Guía de procedementos e servizos

IN617C

Inscrición / modificación / baixa na división B do Rexistro Industrial de Galicia.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

Créase o Rexistro Industrial de Galicia, de carácter informativo, que substitúe ao Rexistro de Establecementos Industriais de Galicia, creado polo Decreto 115/2000, do 11 de maio, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Establecementos Industriais de Galicia.

O Rexistro Industrial de Galicia estará adscrito á consellería competente en materia de industria e a súa xestión corresponderá ás xefaturas territoriais da devandita consellería, con excepción dos datos adicionais correspondentes á integración dun rexistro sectorial, que serán xestionados pola consellería competente no dito rexistro sectorial.

A actuación deste rexistro desenvolverase sen prexuízo das competencias do Rexistro Integrado Industrial de ámbito estatal e de acordo cos principios de coordinación, cooperación e asistencia mutua establecidos no artigo 4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O Rexistro Industrial de Galicia ten os fins seguintes:

a) Integrar nun único rexistro todos os rexistros sectoriais de industrias e actividades do seu ámbito de aplicación.

b) Dispoñer da información básica relativa ás actividades industriais e a súa distribución territorial e da relativa ás entidades e organismos de control, laboratorios e outros axentes en materia de seguridade e calidade industrial que sexa necesaria para o exercicio das competencias atribuídas ás administracións públicas en materia económica, industrial e sectorial.

c) Constituírse como instrumento de información sobre a actividade industrial, prestando servizo á cidadanía e, particularmente, ao sector empresarial.

d) Subministrar aos servizos competentes da Comunidade Autónoma de Galicia os datos precisos para elaborar as estatísticas industriais ás que se refire a Lei 9/1988, do 19 de xullo, de estatística de Galicia.

e) Servir de instrumento de coordinación das actuacións das distintas consellerías en materia económica e industrial.

A información existente no Rexistro Industrial de Galicia estruturarase nas divisións A, B e C.

- División B: Empresas de servizos contempladas no apartado a) do artigo 3.2 deste Decreto.

Empresas de ámbito industrial.

División B: Empresas de servizos contempladas no apartado a) do artigo 3.2 deste Decreto:

- Os servizos de enxeñaría, deseño, consultoría tecnolóxica e asistencia técnica de carácter industrial directamente relacionados coas industrias e actividades indicadas no apartado 1 do artigo 3 deste Decreto.

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña

Servizo de Industria da Coruña

Vicente Ferrer, 2 - 1ª planta

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184978/ 981184906

Fax: 981184790

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo

Servizo de Industria de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294814/ 982294669

Fax: 982294681

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense

Servizo de Industria de Ourense

Curros Enríquez, 1º-4º

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386748/ 988386744

Fax: 988386727

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra

Servizo de Industria de Pontevedra

R/ Fernández Ladreda, 43-5º

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805240

Fax: 986817580

Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

Este decreto entrará en vigor aos 20 días da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

O Rexistro Industrial de Galicia conterá os datos básicos e complementarios indicados no anexo I deste decreto, necesarios para o logro dos fins previstos no artigo 2 deste Decreto.

Así mesmo, conterá os datos adicionais que cada consellería estableza a través da correspondente orde reguladora para a integración no Rexistro Industrial de Galicia dun rexistro sectorial de industrias e actividades do seu ámbito de aplicación do que sexa competente.

  • As industrias, actividades, empresas de servizos, entidades e axentes incluídos no ámbito de aplicación do Rexistro Industrial de Galicia cuxos/as titulares estean obrigados/as a solicitar autorización administrativa ou a presentar declaración responsable ou comunicación, de acordo ca normativa que lles sexa aplicable, serán inscritos de oficio no Rexistro Industrial de Galicia a partir dos datos básicos e complementarios contidos na autorización, declaración responsable ou comunicación. Do mesmo xeito quedarán inscritas as variacións esenciais ou cesamentos de actividade que se produzan.

  • Os/as titulares das industrias, actividades, empresas de servizos, entidades e axentes incluídos no ámbito de aplicación do Rexistro Industrial de Galicia que non estean obrigados a solicitar autorización administrativa ou a presentar declaración responsable ou comunicación, poderán comunicar, unha vez iniciada a actividade, os datos básicos e complementarios para a súa inscrición no Rexistro Industrial de Galicia. Así mesmo, poderán comunicar as variacións esenciais ou cesamentos de actividade que se produzan.

  • O modelo para a comunicación deses datos establecense no anexo III. No caso de rexistros sectoriais integrados consonte ao indicado na disposición adicional única, poderanse comunicar ademais os datos adicionais que estableza regulamentariamente por orde a consellería competente no dito rexistro sectorial, sen prexuízo da obrigatoriedade de inscrición que poida establecer a normativa sectorial aplicable.

  • A inscrición realizarase unicamente por medios electrónicos a traves dos formularios electrónicos normalizados accesibles desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de conformidade ao establecido nos artigos 27.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso dos cidadáns aos servizos públicos, e 24.2 do Decreto 198/2010 polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Lei 9/2004, do 10 de agosto, de seguridade industrial de Galicia (DOG nº 166 do 26 de agosto de 2004).

    • Decreto 37/2015, do 12 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro Industrial de Galicia (DOG nº 60 do 30 de marzo de 2015).

    • Orde do 5 de maio de 2020 pola que se autoriza e se dá publicidade dunha relación de procedementos que, por razóns motivadas, deben continuar coa súa tramitación durante a vixencia do estado de alarma. (DOG nº 90 do 11 de maio de 2020).

  • Ámbito Estatal
    • Lei 21/1992, de 16 de xullo, de Industria (BOE nº 176, de 23 de xullo de 1992).

    • Real decreto 559/2010, do 7 de maio, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro Integrado Industrial (BOE nº 125 do 22 de maio de 2010).

Outros procedementos relacionados

FA701A

Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA701B

Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA901A

Alegacións no Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia (TACGAL).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF504C

Actividade comercial portuaria de consignación de buques.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano