Guía de procedementos e servizos

IN214C

Premios Smart Commerce.

Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais

Convocatoria 2017 - Prazo pechado: 16/06/2017 00:00 - 17/08/2017 23:59
TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Estas bases teñen por obxecto regular a concesión dos premios Smart Commerce como un recoñecemento institucional e social a aqueles comercios que apostan por situar o cliente no centro da súa estratexia, aproveitando todos os recursos a súa disposición co fin de achegarlle a súa oferta.

Número e características dos premios.

1. Os premios do Comercio constarán das seguintes categorías:

a) Premio Smart Commerce Galicia, elixido entre os gañadores do Premio Smart Commerce provincial, cunha contía de 3.000 euros, a cal inclúe o premio correspondente á provincia.

b) Premio Smart Commerce Provincial, cunha contía de 1.500 euros por provincia.

c) Premio E-Commerce, cunha contía de 1.000 euros.

d) Premio Social Commerce, cunha contía de 1.000 euros.

2. Premio Smart Commerce: distinguirá os comercios galegos que na súa xestión comercial executen accións innovadoras que supoñan unha clara diferenciación e mellora na fidelización, para o cal se valorará o investimento en novas tecnoloxías, servizos engadidos á propia oferta comercial, accións promocionais especiais e utilización de ferramentas tales como a web, o teléfono e as redes sociais como canles de comunicación e venda e a integración entre as canles on line e offline.

Premio E-Commerce, distinguirá o comercio galego cuxa actividade sexa a venda de produtos a través da internet, para o cal se valorará a transformación dixital.

Premio Social Commerce, distinguirá o comercio galego que amose o mellor aproveitamento das redes sociais para chegar a clientes activos e potenciais, «sociabilizando» o seu punto de venda.

3. Cada comercio participante non poderá percibir máis que un premio agás no caso do Premio Smart Commerce de Galicia, que incluirá o Premio Smart commerce da provincia correspondente.

4. As contías dos premios obxecto desta convocatoria serán únicas e estarán suxeitas ás retencións correspondentes conforme a lexislación tributaria.

Comerciantes retallistas.

Xunta de Galicia

Consellería de Emprego, Comercio e Emigración

Dirección Xeral de Comercio e Consumo

Subdirección Xeral de Innovación e Ordenación Comercial

Servizo de Normativa, Innovación e Ordenación Comercial

Edificio Administrativo San Caetano

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981545591 / 981545594

Fax: 981545541

Email: cei.dxc@xunta.es

http://portaldocomerciante.xunta.es

Servizo de Normativa, Innovación e Ordenación Comercial

Prazo de presentación: PECHADO

16/06/2017 00:00 - 17/08/2017 23:59

O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Para estes efectos, entenderase que o prazo vence o día cuxo ordinal coincida co que serviu de partida, que é o de publicación no Diario Oficial de Galicia e, se é festivo, o primeiro día hábil seguinte.

1. Poderán optar aos premios os comerciantes retallistas que desenvolvan a súa actividade comercial en Galicia e que cumpran os requisitos establecidos legalmente para exercer a actividade. Cada comerciante solicitará a participación nunha única categoría, marcando o recadro correspondente da solicitude.

2. A participación supón a aceptación total das condicións fixadas nesta disposición e unicamente a Dirección Xeral de Comercio e Consumo queda facultada para dirimir calquera controversia derivada da súa interpretación.

3. Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas físicas ou xurídicas en que se dean algunha das circunstancias previstas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

  • As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

    • a) Unha memoria explicativa de todos os aspectos que fundamentan a súa candidatura.

    • b) Documentación acreditativa dos méritos alegados que se consideren relevantes para a valoración da candidatura.

  • Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

  • a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

  • b) DNI ou NIE da persoa representante.

  • c) NIF da entidade solicitante.

  • d) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.

  • e) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Tesouraría Xeral de Seguridade Social.

  • f) Certificación de estar ao día no cumprimento das súas obrigas coa Facenda da Xunta de Galicia.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro habilitado no modelo de solicitude e achegar os documentos correspondentes.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

  • As solicitudes, axustadas ao modelo normalizado que se inclúe como anexo II desta orde, presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

A presentación electrónica será obrigatoria para as persoas xurídicas e para as persoas que representen unha persoa interesada obrigada á presentación electrónica.

Se algunha das persoas interesadas obrigadas á presentación electrónica presenta a súa solicitude presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Aquelas persoas interesadas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • A documentación complementaria presentarase preferiblemente por vía electrónica. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá requirir de maneira motivada a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

A presentación electrónica será obrigatoria para os suxeitos obrigados á presentación electrónica da solicitude. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requirirase para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

Aquelas persoas non obrigadas á presentación electrónica, opcionalmente, poderán presentar a documentación complementaria presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

  • Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

  • No caso de que algún dos documentos a presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou tivera un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados para facilitar a realización de trámites administrativos despois da presentación das solicitudes de inicio. Estes modelos presentaranse por medios electrónicos accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia. Cando as persoas interesadas non resulten obrigadas á presentación electrónica das solicitudes tamén poderán presentalas presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Prazo de resolución: Cinco meses

Sentido do silencio: Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 1 de xuño de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras e se fai pública a convocatoria para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, dos premios Smart Commerce de Galicia 2017 (DOG nº 113 do 15 de xuño de 2017).

Outros procedementos relacionados

FA901A

Alegacións no Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia (TACGAL).

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IG302A

Avais do Igape.

Aberto todo o ano

IG408A

Axudas a proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027

Prazo aberto: 12/02/2025 09:00 - 30/09/2025 14:00

IG422B

Axudas FOEXGA, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027.

Prazo aberto: 22/04/2025 09:00 - 31/10/2025 14:00