Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IN300A
Documentación de accidentes graves nos cales interveñan substancias perigosas.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
1. Regular o procedemento de comunicación de documentación de accidentes graves en que interveñan sustancias perigosas, segundo se establece no Decreto 37/2019, do 21 de marzo, que terá asignado o código de procedemento IN300A.
2. Publicar o modelo de comunicación de documentación de accidentes graves en que interveñan substancias perigosas, que se recolle no anexo I desta resolución.
3. A comunicación da documentación será feita polos/as industriais.
Industriais.
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria da Coruña
Servizo de Enerxía e Minas da Coruña
R/ Vicente Ferrer, 2
15071 Coruña, A (Coruña, A)
Teléfono: 981184961
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Lugo
Servizo de Enerxía e Minas de Lugo
Ronda da Muralla, 70
27071 Lugo (Lugo)
Teléfono: 982294815/ 982294669
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Ourense
Servizo de Enerxía e Minas de Ourense
R/ Curros Enríquez, 1-4º
32071 Ourense (Ourense)
Teléfono: 988386716
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Departamento Territorial da Consellería de Economía e Industria de Pontevedra
Servizo de Enerxía e Minas de Pontevedra
Avda. Mª Victoria Moreno, 43-5º
36071 Pontevedra (Pontevedra)
Teléfono: 986805227
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 11 de maio de 2019 e permanecerá aberto todo o ano.
Establécese a obriga de relacionarse a través de medios electrónicos para este procedemento, ao considerarse acreditado que o colectivo de persoas físicas solicitantes teñen suficiente capacidade económica e técnica para ter acceso e dispoñibilidade dos medios electrónicos necesarios.
A comunicación presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Se algunha das persoas interesadas presenta a súa comunicación presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da comunicación aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das comunicacións poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
As persoas interesadas deberán achegar coa comunicación os documentos seguintes que procedan:
Notificación ou a súa actualización.
Informe de avaliación da notificación ou da actualización da notificación coa cualificación de favorable emitido por un organismo de control.
Política de prevención de accidentes graves ou a súa actualización.
Informe de avaliación da política de prevención de accidentes graves ou da súa actualización coa cualificación de favorable emitido por un organismo de control.
Informe de seguridade ou a súa actualización.
Informe de avaliación do informe de seguridade ou da súa actualización coa cualificación de favorable emitido por un organismo de control.
Plan de emerxencia interior ou de autoprotección ou a súa actualización.
Informe de avaliación do plan de emerxencia interior ou de autoprotección ou da súa actualización coa cualificación de favorable emitido por un organismo de control.
Análise cuantitativa do risco.
Informe de avaliación da análise cuantitativa do risco coa cualificación de favorable emitido por un organismo de control.
Informe dun organismo de control que posibilite un exame planificado e sistemático dos equipos técnicos, de organización e de modos de xestión aplicados no establecemento (artigo 17.2 do Decreto 37/2019, de 21 de marzo).
A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no paragrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
DNI ou NIE da persoa comunicante.
DNI ou NIE da persoa representante.
NIF da persoa xurídica comunicante.
NIF da persoa xurídica representante.
No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude.
Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida. Neste caso as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral poderá de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar que as persoas interesadas cumpran a súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.
As notificacións entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido e entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.
Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Iniciación
- Solicitude (Anexo I)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto 37/2019, do 21 de marzo, polo que se determinan os órganos competentes e outras medidas para o control dos riscos inherentes aos accidentes graves nos cales interveñan substancias perigosas (DOG nº 70 do 10 de abril de 2019).
-
Resolución do 30 de abril de 2019, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se regula o procedemento de comunicación de documentación de accidentes graves en que interveñan substancias perigosas (DOG nº 89 do 10 de maio de 2019).
-
Orde do 5 de maio de 2020 pola que se autoriza e se dá publicidade dunha relación de procedementos que, por razóns motivadas, deben continuar coa súa tramitación durante a vixencia do estado de alarma. (DOG nº 90 do 11 de maio de 2020).
-
-
Ámbito Estatal
-
Real Decreto 840/2015, de 21 de setembro, polo que se aproban medidas de control dos riscos inherentes aos accidentes graves nos que interveñan sustancias perigosas (BOE nº 251 de 20 de outubro de 2015).
-
Outros procedementos relacionados
Solicitude de autorización para a utilización das aplicacións informáticas da Oficina Virtual Tributaria para o pagamento electrónico e a presentación electrónica dos modelos de declaración 008 e de autoliquidación 013 do Imposto compensatorio ambiental mineiro (ICAM).
Aberto todo o ano
Novacións de débedas
Prazo aberto: 07/02/2025 09:00 - 30/12/2025 14:00
Revisión actividades artesás do Rexistro xeral de artesanía de Galicia.
Aberto todo o ano
Autorización do uso da marca Artesanía de Galicia.
Aberto todo o ano