Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
IG200B - Axudas do Igape a particulares para a adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño (Reforma).
As presentes bases teñen por obxecto aprobar as condicións polas cales se rexerá a concesión de axudas por parte do Igape destinadas a incentivar a demanda de materiais de rehabilitación e pezas de mobiliario para cociña e baño en Galicia, para persoas físicas, co fin de incrementar e incentivar a demanda interna e tratar de repercutir con ela nos sectores industriais e comerciais galegos, así como para a selección de entidades colaboradoras que participan na súa xestión.
Actuacións, gastos subvencionables e contía das axudas.
1. Serán subvencionables as operacións de adquisición de materiais de rehabilitación e pezas de mobiliario para cociña e baño realizadas nun establecemento de venda adherido, que cumpran as seguintes condicións:
a) Adquirir un ou varios bens obxecto de subvención nalgún dos establecementos de venda adheridos á presente iniciativa.
b) Para ser subvencionable unha operación de compra deberá acadar un custo mínimo de 1.000 € (sen incluír IVE).
c) A subvención máxima que percibirá cada persoa física será de 1.000 € nunha ou varias operacións.
d) Os bens obxecto de axuda deberán ser destinados, nun prazo de 3 meses desde a solicitude, á reforma ou nova instalación de mobiliario no enderezo indicado na solicitude de axuda. O dito domicilio non poderá figurar en ningún expediente doutro solicitante de axuda ao abeiro deste programa. Os beneficiarios da axuda declararán responsablemente que o obxecto da subvención non se dedica nin se adscribe a ningunha actividade empresarial ou profesional.
A obriga de destinar os bens obxecto da axuda á reforma no domicilio indicado na solicitude recae, en primeira instancia, no beneficiario da axuda, sen prexuízo de que este poida demostrar a imposibilidade de realizar a dita reforma en prazo por retrasos ou outras causas achacables ao establecemento colaborador, en cuxo caso e de quedaren acreditadas as ditas circunstancias, se procederá a incoar procedemento de incumprimento de condicións ao establecemento colaborador, que poderá rematar cunha resolución de revogación da axuda.
e) Os establecementos de venda deberán identificar claramente os materiais e pezas de mobiliario susceptibles de axuda conforme o establecido nestas bases.
f) Quedan expresamente excluídos: a man de obra da reforma; os electrodomésticos; as ventás e os seus marcos; portas de paso e os seus marcos; estufas e cociñas de gas, leña, pellets ou similares e radiadores de calquera tipo; cortinas e estores.
g) Non se admitirán os pagamentos en efectivo.
2. Non se considerarán subvencionables os gastos e custos financeiros que sexan consecuencia do investimento nin os gastos realizados en bens usados.
3. Os gastos subvencionables deberán estar realizados e efectivamente pagados entre o día da presentación da solicitude e o derradeiro día do prazo de xustificación.
4. O IVE (imposto sobre o valor engadido) considerarase gasto subvencionable, dado que os beneficiarios son particulares, para xustificar o cal será necesario realizar unha declaración responsable (establecida na solicitude-anexo II) en que se indique que o obxecto da subvención non se dedica nin se adscribe a ningunha actividade empresarial ou profesional. No entanto, para calcular a contía da subvención terase en conta o prezo dos bens impostos excluídos.
5. A contía da axuda será dun 20 % sobre o prezo dos bens, impostos excluídos, e antes do desconto requirido no seguinte parágrafo, cun máximo acumulado de subvención de 1.000 € por beneficiario.
A axuda do Igape virá condicionada a un desconto realizado polo establecemento de venda, que será realizado sobre a base impoñible da factura, de importe polo menos da mesma contía que a axuda outorgada polo Igape.
Polo tanto, a diferenza de prezo sobre a base impoñible resultante para o comprador dos bens obxecto de axuda será do 40 % desta, cos límites expostos, mediante o desconto e a subvención á compra, sen prexuízo de calquera desconto adicional que se puidese obter por políticas concretas de venda ou promocións dos establecementos ou fabricantes.
6. En ningún caso o custo dos gastos subvencionables poderá ser superior ao seu valor do mercado.
O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva, de acordo co establecido na Lei 9/2007, que no seu artigo 19.2 establece que as bases reguladoras das convocatorias de axudas poderán exceptuar o requisito de fixar unha orde de prelación entre as solicitudes presentadas que reúnan os requisitos establecidos cando, polo obxecto e a finalidade da subvención, non sexa necesario realizar a comparación e prelación das solicitudes presentadas nun único procedemento ata o esgotamento do crédito orzamentario coas garantías previstas no artigo 31.4 desta lei.
