Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IN500B
Axudas dirixidas á valorización, potenciación, innovación e mellora da industria forestal galega e do Contract.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Economía e Industria
Concesión de axudas dirixidas á valorización, potenciación, innovación e mellora das pequenas e medianas empresas da industria forestal galega e do Contract.
Pequenas e medianas empresas, incluídas as persoas autónomas, da industria forestal e do contract radicadas en Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Axencia Galega da Industria Forestal
Avda Fernando de Casas Novoa, nº 38
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881995476
Email: xera.ceei@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
01/04/2023 00:00 - 02/05/2023 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes, contado a partir do día seguinte á publicación desta resolución.
1. Poderán ser persoas beneficiarias as pequenas e medianas empresas, incluídas as persoas autónomas, da industria forestal e do contract radicadas en Galicia que utilicen a madeira e os seus derivados, a resina, a cortiza ou outros produtos de orixe forestal, exceptuando os produtos alimentarios, como materia prima para a elaboración dos seus produtos. Para estes efectos, tomarase a definición de peme incluída no anexo I do Regulamento (UE) núm. 702/2014 da Comisión, do 25 de xuño. Segundo esta definición, pemes son aquelas empresas que ocupan menos de 250 persoas e cuxo volume de negocios anual non excede os 50 millóns de euros ou cuxo balance xeral anual non excede os 43 millóns de euros.
2. Para a liña 5 establecida no artigo 4, tamén poderán ser beneficiarias as pequenas e medianas empresas (incluídas as persoas autónomas) que presten servizos de prevención de riscos laborais, así como as asociacións, organizacións, fundacións e entidades sen ánimo de lucro, que teñan base asociativa e presten os ditos servizos ou sexan representativas ou estean relacionadas coa cadea de valor da industria forestal-madeira. En calquera caso, deberán desenvolver a súa actividade en Galicia.
3. As pequenas e medianas empresas, para acadar a condición de beneficiarias, deberán cumprir os seguintes requisitos:
a) Acreditar a súa viabilidade económica mediante algunha das seguintes circunstancias:
1º. Dispoñibilidade de crédito bancario para o investimento, dun mínimo do 70 % do importe deste ou comunicación bancaria de estar en disposición de conceder o financiamento.
2º. Certificación bancaria de dispoñibilidade líquida en conta polo importe do investimento.
3º. Vendas por importe superior ao triplo do investimento (na declaración do IVE do último exercicio pechado á data de publicación da convocatoria, modelo 390 ou modelo 303 do último mes do ano, segundo proceda).
b) Deberán ter vixente na data de publicación da convocatoria un seguro de responsabilidade civil para as actividades propias da industria forestal e do contract e, no suposto de ser exixible, un contrato de prevención de riscos laborais.
As empresas solicitantes deberán declarar na súa solicitude que dispoñen do seguro de responsabilidade civil vixente e, no suposto de ser exixible, do contrato de prevención de riscos laborais.
c) Deberán estar inscritas no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor) e cos datos actualizados, de acordo co artigo 102 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, de conformidade co Decreto 50/2014, do 10 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos e micolóxicos en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia e o contido, organización e funcionamento do Rexistro de Empresas do Sector Forestal, ou ben, deberán estar dados de alta nalgún código da Clasificación nacional de actividades económicas (CNAE) ou dispor de calquera outro medio válido en dereito que acredite a realización de actividades obxecto de subvención na data de publicación da convocatoria.
4. Non poderán acadar a condición de persoa beneficiaria:
a) Aquelas persoas ou entidades solicitantes nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
b) Aquelas empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise, de acordo coa definición do artigo 2, punto 18 do Regulamento (UE) núm. 651/2014 polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.
Para verificar o cumprimento deste requisito, as empresas solicitantes deberán declarar na súa solicitude que non se atopan en situación de crise conforme a normativa comunitaria.
c) Aquelas empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarado unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
Solicitudes.
1. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos, a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia: https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de forma presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
2. Toda a información sobre este procedemento está dispoñible na Guía de procedementos e servizos no enderezo https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos
3. Só se poderá presentar unha solicitude por persoa solicitante.
4. No formulario de solicitude (anexo I) inclúense as seguintes declaracións responsables:
– Declaración responsable da persoa solicitante de todas as axudas solicitadas e concedidas para a mesma finalidade ou os mesmos custos, procedentes de calquera Administración ou ente público ou privado, nacional ou internacional.
– Declaración responsable da persoa solicitante de todas as axudas suxeitas ao réxime de minimis percibidas nos tres últimos exercicios fiscais.
– Declaración responsable de que todos os datos contidos na solicitude e nos documentos que se achegan son certos.
– Declaración responsable de que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o que solicita a axuda.
