Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IN606B
Axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral (Modalidade A).
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Esta orde establece as bases polas que se rexerá a concesión das axudas, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, a través da Gain, de apoio á etapa de formación posdoutoral e procede á súa convocatoria.
O obxecto do Programa de apoio á etapa posdoutoral é outorgar axudas ás universidades do Sistema universitario de Galicia (SUG), aos organismos públicos de investigación de Galicia, ás fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur), e aos centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) e ao IEO (Instituto Español de Oceanografía) radicados en Galicia que contraten persoas tituladas superiores para a súa formación como doutores e doutoras nos seus centros.
Para acadar tal fin proponse, por unha parte, a ampliación da especialización no estranxeiro do persoal investigador doutor, mediante o financiamento de contratos dun máximo de dous anos de estadías de investigación posdoutoral no estranxeiro e a súa reincorporación na Comunidade Autónoma de Galicia mediante un contrato de retorno dun ano de duración e, por outra, posibilitar a continuación da súa formación e o establecemento dunha traxectoria investigadora propia para as persoas que obtiveron unha praza nunha universidade do SUG na convocatoria de 2014 do programa de axudas de apoio á etapa inicial de formación posdoutoral do Plan I2C, que permaneceron nel ata o 28 de abril de 2018 e que acadaron unha avaliación positiva e para aquelas persoas investigadoras da convocatoria de 2013 ás cales se lles concedese o aprazamento da avaliación por circunstancias especiais e que acaden unha avaliación positiva.
– Modalidade A: contrato de dous anos de duración para a realización de estadías no estranxeiro e un contrato de retorno dun ano de duración na Comunidade Autónoma de Galicia (anexo I).
A Comisión Fulbright prestaralles ás persoas investigadoras que obteñan a condición de bolseiras Fulbright os seguintes servizos: xestión de visados; apoio, xestión e asesoría durante a estadía en EUA; participación das persoas investigadoras en seminarios, actividades científicas e culturais que se organicen no nome e polo Programa Fulbright; seguro médico con cobertura de enfermidade e accidentes; e formar parte da rede de antigas/os alumnas/os Fulbright do U.S. Department of State.
Modalidade A. Obxecto da axuda
Axudas, en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia competitiva, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Gain, de apoio á etapa inicial de formación posdoutoral, co obxecto de ampliar a formación do persoal investigador no estranxeiro con posibilidade de retorno, mediante o financiamento dun contrato de dous anos de duración para a realización de estadías no estranxeiro e un contrato de retorno dun ano de duración na Comunidade Autónoma de Galicia.
As solicitudes presentadas por unha universidade do SUG de persoas investigadoras de nacionalidade española que propoñan un plan de estadías de dous anos en EUA optarán a contar co apoio da Comisión Fulbright e ter a condición de bolseiras Fulbright.
A Comisión Fulbright prestaralle ás persoas investigadoras que obteñan a condición de bolseiras Fulbright os seguintes servizos: xestión de visados; apoio, xestión e asesoría durante a estadía en EUA; participación das persoas investigadoras en seminarios, actividades científicas e culturais que se organicen no nome e polo Programa Fulbright; seguro médico con cobertura de enfermidade e accidentes; e formar parte da rede de antigas/os alumnas/os Fulbright do U.S. Department of State.
Número, duración e importe das axudas.
O número, a duración e o importe das axudas concedidas para cada unha das modalidades serán:
– Na modalidade A: poderanse conceder ata 51 axudas (a previsión inicial é de 45 en universidades do SUG e 6 no resto de entidades beneficiarias), dun máximo de tres anos, que se desenvolverán nas datas que se indiquen na resolución de adxudicación, que terá que ser a partir do 1 de outubro de 2018 ata a data que corresponda segundo a sinatura dos contratos das persoas seleccionadas, sen que en ningún caso poidan superar a duración máxima de tres anos e que non poderán ser obxecto de prórroga. O importe máximo de cada axuda é de 49.900 euros anuais, con contías variables en función do destino dos dous primeiros anos de estadía, tal e como se describe no artigo 3 do anexo I.
Para as universidades do SUG, o número de axudas concedidas para cada rama de coñecemento das cinco recollidas no Real decreto 1393/2007 (Artes e Humanidades; Ciencias; Ciencias da Saúde; Ciencias Sociais e Xurídicas, e Enxeñaría e Arquitectura) non será inferior ao 14 % sempre que o número de solicitudes avaliadas favorablemente o permita.
