Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
IF318B
Subvencións para a actividade de achatarramento de vehículos.
Procedemento dirixido a: Empresas e profesionais
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Achatarramento de vehículos de transporte de viaxeiros ou mercadorías.
Persoas físicas ou xurídicas.
Xunta de Galicia
Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes
Dirección Xeral de Mobilidade
Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte
Servizo de Coordinación dos Plans de Transporte
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544587
Email: subvencionsfrota.mobilidade@xunta.gal
Prazo de presentación: PECHADO
02/04/2022 00:00 - 30/04/2024 23:59
O prazo para a presentación de solicitudes contarase a partir do día seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e estará vixente ata o 30 de abril de 2024.
1. De acordo co disposto no artigo 14 do Real Decreto 983/2021, do 16 de novembro, serán destinatarios últimos das subvencións convocadas por esta orde, sempre que teñan a súa residencia fiscal na Comunidade Autónoma de Galicia, as persoas físicas ou xurídicas que sexan titulares dalgunha das seguintes autorizacións en vigor á data de solicitude das axudas:
a) Unha autorización de transporte público de mercadorías habilitante para facer transporte con vehículos ou conxuntos de vehículos de máis de 3,5 tn. de masa máxima, identificada coa clave MDPE.
b) Unha autorización de transporte público discrecional de viaxeiros en autobús, identificada coa clave VDE.
c) Unha autorización de transporte privado complementario de mercadorías habilitante para facer transporte con vehículos ou conxuntos de vehículos de máis de 3,5 tn. de masa máxima, identificada coa clave MPCE.
d) Unha autorización de transporte privado complementario de viaxeiros en autobús coa clave VPCE.
e) Unha autorización autonómica de transporte público de mercadorías con clave MDLE, sempre que teñan adscritos á devandita autorización vehículos de máis de 3,5 tn de masa máxima a data de aprobación do presente Real Decreto.
2. Os destinatarios últimos definidos no apartado anterior poderán recibir axudas unicamente en relación coa categoría e clase de vehículos asociada á habilitación que lles outorgue a autorización da que son titulares.
3. Serán igualmente destinatarios últimos das subvencións convocadas mediante esta orde, sempre que teñan a súa residencia fiscal en Galicia, as persoas xurídicas privadas que á data de solicitude da axuda presten o servizo público de transporte urbano en autobús, e estiveran exentas da obtención dalgunha das autorizacións incluídas no apartado 1 do artigo 14 do Real Decreto 983/2021, do 16 de novembro.
4. Non poderán ser destinatarios últimos das axudas:
a) As empresas que se atopen en situación de crise, conforme á definición que para estes efectos se realiza no Regulamento UE 651/2014, do 17 de xuño de 2014.
b) As persoas ou entidades nas que concorra algunha das circunstancias enumeradas no artigo 13, apartados 2 e 3, da Lei 38/2003, do 17 de novembro.
c) As empresas que se atopen suxeitas a unha orde de recuperación pendente sobre calquera axuda ou subvención que lles fose outorgada con anterioridade, ben por declararse axuda ilegal e incompatible co mercado interior, ben por calquera tipo de incumprimento das obrigas que lle viñesen atribuídas na concesión.
d) As empresas ou entidades de titularidade pública que sexan prestadoras do servizo de transporte público urbano.
Solicitude segundo o Anexo I.
Certificado que acredite os datos bancarios para transferencia do importe da axuda, en caso de establecerse anticipo. A persoa destinataria última deberá ser titular do número de conta no que se ingrese a axuda.
Declaración responsable de que a actividade obxecto de subvención adecúase ao principio de «non causar prexuízo significativo» (principio «do not significant harm-DNSH») no sentido establecido no punto 6) do artigo 2 do Regulamento (UE) 2021/241 do Parlamento europeo e do Consello, do 12 de febreiro de 2021, polo que se establece o mecanismo de recuperación e resiliencia.
Declaración responsable de ausencia de conflito de interese en relación coa execución das Actividades para as que solicita subvención no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, segundo o modelo que se recolle no anexo VI desta Orde de convocatoria.
Certificado de alta no Censo de empresarios, profesionais e retedores ou certificado da situación censual, expedido pola Axencia Estatal da Administración Tributaria.
Copia do Permiso de Circulación do vehículo obxecto de achatarramento onde conste a súa data de primeira matriculación, data de matriculación en España e data de expedición. En ausencia de calquera destes documentos, aportarase ol Informe da Dirección Xeral de Tráfico co historial do vehículo.
Copia da Tarxeta ITV (ficha técnica) do vehículo na que conste a normativa Euro do vehículo para achatarrar. No caso de que non conste na Tarxeta ITV (ficha técnica) achegarase documento acreditativo da mesma.
Copia do último recibo do Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica do vehículo para achatarrar, debidamente abonado.
Copia do documento mediante o cal se acredite que a persoa destinataria última da axuda ostenta a titularidade do vehículo para achatarrar polo menos durante os dous (2) anos anteriores á data de solicitude da axuda.
