Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IG302A
Avais do Igape.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Os avais axustaranse aos seguintes límites cuantitativos:
a)Non excederán do 5 por 100 da contía global establecida na lei de orzamentos de cada ano para os avais do Igape.
b)Garantirán a totalidade do principal dos créditos e demais liñas ou operacións financeiras destinadas á reconversión e reestructuración de empresas e ata o 70% dos destinados á súa creación ou ampliación.
c)As operacións a que se refire o artigo 2.4 podrán ser garantidas na súa totalidade.
A duración dos avais non excederá dos seguintes prazos: 5 anos para os casos de reconversión e reestructuración de empresas e os previstos no artigo 2.4; e 7 anos para os supostos de creación ou ampliación de empresas.
Os límites poderán ser superados se así se establece por acordo do Consello da Xunta de Galicia por proposta do conselleiro de Economía e Facenda.
-PEMES non domiciliadas en Galicia que destinen integramente as operacións obxeto de aval ás unidades produtivas situadas en Galicia.
-Empresas que, sen ter a condición de PEME, pertenzan a un sector considerado prioritario ou sexan obxecto dun plan de viabilidade segundo acordo da Comision Delegada para Asuntos Económicos.
-Empresas que, polas operacións ou actividades, resulten de especial interese socio-económico para Galicia segundo acordo da Comision Delegada para Asuntos Económicos.
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Instituto Galego de Promoción Económica - Igape
Área de competitividade
Subdirección de Investimento e Startups
Complexo Admtvo. San Lázaro, s/n
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 900815151
Fax: 981541115
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Esta orde entrará en vigor aos vinte días naturais da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Solicitude segundo o Anexo I.
No caso de persoas físicas solicitantes, copia do DNI ou NIE, só no caso de non autorizar a súa consulta.
No caso de actuar por medio de representante, copia do DNI ou NIE, só no caso de non autorizar a súa consulta.
No caso de persoas xurídicas solicitantes, copia do NIF, só no caso de non autorizar a súa consulta.
No caso de actuar por medio de representante, documentación acreditativa da representación.
Documentación acreditativa da constitución da sociedade e os seus estatutos, así como das ampliacións de capital e outras modificacións que puidese experimentar e, se e o caso, copia da inscrición no Rexistro Mercantil.
Certificación do secretario do consello de administración na que figure a composición actual do consello, detalle de accionistas ou socios con participación superior ao 10% e valor dos recursos propios na data de peche do último exercicio.
Memoria das actividades, cambios de estrutura e incidencias financeiras máis importantes nos tres últimos anos, así como relación detallada do cadro de persoal, localización das instalacións, factorías e puntos de venda.
Balances de situación e contas de resultados nos tres últimos exercicios pechados e o estado de orixe e aplicación de fondos. As ditas contas e estados deberán estar asinados polo representante legal da empresa ou, se e o caso, xerente ou apoderado con poder bastante, así como o informe de auditoría referido aos tres últimos exercicios pechados realizado por auditor independente sempre que a sociedade pola lexislación mercantil estea obrigada a iso. En caso de que a sociedade non estea obrigada a auditar as súas contas anuais, o Igape poderá solicitar que achegue informe de auditoría sobre elas.
Plan económico-financeiro no que se conteña co suficiente detalle e precisión a análise e previsións das diferentes áreas de actividade. O dito plan será elaborado por auditor independente.
Descrición dos bens e dereitos que compoñen o inmobilizado da empresa, estean ou non afectados ao proceso de produción, coa súa valoración real de acordo cos criterios xerais de valoración e detalle das cargas que soportan. O Igape poderá esixir copia no Rexistro da Propiedade ou outros rexistros públicos no caso de bens e dereitos inscribibles e, no caso de non estaren rexistrados, declaración xurada pola que se manifesta que os ditos bens se encontran libres de cargas.
Copia, se e o caso, da documentación presentada para efectos da solicitude de suspensión de pagamentos.
Declaración do IRPF dos tres últimos exercicios, só no caso de persoas físicas solicitantes e non autoricen a súa consulta.
Declaración do imposto de sociedades dos tres últimos exercicios, só no caso de persoas xurídicas solicitantes.
Certificación do estado actual das relacións coa facenda central e Seguridade Social só no caso de non autorizar a súa consulta.
Certificación do estado actual das relacións coa facenda autonómica só no caso de non autorizar a súa consulta.
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 22 de outubro de 2015 pola que se adaptan e incorporan á sede electrónica da Xunta de Galicia os procedementos administrativos de prazo aberto da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG nº 204 do 26 de outubro de 2015).
-
Decreto 284/1994,do 15 de setembro, regulación de avales do Instituto Galego de Promoción Económica (DOG nº 190 do 30 de setembro de 1994).
-
Outros procedementos relacionados
Alegacións no Tribunal Administrativo de Contratación Pública da Comunidade Autónoma de Galicia (TACGAL).
Aberto todo o ano
Axudas a proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027
Prazo aberto: 12/02/2025 09:00 - 30/09/2025 14:00
Axudas FOEXGA, cofinanciadas pola Unión Europea no marco do Programa Galicia Feder 2021-2027.
Prazo aberto: 22/04/2025 09:00 - 31/10/2025 14:00
Obtención/renovación do obradoiro artesán
Aberto todo o ano