Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IN331A
Prórrogas de dereitos mineiros.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Os permisos de exploración de recursos da sección C) ou D) outórganse por 1 ano, que poderá ser prorrogable, tendo en conta o contexto xeolóxico da área, como máximo por outro ano para contar desde a terminación do prazo inicial, se fose solicitada a prórroga un mes antes, como mínimo, da data de vencemento.
Os permisos de investigación de recursos da sección C) ou D) concederanse polo prazo que se solicite, que non poderá ser superior a tres anos, e a súa vixencia comezará ao día seguinte ao da notificación do seu outorgamento. Terminado este prazo inicial do outorgamento dun permiso de investigación, poderá ser prorrogado pola mesma autoridade que o concedese, ata un máximo de tres anos, ben mediante unha soa prórroga ou por varias sucesivas parciais, se fose solicitada a prórroga un mes antes, como mínimo, da data de vencemento.
Ademais, os permisos de investigación poderán ser prorrogados excepcionalmente e para sucesivos períodos, sempre por períodos non superiores aos tres anos, tendo en conta a solvencia técnica e económica que acredite o titular peticionario, a amplitude e características dos traballos programados, o contexto xeográfico, xeolóxico e metaloxenético do terreo solicitado, así como os traballos desenvolvidos, os investimentos realizados, os resultados obtidos e as garantías que siga ofrecendo o titular peticionario.
As concesións de explotación mineiras outorgaranse por un período de trinta anos, podendo prorrogarse ata un máximo de setenta e cinco anos. Para a obtención de cada prórroga, o concesionario deberá presentar, doce meses antes, como mínimo, da terminación da vixencia da concesión, a correspondente solicitude.
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Secretaría Xeral de Industria e Desenvolvemento Enerxético
Dirección Xeral de Planificación Enerxética e Minas
Subdirección Xeral de Recursos Minerais
Servizo de Xestión Mineira
Edificios Administrativos. San Caetano, s/n bloque nº 5
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981957092
Fax: 981545515
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña
Servizo de Enerxía e Minas da Coruña
Rúa Vicente Ferrer, 1º e 2º andar
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184961
Fax: 981184790
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo
Servizo de Enerxía e Minas de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294654/ 982294657
Fax: 982294681
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense
Servizo de Enerxía e Minas de Ourense
Curros Enriquez, 1 - 4º
32003 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386716
Fax: 988386727
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra
Servizo de Enerxía e Minas de Pontevedra
Fernández Ladreda, 43 - 5º
36003 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805227
Fax: 986805247
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Esta orde entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Solicitude segundo o Anexo I.
Documento de seguridade e saúde.
Informe do director facultativo.
No caso de permiso de exploración ou investigación, memoria asinada polo director facultativo con detalle dos traballos realizados e dos que se consideren necesarios para completar a investigación, investimentos efectuados e programa para o desenvolvemento da investigación.
No seu caso, acreditación da solvencia tecnica e económica da persoa solicitante.
Declaración responsable de tecnico proxectista, segundo o anexo II.
Resgardo de pago da taxa correspondente á prórroga do dereito mineiro.
No caso de persoas xurídicas solicitantes, copia da escritura ou documento de constitución, de modificación, dos estatutos ou do acto fundacional.
No caso de actuar por medio de representante, documentación acreditativa da representación.
Certificación sobre a cualificación urbanística do chan que ocupará a actividade.
COMPROBACIÓN DE DATOS
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás Administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente e achegar unha copia dos documentos.
DNI o NIE da persoa solicitante
DNI o NIE da persoa representante
CONSENTIMENTO PARA A COMPROBACIÓN DE DATOS
A persoa interesada autoriza a consulta a outras administracións públicas dos seguintes datos. De non autorizar a consulta, deberá achegar o documento correspondente.
NIF da entidade solicitante
NIF da entidade representante
- Inicio
- Documento de solicitude
Prazo de resolución: Nove meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 22 de outubro de 2015 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG nº 204 do 26 de outubro de 2015).
-
Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia (DOG nº 109 do 6 de xuño de 2008).
-
Instrución 16/2011, de 28 de novembro, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, sobre os criterios a aplicar para a tramitación das prórrogas das concesións de explotación de recursos das seccións C e D (DOG nº 237 do 14 de decembro de 2011).
-
Real Decreto Legislativo 1303/1986, de 28 de xuño, polo que se adecua ao ordenamiento xurídico da Comunidade Económica Europea o título VIII da Lei 22/1973, de 21 de xullo, de Minas (BOE nº 155, de 30 de xuño de 1986).
-
Orde do 5 de maio de 2020 pola que se autoriza e se dá publicidade dunha relación de procedementos que, por razóns motivadas, deben continuar coa súa tramitación durante a vixencia do estado de alarma. (DOG nº 90 do 11 de maio de 2020).
-
-
Ámbito Estatal
-
Lei 22/1973, do 21 de xullo, de Minas (BOE nº 176 do 24 de xullo de 1973).
-
Real Decreto 2857/1978, do 25 de agosto, polo que se aproba o Regulamento Xeral para o Réxime da Minaría (BOE nº 295 do 11 de decembro de 1978).
-
Real Decreto 975/2009, de 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineras (BOE nº 143, de 13 de xuño de 2009).
-
Real Decreto 777/2012, de 4 de maio, polo que se modifica o Real Decreto 975/2009, de 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado polas actividades mineras (BOE nº 118, de 17 de maio de 2012).
-
Corrección de erros do Real Decreto 777/2012, de 4 de maio, polo que se modifica o Real Decreto 975/2009, de 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado polas actividades mineras (BOE nº 126, de 26 de maio de 2012).
-
Real Decreto 1000/2010, do 5 de agosto, sobre visado colexial obrigatorio (BOE nº 190, do 6 de agosto de 2010).
-
Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE nº 296, de 11 de decembro de 2013).
-
Outros procedementos relacionados
Solicitude de autorización para a utilización das aplicacións informáticas da Oficina Virtual Tributaria para o pagamento electrónico e a presentación electrónica dos modelos de declaración 008 e de autoliquidación 013 do Imposto compensatorio ambiental mineiro (ICAM).
Aberto todo o ano
Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Modificación da Inscrición no Rexistro Xeral de Contratistas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Actividade comercial portuaria de subministro de combustible a buques, e outras instalacións fixas e móbiles, mediante medios móbiles terrestres.
Aberto todo o ano