A concesión destas axudas estará, en todo caso, condicionada á existencia de crédito orzamentario e, no caso de esgotamento do crédito, a Administración deberá publicar no Diario Oficial de Galicia, e tamén na páxina web do Igape a dita circunstancia, o que suporá a non admisión das solicitudes posteriores, sen prexuízo de que a Administración poida optar por incrementar o crédito orzamentario nos seguintes supostos:
a) Unha xeración, ampliación ou incorporación de crédito.
b) A existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo.
O incremento do crédito quedará condicionado á declaración de dispoñibilidade de crédito como consecuencia das circunstancias antes sinaladas e, se for o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda.
Nestes casos publicarase a ampliación de crédito polos mesmos medios que esta convocatoria, sen que tal publicidade implique a apertura de prazo para presentar novas solicitudes nin o inicio dun novo cómputo de prazo para resolver.
Poderán ser beneficiarias das subvencións as persoas físicas, maiores de idade, consumidores individuais, propietarias ou titulares de calquera dereito sobre inmobles do sector residencial situados na Comunidade Autónoma de Galicia, sempre que os bens subvencionables descritos no artigo 3 se adquiran nunha entidade colaboradora adherida ao programa Reforma17 e se destinen ao dito inmoble.
Son obrigas dos beneficiarios, sen prexuízo do disposto no artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, as seguintes:
a) As descritas no artigo 6.6, letras a), b), c) e d), obrigas comúns ás entidades colaboradoras.
b) Proporcionarlle á entidade colaboradora todos os documentos necesarios para poder tramitar as axudas establecidas nestas bases, así como acreditar os requisitos ou condicións que determinen a concesión da axuda, no prazo sinalado na convocatoria ou, excepcionalmente, o que se sinale na resolución, cando esta sexa consecuencia da estimación dun recurso.
c) Realizar o pagamento das facturas emitidas pola entidade colaboradora antes da data na que deban ser presentadas ante o Igape. O pagamento corresponderá ao importe total da factura emitida pola entidade colaboradora descontando a axuda outorgada polo Igape. Este pagamento debe estar debidamente documentado mediante xustificante bancario, tal e como establece o artigo 10 destas bases.
d) Executar as actuacións que fundamenten a concesión da subvención, así como colaborar e achegar a documentación á entidade colaboradora.
e) Someterse ás actuacións de comprobación que serán efectuadas polo órgano concedente, así como a calquera outra actuación de comprobación e control financeiro que poidan realizar os órganos de control competentes, tanto autonómicos como estatais ou comunitarios, para o cal achegará canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.
f) Comunicarlle ao órgano concedente a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.
g) Conservar os documentos xustificativos da aplicación de fondos recibidos, incluídos os documentos electrónicos, mentres poidan ser obxecto das actuacións de comprobación e control.
h) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos nos supostos establecidos no artigo 33 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
i) Subministrar toda a información necesaria para que o Igape poida dar cumprimento ás obrigas previstas no título I da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. As consecuencias do incumprimento desta obriga serán as establecidas no artigo 4.4 da devandita lei.
Non poderán obter a condición de beneficiarias as persoas físicas nas cales concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e na súa normativa de desenvolvemento. En virtude do establecido no artigo 11.i) do Regulamento de subvencións de Galicia (Decreto 11/2009), a certificación que acredita o cumprimento das obrigas tributarias, coa Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento débedas coa Administración pública da Comunidade Autónoma poderá ser substituída pola declaración responsable do solicitante de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social, así como de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.
Non poderán ser beneficiarias as persoas físicas titulares, ou socias da persoa xurídica titular, dunha entidade colaboradora, nin os seus cónxuxes ou familiares en primeiro grao.
Os beneficiarios obríganse a facilitar canta información lles sexa requirida polo Igape no exercicio das súas funcións de fiscalización do destino das axudas.
Mediante a presentación da solicitude os beneficiarios aceptan a tramitación a través da entidade colaboradora, que será, así mesmo, a encargada de informar puntualmente o interesado sobre o estado da súa petición, os dereitos e obrigas desta, e das notificacións recibidas de acordo co establecido no artigo 15.2 desta Resolución.
Xunta de Galicia
Consellería de Economía e Industria
Instituto Galego de Promoción Económica – Igape
Complexo Administrativo San Lázaro, s/n
15703 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 900815151
Email: informa@igape.es
Presencialmente, nas oficinas do Igape indicadas no enderezo seguinte: http://www.igape.es/es/que-e-o-igape/onde-estamos
Instituto Galego de Promoción Económica – Igape
Resolución do 18 de setembro de 2017 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, a particulares para a adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño (Reforma17), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 184 do 27 de setembro de 2017).
Corrección de erros. Resolución do 18 de setembro de 2017 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, a particulares para a adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño (Reforma17), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 194 do 11 de outubro de 2017).
