Guía de procedementos e servizos

IN422M

Proxectos de enerxías renovables térmicas no sector residencial.

Procedemento dirixido a: Asociacións e ong, Cidadáns, Empresas e profesionais, Entidades locais

Convocatoria 2021 - Prazo pechado: 15/12/2021 00:00 - 31/12/2023 23:59

Consellería de Economía e Industria

Concesión de axudas para o desenvolvemento de enerxías renovables, concretamente o desenvolvemento de enerxías renovables térmicas no sector residencial.

a) Persoas físicas que non realicen ningunha actividade económica pola que ofrezan bens e/ou servizos no mercado.

b) Entidades ou organizacións públicas ou privadas, sen ánimo de lucro, ou persoas xurídicas que non realicen ningunha actividade económica pola que ofrezan bens e/ou servizos no mercado, que acrediten a posta ao dispor de colectivos vulnerables de vivendas sociais, sen que tal actividade, no caso de xerar algún rendemento económico, se poida considerar actividade económica para os efectos da aplicación da normativa europea de axudas de estado, sen prexuízo da aplicación do resto de disposicións tanto de dereito nacional como da Unión Europea, particularmente as que se aproben no ámbito da execución e xestión tanto do Mecanismo de Recuperación e  Resiliencia como do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

c) As persoas físicas que realicen algunha actividade económica, pola que  ofrezan bens e/ou servizos no mercado, caso no que haberán de estar dados de alta  no Censo de Empresarios, Profesionais e  Retenedores da Axencia Estatal de Administración Tributaria, e as axudas que perciban estarán sometidas aos requisitos e límites establecidos no Regulamento (UE)  n° 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro de 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas de  minimis.

d) Comunidades de propietarios, reguladas pola Lei 49/1960, do 21 de xullo, sobre propiedade horizontal, que terán que cumprir co previsto na Lei 38/2003, do 17 de novembro.

e) As entidades locais e do sector público institucional de calquera Administracións Públicas á que se refire o artigo 2.2 da Lei 40/2015 do 1 de outubro, de réxime xurídico do Sector Público, cando se poida excluír a existencia de axuda de estado.

Considerarase que se pode excluír a existencia de axuda de estado cando estas non realicen ningunha actividade económica pola que ofrezan bens e/ou servizos no mercado, estean considerados servizos de interese económico xeneral, ou cando as medidas carezan de impacto sobre o comercio entre Estados Membros ao ter un impacto puramente local. Nestes casos, só poderán recibir axudas destinadas á realización de instalacións de xeración de enerxía  térmica con fontes renovables en vivendas que sexan de propiedade pública. A dita propiedade pública deberá manterse  inalterada durante, polo menos, cinco anos desde a resolución de concesión de axuda correspondente.

2.  Non serán beneficiarios destas axudas aqueles nos que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. As entidades sen ánimo de lucro non poderán disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)

Dirección Inega

Xerencia do Inega

Rúa Avelino Pousa Antelo, s/n - San Lazaro

15703  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981541508

Email: xerencia.inega@xunta.gal

Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)

Prazo de presentación: PECHADO

15/12/2021 00:00 - 31/12/2023 23:59

O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará segundo a tipoloxía do proxecto nas seguintes datas:

Xeotermia e Hidrotermia: o 15 de decembro de 2021 ás 9.00 horas.

Aerotermia: o 16  de decembro de 2021 ás 9.00 horas.

Biomasa e Solar Térmica: o 17  de decembro de 2021 ás 9.00 horas.

O prazo de presentación de solicitudes de axuda finalizará o 31 de decembro de 2023 para todas as tipoloxías de proxectos.

Solicitude segundo o Anexo III.

Tres ofertas de distintos provedores cando o investimento sen IVE da actuación que se subvenciona supoña un gasto para a persoa beneficiaria igual ou superior a 15.000 euros.

Unha oferta que avale o orzamento, cando o investimento sen IVE da actuación sexa inferior a 15.000 euros.

Esta documentación poderá substituírse polo borrador dos pregos de licitación correspondentes, No caso de destinatarios últimos suxeitos a normativa de contratación pública.

Declaración expresa motivada de non presentar as tres ofertas por non existir no mercado suficiente número de entidades que o subministren o presten polas especiais características dos gastos subvencionados.

 Autorización para a representación Anexo IV, no caso de ser necesaria.

Documentación adicional obrigatoria para as entidades ou organizacións públicas ou privadas, sen ánimo de lucro, ou persoas xurídicas que non realicen ningunha actividade económica, deberá achegarse a seguinte documentación:

Documentación que acredite a súa constitución, se procede.

