Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IG300C
Obradoiros e axudas do Igape á dixitalización industria 4.0, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Economía e Industria
Estas axudas van destinadas á posta en marcha de proxectos cuxa finalidade sexa a implantación de solucións para o soporte dixital de procesos dunha empresa ou para proxectos de interconexión dixital de procesos entre unha peme galega e outras empresas ou entre dúas ou máis pemes galegas como poden ser ordes de fabricación distribuída, sistemas de facturación, procesos entre un líder industrial cara ás pemes que conforman a súa cadea de valor.
1. Os proxectos poderán ser de dúas modalidades:
a) Proxectos colectivos, nos cales un grupo de empresas (opcionalmente coordinadas por un organismo intermedio colaborador) aborda unha das seguintes tipoloxías de proxecto:
1º. Propoñen utilizar e implantar un determinado sistema nas súas interaccións dixitais.
2º. Propoñen a implantación dun sistema de dixitalización, dalgún proceso ou de xestión integral, especificamente deseñado ou desenvolvido para o seu ámbito de actividade.
b) Proxectos individuais nos cales unha peme aborda unha das seguintes tipoloxías de proxecto:
1º. Desenvolvemento dunha interfaz dixital para as súas interaccións de negocio, ou adopción/implantación dunha solución de interacción xa existente cos seus clientes ou provedores.
2º. Implementación de sistemas encamiñados á dixitalización de procesos concretos ou de xestión integral (ERP, CRM e similares), interconexión de elementos físicos e virtuais, tratamento de datos captados (intelixencia de negocio, bigdata e similares) e ciberseguridade.
3º. Sistemas de intelixencia artificial, aprendizaxe automática e toma de decisións autónomos.
Os proxectos da modalidade a) terán preferencia sobre os da modalidade b).
2. Os proxectos deberán estar finalizados para poder optar ao cobramento da subvención. Enténdese que os proxectos están finalizados cando exista a capacidade de interconexión multiempresa de procesos no caso dos proxectos colectivos ou cando as interfaces poidan conectar a solicitante con outra ou outras empresas, ou ben os sistemas de dixitalización estean implantados e operativos, no caso de proxectos individuais. Non se aprobarán proxectos que non propoñan chegar a resultados, como estudos de viabilidade ou deseño de solucións illadamente do seu desenvolvemento e implantación na empresa solicitante.
1. Poderán ser beneficiarias as pequenas e medianas empresas (pemes) segundo a definición establecida pola Comisión Europea no Anexo I do Regulamento 651/2014 (DOUE L 187, do 26 de xuño de 2014), polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado común en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (Regulamento xeral de exención por categorías), que sexan sociedades con personalidade xurídica propia ou autónomos e que teñan un centro de traballo en Galicia en que se vaia realizar o proxecto.
Establécense as seguintes excepcións, segundo os artigos 1.3 e 13 do Regulamento (UE) 651/2014: empresas pertencentes ao sector da pesca e a acuicultura, ao sector da produción agrícola primaria, ao sector do aceiro, ao sector do carbón, ao sector da construción naval, ao sector das fibras sintéticas, ao sector dos transportes, así como a infraestrutura conexa, a produción e distribución de enerxía e as infraestruturas enerxéticas.
2. As pemes poderán solicitar axudas á tipoloxía de proxectos individuais descritos no artigo 5.b).
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Instituto Galego de Promoción Económica - Igape
Complexo Administrativo San Lázaro s/n
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 900815151
Email: informa@igape.es
Prazo de presentación: PECHADO
12/01/2019 00:00 - 15/03/2019 23:59
03/06/2019 00:00 - 20/09/2019 23:59
Liña IG239 (obradoiros) dende o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 15.3.2019.
Liña IG240.1 (axudas) dende o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata o 15.3.2019.
Liña IG240.2 (axudas) dende o día 3.6.2019 ata o 20.9.2019.
1. Para poder solicitar as axudas á tipoloxía de proxectos colectivos descritos no artigo 5.a), os interesados deberán previamente constituír unha agrupación das previstas no artigo 8.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Lei 9/2007). A dita agrupación terá que estar constituída polo menos por dúas pemes con centro de traballo en Galicia. Deberase facer constar expresamente nun documento os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, nomearase un representante único da agrupación (en diante, o líder), único interlocutor coa Administración ata a resolución de concesión. Unha vez concedidas as axudas individuais a cada peme, cada unha delas será independente para a tramitación da xustificación e liquidación da súa axuda. No caso de que o proxecto das pemes estea coordinado por un organismo intermedio, este non formará parte da agrupación.
O documento contractual de regulación da agrupación deberá recoller, como mínimo, o seguinte:
a) Identificación de cada un dos seus integrantes por razón social, NIF, e nome e DNI do representante legal.
b) Acordo de representación da agrupación e elección do seu representante ante a Administración para os efectos de interlocutor con ela.
c) Recoñecemento dos compromisos asumidos por cada un dos integrantes da agrupación en canto ás características do proxecto que se presenta descrito no cuestionario de solicitude de axuda e á execución individual dos investimentos e gastos de cada peme participante.
d) Acordos de confidencialidade.
e) Xestión da agrupación e plan de continxencias ante posibles dificultades.
f) Autorización ao Igape para recadar os datos doutras administracións que sexan necesarios para a tramitación da solicitude: a existencia ou non de débedas coa Axencia Tributaria do Estado, a Seguridade Social e a Comunidade Autónoma de Galicia; a consulta dos datos asociados ao NIF da empresa e ao DNI do representante legal, que se cubrirá no anexo IV das bases reguladoras.
g) Sinatura de todos os integrantes.
