Guía de procedementos e servizos

IN414D

Axudas urxentes de tipo social (AUXS) para evitar os cortes de subministración eléctrica e gas ás persoas economicamente máis vulnerables

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Convocatoria 2017 - Prazo pechado: 05/01/2017 00:00 - 15/12/2017 23:59
Esta orde da Consellería de Economía, Emprego e Industria (en diante, CEEI) ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión de axudas urxentes de tipo social (en diante, AUXS), en réxime de concorrencia non competitiva, para o pagamento da factura eléctrica e de gas ás persoas economicamente máis vulnerables, e deste xeito, asegurar a este colectivo o acceso continuado á subministración de enerxía eléctrica e de gas na Comunidade Autónoma de Galicia.

O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, que no seu artigo 19.2º establece que as bases reguladoras das convocatorias de axudas poderán exceptuar do requisito de fixar unha orde de prelación entre as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos cando, polo obxecto e finalidade da subvención, non sexa necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento ata o esgotamento do crédito orzamentario.

Poderán solicitar esta axuda as persoas residentes na Comunidade Autónoma de Galicia cuxos ingresos totais da unidade de convivencia non superen o IPREM (6.390,13 €/ano) e teñan facturas de electricidade ou gas natural pendentes de pagamento despois da data límite de pagamento, xa teñan ou non a subministración interrompida.

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético

Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas

Edificios Administrativos San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981957185 / 981545553

Email: cei.dxiem.axudasenerxia@xunta.es

http://economiaeindustria.xunta.es

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña

Servizo de Industria da Coruña

R/ Vicente Ferrer, 2

15071  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184995 / 981184936

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo

Ronda da Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294975 / 982294670

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense

Curros Enríquez, 1º - 4º

32071  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386710

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra

Fernández Ladreda, 43-5º

36071  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805213 / 986805222

Xunta de Galicia

Consellería de Economía e Industria

Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra

Servizo de Coordinación Industrial de Vigo

Praza da Estrela, s/n

36201  Vigo  (Pontevedra)

Teléfono: 986817561 / 986817822

Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas

Prazo de presentación: PECHADO

05/01/2017 00:00 - 15/12/2017 23:59

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o 15 de decembro de 2017.

a) Ser residentes na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Que os ingresos totais da unidade de convivencia non superen o IPREM (6.390,13 €/ano). Para estes efectos, considérase unidade de convivencia o conxunto de todas as persoas que viven no mesmo domicilio. A determinación dos membros da unidade de convivencia realizarase atendendo á situación existente no momento da solicitude. A renda da unidade de convivencia obterase por agregación das rendas do exercicio fiscal 2015 de cada un dos membros que obteñan ingresos de calquera natureza, de conformidade coa normativa reguladora do imposto sobre a renda das persoas físicas. Os membros da unidade de convivencia que presentasen declaración do imposto sobre a renda en 2015, para os efectos do cálculo da renda sumarán os recadros 380 (base impoñible xeral) e 395 (base impoñible do aforro) da declaración. No caso de non presentar declaración, teranse en conta os ingresos de todos os membros da unidade de convivencia durante o exercicio 2015.

c) Ser o titular do contrato de subministración eléctrica.

d) Ter unha factura de electricidade ou gas natural pendente de pagamento e que xa transcorrese a data límite de pagamento especificada na factura.

e) Non estar incurso nas prohibicións para obter a condición de beneficiario, recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, de 13 do xuño, de subvencións.

  • Para poder ser beneficiario das subvencións deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo de formulario normalizado que se inclúe como anexo II desta orde (só para efectos informativos).

    Xunto coa solicitude, deberase presentar copia dixitalizada da seguinte documentación:

    a) Factura de enerxía electrica ou de gas natural non aboada, emitida pola empresa comercializadora.

    b) Certificado ou volante de convivencia/empadroamento onde figuren todas as persoas que conviven no mesmo domicilio.

    c) DNI/NIE do solicitante e de todos os membros da unidade de conviviencia maiores de 14 anos (só no caso de denegar expresamente a súa consulta no anexo II ou no anexo III).

    d) Declaración do IRPF ou certificado de renda emitido pola Axencia Tributaria relativos ao ano 2015, do solicitante e do resto dos membros da unidade de conviviencia (só no caso de denegar expresamente a súa consulta no anexo II ou no anexo III).

    e) De ser o caso, autorización aos funcionarios correspondentes para a presentación electrónica da solicitude e da documentación relativa a esta orde de axudas (anexo IV).

Prazo de resolución: Un mes contado desde a data da solicitude na aplicación informática.

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 22 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas urxentes de tipo social (AUXS) para evitar os cortes de subministración eléctrica e de gas ás persoas economicamente máis vulnerables, en réxime de concorrencia non competitiva, e se procede á súa convocatoria para o ano 2017 na Comunidade Autónoma de Galicia (código do procedemento IN414D). (DOG nº 3 do 4 de xaneiro de 2017).

Outros procedementos relacionados

BS105A

Presentación directa de reclamacións en materia de centros, servizos e programas de servizos sociais

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS105B

Remisión polas entidades prestadoras de servizos sociais de reclamacións presentadas no seu libro de reclamacións

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS307A

Declaración responsable de inicio da actividade, prestación de servizos de escolas de tempo libre.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

BS309A

Expedición de títulos de ensinanzas impartidas nas escolas de tempo libre.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano