Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IN118A
Bolsa de formación no Instituto Galego do Consumo e da Competencia para o programa de traballo do Consello Galego de Consumidores e Usuarios.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
1. As bolsas de formación no Instituto Galego do Consumo e da Competencia para o programa de traballo do Consello Galego de Consumidores e Usuarios teñen como obxectivo contribuír á formación práctica de titulados superiores en materia de consumo.
2. As bolsas que se convoquen desenvolveranse dentro do programa de traballo do Consello Galego de Consumidores e Usuarios.
3. O programa de formación incluirá a colaboración nas actividades do Consello Galego de Consumidores e Usuarios e nas súas tarefas conexas, como a elaboración de estudos, a participación no desenvolvemento das funcións atribuídas ao dito órgano, a actualización da bases de datos e a intervención na preparación daqueles informes que o Consello Galego de Consumidores e Usuarios deba emitir no exercicio das súas funcións. O programa formativo poderá estenderse a todas aquelas actividades realizadas no Consello Galego de Consumidores e Usuarios.
4. Así mesmo, o Consello Galego de Consumidores e Usuarios nomeará un/unha titor/a responsable das actividades de formación que desenvolverá a/o bolseira/o.
5. O programa formativo desenvolverase ao longo do ano 2019 cunha duración máxima de doce meses, contado desde a data da incorporación da persoa bolseira ata o 30 de decembro de 2019.
Non se concederán bolsas para suplir baixas ou renuncias por tempo inferior a un mes.
Poderán optar á concesión desta bolsa as persoas que reúnan os seguintes requisitos, que deberán posuír no momento de rematar o prazo de presentación de solicitudes:
a) Ter nacionalidade española ou ser nacional de calquera Estado membro da Unión Europea, así como estar domiciliada/o na Comunidade Autónoma de Galicia.
b) Acreditar un coñecemento da lingua galega no nivel de perfeccionamento ou Celga 4. Só se lles concederá validez ás titulacións ou aos cursos homologados polos órganos competentes en materia de política lingüística.
c) Estar en posesión dalgún título universitario de licenciado/a ou de grao, en dereito. A persoa solicitante deberá estar en posesión do título ou acreditar o pagamento dos dereitos para a súa expedición ao remate do prazo de presentación de solicitudes e ter rematado os estudos conducentes a el no ano 2007 ou posterior. Os títulos obtidos no estranxeiro ou en centros españois non estatais deberán estar homologados ou recoñecidos e producir plenos efectos xurídicos na data de presentación da solicitude.
d) Non gozar na actualidade de calquera outra bolsa ou axuda, salvo o subsidio por desemprego.
e) Non ter sido beneficiaria/o desta mesma bolsa en convocatorias anteriores por un tempo superior a 4 meses.
f) Non ter emprego remunerado nin percibir a prestación por desemprego.
g) Non padecer ningunha enfermidade nin limitación física ou psíquica que imposibilite o cumprimento das súas obrigas como bolseiro/a.
h) Non incorrer en ningunha das circunstancias previstas no artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
i) Non incorrer en ningunha clase de inhabilitación para a obtención de axudas previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
j) Estar ao día no pagamento de obrigas por reintegro de subvencións, conforme o artigo 10.2.g) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e o artigo 9 do Regulamento de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
A persoa beneficiaria da bolsa terá as seguintes obrigas:
a) Aceptar por escrito as normas e obrigas establecidas nas bases reguladoras e na convocatoria da bolsa dentro do prazo de cinco días posteriores á notificación da resolución de concesión.
b) Presentar, xunto coa aceptación da bolsa, declaración de non percibir outras subvencións, bolsas, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como soldos ou salarios que impliquen vinculación contractual ou estatutaria das persoas interesadas, segundo o modelo do anexo III.
c) Presentar, xunto coa aceptación da bolsa, declaración responsable coa conta bancaria onde deba aboarse a bolsa, segundo o modelo do anexo III.
d) Presentar, xunto coa aceptación da bolsa, certificación médica acreditativa de non padecer enfermidade nin estar afectado/a por limitacións físicas ou psíquicas que sexan incompatibles coa realización das funcións que se desenvolverán.
e) Incorporarse á bolsa na data sinalada na resolución de concesión e cumprir un horario de trinta e cinco horas semanais, de acordo coa distribución que lle asigne o Instituto Galego do Consumo e da Competencia.
f) Xustificar o cumprimento dos requisitos establecidos.
g) Cumprir co programa de formación establecido cuns niveis de rendemento satisfactorios, presentando os traballos e informes que determine a Instituto Galego do Consumo e da Competencia. Así mesmo, deberá asistir ás actividades que o dito centro considere convenientes para a súa formación.
h) Non desenvolver outras tarefas que dificulten o cumprimento das súas obrigas como persoa bolseira.
i) Manter a confidencialidade e a reserva sobre a totalidade dos documentos que lle sexan confiados ou sexan elaborados en cumprimento das súas funcións como persoa bolseira. Esta confidencialidade é extensible a calquera dato que puidese coñecer con ocasión da realización da bolsa, especialmente os de carácter persoal, que non poderá copiar ou utilizar cun fin distinto ao da bolsa, nin tampouco ceder a outros nin sequera para efectos de estudo, consulta ou divulgación.