A agrupación de empresas non poderá disolverse ata que transcorra o prazo de prescrición previsto no artigo 35 da Lei 9/2007.
2. Presentarase unha solicitude por cada tipo de proxecto dos definidos no artigo 5. No caso de que un proxecto conteña unha mestura de tipoloxías os solicitantes deberán clasificalo dentro dalgunha das tipoloxías definidas en función da que considere principal ou máis salientable. Cada agrupación só poderá presentar un proxecto. As pemes poderán presentar un ou máis proxectos individuais e participar nunha ou máis agrupacións, sempre que os investimentos e gastos de cada unha das solicitudes sexan distintos.
3. Non poderán ter a condición de beneficiarios:
a) As empresas en que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 121, do 25 de xuño).
b) As empresas que entren dentro da categoría de empresas en crise, ao abeiro da definición do artigo 2.18 do Regulamento xeral de exención (Regulamento CE 651/2014).
c) As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación pendente tras unha decisión da Comisión que teña declarada unha axuda ilegal e incompatible co mercado común.
4. O Igape realizará as comprobacións documentadas necesarias para garantir que as empresas beneficiarias teñen a condición de peme, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do referido Regulamento (UE) nº 651/2014, e que non incorren en ningunha das circunstancias enumeradas no punto 18 do artigo 2, do mesmo texto normativo, para considerar unha empresa en crise.
5. Non poderán ser beneficiarias das axudas as empresas que sexan prestadoras dos mesmos servizos ou subministradoras dos mesmos equipos para os que solicitan a axuda.
Solicitude segundo o Anexo I.
As persoas interesadas deberán achegar xunto coa solicitude a seguinte documentación:
a) Escritura ou documento xuridicamente válido de constitución e de nomeamento do representante legal e estatutos debidamente inscritos no rexistro competente e modificacións posteriores destes.
b) As tres ofertas que, se é o caso, en aplicación do artigo 29.3 da Lei de subvencións de Galicia, deban ter solicitado, de acordo co establecido nos artigos 3.3 e 7.5 destas bases reguladoras.
c) Memoria descritiva do proxecto que deberá conter mención explícita aos criterios sinalados no artigo 12.4 destas bases.
d) Se é o caso, o documento de constitución da agrupación.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
a) DNI/NIE/NIF da persoa representante.
b) NIF da entidade solicitante.
c) Certificado da AEAT de alta no imposto de actividades económicas (IAE) da entidade solicitante.
d) Certificado de estar ao día das obrigas tributarias coa AEAT.
e) Certificado de estar ao día de pagamento coa Seguridade Social.
f) Certificado de estar ao día de pagamento coa Consellería de Facenda.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 21 de decembro de 2018 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras dos obradoiros e das axudas á dixitalización Industria 4.0 para o ano 2019 cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (DOG nº 8 do 11 de xaneiro de 2019).
-
Extracto da Resolución do 21 de decembro de 2018 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras dos obradoiros e das axudas á dixitalización Industria 4.0 para o ano 2019, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (Axudas a obradoiros) (DOG nº 8 do 11 de xaneiro de 2019).
-
Extracto da Resolución do 21 de decembro de 2018 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras dos obradoiros e das axudas á dixitalización Industria 4.0 para o ano 2019, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva (Axudas a proxectos de dixitalización empresarial) (DOG nº 8 do 11 de xaneiro de 2019).
-
Resolución do 8 de xullo de 2019 pola que se dá publicidade da resolución de concesión dos obradoiros á dixitalización Industria 4.0 (DOG nº 136 do 18 de xullo de 2019).
-
Resolución do 1 de agosto de 2019 pola que se dá publicidade da resolución de concesión das axudas do Igape á dixitalización Industria 4.0, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (DOG nº 152 do 12 de agosto de 2019).
-
Resolución do 21 de outubro de 2019 pola que se dá publicidade aos beneficiarios das axudas concedidas durante o primeiro e segundo trimestre de 2019 (DOG nº 212 do 7 de novembro de 2019).
-
Resolución do 8 de xaneiro de 2020 pola que se dá publicidade á resolución de concesión das axudas á dixitalización Industria 4.0, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (DOG nº 15 de xaneiro de 2020).
-
Resolución do 19 de outubro de 2021 pola que se dá publicidade dos beneficiarios das axudas concedidas durante o terceiro e cuarto trimestres de 2020 (DOG nº 210 do 2 de novembro de 2021).
-
Outros procedementos relacionados
Acceso á información contida na Historia Social Única Electrónica.
Aberto todo o ano
Punto xeral de entrada de facturas electrónicas e o Rexistro Contable de Facturas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Aberto todo o ano
Avais do Igape.
Aberto todo o ano
Alta/renovación de usuario en Chave365.
Aberto todo o ano