Das axudas convocadas para as universidades do SUG, proporanse ata un máximo de 10 axudas para as persoas candidatas de nacionalidade española que prevexan dous anos de estadía en EUA para obter a condición de bolseiras Fulbright, sempre e cando acaden a puntuación necesaria e cumpran as condicións que se indican no artigo 2 do anexo I.
Poderán ser beneficiarios destas axudas as universidades do SUG, os organismos públicos de investigación de Galicia, as fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela, Fundación Profesor Novoa Santos, Fundación Biomédica Galicia Sur), e os centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) e o IEO (Instituto Español de Oceanografía) radicados en Galicia sempre que contraten as persoas seleccionadas a través dun contrato laboral de duración determinada con dedicación a tempo completo, de acordo co marco lexislativo actual, en virtude do cal a persoa seleccionada quedará vinculada á dita entidade.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Secretaría Xeral de Universidades
Subdirección Xeral de Promoción Científica e Tecnolóxica Universitaria
Servizo de Planificación e Estruturación da Investigación
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881995152 / 881995157
Fax: 881999135
Email: sxu@edu.xunta.es
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Axencia Galega de Innovación (GAIN)
Praza de Europa 10A-6º. Fontiñas
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881999213
Fax: 981541039
Email: axudas.gain@xunta.es
Prazo de presentación: PECHADO
25/05/2018 00:00 - 25/06/2018 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes que contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no DOG. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.
As persoas que contraten as distintas entidades con cargo a estas axudas deberán cumprir na data límite de presentación de solicitudes os seguintes requisitos:
a) Ter o título de licenciatura, grao ou equivalente ou o título de doutoramento dunha universidade do SUG. Non obstante, as persoas que non acadasen ningunha destas titulacións nunha universidade do SUG tamén poderán optar á axuda, aínda que o número máximo das que se poderán conceder nese suposto non poderá exceder o 10 % do total das concedidas.
b) Que a data de finalización dos estudos conducentes á obtención do título de licenciatura, grao ou equivalente que lle deu acceso ao doutoramento sexa igual ou posterior ao 1 de xaneiro de 2007.
c) Estar en posesión do grao de doutor e que este fose obtido en data igual ou posterior ao 1 de xaneiro de 2013. Entenderase como data de obtención do título de doutor a data de lectura e aprobación da tese de doutoramento.
A data de obtención do título de doutor/a poderá ser anterior ao 1 de xaneiro de 2013, pero igual ou posterior ao 1 de xaneiro de 2011, no caso das persoas tituladas que acrediten fidedignamente algún dos seguintes supostos:
1. Que se atopaban de baixa maternal ou que tiñan a cargo menores de tres anos entre o 1 de xaneiro de 2011 e o 31 de decembro de 2012.
2. Que teñan recoñecida unha discapacidade igual ou superior ao 33 por cento.
3. Que interrompesen a súa formación por causa dunha enfermidade grave ou que se dedicasen á atención de persoas maiores da familia en primeira liña parental.
No caso das persoas candidatas que estean en posesión de máis dun doutoramento, os requisitos expresados referiranse ao primeiro dos doutoramentos obtidos.
d) Non ter sido seleccionada nos programas posdoutorais da Xunta de Galicia, non ter sido seleccionada para unha axuda nunha convocatoria estatal das actuacións Juan de la Cierva, Formación posdoutoral, Juan de la Cierva-Formación ou Juan de la Cierva-Incorporación e non ter gozado con anterioridade de ningunha axuda e/ou contrato posdoutoral que recolla estadías en centros de investigación no estranxeiro de dous ou máis anos de duración.
e) Ademais, as solicitudes que presenten persoas candidatas que opten á condición de bolseiros Fulbright, cumprirán os seguintes requisitos:
– Que o plan de traballo se vaia desenvolver en EUA durante os dous anos de estadía.
– Ter nacionalidade española.
– Nivel de idioma inglés –falado e escrito– adecuado para completar o proxecto de investigación en EUA, demostrable mediante o Test of English as a Foreign Language (TOEFL) cunha puntuación mínima de 94 no Internet-based Test; o International English Language Testing System (IELTS), Academic Version, cunha puntuación mínima de 6,5; o Advanced Cambridge Exam; ou o nivel B2 do Marco común europeo.