– Declaración responsable de non estar incursa en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
– Declaración responsable de non estar incursa en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
– Declaración responsable de estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.
– Declaración responsable de que a empresa non está en crise, de acordo coa definición do artigo 2.18 do Regulamento (UE) núm. 651/2014 polo que se declaran determinadas categorías de axudas compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea.
– Declaración responsable de que a empresa non está suxeita a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que declarase unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
– Declaración responsable de que a empresa non está inmersa nun proceso de concurso de acredores.
– Declaración responsable de que esta empresa cumpre coa normativa ambiental vixente.
– Declaración responsable de que se desenvolverán en Galicia as actividades do proxecto para o que se solicita a axuda.
– Declaración responsable de que ningún dos provedores está asociado nin vinculado coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, e que non concorren neles ningunha das prohibicións recollidas no artigo 27.7 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia.
– Declaración responsable de que a empresa conta cun seguro de responsabilidade civil para as actividades propias da industria forestal e do contract en vigor na data de publicación da convocatoria.
– Declaración responsable de que a empresa conta, no suposto de ser exixible, cun contrato de prevención de riscos laborais en vigor na data de publicación da convocatoria.
Documentación complementaria.
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I) a seguinte documentación:
a) Anexo III. Comprobación de datos de terceiras persoas interesadas, no caso de muller xerente.
b) Anexo IV. Memoria do proxecto que se vai realizar e das características da persoa solicitante para as que solicita baremación. Neste sentido, só serán consideradas aquelas características debidamente consignadas. No anexo inclúense as seguintes declaracións responsables:
– Declaración responsable de que é ou pertence a unha asociación, organización ou fundación representativa ou relacionada coa cadea de valor da industria forestal-madeira e que desenvolva a súa actividade en Galicia, indicado o nome da dita entidade. De ser requirido, a entidade solicitante deberá estar en condición de acreditar este criterio mediante estatutos ou certificado de estar asociado e ao día de pagamento de cotas.
– Declaración responsable co número de actividades formativas realizadas por persoas traballadoras da entidade solicitante desde o 1.1.2020 ata a data de publicación da convocatoria que cumpren cos criterios establecidos no artigo 8.1.2º. De ser requirido, a entidade solicitante deberá estar en disposición de acreditar este criterio mediante informe oficial da Seguridade Social de vida laboral da entidade solicitante; título, diploma acreditativo ou certificado de asistencia con detalle do contido, data de celebración e duración da actividade formativa.
– Declaración responsable de que a entidade solicitante conta cunha muller que desempeñe funcións de dirección ou xerencia, na data de publicación da convocatoria, indicado o nome, apelidos e DNI ou NIE da dita persoa. De ser requirido, a entidade solicitante deberá estar en disposición de acreditar este criterio mediante escrituras sociais de constitución ou modificación posteriores ou contrato de traballo non sendo posible acreditar as funcións directivas ou de xerencia mediante a presentación dun poder notarial.
– Declaración responsable de que conta, na data de publicación da convocatoria, cun plan de igualdade voluntario segundo o disposto no artigo 45 da Lei orgánica 3/2007, do 22 de marzo, para a igualdade efectiva de homes e mulleres, indicando a data de solicitude de inscrición no Rexcon (Rexistro Administrativo de Acordos e Convenios Colectivos de Galicia). De ser requirido, a entidade solicitante deberá estar en disposición de acreditar a solicitude de inscrición no Rexcon.
– Declaración responsable de que conta con instalacións fixas ou que presenta un proxecto de instalacións fabrís fixas nas parroquias comprendidas na zona demarcada do organismo de corentena Bursaphelenchus xylophilus (Steiner et Buhrer) Nickle et al. (nemátodo do piñeiro), indicando o concello e nome da parroquia.
– Declaración responsable de que conta con certificado de cadea de custodia (PEFC ou FSC) na data de publicación da convocatoria, indicando o número de certificado. De ser requirido, a entidade solicitante deberá estar en disposición de presentar copia do certificado vixente emitido pola entidade de certificación forestal.
– Declaración responsable de que conta, na data de publicación da convocatoria, con certificado de sistema de xestión da calidade ou de sistema de xestión ambiental, indicando o nome do sistema e a data de expedición do certificado. De ser requirido, a entidade solicitante deberá estar en disposición de presentar copia do certificado vixente.
– Declaración responsable de dispoñer, na data de publicación da convocatoria, de marcación CE obrigatoria ou voluntaria para algún dos produtos de madeira para a construción que fabrique, indicando documento de avaliación europeo (DEE) ou norma harmonizada e o sistema de avaliación e verificación da constancia de prestacións de aplicación (EVCP). De ser requirido, a entidade solicitante deberá estar en disposición de presentar certificado de constancia das prestacións do produto, certificado de conformidade do control de produción en fábrica, informe do produto tipo ou xustificación de ter implantado e vixente un sistema de control de produción en fábrica, segundo procedo en función do sistema de avaliación e verificación da constancia de prestacións de aplicación.
