Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IN220A
Subvención ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro de ámbito superior ao municipal ou federacións para a revitalización do comercio de proximidade e a incentivación do consumo a través do ticket de dinamización comercial.
Procedemento dirixido a: Asociacións e ong
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Os importes correspondentes a este tícket son os que se especifican no punto 2 do artigo 2.
2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, e quedará suxeito ao réxime de axudas de minimis, polo que non poderán exceder os límites cuantitativos (200.000 euros nun período de tres anos) establecidos no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE do 24 de decembro, L352/1).
3. Considéranse actuacións subvencionables, as relacionadas a continuación, sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas entre o 1 de xaneiro e o 15 de outubro de 2017.
Non obstante, en función da súa especial natureza, tamén se considerarán actuacións subvencionables aquelas actuacións que se inicien no mes de decembro do ano 2016 e teñan continuidade ininterrompida no exercicio 2017, concretamente as actuacións derivadas da campaña de Nadal 2016/2017.
Actuacións subvencionables.
A incentivación da demanda comercial e do consumo que facilite o desenvolvemento e a mellora da actividade comercial levada a cabo polas asociacións de comerciantes de ámbito superior ao municipal ou federacións, a través de campañas de dinamización ou actuacións encamiñadas á promoción das vendas que se deberán presentar dentro dun proxecto de incentivación ao consumo no que se amose a participación directa das asociacións de comerciantes integrantes na entidade beneficiaria ou dos establecementos comerciais asociados, de ser o caso.
Non se consideran actuacións subvencionables aquelas que desenvolvan as federacións en ámbitos territoriais onde exista un centro comercial aberto que fose subvencionado no ano anterior pola Dirección Xeral de Comercio e Consumo.
No suposto de que nas actuacións encadradas neste punto, se inclúan bolsas como material promocional, o importe máximo da subvención por este concepto será do 15 % do importe total da subvención concedida.
4. Con carácter xeral e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considéranse gastos subvencionables aqueles que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionable.
Así mesmo, de acordo co disposto no punto 7 do devandito artigo os gastos financeiros, os de asesoría xurídica ou financeira, os gastos notariais e rexistrais, periciais e os gastos de garantía bancaria poderán ser subvencionables se están directamente relacionados coa actividade subvencionada e son indispensables para a adecuada preparación ou execución desta.
Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados entre o 1 de xaneiro e o 15 de outubro de 2017, coa excepción dos gastos efectuados no ano 2016, de acordo co establecido no punto 3.
En ningún caso o custo da adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.
5. Segundo o artigo 29.8 da Lei 9/2007, en ningún caso se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.
Así mesmo, non serán subvencionables:
- Os custos de persoal.
- Os agasallos promocionais, nin a realización de cócteles e actos análogos.
- As campañas de dinamización, promoción ou calquera outra actuación que teñan exclusivamente por finalidade o patrocinio, colaboración ou axuda económica que comporten actividades lúdicas, turísticas, de exaltación gastronómica, ou similares, sen relación co fomento da actividade comercial.
- As bolsas que non sexan biodegradables e/ou reutilizables.
- As actuacións promovidas polos centros comerciais abertos ou polas asociacións de praceiros das prazas de abastos.
Para os efectos desta orde, entenderase que as referidas asociacións teñen un ámbito de actuación superior ao municipal, cando polo menos o cincuenta por cento dos comercios polo miúdo asociados se atopen en dous ou máis concellos diferentes a aquel onde radique a sede da asociación.
Tamén poderán ser beneficiarias das subvencións as federacións de asociacións de comerciantes, legalmente constituídas, que pretendan levar a cabo proxectos de interese e transcendencia no ámbito comercial. No caso de que o ámbito territorial da federación non supere o municipio, este deberá contar con máis de 68.000 habitantes.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Dirección Xeral de Comercio e Consumo
Edificios Administrativos. San Caetano, 3º planta
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545557
Fax: 981545541
Email: cei.dxc.axudas@xunta.es
Prazo de presentación: PECHADO
03/03/2017 00:00 - 03/04/2017 23:59
Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Xunto coa solicitude deberá presentarse a seguinte documentación:
a) Acta e estatutos de constitución e modificacións posteriores, se e o caso, e acreditación da súa inscrición no rexistro correspondente, así como o NIF só no caso de denegar expresamente a súa verificación.
b) Poder suficiente de quen represente á entidade solicitante, acompañado do seu documento nacional de identidade, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
c) No caso de estar exento do imposto sobre o valor engadido (IVE), documentación acreditativa da mencionada exención.
d) Memoria de cada unha das actividades para as que se solicita subvención, que incluirá, polo menos, a súa descrición, obxectivos, localización e calendario de realización, así como o número e características dos participantes e beneficiarios.
e) Copia da acta da sesión na que se informe ás entidades participantes do proxecto para o cal se solicita a subvención.
f) Orzamento detallado de gastos previstos para a realización de cada unha das actividades para as que se solicita subvención, e factura ou, no seu defecto, factura pro forma da actividade ou adquisición a subvencionar por quen vaia subministrar o ben ou prestar o servizo, así como plan de financiamento do proxecto.
Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas no texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo do 14 de novembro, para o contrato menor (50.000 euros no suposto de execución de obra ou 18.000 euros nos demais supostos) o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren, ou agás que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude da subvención.
A elección entre as ofertas presentadas, que se deberá achegar na xustificación, realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía, e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. Considerando o anterior, deberá achegarse a documentación disposta nos parágrafos seguintes:
f.1. Copia ordenada de todos e cada un dos orzamentos e ofertas detalladas dos investimentos sobre os que se solicita a axuda, obtidos dos provedores seleccionados polo solicitante, con independencia da contía dos investimentos.
f.2. Copia ordenada de todos e cada un dos orzamentos e ofertas que non foron seleccionadas polo solicitante para a realización do proxecto.
f.3. Memoria económica xustificativa da elección dos provedores, nos seguintes casos:
f.3.1. Cando a elección do provedor non recaia na oferta económica máis vantaxosa, das tres que, como mínimo, obtivo o solicitante.
f.3.2. Cando polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten.
Non existe a obriga de presentar esta memoria xustificativa cando a elección do provedor recaia na oferta económica máis vantaxosa das tres que, como mínimo, obtivo o solicitante.
As ofertas presentadas e os provedores elixidos supoñen unha documentación vinculante para o desenvolvemento do proxecto no caso de ser entidade beneficiaria da axuda. Non se considerarán subvencionables, parcial ou totalmente, aqueles investimentos dos que non se presente documentación económica completa conforme o disposto.
g) Orzamento do exercicio corrente, sen incluír as partidas para as cales se solicita a subvención.
h) Certificado expedido pola persoa que exerza a secretaría ou representación da entidade que acredite:
Número de asociacións que a integran e o número de comercios polo miúdo asociados a cada unha delas, no caso das federacións.
Número de comercios polo miúdo que teñan asociados, no caso das asociacións de ámbito superior ao municipal.
En ambos os dous casos achegarase relación detallada e actualizada, en soporte informático, con inclusión do nome da persoa titular e do establecemento, así como as epígrafes do IAE nas que figura dada de alta, enderezo postal e telefónico, concretando, se e o caso, as entidades participantes no proxecto e actuacións que se van desenvolver.
i) Transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto de pagamento das cotas aboadas polas asociacións federadas ou comercios no ano 2016 nos que queden claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento.
j) Informe da mesa local de comercio correspondente, sobre o proxecto de dinamización comercial obxecto de solicitude de concesión de subvención, de conformidade co disposto no artigo 3.b) do Decreto 183/2011, do 15 de setembro, polo que se regulan as mesas locais de comercio.
k) Certificacións emitidas polos órganos competentes acreditativas de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes, poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
A documentación complementaria presentarase por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá requirir, de maneira motivada, a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a traves da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica por parte da persoa solicitante ou representante superase os tamaños límites establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.
Na sede electrónica encóntranse publicados os formatos admitidos para a presentación de documentación. Se o solicitante desexa presentar calquera documentación en formatos non admitidos, poderá realizalo de forma presencial a traves de calquera dos rexistros habilitados. A persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
No prazo de presentación de solicitudes, entenderase que o prazo vence o día cuxo ordinal coincida co que serviu de partida, que e o de publicación no Diario Oficial de Galicia e, se e festivo, o primeiro día hábil seguinte.
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 7 de febreiro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro de ámbito superior ao municipal ou federacións, para a revitalización do comercio de proximidade e a incentivación do consumo a través do tícket de dinamización comercial, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 43 do 2 de marzo de 2017).
-
Outros procedementos relacionados
Subvención para o fomento da comercialización da artesanía galega.
Prazo aberto: 18/06/2025 00:00 - 17/07/2025 23:59
Obtención/renovación do selo de mercado excelente.
Aberto todo o ano
Declaración de concello emprendedor.
Aberto todo o ano
Axudas encamiñadas á mellora da seguridade, a competitividade e á obtención de certificacións, selos ou marcas de calidade nas áreas empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia, en réxime de concorrencia competitiva.
Prazo aberto: 20/06/2025 00:00 - 21/07/2025 23:59