– Non ter participado e completado unha estadía de investigación posdoutoral en EUA cun visado J-1 durante os 24 meses previos á data de incorporación ao seu centro de destino.
– Non estar gozando na actualidade dun programa de investigación posdoutoral en EUA cun visado J-1 por un período superior a seis meses.
– Non ser residente, cidadán ou ter dereito á cidadanía de Estados Unidos.
Solicitude segundo o Anexo III (bis), acompañada da seguinte documentación:
a) Documento asinado pola persoa candidata a ser destinataria da axuda segundo o anexo V, no que se fagan constar os seguintes aspectos:
Que acepta ser presentada como candidata ás axudas, indicando que se presenta por unha única entidade solicitante no ámbito desta convocatoria, e no cal se faga constar a rama de coñecemento e a área temática ás cales se adscribe, así como a declaración opcional do compromiso de utilizar a lingua galega na memoria final da actividade.
Que a persoa candidata non foi seleccionada nos programas posdoutorais da Xunta de Galicia, nunha convocatoria estatal das actuacións Juan de la Cierva, Formación posdoutoral, Juan de la Cierva-Formación ou Juan de la Cierva-Incorporación (soamente para a modalidade A).
Que non gozou con anterioridade de ningunha axuda e/ou contrato posdoutoral que recolla estadías en centros de investigación no estranxeiro de dous ou máis anos de duración (soamente para a modalidade A).
Que o plan de estadías que se propón non se desenvolve no país de nacemento, no de nacionalidade, naquel en que obtivo o título de licenciatura, grao ou equivalente ou o de doutor doutora que lle deu acceso ao programa, ou nun país en que desenvolvese actividade investigadora posdoutoral durante máis de tres meses (soamente para a modalidade A).
b) Documento asinado pola persoa responsable ou coordinadora do grupo de investigación ou equivalente aceptando a persoa candidata a ser destinataria da axuda no seo do equipo de traballo (anexo VI).
c) Documento asinado pola persoa directora do departamento, unidade de traballo ou equivalente, manifestando a súa conformidade para a integración no seu departamento, unidade de traballo ou equivalente da persoa candidata a ser destinataria da axuda (anexo VII).
Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación, ou, na súa falta a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
Ademais da documentación sinalada nas bases da convocatoria, deberá achegarse a seguinte documentación da persoa candidata a ser destinataria da axuda:
a) Declaración da entidade solicitante na cal se faga constar en que universidade e con que data obtivo a persoa candidata o grao de doutor, así como a titulación que lle deu acceso ao dito grao e a data de finalización destes estudos.
No caso de que o título de doutor/a fose obtido no estranxeiro deberá estar homologado ou ser equivalente segundo o establecido na disposición adicional quinta do Real decreto 967/2014, do 21 de novembro, polo que se establecen os requisitos e o procedemento para a homologación e declaración de equivalencia a titulación e a nivel académico universitario oficial e para a validación de estudos estranxeiros de educación superior, e o procedemento para determinar a correspondencia aos niveis do Marco español de cualificacións para a educación superior dos títulos oficiais de arquitecto, enxeñeiro, licenciado, arquitecto técnico, enxeñeiro técnico e diplomado. Para os efectos sinalados neste punto terase en conta a data de defensa da tese, non a data da homologación ou equivalencia.
Nestes casos, debe achegarse copia da homologación ou equivalencia.
b) Currículo (CV) da persoa candidata a ser destinataria da axuda nun modelo normalizado, preferentemente no modelo da páxina web https://cvn.fecyt.es/
Para os efectos do proceso de avaliación, só se terá en conta a información contida no CV na data de peche do prazo de presentación de solicitudes. Non será posible a actualización posterior da información contida nel. No caso de que se solicite aclaración ou emenda, a información que se achegue deberá referirse, como máximo, á data de peche do prazo de presentación de solicitudes.
c) Documentos xustificativos dos méritos alegados, xunto coas copias ou enlaces ás publicacións ou documentos científico-técnicos, contribucións a congresos, etc. que se citen no CV, que se presentarán nun único documento pdf precedido dun índice. Durante calquera momento do procedemento a Secretaría Xeral de Universidades ou a Gain, segundo corresponda, poderán solicitar ás entidades solicitantes os comprobantes dos méritos alegados.
