar unha autorización administrativa conxunta de tódolos proxectos presentados, dándolles de prazo ata o 31 de decembro do ano seguinte para a súa execución.

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético

Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas

Subdirección Xeral de Enerxía e Planificación de Recursos

Servizo de Infraestruturas e Promoción Enerxética

Edificios Administrativos. San Caetano, s/n bloque nº 5

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545573

Fax: 981545515

Servizo de Infraestruturas e Promoción Enerxética

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Esta orde entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • Proxecto de execución subscrito por tecnico competente e con visado colexial ou, se e o caso, con declaración responsable do tecnico.

  • Outra.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 22 de outubro de 2015 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG nº 204 do 26 de outubro de 2015).

    • Orde do 30 de novembro de 1999 sobre a tramitación de autorizacións administrativas das canalizacións de gas (DOG nº 244 do 21 de decembro de 1999).

    • Orde do 5 de maio de 2020 pola que se autoriza e se dá publicidade dunha relación de procedementos que, por razóns motivadas, deben continuar coa súa tramitación durante a vixencia do estado de alarma. (DOG nº 90 do 11 de maio de 2020).

  • Ámbito Estatal
    • Lei 34/1998, de 7 de outubro, do sector de hidrocarburos (BOE nº 241, de 8 de outubro de 1998).

    • Corrección de erros da Lei 34/1998, de 7 de outubro, do sector de hidrocarburos (BOE nº 29 de 3 de febreiro de 1999).

    • Lei 12/2007, de 2 de xullo, pola que se modifica a Lei 34/1998, de 7 de outubro, do Sector de Hidrocarburos, co fin de adaptala ao disposto na Directiva 2003/55/CE do Parlamento Europeo e do Consello, de 26 de xuño de 2003, sobre normas comúns para o mercado interior do gas natural (BOE nº 158, de 3 de xullo de 2007).

    • Lei 8/2015, de 21 de maio, pola que se modifica a Lei 34/1998, de 7 de outubro, do Sector de Hidrocarburos, e pola que se regulan determinadas medidas tributarias e non tributarias en relación coa exploración, investigación e explotación de hidrocarburos (BOE nº 122, de 22 de maio de 2015).

    • Real Decreto 1434/2002, de 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, fornezo e procedementos de autorización de instalacións de gas natural (BOE nº 313, de 31 de decembro de 2002).

    • Real Decreto 919/2006, de 28 de xullo, polo que se aproba o Regulamento técnico de distribución e utilización de combustibles gaseosos e as súas instrucións técnicas complementarias ICG 01 a 11 (BOE nº 211, de 4 de setembro de 2006).

Outros procedementos relacionados

FA701A

Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA701B

Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF504E

Actividade comercial portuaria de subministro de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante medios móbiles terrestres.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IG500A

Novacións modificativas nos préstamos concedidos polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) nos diversos programas instrumentados ao abeiro do decreto 133/2002