Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IN414B
Procedemento de adhesión de entidades colaboradoras no Plan Renove de electrodomésticos
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Economía e Industria
Os electrodomésticos subvencionables son os establecidos no artigo 3 da orde de 12 de setembro de 2011
A cantidade da subvención non poderá ser superior ao 25% do prezo do electrodoméstico.
Neste procedemento regúlase a Adhesión das Entidades Colaboradoras:
Adhesión de entidades colaboradoras.
1. Existirán dous procesos de adhesión diferenciados:
A) Adhesión simplificada (renovación de entidades colaboradoras).
Esta forma de adhesión vai dirixida exclusivamente a entidades colaboradoras adheridas ao convenio do Plan Renove 2010 e que desexen volver adherirse ao convenio do Plan Renove 2011.
B) Adhesión ordinaria (alta de novas entidades colaboradoras).
Esta forma de adhesión vai dirixida ás entidades colaboradoras que non estivesen adheridas ao convenio do ano 2010.
Na súa relación co Instituto Enerxético de Galicia, as entidades colaboradoras realizarán as seguintes funcións:
Comprobación inicial dos requisitos dos solicitantes da axuda.
Realización ante o Inega dos trámites para solicitar a axuda.
Desenvolvemento das accións vinculadas.
Xustificación da axuda e a súa certificación ante o Inega.
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Instituto Enerxético de Galicia (INEGA)
R/ Avelino Pousa Antelo, 5 San Lázaro
15707 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981541538
Fax: 981541515
Prazo de presentación: PECHADO
23/09/2011 00:00 - 28/09/2011 23:59
Adhesión simplificada: 5 días hábiles : Adhesión ordinaria: 5 días hábiles
b) Someterse ás actuacións de inspección e control que o Inega poida efectuar respecto á xestión destas axudas, e que permitan a xustificación financeira perante a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e o Tribunal de Contas, así como as comprobacións previstas na lexislación do Consello de Contas, de acordo co establecido na letra d) do artigo 12 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
c) Dar a adecuada publicidade do carácter público do cofinanciamento en todas as actuacións que deriven da execución do proxecto, en cumprimento do artigo 15.3.º da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia. En concreto, deberán facer constar, na súa publicidade ou na información que xeren en relación co proxecto subvencionado, o cofinanciamento pola Xunta de Galicia a través do Inega e, se é o caso, o cofinanciamento con fondos do IDAE no marco do convenio do 3 de xullo de 2008.
d) Conservar os xustificantes orixinais e o resto da documentación relacionada coa axuda outorgada durante un período de cinco anos desde a súa concesión, e deberán restituír a subvención outorgada nos casos en que concorra causa de reintegro.
A) Adhesión simplificada (Renovación de entidades colaboradoras).
As entidades colaboradoras interesadas na adhesión simplificada deberán entrar na aplicación informática do Plan Renove 2011 dispoñible na páxina web do Inega, www.inega.es, e sinalar na recadro correspondente o seu desexo de adherirse ao convenio do ano 2011.
Para acceder á aplicación informática e solicitar a adhesión simplificada, utilizarán o usuario e a contrasinal outorgados polo Inega na adhesión do ano 2010. No caso de que algunha entidade non lembre a clave deberá enviar un correo electrónico a renoveelectrodomesticos@inega.es. O usuario e o contrasinal anteriores son necesarios para poder crear solicitudes de axuda.
A entidade imprimirá dous exemplares do convenio de colaboración e remitiraos asinados polo representante legal da entidade ao Inega, así como, se e o caso, achegará a documentación necesaria para actualizar ou modificar os datos da entidade.
Toda a información da entidade que deba ser modificada ou actualizada, con relación ao compromiso de adhesión do ano anterior, deberá ser xustificada documentalmente cos mesmos documentos requiridos no proceso de adhesión ordinaria. Esta documentación presentarase en soporte papel ante o Rexistro do Instituto Enerxetico de Galicia, sito na rúa Avelino Pousa Antelo, número 5, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña); ou ben no rexistro de calquera outro órgano da Administración xeral do Estado, das comunidades autónomas ou das entidades que integran a Administración local, sempre que neste último caso se subscribise o oportuno convenio, ou polos restantes medios previstos no artigo 38.4.º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
B) Adhesión ordinaria (Alta de novas entidades colaboradoras).
1. Solicitudes e documentación.
Os formularios das solicitudes e do convenio de adhesión como entidade colaboradora formalizaranse obrigatoriamente a traves da aplicación informática creada para tal efecto. O dito enlace para acceder á aplicación publicarase na web do Inega www.inega.es.
Ao cubrir a traves da aplicación informática a solicitude de adhesión, facilitaránselles aos solicitantes, automaticamente e mediante correo electrónico, o usuario e o contrasinal, necesarios para poder crear solicitudes de axuda.
O formulario de solicitude para adherirse como entidade colaboradora, segundo o modelo establecido no anexo I (que se publicará no Diario Oficial de Galicia exclusivamente para os efectos informativos), conterá os seguintes datos:
a) Identificación da entidade.
b) Identificación do representante legal da entidade colaboradora.
c) Declaración expresa de coñecer o contido destas bases e do convenio e que cumpre cos requisitos establecidos nelas.
d) Declaración expresa de ter o domicilio social ou centro de traballo na Comunidade Autónoma de Galicia.
e) Declaración expresa da solvencia tecnica e económica segundo o establecido no artigo 7 das bases reguladoras.
f) Declaración expresa de consentimento da utilización de medios electrónicos na comunicación entre as entidades colaboradoras e o Inega segundo o establecido no artigo 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos, e no artigo 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.
g) Declaración expresa de non estar incurso en ningunha das prohibicións para obter a condición de entidade colaboradora recollidas nos números 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
h) Compromiso de comunicación de calquera variación que poida acontecer nos datos recollidos nos documentos achegados.
i) Autorización ao órgano xestor para que solicite a información necesaria para coñecer se o solicitante está ao día nas súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, coa Tesouraría da Seguridade Social ou coa Facenda da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia. De non dar a autorización para a comprobación do mencionado anteriormente, deberá presentar certificación xustificativa de estar ao día coas súas obrigas cos organismos sinalados anteriormente.
j) Autorización ao órgano xestor para que solicite a información necesaria en relación co NIF da entidade colaboradora. De non dar a autorización para a comprobación do mencionado anteriormente, deberá presentar copia do NIF.
2. Copia orixinal ou compulsada do documento acreditativo de poder suficiente do representante legal da entidade.
3. Certificación expedida pola entidade bancaria da titularidade da conta onde se realizarán os ingresos á entidade colaboradora.
4. Fotocopia do último recibo do imposto de actividades económicas (IAE) ou, de ser o caso, declaración xurada de exención de pagamento (poderase consultar un modelo na web do Inega).
Prazo de resolución: Adhesións simplificadas: 15 días naturais; adhesións ordinarias é de 15 días naturais
Sentido do silencio: NEGATIVO
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 12 de setembro de 2011 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións en réxime de concorrencia non competitiva relativas ao Plan Renove de Electrodomésticos, se regula a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión e se convocan as ditas axudas (DOG nº 182 de 22 de setembro de 2011).
-
Outros procedementos relacionados
Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Novacións modificativas nos préstamos concedidos polo Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) nos diversos programas instrumentados ao abeiro do decreto 133/2002
Aberto todo o ano
Obtención/renovación do obradoiro artesán
Aberto todo o ano