Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IN201E
Autorización do uso da marca Artesanía de Galicia.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
O obxecto deste procedemento é autorizar el uso do distintivo da marca Artesanía de Galicia, propiedade da Xunta de Galicia.
A marca Artesanía de Galicia identifica os produtores e produtoras artesáns da Comunidade Autónoma de Galicia e acredita que o produto que porte o distintivo da marca se elaborou nun obradoiro artesán rexistrado no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
O distintivo da marca Artesanía de Galicia ten como finalidade:
a) Dotar á artesanía galega dunha imaxe que a distinga e identifique a súa procedencia.
b) Promover a difusión da artesanía de Galicia e fomentar a súa comercialización.
c) Protexer e manter o prestixio dos artesáns de Galicia e das súas obras.
d) Informar as persoas consumidoras sobre a produción artesanal.
e) Apoiar os puntos de venda ofrecendo a información necesaria que a diferencie no mercado.
• Os obradoiros artesáns rexistrados no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
• Os establecementos de venda de artesanía, calquera que sexa a súa canle de comercialización, que así o soliciten, despois de autorización da dirección xeral competente en materia de artesanía, que cumpran os seguintes requisitos:
1º. Contar como provedores, no ano inmediatamente anterior á data da solicitude, dun mínimo de cinco obradoiros rexistrados no Rexistro Xeral de Artesanía.
2º. Estar dado de alta na correspondente epígrafe do imposto de actividades económicas.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Dirección Xeral de Comercio e Consumo
Subdirección Xeral de Artesanía, Entidades e Promoción Comercial
Servizo de Promoción Comercial e da Artesanía
Complexo Administrativo San Lázaro s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545591/ 981545507
Email: rexistroartesania@xunta.gal
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
1. Obradoiros artesáns inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia:
Deberán usar na comercialización dos seus produtos, o distintivo da marca Artesanía de Galicia segundo as aplicacións previstas no artigo 4.1 da Orde do 26 de outubro de 2018 pola que se regula a concesión, uso e control da marca de Artesanía de Galicia, propiedade da Xunta de Galicia.
Poderán propoñer unha forma alternativa de cumprimento da obriga anterior:
a) Os obradoiros en relación con produtos cuxas características sexan incompatibles cos modelos preexistentes no manual de uso.
b) Os obradoiros que dispoñan dun packaging e empaquetado propios.
Previa autorización da dirección xeral competente en materia de artesanía, poderán utilizar material personalizado ou alternativo coa marca Artesanía de Galicia (con anterioridade á súa edición deberán achegar a proba de preimpresión dixital).
2. Establecementos comerciais autorizados
Poderán utilizar as aplicacións da marca de Artesanía de Galicia previstas nas letras c) e d) do artigo 4.1 da Orde do 26 de outubro de 2018 para identificar os produtos artesanais procedentes dun obradoiro de artesanía inscrito no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, de acordo coas seguintes condicións:
a) Os elementos de packaging utilizaranse exclusivamente para a comercialización de produtos elaborados e etiquetaxes por un obradoiro rexistrado no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia.
b) Os distintos elementos de aplicación do uso da marca e os distintos produtos artesanais deberán estar dispostos de tal forma que non induzan a erro sobre a identificación dos produtos.
c) Só poderá utilizarse a sinalización exterior da marca Artesanía de Galicia naqueles establecementos nos que máis do trinta por cento dos produtos postos á venda sexan de obradoiros rexistrados no Rexistro Xeral de Artesanía.
A dirección xeral competente en materia de artesanía poderá:
Excepcionalmente, autorizar a sinalización exterior personalizada coa marca Artesanía de Galicia (con anterioridade á súa edición deberán achegar a proba de preimpresión dixital).
En supostos debidamente xustificados, por razóns das condicións singulares do establecemento, acordar co comerciante unha sinaléctica específica para o mesmo.
Solicitudes
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das Administracións Públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 ( https://sede.xunta.gal/chave365 ).
Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
- Anexo de solicitude segundo o modelo normalizado
- Facturas de compra aos artesáns inscritos no Rexistro de Artesanía de Galicia
- Xustificantes de pagamento das facturas.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas Administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI/NIE da persoa solicitante.
b) DNI/NIE da persoa representante.
c) NIF da entidade solicitante.
d) Certificación expedida pola Axencia Tributaria na cal se indiquen as epígrafes do imposto de actividades económicas en que figura dada de alta a persoa solicitante.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos. Cando así o esixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes
Todos os trámites administrativos que as entidades interesadas deban realizar trala presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Prazo de resolución:
Dous meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 22 de outubro de 2015 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG nº 204 do 26 de outubro de 2015).
-
Orde do 26 de outubro de 2018 pola que se regula a concesión, uso e control da marca de Artesanía de Galicia, propiedade da Xunta de Galicia (DOG nº 213 do 8 de novembro de 2018).
-
Outros procedementos relacionados
Bonos Activa comercio.
Prazo aberto: 20/05/2025 00:00 - 31/12/2025 23:59
Inscrición nas probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais.
Prazo aberto: 16/06/2025 00:00 - 30/06/2025 23:59
Solicitude de autorización para a utilización das aplicacións informáticas da Oficina Virtual Tributaria para o pagamento electrónico e a presentación electrónica dos modelos de declaración 008 e de autoliquidación 013 do Imposto compensatorio ambiental mineiro (ICAM).
Aberto todo o ano
Recoñecemento e inscrición no rexistro dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario, modificación de datos ou baixa.
Aberto todo o ano