Declaración responsable sobre a posta a disposición de colectivos vulnerables de vivendas sociais, sen que xere algún rendemento económico, que se poida considerar actividade económica para os efectos da aplicación da normativa europea de axudas de estado.

Acreditación do nomeamento da persoa representante da entidade solicitante.

Documentación adicional obrigatoria para as comunidades de propietarios:

 Documento que acredite a súa constitución.

Acordo adoptado pola maioría legalmente establecida aceptando as bases da convocatoria, comprometéndose á execución das respectivas obras e facultando ao presidente ou administrador de fincas para formular a solicitude de subvención, deberán constar os compromisos asumidos por cada membro, así como o importe da subvención que se vaia a aplicar a cada un deles.

Documento que acredite a representación con que se actúa.

Documentación Adicional obrigatoria para as entidades locais e do sector público institucional de calquera administración pública:

Declaración Responsable onde se acredite a súa adscrición, especificando se si refire á Administración Xeral do Estado, á comunidade autónoma de Galicia ou a unha entidade local, onde declare que non desenvolve actividade comercial ou mercantil e de que se vai a destinar a axuda á realización de instalacións de xeración de enerxía térmica con fontes renovables en vivendas que sexan de propiedade pública e de que se vai a manter esta titularidade inalterada alo menos 5 anos desde a Resolución de concesión da axuda.

Certificado do acordo adoptado polo órgano competente polo que se aproba solicitar a axuda regulada nesta convocatoria de axudas, se procede.

Certificación de que a entidade solicitante remitiu as contas do último exercicio orzamentario ao que legalmente está obrigado ao Consello de Contas, no caso das administracións locais. Nesta certificación deberá quedar acreditado que a remisión das contas se efectuou antes do vencemento do prazo de presentación de solicitudes.

 Acreditación do nomeamento da persoa representante da entidade solicitante.

Documentación adicional obrigatoria de carácter técnico.

Memoria técnica descritiva da actuación a acometer segundo o modelo dispoñible na páxina web do Inega (www.inega.gal).

Proxecto ou memoria técnica onde se describan adecuadamente as actuacións a realizar e a situación de partida subscrita polo técnico competente ou empresa instaladora segundo proceda, para as actuacións de Xeotermia, Hidrotermia e Aerotermia. Para as actuacións de Biomasa, excepto a tipoloxía de Biomasa aparatos de calefacción local, indicarase tamén a tecnoloxía, a marca e o modelo da caldeira a instalar.

Documentación adicional obrigatoria para proxectos de Biomasa

Para proxectos de biomasa achegarase tamén a seguinte documentación adicional obrigatoria:

– Memoria asinada por un técnico competente independente que xustifique que para o dito combustible a redución de GEI é igual ou superior ao 80 %, no caso de que algún dos combustibles que se empregue non apareza no anexo VI da Directiva (UE) 2018/2001 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro.

Esta memoria técnica incluirá a información relacionada no anexo AII.A3 das bases reguladoras, e incluirá para instalacións de máis de 100 kW:

• Opcionalmente, un plan estratéxico en que indique a orixe e o lugar de fabricación (nacional, europeo ou internacional) dos compoñentes da instalación e o seu impacto ambiental, incluídos o almacenamento, os criterios de calidade ou durabilidade utilizados para seleccionar os distintos compoñentes, a interoperabilidade da instalación ou o seu potencial para ofrecer servizos ao sistema, así como o efecto tractor sobre pemes e autónomos que se espera que teña o proxecto. Poderá incluír, ademais, estimacións do seu impacto sobre o emprego local e sobre a cadea de valor industrial local, rexional e nacional.

• A xustificación do cumprimento polo proxecto do principio de non causar dano significativo (principio Do not significant harm-DNSH) a ningún dos obxectivos ambientais establecidos no Regulamento (UE) nº 2020/852 do Parlamento Europeo e do Consello, do 18 de xuño, relativo ao establecemento dun marco para facilitar os investimentos sustentables, e polo que se modifica o Regulamento (UE) nº 2019/2088. O solicitante poderá presentar unha declaración responsable deste cumprimento.

• A acreditación do cumprimento de valorización do 70 % dos residuos de construción e demolición xerados pola obra civil, se procede.

– Acreditación por parte do fabricante do equipamento do cumprimento dos requisitos de eficiencia enerxética estacional e emisións para o combustible que se vaia utilizar, que non poderán ser menos exixentes que os definidos no Regulamento de ecodeseño en vigor (segundo corresponda, Regulamento (UE) nº 2015/1185 da Comisión ou Regulamento (UE) nº 2015/1189 da Comisión), no caso de aparellos de calefacción local ou caldeiras de menos de 1 MW

Para instalacións de máis de 100 kW achegarase:

- Plan estratéxico(orixe e lugar de fabricación dos compoñentes).