j) Comunicarlle ao Instituto Galego do Consumo e da Competencia a obtención doutras bolsas ou axudas, así como calquera outra alteración dos requisitos impostos ás persoas beneficiarias para o outorgamento destas bolsas.
k) Comunicarlle a súa renuncia ao Instituto Galego do Consumo e da Competencia con dous días de antelación á data de cesamento, no caso de que se produza con posterioridade ao inicio da formación.
l) Presentar ante o Instituto Galego do Consumo e da Competencia, no prazo dun mes a partir da finalización da formación, unha memoria detallada das actividades realizadas, en que especificará o programa formativo desenvolvido e os obxectivos acadados.
m) Desfrutar dun período de vacacións de vinte e dous días hábiles ou o tempo proporcional ao período de desfrute da bolsa.
n) As demais que, con carácter xeral, se establecen no artigo 11 da Lei de subvencións de Galicia.
Xunta de Galicia
Consellería de Emprego, Comercio e Emigración
Instituto Galego de Consumo e da Competencia (IGC)
Avda. Gonzalo Torrente Ballester, nº 3, 1-5, baixo
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981545545 / 981545416
Email: cooperacion.igc@xunta.gal
Desde o resto do Estado: 902 12 00 12
Prazo de presentación: PECHADO
16/03/2019 00:00 - 15/04/2019 23:59
1. O prazo para a presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. /
2. O prazo concluirá o mesmo día en que tivo lugar a publicación no mes de vencemento. Se no mes de vencemento non hai día equivalente a aquel en que comeza o cómputo, o prazo rematará o último día do mes.
As solicitudes presentaranse obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo II) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Debido á capacidade técnica das persoas físicas beneficiarias da presente bolsa, que deben reunir a condición de tituladas universitarias, considérase que teñen acceso e dispoñibilidade suficiente aos medios electrónicos necesarios para realizar todos os trámites electronicamente no presente procedemento.
Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Documentación complementaria.
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Certificación académica oficial, en que conste a nota media do expediente académico da titulación universitaria con que concorre.
b) Curriculum vitae, en que se relacionen os estudos cursados e, se é o caso, a experiencia profesional.
c) Documentos acreditativos de todos os méritos alegados no curriculum vitae.
d) Xustificante do pagamento dos dereitos de expedición da titulación correspondente, se é o caso.
e) Títulos obtidos no estranxeiro ou en centros españois non estatais, se é o caso.
f) Certificado de estudos de lingua galega (Celga 4 ou equivalente) expedido polo centro de estudos onde o solicitante cursou os estudos de bacharelato.
A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.
No caso de que algún dos documentos que se vaia presentar de forma electrónica supere os tamaños máximos establecidos ou teña un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a súa presentación de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre o tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante.
b) DNI ou NIE da persoa representante.
c) Certificado de residencia con data de última variación do padrón da persoa solicitante.
d) Celga 4 ou documento acreditativo do nivel de coñecemento do idioma galego expedido polos órganos competentes en materia de política lingüística.
e) Título/s universitario/s de licenciado ou grao. No caso de títulos obtidos no estranxeiro ou en centros españois non estatais, será necesario presentar o documento orixinal ou unha copia compulsada e dixitalizada.
f) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa AEAT.
g) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.
h) Certificado de estar ao día no pagamento de obrigas tributarias coa Atriga.
Consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:
a) Certificado do importe de prestación por desemprego, percibidos na data actual.
b) Certificado de situación actual de desemprego.
c) Certificado da condición de bolseiro.
d) Certificado das prestacións do Rexistro de Prestacións Sociais Públicas, Incapacidade Temporal e Maternidade.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.
- Fase de Solicitude
- Solicitude (Anexo II)
Prazo de resolución: Tres meses
Sentido do silencio: Negativo
- Fase de Xustificación
- Declaración Responsable (Anexo IV)
- Aceptación ou Renuncia (Anexo III)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 25 de febreiro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión dunha bolsa de formación para o programa de traballo do Consello Galego de Consumidores e Usuarios e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 53 do 15 de marzo de 2019).
-
Extracto da Resolución do 25 de febreiro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión dunha bolsa de formación para o programa de traballo do Consello Galego de Consumidores e Usuarios e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (DOG nº 53 do 15 de marzo de 2019).
-
Outros procedementos relacionados
Axudas a entidades privadas para o fomento da gratuidade da atención educativa dos nenos e nenas da Comunidade Autónoma de Galicia en escolas infantís 0-3.
Prazo aberto: 12/07/2025 00:00 - 28/11/2025 23:59
Reclamación/reclamación e denuncia en materia de consumo.
Aberto todo o ano
Denuncia en materia de consumo.
Aberto todo o ano
Concurso de adxudicación de destinos provisionais do persoal docente non universitario da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Comunidade Autónoma de Galicia.
Prazo aberto: 14/07/2025 00:00 - 22/07/2025 23:59