Guía de procedementos e servizos

IN609I

Rexistro de empresas conservadoras de ascensores

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Aberto todo o ano

A Xunta de Galicia pon á disposición da cidadanía unha serie de catálogos que serven de guía e recollen de forma clara e por orde cronolóxica todos os trámites administrativos exixibles e as actuacións necesarias para a implantación das iniciativas empresariais.

Pode obter máis información sobre esta figura na Oficina Galicia Empresa.

Acceda ao catálogo relacionado coa súa iniciativa premendo sobre esta ligazón.

Antes de comezar as súas actividades como empresas conservadoras de ascensores, as persoas físicas ou xurídicas que desexen, como inicio da súa actividade en España, establecerse ou comezar a súa actividade en réxime de libre prestación en Galicia deberán presentar telematicamente, ante a consellería competente en materia de industria, unha declaración responsable de acordo co modelo do anexo VII, na cal a persoa titular ou representante legal da empresa declare que cumpre os requisitos que se exixen na normativa reguladora, que dispón da documentación que así o acredita, que se compromete a mantelos durante a vixencia da actividade e que se responsabiliza de que as actividades de mantemento e reparación se efectúan de acordo coas normas e requisitos que se establecen na normativa de aplicación.

As declaracións responsables sinaladas nos puntos anteriores presentaranse exclusivamente por medios telemáticos, de acordo co disposto no artigo 27º.6 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos.

Para mais información e consultas públicas acudir a:

http://oficinavirtualindustria.xunta.es/

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña

Servizo de Industria da Coruña

Vicente Ferrer, 2 - 1ª planta

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184906/ 981182294

Fax: 981184790

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo

Servizo de Industria de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294661/ 982294814

Fax: 982294681

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense

Servizo de Industria de Ourense

Curros Enríquez, 1º-4º

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386748/ 988386744

Fax: 988386727

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra

Servizo de Industria de Pontevedra

R/ Fernández Ladreda, 43-5º

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805240

Fax: 986817580

Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas

A Xunta de Galicia pon á disposición da cidadanía unha serie de catálogos que serven de guía e recollen de forma clara e por orde cronolóxica todos os trámites administrativos exixibles e as actuacións necesarias para a implantación das iniciativas empresariais.

Pode obter máis información sobre esta figura na Oficina Galicia Empresa.

Acceda ao catálogo relacionado coa súa iniciativa premendo sobre esta ligazón.

Prazo de presentación: ABERTO

  • Presentación de declaracións responsables de inicio de actividade ( 32.07.22)
  • Presentación de declaracións responsables de modificación ou cese de actividade ( 32.07.23)

Pode realizar o pago destas taxas na sede electrónica como un dos pasos da tramitación en liña.

  • Declaración responsable segundo modelo publicado como anexo VII.

A Xunta de Galicia pon á disposición da cidadanía unha serie de catálogos que serven de guía e recollen de forma clara e por orde cronolóxica todos os trámites administrativos exixibles e as actuacións necesarias para a implantación das iniciativas empresariais.

Pode obter máis información sobre esta figura na Oficina Galicia Empresa.

Acceda ao catálogo relacionado coa súa iniciativa premendo sobre esta ligazón.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Decreto 51/2011, do 17 de marzo, polo que se actualiza a normativa en materia de seguridade industrial na Comunidade Autónoma de Galicia para a súa adaptación á Directiva 2006/123/CE do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de decembro de 2006, relativa aos servizos no mercado interior (DOG nº 65 de 1 de abril de 2011).

    • Resolución do 12 de decembro de 2011, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se informa sobre a tramitación exclusivamente telemática de diversos procedementos (DOG nº 245 de 26 de decembro de 2011).

    • Decreto lexislativo 1/2015, do 12 de febreiro, polo que se aproba o texto refundido das disposicións legais da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de política industrial (DOG nº 128 do 9 de xullo de 2015).

    • Decreto 107/2017, do 26 de outubro, relativo aos ascensores instalados na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 216 do 14 de novembro de 2017).

    • Resolución do 5 de decembro de 2017, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se establece o formato da notificación de posta fóra de servizo do ascensor regulada no Decreto 107/2017, do 26 de outubro, relativo aos ascensores instalados na Comunidade Autónoma de Galicia (DOG nº 243 do 26 de decembro de 2017).

    • Orde do 5 de maio de 2020 pola que se autoriza e se dá publicidade dunha relación de procedementos que, por razóns motivadas, deben continuar coa súa tramitación durante a vixencia do estado de alarma. (DOG nº 90 do 11 de maio de 2020).

  • Ámbito Estatal
    • Real decreto 88/2013, do 8 de febreiro, polo que se aproba a Instrución técnica complementaria AEM 1 «Ascensores» do Regulamento de aparellos de elevación e manutención, aprobado polo Real decreto 2291/1985, do 8 de novembro (BOE nº 46 do 22 de febreiro de 2013)

    • Corrección de erros do Real decreto 88/2013, do 8 de febreiro, polo que se aproba a Instrución técnica complementaria AEM 1 «Ascensores» do Regulamento de aparellos de elevación e manutención, aprobado polo Real decreto 2291/1985, do 8 de novembro (BOE nº 111 do 9 de maio de 2013).

Outros procedementos relacionados

FA005A

Comunicación da información estatístico-contable anual dos corredores de seguros e reaseguros e dos axentes de seguros vinculados e dos operadores de banca-seguros vinculados.

Prazo aberto: 01/03/2025 00:00 - 30/04/2025 23:59

FA009A

Solicitude de autorización para a utilización das aplicacións informáticas da Oficina Virtual Tributaria para o pagamento electrónico e a presentación electrónica dos modelos de declaración 008 e de autoliquidación 013 do Imposto compensatorio ambiental mineiro (ICAM).

Aberto todo o ano

FA701A

Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA701B

Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano