Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IN500D
Axudas aos investimentos en dixitalización da industria forestal-madeira e outras industrias que desenvolvan solucións ecoinnovativas baseadas na madeira - Liña 2
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Economía e Industria
1. As subvencións reguladas por estas bases teñen por obxecto contribuír a fomentar a modernización e a dixitalización do sector forestal-madeira e impulsar o ecodeseño e a economía circular.
Consideraranse actuacións subvencionables todas aquelas que cumpran cos requisitos recollidos no artigo 5 e que se desenvolvan entre o 1 de xaneiro de 2021 e o 31 de maio de 2023.
2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, segundo a excepción recollida no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
a) Pequenas e medianas empresas (incluídas as persoas autónomas) da industria forestal-madeira radicadas en Galicia que realicen aproveitamentos forestais ou que utilicen a madeira, a resina, a cortiza e os seus derivados ou outros produtos de orixe forestal, exceptuando os produtos alimentarios, como materia prima para a elaboración dos seus produtos.
Para alcanzar a condición de beneficiarias, deberán estar inscritas no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor) e cos datos actualizados, de acordo co artigo 102 da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, de conformidade co Decreto 50/2014, do 10 de abril, polo que se regulan os aproveitamentos madeireiros e leñosos, de cortiza, de pastos e micolóxicos en montes ou terreos forestais de xestión privada na Comunidade Autónoma de Galicia e o contido, organización e funcionamento do Rexistro de Empresas do Sector Forestal, ou dadas de alta nalgún código CNAE ou dispoñer de calquera outro medio válido en dereito que acredite a realización de actividades obxecto de subvención antes da presentación da solicitude.
b) Asociacións, organizacións, fundacións e entidades sen ánimo de lucro, públicas ou privadas, que teñan base asociativa e sexan representativas ou estean relacionadas coa cadea de valor da industria forestal-madeira e que desenvolvan a súa actividade en Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Axencia Galega da Industria Forestal
Avda. Fernando de Casas Novoa, 38
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881995476/ 881995478
Email: xera.cmr@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
02/09/2022 00:00 - 31/10/2022 23:59
O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto desde o día seguinte ao da publicación desta resolución ata o 31 de outubro de 2022 ou ata o esgotamento dos fondos asignados no caso en que se produza con anterioridade a esa data.
1. Para estes efectos, tomarase a definición de peme incluída no anexo I do Regulamento (UE) 651/2014, do 17 de xuño de 2014 (inclúe autónomos que cumpran a condición de pequena empresa).
A Axencia Galega da Industria Forestal fará as comprobacións documentais necesarias para garantir que as empresas beneficiarias teñen a condición de peme.
2. Para efectos das axudas de minimis, conforme a normativa aplicable, enténdese por empresa calquera entidade que exerza unha actividade económica, con independencia da súa natureza xurídica e da súa forma de financiamento.
En todo caso, a persoa solicitante das axudas deberá acreditar que exerce actividade económica, para os efectos do previsto no parágrafo anterior.
3. Os requisitos para ser beneficiarios deberán cumprirse antes da presentación da solicitude de axudas.
4. Empresas que teñan un centro de traballo radicado en Galicia
5. Non poderán obter a condición de beneficiarias:
a) Aquelas persoas nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño.
b) Aquelas persoas que fosen sancionadas con carácter firme por infracción grave ou moi grave en materia de subvencións pola Axencia Galega da Industria Forestal nos últimos 2 anos.
1. As persoas interesadas deberán presentar unha solicitude, segundo a liña de axuda en que se pretenda participar (anexo I e II, segundo corresponda). Esta solicitude irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 8 das bases reguladoras.
2. As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I e II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que sexa realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave 365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude (anexo I e II) a seguinte documentación:
a) Acreditación da representación suficiente para actuar no nome da persoa solicitante, no caso de que a solicitude non estea asinada por representante legal.
b) Escrituras sociais de constitución e modificacións posteriores, no caso dunha sociedade.
c) Certificado de situación censual, no caso de autónomos.
d) No caso de non autorizar a súa consulta, certificado de inscrición no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor) cos datos actualizados, só para solicitudes da liña 2 (IN500D).
e) No suposto de non estar inscrito no Resfor, documentación acreditativa da alta nalgún código CNAE ou, se é o caso, calquera outro medio válido en dereito, que certifique a realización de actividades obxecto de subvención, só para solicitudes da liña 2 (IN500D).
f) Para a acreditación da condición de peme:
i. Declaración da condición de peme, segundo os anexos III.1, III.2 e III.3. Deberán estar cubertos todos os datos que sexan procedentes segundo o tipo de solicitante. Os datos económicos e de persoal serán referidos aos do último exercicio económico pechado.
ii. No caso de empresas vinculadas ou asociadas coa empresa solicitante:
– Copia das contas anuais do último exercicio económico pechado de cada unha das empresas.
– Informe oficial da Seguridade Social de vida laboral dos 12 meses anteriores á data de publicación da convocatoria para todos os réximes en que figure dada de alta cada unha das empresas.
g) Memoria técnica do proxecto (anexo IV e V, segundo a liña que corresponda), en que se xustifique o cumprimento das condicións de proxecto descritas no artigo 5.
h) Memoria económica do proxecto (anexo VI e VII, segundo a liña que corresponda), onde se detalle o orzamento de gasto desagregado por partidas. Deberá especificarse o importe da execución. Na memoria indicarase obrigatoriamente a distribución por anualidades proposta polo solicitante.
i) Contratos, orzamentos ou facturas pro forma (segundo sexa o caso) dos investimentos previstos de tres provedores distintos, salvo que polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o fornezan. Os orzamentos desagregarán perfectamente os investimentos para os cales se solicita a axuda, co fin de que sexan claramente comparables entre eles, e cumprirán cos requisitos establecidos no artigo 5.1.e).
j) No caso da liña 1 (IN500C), cando varias empresas se presenten agrupadas deberán presentar o anexo XIV, pluralidade de solicitantes.
2. De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os devanditos documentos, que serán solicitados electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puideron obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
3. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que sexa realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Sen prexuízo do disposto no parágrafo primeiro, a Axencia Galega da Industria Forestal poderá requirir ao solicitante que achegue cantos datos, documentos complementarios e aclaracións resulten necesarios para a tramitación e resolución do procedemento.
As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados por outras administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
– DNI/NIE da persoa solicitante.
– DNI/NIE da persoa representante.
– Consulta de concesións de subvencións e axudas.
– Consulta de inhabilitacións de subvencións e axudas.
– Consulta de concesións pola regra de minimis.
– Certificado de inscrición no Rexistro de Empresas do Sector Forestal (Resfor) cos datos actualizados. Só para solicitudes da liña 2 (IN500D).
– Certificado de estar ao día no cumprimento das obrigas coa Tesouraría Xeral da Seguridade Social.
– Certificado de estar ao día no pagamento das débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
– NIF da entidade solicitante.
– Alta no IAE ou certificado da Axencia Estatal de Administración Tributaria.
No caso de que as actuacións de oficio levadas a cabo polo órgano instrutor, conforme o artigo 21.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, desen como resultado que a persoa beneficiaria ten débedas ou obrigacións con algunha destas administracións, será requirida para que, no prazo de dez días, regularice a situación e presente o correspondente certificado.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Iniciación
- Solicitude (Anexo II)
- Fase de solicitude
- Declaración relativa á condición de peme (persoas físicas ou pluralidade de persoas físicas) (Anexo III.1)
- Memoria técnica do proxecto (Anexo V)
- Declaración relativa á condición de peme (persoas xurídicas) (Anexo III.2)
- Memoria económica do proxecto (Anexo VII)
- Declaración de persoa física partícipe na persoa xurídica (Anexo III.3)
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 12 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2022, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións para investimentos en ecoinnovación e dixitalización da industria forestal-madeira e outras industrias que desenvolvan solucións ecoinnovativas baseadas na madeira, financiadas ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19 (DOG nº 166 do 1 de setembro de 2022).
-
Extracto da Resolución do 12 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2022, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións para investimentos en ecoinnovación e dixitalización da industria forestal-madeira e outras industrias que desenvolvan solucións ecoinnovativas baseadas na madeira, financiadas ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19 (DOG nº 166 do 1 de setembro de 2022).
-
Resolución do 7 de novembro de 2022 pola que se amplía o prazo de xustificación das subvencións convocadas ao abeiro da Resolución do 12 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2022, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións para investimentos en ecoinnovación e dixitalización da industria forestal-madeira e outras industrias que desenvolvan solucións ecoinnovativas baseadas na madeira, financiadas ao 100 % no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19 (DOG nº 217 do 15 de novembro de 2022).
-
Resolución do 1 de febreiro de 2023 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas, ás solicitudes non admitidas a trámite e ás solicitudes de axuda desistidas no ano 2022, ao abeiro da Resolución do 12 de agosto de 2022, pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2022, en réxime de concorrencia non competitiva, as subvencións para investimentos en ecoinnovación e dixitalización da industria forestal-madeira e outras industrias que desenvolvan solucións ecoinnovativas baseadas na madeira, financiadas ao 100 % no marco do eixe React-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, como parte da resposta da UE á pandemia da COVID-19 (DOG nº 32 do 15 de febreiro de 2023).
-
Outros procedementos relacionados
Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Actividade comercial portuaria de subministro de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante medios móbiles terrestres.
Aberto todo o ano
Novacións de débedas
Prazo aberto: 07/02/2025 09:00 - 30/12/2025 14:00