Guía de procedementos e servizos

IF310D

Probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros por estrada.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2022 - Prazo pechado: 10/11/2022 00:00 - 20/11/2023 23:59

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Convócanse, para o ano 2023, as probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros/as por estrada, que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia, de acordo co calendario e demais condicións previstas nesta resolución.

No ano 2023 realizaranse oito convocatorias, tanto para as categorías D1, D1 + E, D e D + E, como para as categorías C1, C1 + E, C e C + E, que se desenvolverán de acordo co seguinte calendario:

1ª convocatoria. Intervalo de realización: do 09/01/2023 a 02/02/2023

2ª convocatoria. Intervalo de realización: do 27/02/2023 a 24/03/2023

3ª convocatoria. Intervalo de realización: do 18/04/2023 a 13/05/2023

4ª convocatoria. Intervalo de realización: do 14/06/2023 a 12/07/2023

5ª convocatoria. Intervalo de realización: do 01/09/2023 a 27/09/2023

6ª convocatoria. Intervalo de realización: do 02/10/2023 a 31/10/2023

7ª convocatoria. Intervalo de realización: do 02/11/2023 a 30/11/2023

8ª convocatoria. Intervalo de realización: do 01/12/2023 a 30/12/2023

Condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros/as por estrada que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia.

Xunta de Galicia

Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes

Dirección Xeral de Mobilidade

Subdirección Xeral de Ordenación do Transporte

Servizo de Coordinación dos Plans de Transporte

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881995077

Email: formacion.transportes@xunta.gal

https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/porta

Dirección Xeral de Mobilidade

Prazo de presentación: PECHADO

10/11/2022 00:00 - 20/11/2023 23:59

Prazos de inscrición:

1ª convocatoria: desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG ata o 18/12/2022

2ª convocatoria: desde o 19/12/2022 ata o 09/02/2023

3ª convocatoria: desde o 10/02/2023 ata o 03/04/2023

4ª convocatoria: desde o 04/04/2023 ata o 04/05/2023

5ª convocatoria: desde o 05/05/2023 ata o 05/07/2023

6ª convocatoria: desde o 06/07/2023 ata o 20/09/2023

7ª convocatoria: desde o 21/09/2023 ata o 12/10/2023

8ª convocatoria: desde o 13/10/2023 ata o 20/11/2023

As persoas aspirantes deberán superar os cursos de formación e cumprir os requisitos exixidos no Real decreto 284/2021, do 20 de abril, ou norma que o substitúa, para poderen participar nas probas de constatación da cualificación inicial.

  • Inscrición nas probas para a obtención e/ou renovación da competencia profesional para a actividade de transporte ( 31.01.20)

Pode realizar o pago destas taxas na Oficina Virtual Tributaria.

Solicitudes.

a) As solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente por vía electrónica na sede electrónica do Ministerio de Fomento. Con esta finalidade poderase acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, procedemento IF310D (anexo I), onde se amosará o enlace á sede electrónica do Ministerio de Fomento en que se deberá realizar a inscrición cubrindo os datos requiridos para tal efecto.

De conformidade co artigo 68.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

b) Ao abeiro do establecido no artigo 10.4 da Lei 4/2019, do 17 de xullo, de administración dixital de Galicia, nos procedementos regulados nesta resolución é obrigatoria a presentación electrónica, tanto das solicitudes como da documentación complementaria, dada a necesidade de inscrición na sede electrónica do Ministerio de Fomento para a comprobación de requisitos de acceso ás probas en todo o territorio estatal, e tendo en conta tamén que está dirixido a un colectivo profesional de transportistas de mercadorías e de viaxeiros que, para o exercicio de traballos asociados coa dita profesión, deberán dispoñer de medios para a tramitación electrónica, especialmente nos casos de traballo por conta propia, en que xa resulta obrigatoria de acordo coa lexislación vixente.

Documentación complementaria.

A documentación complementaria do procedemento de inscrición ás probas (IF310D-anexo I) presentarase obrigatoriamente por vía electrónica, para o cal deberá achegarse na opción habilitada para tal efecto dentro da mesma aplicación do Ministerio de Fomento utilizada para a inscrición.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o exixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderá requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

A documentación complementaria que se deberá presentar será o impreso de liquidación das taxas, que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, ou pode recollerse nas oficinas de Atención á Cidadanía e de Rexistro, polo importe que estableza para o efecto a Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

Deberase aboar unha taxa por cada unha das actividades mencionadas a que cada interesado se presente e por cada convocatoria. O pagamento da taxa ten que realizarse durante o período de inscrición da correspondente convocatoria.

O ingreso da/das taxa/s efectuarase en calquera das entidades financeiras colaboradoras autorizadas para a recadación de taxas e prezos pola Comunidade Autónoma de Galicia.