d) Plan de traballo das actividades que se propoñen realizar durante a vixencia do programa. O plan de traballo terá unha extensión de 1.200-2.000 palabras e estará asinado pola persoa candidata a ser destinataria da axuda e pola persoa responsable ou coordinadora do grupo de investigación.
e) Plan de estadía detallado, do que haberá un modelo dispoñible na internet nos enderezos http://www.edu.xunta.gal e http://gain.xunta.gal, no cal se indiquen os períodos de estadía previstos (que deberán ser dun mínimo dun ano en cada un dos centros seleccionados), a súa duración e os centros de destino escollidos, así como unha xustificación da importancia e relevancia internacional dos centros e grupos de destino para o traballo que se vai desenvolver. Este plan terá que estar asinado pola persoa candidata a ser destinataria da axuda e a persoa directora do grupo que figura na solicitude. Para cada un dos centros de destino engadirase carta de aceptación da estadía asinada polo director ou directora do centro ou figura equivalente con atribucións na área directiva de recursos humanos.
f) Documentación que acredite os supostos de excepcionalidade previstos no artigo 2.c) deste anexo sobre a data de obtención do título de doutora ou doutor, se é o caso, incluído o certificado de discapacidade da persoa candidata se non está expedido pola Xunta de Galicia.
g) No caso de que a persoa candidata pertenza ou se vaia integrar nalgún grupo, agrupación, equipo ou centro dos indicados no artigo 10 das bases da convocatoria, certificado da entidade solicitante coa conformidade do investigador ou investigadora principal ou do director ou directora do centro ou agrupación en que se faga constar esta circunstancia e a convocatoria na cal obtivo o financiamento.
h) Ademais, para as persoas candidatas presentadas por unha universidade do SUG que opten á condición de bolseiras Fulbright:
Declaración responsable segundo o modelo que figura como anexo VIII a esta orde.
Certificado de coñecemento do idioma inglés de acordo co artigo 2.e) deste anexo.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación destes tres procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI ou NIE da persoa representante da entidade solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa candidata á axuda.
c) Certificado acreditativo de estar ao día nas obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria da entidade solicitante.
d) Certificado acreditativo de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social da entidade solicitante.
e) Certificado acreditativo de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda da entidade solicitante.
f) Certificado acreditativo do grao de discapacidade da persoa candidata expedido pola Xunta de Galicia.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio, ou no cadro correspondente do anexo V, e achegar os devanditos documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar das persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
As entidades solicitantes presentarán as solicitudes de maneira individualizada para cada unha das persoas candidatas propostas. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través dos formularios normalizados ED481B para a modalidade A e ED481D para a modalidade B no caso das universidades do SUG e IN606B para a modalidade A das demais entidades, dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que sexa realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Cada persoa soamente poderá ser presentada como candidata por unha única entidade beneficiaria e sempre e cando cumpra os requisitos exixidos.
A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Todos os trámites administrativos que as entidades solicitantes deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da entidade solicitante dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 30 de abril de 2018, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (DOG nº 98 do 24 de maio de 2018).
-
Extracto da Orde do 30 de abril de 2018, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (DOG nº 98 do 24 de maio de 2018).
-
Resolución do 26 de setembro de 2018, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se adxudican as axudas do anexo I, modalidade A, da Orde do 30 de abril de 2018, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018 (DOG nº 191 do 5 de outubro de 2018).
-
Resolución do 9 de novembro de 2018 pola que se modifica parcialmente a Resolución do 26 de setembro de 2018 pola que se adxudican as axudas do anexo I, modalidade A da Orde do 30 de abril de 2018 pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 223 do 22 de novembro de 2018).
-
Resolución do 14 de decembro de 2018 pola que se modifica parcialmente a Resolución do 26 de setembro de 2018 pola que se adxudican as axudas do anexo I, modalidade A, da Orde do 30 de abril de 2018, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas de apoio á etapa de formación posdoutoral nas universidades do Sistema universitario de Galicia, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema de I+D+i galego, e se convocan para o ano 2018 (DOG nº 244 do 24 de decembro de 2018).
-
Outros procedementos relacionados
Aprobación de centros e institutos de investigación do sistema universitario de Galicia
Aberto todo o ano
Rexistro de instalacións con equipos de presión.
Aberto todo o ano
Inscrición/modificación no Rexistro de ascensores.
Aberto todo o ano
Excepcionalidade para refuxios ou espazos libres en ascensores.
Aberto todo o ano