Se é o caso, certificado expedido polo órgano competente da correspondente entidade local que acredite a prestación do servizo público de transporte urbano, nos termos indicados no apartado 3 do artigo 14 do Real Decreto 983/2021, de 16 de novembro.
Outra documentación adicional que o interesado considere conveniente.
Documentación que acredite a representación con que se actúa.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación destes procedementos consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:
a) DNI ou NIE da persoa solicitante ou, no seu caso, do representante.
b) NIF da entidade solicitante, ou no seu caso, da entidade representante.
c) Certificado sobre cumprimento de obrigas tributarias coa Axencia Estatal da Administración Tributaria.
d) Certificado sobre cumprimento de obrigas coa Seguridade Social.
e) Certificado sobre cumprimento de obrigas tributarias coa Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia.
f) Certificado de alta no Imposto de Actividades Económicas.
g) Datos de residencia con data de a última variación do padrón.
h) Consulta de datos de vehículos coa Dirección Xeral de Tráfico (DXT).
i) Consulta de datos de propietarios coa Dirección Xeral de Tráfico (DXT).
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.
Cando así o esixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.
Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (http://sede.xunta.gal)
Prazo de resolución:
Seis meses
Sentido do silencio:
Negativo
- Fase de xustificación
- Renuncia (Anexo VII)
- Solicitude de pago (Anexo VIII)
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 30 de marzo de 2022 pola que se convocan subvencións para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, no marco do compoñente 1 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2022, 2023 e 2024 (DOG nº 64 do 1 de abril de 2022).
-
Extracto da Orde do 30 de marzo de 2022 pola que se convocan subvencións para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, no marco do compoñente 1 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2022, 2023 e 2024 (código de procedimiento IF318B) (DOG nº 64 do 1 de abril de 2022).
-
Resolución do 1 de marzo de 2023 pola que se conceden as axudas solicitadas ao abeiro da Orde do 30 de marzo de 2022, pola que se convocan subvencións para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, no marco do compoñente 1 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2022, 2023 e 2024 (DOG nº 48 do 9 de marzo de 2023).
-
Orde do 9 de xaneiro de 2023 pola que se amplía o crédito existente para a concesión das axudas previstas na Orde 30 do marzo de 2022 pola que se convocan subvencións para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, no marco do compoñente 1 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2022, 2023 e 2024 (DOG nº 10 do 16 de xaneiro de 2023).
-
Resolución do 5 de maio de 2023 pola que se publican as subvencións concedidas do 1 de xaneiro ao 30 de abril de 2023 ao abeiro da Orde do 30 de marzo de 2022, pola que se convocan subvencións para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, no marco do compoñente 1 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2022, 2023 e 2024 (DOG nº 91 do 12 de maio de 2023).
-
Resolución do 9 de maio de 2023 pola que se modifica a Resolución do 1 de marzo de 2023 pola que se conceden as axudas solicitadas ao abeiro da Orde do 30 de marzo de 2022 pola que se convocan subvencións para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, no marco do compoñente 1 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2022, 2023 e 2024 (DOG nº 97 do 24 de maio de 2023).
-
Resolución do 5 de xullo de 2023 pola que se publican as subvencións concedidas do 1 de maio ao 30 de xuño de 2023 ao abeiro da Orde do 30 de marzo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, no marco do compoñente 1 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2022, 2023 e 2024 (DOG nº 134 do 14 de xullo de 2023).
-
Resolución do 6 de outubro de 2023 pola que se publican as subvencións concedidas do 1 de xullo ao 30 de setembro, ao abeiro da Orde do 30 de marzo de 2022, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, no marco do compoñente 1 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2022, 2023 e 2024 (DOG nº 196 do 16 de outubro de 2023).
-
Orde do 19 de outubro de 2023 pola que se amplía o crédito existente para a concesión das axudas previstas na Orde do 30 de marzo de 2022 pola que se convocan subvencións para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, no marco do compoñente 1 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2022, 2023 e 2024 (DOG nº 204 do 26 de outubro de 2023).
-
Resolución do 11 de xaneiro de 2024 pola que se publican as subvencións concedidas do 1 de outubro ao 31 de decembro de 2023 ao abeiro da Orde do 30 de marzo de 2022 pola que se convocan subvencións para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, no marco do compoñente 1 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2022, 2023 e 2024 (DOG nº 15 do 22 de xaneiro de 2024).
-
Corrección de erros. Resolución do 11 de xaneiro de 2024 pola que se publican as subvencións concedidas do 1 de outubro ao 31 de decembro de 2023, ao abeiro da Orde do 30 de marzo de 2022 pola que se convocan subvencións para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, no marco do compoñente 1 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2022, 2023 e 2024 (DOG nº 21 do 30 de xaneiro de 2024).
-
Orde do 6 de marzo de 2024 pola que se establecen criterios para a redistribución do crédito entre as actividades previstas inicialmente na Orde de 30 de marzo de 2022, pola que se convocan subvencións para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestatarias de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, no marco do compoñente 1 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2022, 2023 e 2024 (códigos de procedemento IF318B, IF318C, IF318D, IF318E e IF318F) (DOG nº 54 do 15 de marzo de 2024).