- Xustificación do principio de non causar dano significativo.

- Acreditación do cumprimento de valorización do 70% dos residuos de construción e demolición xerados pola obra civil. 

Outra documentación adicional que o interesado considere conveniente.

Comprobación de datos.

Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente da solicitude e achegar unha copia dos documentos.

Certificado de estar ao día do pagamento coa Seguridade Social.

Certificación de estar ao día do pagamento ca consellería de Facenda da Xunta de Galicia.

DNI/NIE da persoa solicitante.

Consulta dos administradores da sociedade.

DNI/NIE da persoa representante.

Prazo de resolución:

Seis meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 28 de outubro de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos 6 vencellado á realización de instalacións de enerxías renovables térmicas no sector residencial, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (DOG nº 215 do 9 de novembro de 2021).

    • Extracto da Resolución do 28 de outubro de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos 6 vencellado á realización de instalacións de enerxías renovables térmicas no sector residencial, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (DOG nº 215 do 9 de novembro de 2021).

    • Resolución do 9 de febreiro de 2022 pola que se modifica a Resolución do 28 de outubro de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos 6 vencellado á realización de instalacións de enerxías renovables térmicas no sector residencial, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia europeo, financiado pola Unión Europea-NextGeneratiónEU (DOG nº 33 do 17 de febreiro de 2022).

    • Resolución do 21 de xullo de 2022 pola que se amplía e se redistribúe o crédito orzamentario establecido na Resolución do 28 de outubro de 2021, pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondente ao programa de incentivos 6 vencellado á realización de instalacións de enerxías renovables térmicas no sector residencial, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (códigos de procedemento IN422L e IN422M), modificada previamente pola Resolución do 9 de febreiro de 2022 (DOG nº 145 do 1 de agosto de 2022).

    • Corrección de erros. Resolución do 28 de outubro de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos 6 vencellado á realización de instalacións de enerxías renovables térmicas no sector residencial, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia europeo, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (DOG nº 186 do 29 de setembro de 2023).

    • Resolución do 28 de decembro de 2023 pola que se modifica a Resolución do 28 de outubro de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos 6 vencellado á realización de instalacións de enerxías renovables térmicas no sector residencial, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia europeo, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (DOG nº 246 do 29 de decembro de 2023).

    • Resolución do 9 de febreiro de 2024 pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Resolución do 28 de outubro de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos 6 vencellado á realización de instalacións de enerxías renovables térmicas no sector residencial, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia europeo, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (DOG nº 37 do 21 de febreiro de 2024).

    • Resolución do 27 de febreiro de 2024 pola que se modifica a Resolución do 28 de outubro de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos 6 vencellado á realización de instalacións de enerxías renovables térmicas no sector residencial, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia europeo, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (DOG nº 48 do 7 de marzo de 2024).

    • Resolución do 4 de outubro de 2024 pola que se amplía e se redistribúe o crédito orzamentario establecido na Resolución do 28 de outubro de 2021 pola que se aproba a convocatoria do procedemento de concesión de axudas correspondentes ao Programa de incentivos 6 vencellado á realización de instalacións de enerxías renovables térmicas no sector residencial, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia europeo, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU (códigos de procedemento IN422L e IN422M) (DOG nº 196 do 10 de outubro de 2024).

  • Ámbito Estatal
    • Real Decreto 477/2021, de 29 de xuño, polo que se aproba a concesión directa ás comunidades autónomas e ás cidades de Ceuta e Melilla de axudas para a ejecución de diversos programas de incentivos ligados ao autoconsumo e ao almacenamiento, con fontes de enerxía renovable, así como á implantación de sistemas térmicos renovables no sector residencial, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (BOE nº 155 de 30 de xuño de 2021).

    • Real Decreto 1178/2023, do 27 de decembro, polo que se modifica a normativa reguladora e adáptanse ao marco europeo de axudas de Estado determinados programas de axudas de rehabilitación enerxética e enerxías renovables do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (BOE nº 310 do 28 de decembro de 2023).

Outros procedementos relacionados

FA009A

Solicitude de autorización para a utilización das aplicacións informáticas da Oficina Virtual Tributaria para o pagamento electrónico e a presentación electrónica dos modelos de declaración 008 e de autoliquidación 013 do Imposto compensatorio ambiental mineiro (ICAM).

Aberto todo o ano

FA701A

Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

FA701B

Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF504E

Actividade comercial portuaria de subministro de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante medios móbiles terrestres.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano