Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
IN220A - Subvención ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro de ámbito superior ao municipal ou federacións para a revitalización do comercio de proximidade e a incentivación do consumo a través do ticket de dinamización comercial.
Obxecto
Os importes correspondentes a este tícket son os que se especifican no punto 2 do artigo 2.
2. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia competitiva, e quedará suxeito ao réxime de axudas de minimis, polo que non poderán exceder os límites cuantitativos (200.000 euros nun período de tres anos) establecidos no Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión, do 18 de decembro, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE do 24 de decembro, L352/1).
3. Considéranse actuacións subvencionables, as relacionadas a continuación, sempre que estas sexan realizadas e efectivamente pagadas entre o 1 de xaneiro e o 15 de outubro de 2017.
Non obstante, en función da súa especial natureza, tamén se considerarán actuacións subvencionables aquelas actuacións que se inicien no mes de decembro do ano 2016 e teñan continuidade ininterrompida no exercicio 2017, concretamente as actuacións derivadas da campaña de Nadal 2016/2017.
Actuacións subvencionables.
A incentivación da demanda comercial e do consumo que facilite o desenvolvemento e a mellora da actividade comercial levada a cabo polas asociacións de comerciantes de ámbito superior ao municipal ou federacións, a través de campañas de dinamización ou actuacións encamiñadas á promoción das vendas que se deberán presentar dentro dun proxecto de incentivación ao consumo no que se amose a participación directa das asociacións de comerciantes integrantes na entidade beneficiaria ou dos establecementos comerciais asociados, de ser o caso.
Non se consideran actuacións subvencionables aquelas que desenvolvan as federacións en ámbitos territoriais onde exista un centro comercial aberto que fose subvencionado no ano anterior pola Dirección Xeral de Comercio e Consumo.
No suposto de que nas actuacións encadradas neste punto, se inclúan bolsas como material promocional, o importe máximo da subvención por este concepto será do 15 % do importe total da subvención concedida.
4. Con carácter xeral e de acordo co establecido no artigo 29 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, considéranse gastos subvencionables aqueles que, de xeito indubidable, respondan á natureza da actividade subvencionable.
Así mesmo, de acordo co disposto no punto 7 do devandito artigo os gastos financeiros, os de asesoría xurídica ou financeira, os gastos notariais e rexistrais, periciais e os gastos de garantía bancaria poderán ser subvencionables se están directamente relacionados coa actividade subvencionada e son indispensables para a adecuada preparación ou execución desta.
Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados entre o 1 de xaneiro e o 15 de outubro de 2017, coa excepción dos gastos efectuados no ano 2016, de acordo co establecido no punto 3.
En ningún caso o custo da adquisición dos gastos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.
5. Segundo o artigo 29.8 da Lei 9/2007, en ningún caso se consideran gastos subvencionables os impostos indirectos cando sexan susceptibles de recuperación ou compensación nin os impostos persoais sobre a renda.
Así mesmo, non serán subvencionables:
- Os custos de persoal.
- Os agasallos promocionais, nin a realización de cócteles e actos análogos.
- As campañas de dinamización, promoción ou calquera outra actuación que teñan exclusivamente por finalidade o patrocinio, colaboración ou axuda económica que comporten actividades lúdicas, turísticas, de exaltación gastronómica, ou similares, sen relación co fomento da actividade comercial.
- As bolsas que non sexan biodegradables e/ou reutilizables.
- As actuacións promovidas polos centros comerciais abertos ou polas asociacións de praceiros das prazas de abastos.
A quen vai dirixido?
Para os efectos desta orde, entenderase que as referidas asociacións teñen un ámbito de actuación superior ao municipal, cando polo menos o cincuenta por cento dos comercios polo miúdo asociados se atopen en dous ou máis concellos diferentes a aquel onde radique a sede da asociación.
Tamén poderán ser beneficiarias das subvencións as federacións de asociacións de comerciantes, legalmente constituídas, que pretendan levar a cabo proxectos de interese e transcendencia no ámbito comercial. No caso de que o ámbito territorial da federación non supere o municipio, este deberá contar con máis de 68.000 habitantes.
Requisitos
A onde acudir
Xunta de Galicia
Vicepresidencia Primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación
Dirección Xeral de Comercio e Consumo
Edificios Administrativos. San Caetano, 3º planta
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545557
Fax: 981545541
Email: cei.dxc.axudas@xunta.es
Órgano responsable
Dirección Xeral de Comercio e Consumo
Normativa
Ámbito Autonómico
Orde do 7 de febreiro de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das subvencións ás asociacións de comerciantes sen fins de lucro de ámbito superior ao municipal ou federacións, para a revitalización do comercio de proximidade e a incentivación do consumo a través do tícket de dinamización comercial, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 43 do 2 de marzo de 2017).
Prazo
Prazo de presentación: PECHADO
03/03/2017 00:00 - 03/04/2017 23:59
Un mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Documentación para a presentación
- Xunto coa solicitude deberá presentarse a seguinte documentación:
- a) Acta e estatutos de constitución e modificacións posteriores, se e o caso, e acreditación da súa inscrición no rexistro correspondente, así como o NIF só no caso de denegar expresamente a súa verificación.