Os códigos que deberán cubrir nos impresos de autoliquidación son os seguintes:

Consellería: 06-Infraestruturas e Mobilidade.

Delegación: 13-Servizos centrais.

Servizo: 02-Mobilidade.

Taxa: 310120-Inscrición nas probas para a obtención e/ou renovación da competencia profesional para a actividade de transporte, a cualificación profesional para a condución de determinados vehículos dedicados á actividade de transporte, e/ou cualificación como conselleiros de seguridade en transporte de mercadorías perigosas.

Na páxina web da Dirección Xeral de Mobilidade, da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, tamén se dará información dos códigos que correspondan para cubrir os impresos de autoliquidación.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas administracións públicas, agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI/NIE en vigor da persoa solicitante.

b) DNI/NIE en vigor da persoa representante, de ser o caso.

c) Inscrición como demandante de emprego.

d) Prestacións ou subsidios por desemprego que se perciban.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario correspondente e achegar os documentos.

Cando así o exixa a normativa aplicable, solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Exención da taxa de inscrición para as probas.

De acordo co establecido na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, terán dereito á exención da taxa do procedemento de inscrición (IF310D-anexo I) as persoas que figuren como demandantes de emprego desde, polo menos, seis meses anteriores á data da convocatoria das probas en que soliciten a súa participación e non estean a percibir prestación ou subsidio por desemprego. O órgano responsable do procedemento comprobará de oficio os ditos requisitos agás que, excepcionalmente, sexa necesario o requirimento á persoa interesada da acreditación documental das ditas circunstancias, debido á imposibilidade de realizar a dita comprobación ou cando sexa necesario, a xuízo do órgano responsable, para acreditar de forma fidedigna o cumprimento dos ditos requisitos.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes.

Todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar tras a presentación da solicitude deberán ser efectuados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Resolución do 1 de decembro de 2021, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se establecen as bases e as regras de desenvolvemento das probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros por estrada que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia en desenvolvemento do Real decreto 284/2021, do 20 de abril (DOG nº 237 do 13 de decembro de 2021).

    • Resolución do 2 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se convocan as probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros/as por estrada, que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2023, en desenvolvemento do Real decreto 284/2021, do 20 de abril, polo que se regulan a cualificación inicial e a formación continua dos condutores de determinados vehículos destinados ao transporte por estrada e polo que se modifica o Regulamento da Lei de ordenación dos transportes terrestres, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro (DOG nº 213 do 9 de novembro de 2022).

    • Resolución do 9 de novembro de 2022, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se desenvolve a Resolución do 2 de novembro de 2022 pola que se convocan as probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros/as por estrada, que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2023 (Diario Oficial de Galicia número 213, do 9 de novembro), e se nomea o tribunal para as convocatorias do ano 2023 (DOG nº 220 do 18 de novembro de 2022).

    • Resolución do 5 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Mobilidade, pola que se modifica a Resolución do 2 de novembro de 2022 pola que se convocan as probas de constatación da cualificación inicial para o exercicio da actividade de condutor/a profesional de determinados vehículos destinados ao transporte de mercadorías ou de viaxeiros/as por estrada, que terán lugar na Comunidade Autónoma de Galicia no ano 2023, en desenvolvemento do Real decreto 284/2021, do 20 de abril, polo que se regula a cualificación inicial e a formación continua dos condutores de determinados vehículos destinados ao transporte por estrada e polo que se modifica o Regulamento da Lei de ordenación dos transportes terrestres, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro (DOG nº 98 do 25 de maio de 2023).

  • Ámbito Estatal
    • Real Decreto 1211/1990, de 28 de setembro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de Ordenación dos Transportes Terrestres (BOE nº 241, de 8 de outubro de 1990).

    • Real decreto 284/2021, do 20 de abril, polo que se regula a cualificación inicial e a formación continua dos condutores de determinados vehículos destinados ao transporte por estrada e polo que se modifica o Regulamento da Lei de ordenación dos transportes terrestres, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro (BOE nº 98 do 24 de abril de 2021)

Outros procedementos relacionados

IF204A

Autorización para a execución de obras, instalacións ou a realización de calquera outra actividade, así como os cambios de uso, na zona de dominio público viario e/ou nas zonas de protección das estradas de titularidade da Comunidade Autónoma de Galicia, excepto accesos.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF205C

Consulta previa de viabilidade dunha autorización.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF205D

Autorización de novo acceso, cambio de uso ou reordenación dun acceso existente na rede de titularidade da Comunidade Autonóma de Galicia.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

IF207B

Reversión de expropiación.

Tramitar en liña

Aberto todo o ano