Resolución do 8 de novembro de 2017 pola que se amplían os prazos de presentación de solicitudes e de xustificación establecidos na Resolución do 18 de setembro de 2017 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, a particulares para a adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño (Reforma17), así como a selección de entidades colaboradoras que participarán na súa xestión, e se procede á súa convocatoria (DOG nº 217 do 15 de novembro de 2017).
Resolución do 22 de novembro de 2017 pola que se amplía o crédito dispoñible para o exercicio 2017 das bases reguladoras para a concesión de axudas, en réxime de concorrencia non competitiva, a particulares para a adquisición de materiais e pezas de mobiliario de cociña e baño (Reforma17) (DOG nº 225 do 27 de novembro de 2017).
Prazo de presentación: PECHADO
11/10/2017 00:00 - 07/12/2017 23:59
Amplíase o prazo de presentación de solicitudes segundo a Resolución do 8 de novembro de 2017 ata o 7 de decembro de 2017.
-
As entidades colaboradoras do programa Reforma17 son as encargadas de tramitar a solicitude de axuda (facer a reserva do crédito, presentar a solicitude e acompañar a documentación xustificativa da actuación).
-
As entidades colaboradoras do programa Reforma17 son as encargadas de tramitar o procedemento IG200B (presentar a solicitude e presentar a documentación xustificativa da actuación).
-
O comprador dirixirase a unha entidade colaboradora e elixirá un conxunto de bens para adquirir que cumpra os requisitos mínimos exixidos no artigo 3 destas bases.
Na páxina web do Igape (http://www.igape.es/reforma17) estará dispoñible unha listaxe de entidades colaboradoras do programa Reforma17.
-
Unha vez tomada a decisión de adquisición de materiais de rehabilitación ou pezas de mobiliario de cociña e baño coas condicións establecidas no artigo 3, a entidade colaboradora terá que:
-
a) Comprobar que o comprador cumpre cos requisitos establecidos no artigo 8 para poder ser beneficiario da axuda.
-
b) Cubrir a solicitude para ese comprador (procedemento do Igape co código IG219), regulada no punto Segundo do Resolvo, mediante a aplicación informática habilitada para o efecto e accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia ou ben desde a oficina virtual do Igape (tramita.igape.es). A aplicación solicitará a inclusión da documentación necesaria e xerará a solicitude do beneficiario por duplicado.
-
-
A solicitude do beneficiario (anexo II) imprímese por duplicado obrigatoriamente desde a aplicación informática, correspondendo un exemplar ao comprador e outro á entidade colaboradora.
-
A entidade colaboradora presentará telematicamente na aplicación a solicitude de axuda unha vez asinada polo beneficiario, mediante o formulario normalizado que se obterá, de xeito obrigatorio, na citada aplicación informática e que se xunta como anexo III a estas bases a título informativo, momento no que se apuntará unha entrada no rexistro telemático da Xunta de Galicia, e se reservará o crédito para esta. Cando a aplicación informática reflicte o estado de «Crédito reservado» significa que existe crédito reservado, e indicarase a contía deste. No momento da presentación, a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico (IDE) que identificará univocamente a solicitude e os seus documentos adxuntos. O IDE estará composto de 40 caracteres alfanuméricos e obterase mediante o algoritmo estándar de extractado SHA-1 160 bits a partir do formulario electrónico da aplicación.
Co formulario de remisión da solicitude (anexo III) deberase incluír dixitalmente a seguinte documentación en formato PDF cun tamaño máximo por arquivo individual de 4 MB:
-
a) Solicitude do beneficiario asinada (anexo II).
-
b) Para acreditar a vinculación da persoa solicitante co domicilio no que se realizará a reforma deberá achegar exclusivamente (non se admitirán outros documentos) un dos seguintes documentos no que estea identificado sen dúbida ningunha o nome da persoa solicitante e o domicilio completo (que deben ser os mesmos que figuran na solicitude de axuda, anexo II):
-
1º. Copia da escritura da vivenda a nome da persoa solicitante, ou
-
2º. Certificado de empadroamento, só no caso de opoñerse á súa consulta.
-
3º. Recibo do imposto de bens inmobles (IBI) do domicilio da reforma a nome da persoa solicitante, ou
-
4º. Recibo domiciliado a nome da persoa solicitante, de auga, electricidade, gas, etc. do domicilio da reforma.
-
-
c) Factura xustificativa, que reflicta con claridade os seguintes datos:
-
1º. Data de emisión.
-
2º. Nome e o DNI/NIE do beneficiario.
-
3º. Descricións dos bens acorde coa solicitude.
-
4º. Importe neto dos bens.
