Guía de procedementos e servizos

IN613M

Expedición/Renovación do carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsado.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Aberto todo o ano
TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Regular o procedemento de expedición, renovación, obtención dun duplicado ou validación do carné de operador de guindastre móbil autopropulsado, regulado no Real Decreto 837/2003, do 27 de xuño, polo que se aproba o novo texto modificado e refundido da Instrución técnica complementaria "MIE-AEM-4" do Regulamento de aparellos de elevación e manutención, referente a guindastres móbiles autopropulsados.

Persoas físicas que queiran obter ou renovar o carné de operador de guindastre móbil autopropulsado.

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña

Servizo de Industria da Coruña

Vicente Ferrer, 2 - 1ª planta

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184902

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo

Servizo de Industria de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294651

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense

Servizo de Industria de Ourense

Curros Enríquez, 1º- 4º

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386711

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra

Servizo de Industria de Pontevedra

R/ Fernández Ladreda, 43 - 5º

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805235

Dirección Xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial

Prazo de presentación: Aberto todo o ano

  • Capacitación profesional para o exercicio de actividades en materia de seguridade industrial: realización de probas para a obtención do certificado e a expedición de certificados de capacitación profesional ( 32.07.01)
  • Renovación dos anteriores certificados. ( 32.07.02)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

Forma de presentación de solicitudes

O procedemento IN613M tramitarase electronicamente ou de forma presencial mediante a descarga do formulario normalizado e a súa presentación ante un Rexistro de acordo con o disposto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Taxa:

No caso de que o obxecto da solicitude sexa a expedición dun carné profesional, o procedemento terá vinculada a taxa con código 32.07.01. No resto de casos, o procedemento terá vinculada a taxa con código 32.07.02.

Comprobación de datos.

Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas Administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

  • DNI ou NIE da persoa solicitante.

  • DNI ou NIE da persoa representante.

  • NIF da persoa representante.

  • Títulos oficiais non universitarios da persoa solicitante que obran en poder do Ministerio de Educación

No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o esixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Documentación a presentar

As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

  • Solicitude segundo o Anexo I.

  • Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante, só no caso de non autorizar a súa consulta.

  • Psicotécnico ou certificado medico.

  • Certificado de profesionalidade que cumpra co disposto no anexo VII do Real Decreto 837/2003, do 27 de xuño, de ser o caso.

  • Certificación outorgada por unha entidade acreditada para a certificación de persoas que cumpra co disposto no anexo VII do Real Decreto 837/2003, do 27 de xuño, de ser o caso.

  • Título de Formación Profesional que cumpra co disposto no anexo VII do Real Decreto 837/2003, do 27 de xuño, de ser o caso, só no suposto de non autorizar a súa consulta.

  • Copia do carne profesional a renovar, de ser o caso.

  • Copia do carné profesional doutro estado para validar, de ser o caso.

  • Tradución xurada do carné profesional doutro estado para validar, de ser o caso.

  • Tradución xurada da documentación que acredite que o carné está expedido pola autoridade competente dese Estado, de ser o caso.

  • Xustificante do pago das taxas administrativas (Código: 32.07.01 – 32.07.02).

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

A sede electrónica da Xunta de Galicia permite ás persoas interesadas realizar trámites electrónicos con posterioridade ao inicio do expediente, accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada. Opcionalmente, as persoas interesadas tamén poderán realizar os ditos trámites presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

    Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

    • Ámbito Autonómico
      • Orde do 22 de outubro de 2015 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG nº 204 do 26 de outubro de 2015).

    • Ámbito Estatal
      • Real Decreto 837/2003, do 27 de xuño, polo que se aproba o novo texto modificado e refundido da Instrucción técnica complementaria «MIE-AEM-4» do Regulamento de aparellos de elevación e manutención, referente a guindastres móbiles autopropulsados.(BOE nº 170, do 17 de xullo de 2003).

    Outros procedementos relacionados

    FA701A

    Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

    Tramitar en liña

    Aberto todo o ano

    FA701B

    Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

    Tramitar en liña

    Aberto todo o ano

    IF504E

    Actividade comercial portuaria de subministro de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante medios móbiles terrestres.

    Tramitar en liña

    Aberto todo o ano

    IG534D

    Novacións de débedas

    Prazo aberto: 07/02/2025 09:00 - 30/12/2025 14:00