- b) Poder suficiente de quen represente á entidade solicitante, acompañado do seu documento nacional de identidade, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
- c) No caso de estar exento do imposto sobre o valor engadido (IVE), documentación acreditativa da mencionada exención.
- d) Memoria de cada unha das actividades para as que se solicita subvención, que incluirá, polo menos, a súa descrición, obxectivos, localización e calendario de realización, así como o número e características dos participantes e beneficiarios.
- e) Copia da acta da sesión na que se informe ás entidades participantes do proxecto para o cal se solicita a subvención.
- f) Orzamento detallado de gastos previstos para a realización de cada unha das actividades para as que se solicita subvención, e factura ou, no seu defecto, factura pro forma da actividade ou adquisición a subvencionar por quen vaia subministrar o ben ou prestar o servizo, así como plan de financiamento do proxecto.
Cando o importe do gasto subvencionable supere as contías establecidas no texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo do 14 de novembro, para o contrato menor (50.000 euros no suposto de execución de obra ou 18.000 euros nos demais supostos) o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores, con carácter previo á contratación do compromiso para a obra, a prestación do servizo ou a entrega do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de entidades que as realicen, presten ou subministren, ou agás que o gasto se realizase con anterioridade á solicitude da subvención.
A elección entre as ofertas presentadas, que se deberá achegar na xustificación, realizarase de conformidade con criterios de eficiencia e economía, e deberá xustificarse expresamente nunha memoria a elección cando non recaia na proposta económica máis vantaxosa. Considerando o anterior, deberá achegarse a documentación disposta nos parágrafos seguintes: - f.1. Copia ordenada de todos e cada un dos orzamentos e ofertas detalladas dos investimentos sobre os que se solicita a axuda, obtidos dos provedores seleccionados polo solicitante, con independencia da contía dos investimentos.
- f.2. Copia ordenada de todos e cada un dos orzamentos e ofertas que non foron seleccionadas polo solicitante para a realización do proxecto.
- f.3. Memoria económica xustificativa da elección dos provedores, nos seguintes casos:
f.3.1. Cando a elección do provedor non recaia na oferta económica máis vantaxosa, das tres que, como mínimo, obtivo o solicitante.
f.3.2. Cando polas especiais características dos gastos subvencionables non exista no mercado suficiente número de entidades que o subministren ou presten.
Non existe a obriga de presentar esta memoria xustificativa cando a elección do provedor recaia na oferta económica máis vantaxosa das tres que, como mínimo, obtivo o solicitante.
As ofertas presentadas e os provedores elixidos supoñen unha documentación vinculante para o desenvolvemento do proxecto no caso de ser entidade beneficiaria da axuda. Non se considerarán subvencionables, parcial ou totalmente, aqueles investimentos dos que non se presente documentación económica completa conforme o disposto. - g) Orzamento do exercicio corrente, sen incluír as partidas para as cales se solicita a subvención.
- h) Certificado expedido pola persoa que exerza a secretaría ou representación da entidade que acredite:
- Número de asociacións que a integran e o número de comercios polo miúdo asociados a cada unha delas, no caso das federacións.
- Número de comercios polo miúdo que teñan asociados, no caso das asociacións de ámbito superior ao municipal.
En ambos os dous casos achegarase relación detallada e actualizada, en soporte informático, con inclusión do nome da persoa titular e do establecemento, así como as epígrafes do IAE nas que figura dada de alta, enderezo postal e telefónico, concretando, se e o caso, as entidades participantes no proxecto e actuacións que se van desenvolver. - i) Transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto de pagamento das cotas aboadas polas asociacións federadas ou comercios no ano 2016 nos que queden claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento.
- j) Informe da mesa local de comercio correspondente, sobre o proxecto de dinamización comercial obxecto de solicitude de concesión de subvención, de conformidade co disposto no artigo 3.b) do Decreto 183/2011, do 15 de setembro, polo que se regulan as mesas locais de comercio.
- k) Certificacións emitidas polos órganos competentes acreditativas de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, só no caso de denegar expresamente a súa consulta.
- Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, a persoa interesada ou representante deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro.
- A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a traves do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes, poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
- A documentación complementaria presentarase por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá requirir, de maneira motivada, a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a traves da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda. - No caso de que algún dos documentos que se van presentar de forma electrónica por parte da persoa solicitante ou representante superase os tamaños límites establecidos pola sede electrónica, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos. Para iso, e xunto co documento que se presenta, a persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. Na sede electrónica da Xunta de Galicia publicarase a relación de formatos, protocolos e tamaño máximo admitido da documentación complementaria para cada procedemento.
Na sede electrónica encóntranse publicados os formatos admitidos para a presentación de documentación. Se o solicitante desexa presentar calquera documentación en formatos non admitidos, poderá realizalo de forma presencial a traves de calquera dos rexistros habilitados. A persoa interesada deberá mencionar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de expediente e o número ou código único de rexistro. - No prazo de presentación de solicitudes, entenderase que o prazo vence o día cuxo ordinal coincida co que serviu de partida, que e o de publicación no Diario Oficial de Galicia e, se e festivo, o primeiro día hábil seguinte.
Como podo?
+Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan. Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico de cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Resolución
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
Como podo?
+Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"