-
5º. Desconto do programa Reforma17, do comercio, calculado como o 20 % do importe neto total. Na factura debe figurar o importe do desconto, debe aplicarse a detracción ao importe neto total e debe constar seguinte literal:
-
Programa Reforma17: 20 % de desconto da entidade colaboradora».
-
6º. Base impoñible.
-
7º. IVE e total da base impoñible máis IVE.
-
8º. Axuda do programa Reforma17, do Igape, polo mesmo importe que o desconto. Na factura debe figurar o importe da axuda, aplicarse a detracción a base impoñible+IVE e constar o seguinte literal:
«Programa Reforma17: axuda do Igape como cesión de crédito do beneficiario á entidade colaboradora».
-
9º. Total que ten que pagar o beneficiario (o beneficiario ten que pagar o total IVE incluído, menos a axuda do Igape).
Non se admitirán as facturas que non cumpran co indicado ou que se manipulen manualmente.
-
d) Xustificante bancario do pagamento realizado polo beneficiario (transferencia bancaria, xustificante bancario de ingreso efectivo por portelo ou certificación bancaria) en que conste a data e o importe da operación, a identificación da persoa que realiza o pagamento, que deberá coincidir co beneficiario da axuda, e a identificación da persoa, empresa ou entidade que recibe o pagamento, e o concepto de tal maneira que permita concluír que se trata do pagamento pola compra realizada.
A este respecto, os xustificantes de pagamento emitidos de forma automática por pagamentos realizados con tarxeta bancaria no establecemento colaborador onde se realiza a compra, poderán ser válidos. Recoméndase, non obstante que nos pagamentos realizados por transferencia ou ingresos en efectivo se consigne no concepto o número de factura.
No caso de que exista financiamento para o cliente, o establecemento deberá conservar o documento xustificativo de que o cobramento da operación se realizou na súa totalidade no prazo establecido polas bases reguladoras Reforma17. A dita documentación xustificativa poderá ser requirida polo Igape durante a tramitación da operación ou en actuacións posteriores de inspección e control. En ningún caso, serán gastos subvencionables os gastos financeiros.
Cando o xustificante de pagamento poña de manifesto que o pagamento o realizou unha persoa distinta ao beneficiario que figura na solicitude (anexo II), debe figurar sen lugar a dúbidas no mesmo documento, que o dito pagamento se realiza por orde do beneficiario, ou xuntar certificación da entidade financeira que así o acredite.
No caso de que o pagamento o realice por transferencia, exista máis dun titular da conta, e non figure o nome do beneficiario no xustificante de pagamento, deberase achegar certificación da entidade financeira que así o acredite.
No caso da banca electrónica deberá vir selado pola entidade financeira ou dispoñer dun código para a súa verificación por terceiros na sede electrónica da devandita entidade financeira.
Os documentos xustificativos (d) e (e) deben reflectir o pagamento efectivo entre o día da presentación da solicitude e o último día do prazo de xustificación. Estes documentos poderán entregarse tamén como emenda da solicitude inicial, cando non estean dispoñibles no momento da solicitude, no prazo de emenda a que se fai referencia no artigo 11 desta Resolución.
-
Comprobación de datos.
Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:
-
a) DNI/NIE da persoa solicitante ou representante.
-
b) Certificado de empadroamento.
No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
-
Co obxecto de executar o máximo do orzamento, unha vez que a contía reservada sexa equivalente á cantidade máxima destinada a esta convocatoria, poderán seguirse cubrindo formularios de solicitude de axuda ata o límite de 150.000 euros. Estas solicitudes aparecerán no estado «Listaxe de espera (núm. na listaxe)» e, de ser o caso, segundo se vaian liberando fondos como consecuencia da cancelación de actuacións reservadas ou da ampliación de crédito, pasarán ao estado «reservada».
-
A aplicación informática informará en tempo real sobre a dispoñibilidade de crédito, impedindo, se é o caso, a presentación de solicitudes, quedando así a entidade colaboradora informada en tempo real da imposibilidade de seguir propoñendo aos seus clientes operacións subvencionables polo Reforma17, despois de consumido o crédito disposto polo Igape para o programa.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .gpx, .hexhash, .inp, .jpg, .kml, .kmz, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tgd, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .xsig, .mp4, .avi, .mov e .wmv
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Prazo de resolución: 30 días hábiles contado desde a data da solicitude na aplicación informática
Sentido do silencio: Negativo
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"
Procedementos e servizos relacionados
Adhesión como entidade colaboradora ao convenio de colaboración para a xestión de axudas relativas ao programa Reforma.
Adhesión como entidade colaboradora ao convenio de colaboración para a xestión de axudas relativas ao Programa Reforma-Tur.