Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IG534D
Novacións para o refinanciamento de débedas.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Economía e Industria
Facilitar a recuperación dos importes debidos por préstamos, mediante a novación das débedas, co fin de axustar o calendario de reintegro á capacidade de reembolso.
Poderán ser titulares das operacións de novación reguladas nestas bases as persoas físicas e/ou xurídicas.
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Instituto Galego de Promoción Económica - Igape
Complexo Administrativo San Lázaro s/n
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 900815151
Email: informa@igape.es
Prazo de presentación: PECHADO
04/01/2024 08:00 - 30/12/2024 14:00
O prazo de presentación de solicitudes comezará ás 8.00 horas do día seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, e rematará cando se produza a primeira das seguintes circunstancias:
a) Que, conforme as solicitudes recibidas, se esgote o crédito orzamentario, o que será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia e na páxina web do Igape, co fin de pechar anticipadamente o prazo de presentación de solicitudes.
b) O 30.12.2024, ás 14.00 horas.
Poderán ser titulares das operacións de novación reguladas nestas bases as persoas físicas e/ou xurídicas que cumpran algún dos seguintes requisitos:
a) Sexan titulares de débedas vivas co Igape por préstamos en vigor, que presenten dificultades de liquidez que non lles permiten afrontar as obrigas de pagamento co calendario actual do préstamo.
b) Sexan titulares de débedas co Igape derivadas da falta de pagamento de préstamos xa vencidos.
c) Sexan fiadores de préstamos do Igape con débedas vencidas.
d) Sexan titulares de bens que garantan débedas vencidas co Igape, derivadas da falta de pagamento de préstamos, e pretendan facer fronte ao reembolso das débedas para evitar a perda do ben.
Non poderán ter a condición de persoas beneficiarias as persoas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia. Para os titulares sinalados nas alíneas a) e b) anteriores excepciónanse as circunstancias previstas nas letras b), e) e g) do citado artigo 10.2, en atención á natureza das novacións reguladas nestas bases cuxa finalidade é o reintegro de débedas preexistentes.
Forma e lugar de presentación das solicitudes
1. Para presentar a solicitude, a persoa interesada deberá cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias da persoa solicitante e do proxecto de financiamento, a través da aplicación establecida no enderezo da internet https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual, dentro do prazo establecido na convocatoria.
Deberá cubrir necesariamente todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador do documento electrónico (IDE) que identificará univocamente a solicitude de axuda.
2. A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I.1) que se obterá de xeito obrigatorio na citada aplicación informática, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Será obrigatoria a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDE obtido no paso anterior. As solicitudes que carezan do IDE ou nas cales este sexa erróneo (sexa porque teña un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación informática) non serán tramitadas, concedéndolle ao solicitante un prazo de 10 días hábiles para a súa emenda, transcorrido o cal se lle terá por desistido da súa petición, logo de resolución de arquivo.
De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, Lei 39/2015), se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude de xeito presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos para presentar a solicitude por medios electrónicos:
a) Será necesario que a persoa asinante da solicitude teña a representación da empresa ou entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de maneira que coa súa firma baste para acreditar a vontade da persoa solicitante.
b) A oficina virtual do Igape acepta todos os certificados validados pola plataforma @firma da Administración xeral do Estado, que son os que figuran nesta relación:
http://administracionelectronica.gob.es/PAe/aFirma-Anexo-PSC
c) A presentación ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia admite a sinatura da solicitude por parte dunha única persoa solicitante. No caso de que deba ser asinada por máis dunha persoa solicitante (por exemplo, solicitudes con dous asinantes, representación mancomunada, etc.), deberán anexar necesariamente un documento en que se deixe constancia de que todas as persoas asinantes autorizan unha delas para presentar a solicitude. Este documento realizarase en papel con firmas manuscritas e deberá ser escaneado a formato PDF para ser anexado.
Unha vez asinado o formulario de solicitude, mediante certificación dixital do presentador, e transferido este ao Igape, procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.
No momento da presentación o rexistro expedirá, empregando as características da aplicación telemática, un recibo en que quedará constancia do feito da presentación.
As persoas solicitantes poderán obter en todo momento un xustificante de recepción por parte do Igape dos termos da súa solicitude contidos no formulario. Deberano solicitar no enderezo de correo electrónico informa@igape.es, indicando os 40 caracteres do IDE e a dirección de correo electrónico en que desexan recibir o xustificante.
