Guía de procedementos e servizos

ED701B

Valoración previa á asignación das retribucións adicionais vinculadas ao labor docente e ao labor investigador.

Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais

Convocatoria 2019 - Prazo pechado: 01/06/2020 00:00 - 15/06/2020 23:59

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Aprobar a convocatoria ordinaria e abrir o prazo de presentación de solicitudes para a valoración previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento ao labor docente e ao complemento de recoñecemento ao labor investigador establecidos, respectivamente, no artigo 2.1 e 2.2 do Decreto 55/2004, do 4 de marzo, polo que se establecen as retribucións adicionais vinculadas a méritos adicionais docentes, investigadores e de xestión do profesorado universitario (código de procedemento administrativo ED701B).

1. De conformidade co disposto no artigo 1 do citado Decreto 55/2004, poderá solicitar esta valoración previa á asignación das retribucións adicionais sinaladas na base anterior o persoal docente e investigador funcionario e contratado doutor, tanto de carácter fixo como temporal, das universidades públicas que compoñen o Sistema universitario de Galicia (SUG).

2. Tendo en conta o carácter individual e consolidable destes complementos, non se admitirán a trámite as solicitudes dos solicitantes que xa fosen valoradas favorablemente en convocatorias anteriores.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG)

Lamas de Abade, s/n - Edif. CIFP Compostela, 5º andar

15702  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 981534173

Fax: 981534174

Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG)

Prazo de presentación: PECHADO

03/03/2020 00:00 - 31/03/2020 23:59

23/04/2020 00:00 - 01/06/2020 23:59

01/06/2020 00:00 - 15/06/2020 23:59

Reanúdase o prazo de presentación de solicitudes dende o 01-06-2020 ata o 15-06-2020 en virtude do disposto no artigo 9 do Real Decreto 537/2020, de 22 de maio, polo que se prorroga o estado de alarma declarado polo Real Decreto 463/2020, de 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 (BOE núm.145 de 23 de maio de 2020).

Continúa o prazo de solicitudes do 23 de abril de 2020 ata o 1 de xuño de 2020 nos termos previstos na Resolución do 22 de abril de 2020 da Presidenta da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG)

De conformidade co citado artigo 1 do Decreto 55/2004, do 4 de marzo, cos artigos 6.1 e 6.2 da mesma disposición, así como co disposto polos artigos 2 e 3 da Orde do 16 de abril de 2004, segundo a redacción dada pola Orde do 11 de abril de 2006, para obter a valoración positiva será necesario:

a) Para o complemento de recoñecemento ao labor docente:

1. Estar integrado no cadro de persoal docente como funcionario ou como contratado doutor, tanto de carácter fixo como de carácter temporal, de calquera das universidades públicas de Galicia.

2. Acreditar, polo menos, un ano de servizo na súa praza, cumprido en 31 de decembro de 2018 ou ben entre o 1 de xaneiro e o 30 de xuño de 2019.

3. Ter dedicación a tempo completo no exercicio da docencia.

4. Valoración positiva dos méritos en que se sustente a solicitude por parte do consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), de acordo co protocolo de avaliación aprobado para o efecto pola CGIACA na Orde do 16 de abril de 2004.

b) Para o complemento de recoñecemento ao labor investigador:

1. Estar integrado no cadro de persoal docente como funcionario ou como contratado doutor, tanto de carácter fixo como de carácter temporal, de calquera das universidades públicas de Galicia.

2. Acreditar, polo menos, un ano de servizo na súa praza, cumprido en 31 de decembro de 2018 ou ben entre o 1 de xaneiro e o 30 de xuño de 2019.

3. Ter presentado na universidade un traballo de investigación que fose xulgado por un tribunal avaliador, e se lle outorgase o grao de doutor.

4. Valoración positiva dos méritos en que se sustente a solicitude por parte do consorcio Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), de acordo co protocolo de avaliación aprobado para o efecto pola CGIACA na Orde do 16 de abril de 2004.

Presentación das solicitudes

1. Os solicitantes deberán cubrir telematicamente a solicitude (anexo I), común para ambos os complementos, e as memorias de autoavaliación (anexo II.A e II.B), nos modelos dispoñibles na aplicación informática do consorcio ACSUG, a que se deberá acceder a través da páxina web: http://www.acsug.es/convocatorias-abertas. Deberá indicarse cunha aspa para cal ou cales das retribucións adicionais se solicita a valoración.

No caso de que se solicite a valoración previa das dúas retribucións, farase na mesma solicitude.

2. Unha vez cuberta a solicitude (anexo I) do xeito indicado no punto anterior, xerarase o correspondente documento PDF e presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude en formato papel, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de presentación dos formularios na sede electrónica, poderanse dirixir ao teléfono de información 012 ou ao enderezo electrónico 012@xunta.gal.

Documentos necesarios para a tramitación do procedemento

1. Xunto coa solicitude, as persoas interesadas deberán achegar a seguinte documentación:

– Breve memoria de autoavaliación do labor docente, que se presentará de acordo co modelo normalizado que se publica para o efecto como anexo II.A, que poderá descargarse a través da plataforma informática do consorcio ACSUG (só cando se solicite o complemento de recoñecemento ao labor docente).

– Breve memoria de autoavaliación do labor investigador, que se presentará de acordo co modelo normalizado que se publica para o efecto como anexo II.B, que poderá descargarse a través da plataforma informática do consorcio ACSUG (só cando se solicite o complemento de recoñecemento ao labor investigador).

– Outros documentos que a persoa solicitante considere relevantes.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela en que fose realizada a emenda.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberanse indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos en poder das administracións públicas.

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) Título oficial de doutoramento (só cando se solicite o complemento de recoñecemento ao labor investigador).

d) Estar integrado no cadro de persoal docente como funcionario ou como contratado doutor, tanto de carácter fixo como temporal, de calquera das universidades públicas de Galicia, e ter acreditado, polo menos, un ano de servizo na súa praza, cumprido en 31 de decembro de 2018 ou ben entre o 1 de xaneiro e o 30 de xuño de 2019.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos correspondentes.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderáselles solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación de solicitudes

Os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á Carpeta cidadá da persoa interesada na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

Prazo de resolución:

Cinco meses

Sentido do silencio:

Negativo

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 16 de abril de 2004 pola que se publica o protocolo de avaliación elaborado pola Comisión Galega de Informes, Avaliación e Acreditación (CGIACA), relativo aos criterios e méritos de valoración, e ao procedemento para solicitar os complementos de recoñecementos ao labor docente e ao labor investigador (DOG nº 81 do 28 de abril de 2004).

    • Resolución do 20 de febreiro de 2020 pola que se aproba a convocatoria ordinaria para a avaliación previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento ao labor docente, e ao complemento de recoñecemento ao labor investigador e se abre o prazo para a presentación de solicitudes correspondentes á convocatoria de 2019 (DOG nº 41 do 2 de marzo de 2020).

Outros procedementos relacionados

ED431J

Aprobación de centros e institutos de investigación do sistema universitario de Galicia

Tramitar en liña

Aberto todo o ano

CT100A

Inscrición, depósito documental e certificación da sección do Rexistro de Fundacións de Interese Galego do Protectorado da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 01/02/2023 00:00 - 03/03/2024 23:59

ED109A

Bolsas de formación para proxectos de investigación no centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades.

Tramitar en liña

Prazo pechado: 06/06/2018 00:00 - 05/07/2018 23:59

ED421A

Axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades públicas do Sistema universitario de Galicia

Tramitar en liña

Prazo pechado: 10/08/2024 00:00 - 04/10/2024 23:59