-
Resolución do 3 de abril de 2024 pola que se publican as subvencións concedidas do 1 de xaneiro ao 31 de marzo de 2024 ao abeiro da Orde do 30 de marzo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, no marco do compoñente 1 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2022, 2023 e 2024 (códigos de procedemento IF318B, IF318C, IF318D, IF318E e IF318F) (DOG nº 74 do 15 de abril de 2024).
-
Resolución do 3 de xullo de 2024 pola que se publican as subvencións concedidas do 1 de abril ao 30 de xuño de 2024 ao abeiro da Orde do 30 de marzo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, no marco do compoñente 1 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2022, 2023 e 2024 (códigos de procedemento IF318B, IF318C, IF318D, IF318E e IF318F) (DOG nº 134 do 11 de xullo de 2024).
-
Resolución do 3 de outubro de 2024 pola que se publican as subvencións concedidas do 1 de xullo ao 30 de setembro de 2024 ao abeiro da Orde do 30 de marzo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, no marco do compoñente 1 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2022, 2023 e 2024 (códigos de procedemento IF318B, IF318C, IF318D, IF318E e IF318F) (DOG nº 200 do 16 de outubro de 2024).
-
Orde do 24 de outubro de 2024 pola que se amplía o crédito existente para a concesión das axudas previstas na Orde do 30 de marzo de 2022 pola que se convocan subvencións para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, no marco do compoñente 1 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2022, 2023 e 2024 (códigos de procedemento IF318B, IF318C, IF318D, IF318E e IF318F) (DOG nº 211 do 31 de outubro de 2024).
-
Corrección de erros. Resolución do 3 de outubro de 2024 pola que se publican as subvencións concedidas do 1 de xullo ao 30 de setembro de 2024 ao abeiro da Orde do 30 de marzo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a transformación de frotas de transporte de viaxeiro e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, no marco do compoñente 1 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2022, 2023 e 2024 (códigos de procedemento IF318B, IF318C, IF318D, IF318E e IF318F) (DOG nº 214 do 6 de novembro de 2024).
-
Resolución do 9 de xaneiro de 2025 pola que se publican as subvencións concedidas do 1 de outubro ao 31 de decembro de 2024 ao abeiro da Orde do 30 de marzo de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, no marco do compoñente 1 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2022, 2023 e 2024 (DOG nº 16 do 24 de xaneiro de 2025).
-
Orde do 2 de abril de 2025 pola que se amplía o crédito existente para a concesión das axudas previstas na Orde do 30 do marzo de 2022 pola que se convocan subvencións para a transformación de frotas de transporte de viaxeiros e mercadorías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, no marco do compoñente 1 do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, xestionado polo Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana para os anos 2022, 2023 e 2024 (códigos de procedemento IF318B, IF318C, IF318D, IF318E e IF318F) (DOG nº 70 do 10 de abril de 2025).
-
-
Ámbito Estatal
-
Real Decreto 983/2021, de 16 de novembro, polo que se aproba a concesión directa ás comunidades autónomas e ás cidades de Ceuta e Melilla de axudas para a transformación de flotas de transporte de viaxeiros e mercancías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (BOE nº 275 de 17 de novembro de 2021).
-
Orde TMA/138/2022, de 28 de febreiro, pola que se modifican os Anexos I, III, IV e VI do Real Decreto 983/2021, de 16 de novembro, polo que se aproba a concesión directa ás comunidades autónomas e ás cidades de Ceuta e Melilla de axudas para a transformación de flotas de transporte de viaxeiros e mercancías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (BOE nº 52 de 2 de marzo de 2022).
-
Corrección de erros do Real Decreto 983/2021, de 16 de novembro, polo que se aproba a concesión directa ás comunidades autónomas e ás cidades de Ceuta e Melilla de axudas para a transformación de flotas de transporte de viaxeiros e mercancías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (BOE nº 54 de 4 de marzo de 2022).
-
Real Decreto 188/2022, de 15 de marzo, polo que se modifica o Real Decreto 983/2021, de 16 de novembro, polo que se aproba a concesión directa ás comunidades autónomas e ás cidades de Ceuta e Melilla de axudas para a transformación de flotas de transporte de viaxeiros e mercancías de empresas privadas prestadoras de servizos de transporte por estrada, así como de empresas que realicen transporte privado complementario, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (BOE nº 64 de 16 de marzo de 2022).
-
Outros procedementos relacionados
Autorización para a execución de obras, instalacións ou a realización de calquera outra actividade, así como os cambios de uso, na zona de dominio público viario e/ou nas zonas de protección das estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto accesos.
Aberto todo o ano
Autorización de novo acceso, cambio de uso ou reordenación dun acceso existente na rede de titularidade da Comunidade Autonóma de Galicia.
Aberto todo o ano
Certificación para matriculación e expedición de permiso de circulación ou cambio de titularidade.
Aberto todo o ano
Autorización de transporte e de actividades auxiliares e complementarias.
Aberto todo o ano