– Declaración responsable de que, na data de publicación da convocatoria, é unha empresa cualificada para o uso da marca de garantía Piñeiro de Galicia, indicando a data de expedición do certificado de cualificación. De ser requirido, a entidade solicitante deberá estar en disposición de presentar copia do certificado que acredite a disposición da marca de garantía Piñeiro de Galicia.
– Declaración responsable de dispoñer, na data de publicación da convocatoria, de certificado OHSAS 18001 (xestión da seguridade e saúde no traballo-SST), indicando a data de expedición do certificado de cualificación. De ser requirido, a entidade solicitante deberá estar en disposición de presentar copia do certificado que acredite a disposición do certificado OHSAS 18001.
– A persoa solicitante presenta un proxecto que se desenvolverá no termo municipal dos concellos que contan coa condición de concellos emprendedores ao abeiro do título VI da Lei 9/2021, do 25 de febreiro, de simplificación administrativa e de apoio á reactivación económica de Galicia, indicando a provincia e nome do concello.
A Axencia Galega da Industria Forestal poderá requirir ás persoas solicitantes documentación xustificativa que avale o declarado. No caso de detectar falsidades, o expediente de solicitude inadmitirase e, ademais, a persoa solicitante non poderá ser perceptora na próxima convocatoria.
b) Memoria asinada pola persoa solicitante ou representante onde se desenvolvan os puntos relacionados no anexo IV da presente resolución.
c) Documentación xustificativa de acreditación da representación da empresa, no caso de que a solicitude non estea asinada por representante legal.
d) Escrituras sociais de constitución e modificacións posteriores, no caso dunha sociedade, certificación da situación censual, no caso de autónomos e estatutos sociais, no caso de asociacións, organizacións fundacións e entidades sen ánimo de lucro.
e) Copia da declaración do imposto de sociedades da empresa, do último exercicio económico pechado na data de publicación da convocatoria, no caso de contribuíntes por este imposto.
f) Informe oficial da Seguridade Social de vida laboral dos doce meses anteriores á data de publicación da convocatoria para todos os réximes en que figure dada de alta a empresa. No caso de que nalgún dos réximes non haxa persoas traballadoras, deberá presentarse informe de encadramento do empresario no sistema da Seguridade Social ou documento oficial equivalente para acreditalo.
g) Documentación acreditativa dos requisitos previos para pequenas e medianas empresas:
1º. Declaración da condición de peme, segundo os anexos II.1 Declaración relativa á condición de peme (cando o solicitante é unha persoa física ou unha pluralidade de persoas físicas), II.2 Declaración relativa á condición de peme (para persoas xurídicas) e II.3 Declaración de persoa física partícipe na persoa xurídica. Deberán estar cubertos todos os datos que sexan procedentes segundo o tipo de solicitante. Os datos económicos e de persoal serán referidos aos do último exercicio económico pechado.
2º. No caso de empresas vinculadas ou asociadas coa empresa solicitante:
– Copia das contas anuais do último exercicio económico pechado de cada unha das empresas.
– Informe oficial da Seguridade Social de vida laboral dos doce meses anteriores á data de publicación da convocatoria para todos os réximes en que figure dada de alta cada unha das empresas.
No caso de que nalgún dos réximes non haxa persoas traballadoras, deberá presentarse informe de encadramento do empresario no sistema da Seguridade Social ou documento oficial equivalente para acreditalo.
3º. Documentación xustificativa da viabilidade da empresa, segundo o indicado no artigo 2 desta Resolución.
– Dispoñibilidade de crédito bancario para o investimento, dun mínimo do 70 % do importe deste ou comunicación bancaria de estar en disposición de conceder o financiamento.
– Certificación bancaria de dispoñibilidade líquida en conta por importe do investimento.
– Vendas por importe superior ao triplo do investimento (na declaración do IVE do último exercicio pechado á data de publicación da convocatoria, modelo 390 ou modelo 303 do último mes do ano, segundo proceda).
4º. No caso de opoñerse á consulta do Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor), documentación que acredite a realización de actividades obxecto de subvención na data de publicación da convocatoria:
– Comunicación anual de datos ao Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor).
– Certificado de código CNAE ou calquera outro medio válido en dereito que o acredite.
h) Documentación relativa aos investimentos obxecto de baremación:
1º. Contratos, orzamentos ou facturas pro forma (segundo sexa o caso) dos investimentos previstos de tres provedores distintos de conformidade co disposto no artigo 12 destas bases.