Documentación complementaria
1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Informe detallado da Central de Información de Riscos do Banco de España (CIR) correspondente ao último período dispoñible, consistente nun arquivo en formato PDF asinado electronicamente que o solicitante deberá obter da Oficina Virtual do Banco de España (actualmente no enderezo da internet https://sedeelectronica.bde.es).
b) Detalle da situación de débedas con Facenda, Seguridade Social e Comunidade Autónoma, incluíndo expresamente relación de aprazamentos concedidos con indicación de calendario de pagamentos.
c) Plan económico financeiro, incluíndo contas de resultados, fluxos de efectivo e balances previsionais, describindo as hipóteses que sustentan as previsións.
d) Memoria xustificativa da solicitude, evolución das actividades, e do emprego, identificación das causas que motivan a incapacidade de cumprir cos calendarios pactados e feitos que sustentan a capacidade de reembolso futura.
e) Evolución do restante endebedamento da compañía dende a formalización do préstamo. Operacións financeiras concedidas e amortizacións pagadas a outras entidades.
f) Refinanciamento doutras débedas previsto: no caso de recoller un plan de refinanciamento máis amplo, acreditación deste mediante escrito das entidades financeiras afectadas e/ou copia dos contratos.
g) Operacións de financiamento con socios, administradores ou partes vinculadas. Detalle dos saldos con socios, relación de préstamos recibidos ou concedidos, con copia dos contratos, se é o caso.
h) Plan de amortización da débeda proposto, comparativo coa amortización do restante endebedamento financeiro.
i) Nos casos en que a persoa titular da operación sexa diferente da persoa debedora da débeda que se vai novar (fiadores, avalistas ou titulares de bens que garantan as ditas débedas):
1º. Para sociedades mercantís:
i. Escritura de constitución e dos estatutos debidamente inscritas no rexistro competente e as súas modificacións posteriores.
ii. Poder do representante que presenta a solicitude, inscrito, se é o caso, no rexistro competente.
iii. Contas anuais correspondentes ao último exercicio pechado.
iv. Balance e conta de resultados recentes, asinados polos administradores.
2º. No caso de persoas físicas:
i. Declaración do imposto de patrimonio.
ii. Declaración de bens e débedas persoais, especificando:
• Bens inmobles, indicando valoración aproximada ou taxación, e cargas dos bens.
• Bens mobles, indicando valoración.
• Activos financeiros.
• Débedas.
• Avais prestados.
iii. No caso de exercer actividade económica: copias das declaracións do IVE: resumo anual do exercicio anterior e liquidacións periódicas do exercicio corrente.
Complementariamente o Igape poderá solicitar a achega con carácter facultativo daqueloutra documentación xustificativa para os efectos de valoración do risco.
De conformidade co artigo 28.3 da Lei 39/2015 non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente pola persoa interesada ante calquera Administración. Neste caso, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os ditos documentos, que serán obtidos electronicamente a través das redes corporativas ou mediante consulta ás plataformas de intermediación de datos ou outros sistemas electrónicos habilitados para o efecto, agás que conste no procedemento a oposición expresa da persoa interesada.
De forma excepcional, se non se puideran obter os citados documentos, poderá solicitarse novamente á persoa interesada a súa achega.
2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente.
Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria de xeito presencial, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.
As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.
Comprobación de datos
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI/NIE da persoa solicitante.
b) NIF da entidade solicitante.
c) DNI/NIE da persoa representante.
d) NIF da entidade representante.
e) Certificado da AEAT de alta no imposto de actividades económicas (IAE).
f) Certificado da renda do último exercicio no caso de persoas físicas ou comunidades de bens.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de solicitude (anexo I.1) e achegar os documentos.
Cando así o exixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser realizados electronicamente accedendo ao enderezo da internet https://www.igape.gal/gl/oficinavirtual
Prazo de resolución:
Tres meses
Sentido do silencio:
Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 18 de decembro de 2023 pola que se lle dá publicidade ao Acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das novacións para refinanciamento de débedas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2024 en réxime de concorrencia non competitiva (DOG nº 2 do 3 de xaneiro de 2024).
-
Outros procedementos relacionados
Bonos Activa comercio.
Prazo aberto: 20/05/2025 00:00 - 31/12/2025 23:59
Inscrición nas probas para a obtención de determinados carnés profesionais e habilitacións profesionais.
Prazo aberto: 16/06/2025 00:00 - 30/06/2025 23:59
Solicitude de autorización para a utilización das aplicacións informáticas da Oficina Virtual Tributaria para o pagamento electrónico e a presentación electrónica dos modelos de declaración 008 e de autoliquidación 013 do Imposto compensatorio ambiental mineiro (ICAM).
Aberto todo o ano
Recoñecemento e inscrición no rexistro dunha persoa intermediaria de crédito inmobiliario, modificación de datos ou baixa.
Aberto todo o ano