2º. No caso de investimentos en maquinaria fixa e instalacións:
– Para investimentos en maquinaria fixa ou instalacións: plano de planta coa distribución de edificacións, maquinaria e instalacións, onde veñan reflectidos os investimentos que se van realizar. O plano deberá estar asinado por técnico competente.
– No caso de instalacións que así o requiran: copia da presentación no concello da solicitude de licenza de obra ou comunicación previa segundo proceda.
– Acreditación da presentación no concello da comunicación previa do inicio de actividade ou apertura do establecemento establecida no artigo 24 da Lei 9/2013, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia, con toda a documentación requirida, ou licenza de actividade para as solicitudes de licenza tramitadas antes da entrada en vigor da devandita lei.
2. Para que unha solicitude sexa válida, debe achegarse a seguinte documentación mínima:
a) Solicitude de axuda (anexo I), debidamente cumprimentada.
b) Anexo IV, Memoria dos investimentos que se van realizar, debidamente formalizada.
c) Contratos, orzamentos ou facturas pro forma (segundo sexa o caso) dos investimentos previstos de tres provedores distintos, segundo o disposto no punto 1.h).1º do presente artigo.
As solicitudes que non conten co contido mínimo indicado anteriormente serán inadmitidas a trámite.
3. A documentación achegarase en formato «.pdf». Será obrigatorio para a súa presentación seguir a estrutura especificada e nomear cada arquivo segundo a nomenclatura establecida no anexo XIV coa instrución respecto á nomenclatura da documentación presentada en fase de solicitude.
4. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán recabados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se poden obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
5. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
6. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón deste.
7. No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
8. Unha vez rematado o prazo de presentación das solicitudes recollido na respectiva convocatoria de axudas e ata que recaia a resolución no procedemento non se admitirán modificacións relativas aos proxectos solicitados nin dos elementos que serán obxecto de baremación, sen prexuízo do dereito de desistencia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña a súa consulta:
a) NIF da entidade solicitante.
b) DNI/NIE da persoa solicitante e da muller xerente ou directiva.
c) Certificado da renda da persoa solicitante.
d) DNI/NIE da persoa representante.
e) Imposto de actividades económicas (IAE).
f) Certificados de estar ao día nas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social e coa Facenda da Xunta de Galicia.
g) Consulta de concesións de subvencións e axudas.
h) Consulta de concesións de subvencións e axudas polo réxime de minimis.
i) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.
j) Consulta do Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor).
No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no anexo I, de ser o caso, e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
No caso de que a persoa solicitante deba presentar estes certificados na fase de emenda, logo de que a consulta polo órgano xestor non obtivese resultado favorable, a data de expedición dos certificados pola Administración correspondente deberá ser posterior á data de consulta polo órgano xestor, o que se comunicará no requirimento de emenda da documentación.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de solicitude
- Declaración de persoa física partícipe na persoa xurídica (Anexo II.3)
- Solicitude (Anexo I)
- Comprobación de datos de terceiras persoas (Anexo III)
- Memoria do proxecto que se vai realizar (Anexo IV)
- Declaración relativa á condición de peme (persoas físicas ou pluralidade de persoas físicas) (Anexo II.1)
- Declaración relativa á condición de peme (persoas xurídicas) (Anexo II.2)
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 20 de marzo de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan para o ano 2023 en réxime de concorrencia competitiva as axudas á valorización e á segunda transformación da industria forestal galega e do contract (DOG nº 64 do 31 de marzo de 2023).
-
Extracto da Resolución do 20 de marzo de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan para o ano 2023 en réxime de concorrencia competitiva as axudas á valorización e á segunda transformación da industria forestal galega e do contract (DOG nº 64 do 31 de marzo de 2023).
-
Resolución do 6 de outubro de 2023 pola que se dá publicidade das axudas concedidas e denegadas e ás solicitudes non admitidas a trámite e desistidas no ano 2023, ao abeiro da Resolución do 20 de marzo de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan para o ano 2023 en réxime de concorrencia competitiva as axudas á valorización e á segunda transformación da industria forestal galega e do contract (DOG nº 197 do 17 de outubro de 2023).
-
Resolución do 13 de novembro de 2023 pola que se amplía o prazo de xustificación das subvencións convocadas ao abeiro da Resolución do 20 de marzo de 2023 pola que se aproban as bases reguladoras e se convocan para o ano 2023 en réxime de concorrencia competitiva as axudas á valorización e á segunda transformación da industria forestal galega e do contract (DOG nº 217 do 15 de novembro de 2023).
-
Outros procedementos relacionados
Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Actividade comercial portuaria de subministro de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante medios móbiles terrestres.
Aberto todo o ano
Novacións de débedas
Prazo aberto: 07/02/2025 09:00 - 30/12/2025 14:00