Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
ED701B
Valoración previa á asignación das retribucións adicionais vinculadas ao labor docente e ao labor investigador.
Procedemento dirixido a: Cidadáns, Empresas e profesionais
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Aprobar a convocatoria ordinaria e abrir o prazo de presentación de instancias, para solicitar a valoración previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento ao labor docente e ao complemento de recoñecemento ao labor investigador establecidos, respectivamente, no artigo 2.1 e 2.2, do Decreto 55/2004, do 4 de marzo, polo que se establecen as retribucións adicionais vinculadas a méritos adicionais docentes, investigadores e de xestión do profesorado universitario.
1. De conformidade co disposto no artigo 1 do citado Decreto 55/2004, poderá solicitar esta valoración previa á asignación das retribucións adicionais sinaladas na base anterior, o persoal docente e investigador funcionario e contratado doutor das universidades públicas que compoñen o Sistema universitario de Galicia (SUG).
2. Tendo en conta o carácter individual e consolidable destes complementos, non se admitirán a trámite as solicitudes dos solicitantes que xa foran valoradas favorablemente en convocatorias anteriores.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG)
Lamas de Abade, s/n - Edif. CIFP Compostela, 5º andar
15702 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981534173
Fax: 981534174
Prazo de presentación: PECHADO
16/01/2018 00:00 - 12/02/2018 23:59
O prazo para presentar instancias será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
De conformidade co citado artigo 1 do Decreto 55/2004, do 4 de marzo, os artigos 6.1 e 6.2 da mesma disposición, así como co disposto polos artigos 2 e 3 da Orde do 16 de abril de 2004, segundo a redacción dada pola Orde do 11 de abril de 2006, para obter a valoración positiva, será necesario:
a) Para o complemento de recoñecemento ao labor docente:
1. Estar integrado no cadro de persoal docente, como funcionario ou como contratado doutor, de calquera das universidades públicas de Galicia.
2. Que a súa praza sexa fixa e estable, tendo superado o correspondente proceso de concurso-oposición establecido na lei.
3. Acreditar, polo menos, un ano de servizo na súa praza, cumprido o 31 de decembro de 2016 ou ben, entre o 1 de xaneiro e o 30 de xuño de 2017.
4. Ter dedicación a tempo completo no exercicio da docencia.
5. Valoración positiva dos méritos nos que se sustente a solicitude pola Axencia para a Calidade do Sistema universitario de Galicia (ACSUG), de acordo co protocolo de avaliación aprobado para o efecto pola CGIACA na Orde do 16 de abril de 2004.
b) Para o complemento de recoñecemento ao labor investigador:
1. Estar integrado no cadro de persoal docente, como funcionario ou como contratado doutor, de calquera das universidades públicas de Galicia.
2. Que a súa praza sexa fixa e estable, tendo superado o correspondente proceso de concurso-oposición establecido na lei.
3. Acreditar, polo menos, un ano de servizo na súa praza, cumprido o 31 de decembro de 2016, ou ben, entre o 1 de xaneiro e o 30 de xuño de 2017.
4. Ter presentado na universidade un traballo de investigación, que sendo xulgado por un tribunal avaliador, se lle teña outorgado o grao de doutor.
5. Valoración positiva dos méritos nos que se sustente a solicitude pola Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG), de acordo co protocolo de avaliación aprobado para o efecto pola CGIACA na Orde do 16 de abril de 2004.
Os solicitantes deberán cubrir telematicamente a solicitude (anexo I), común para ambos os complementos, e as memorias de autoavaliación (anexo II-A e II-B), nos modelos dispoñibles na aplicación informática da ACSUG á que se deberá acceder a través da páxina web: http://www.acsug.es/convocatorias-abertas. Deberá indicarse cunha aspa para cal ou cales das retribucións adicionais se solicita a valoración.
No caso de que se solicite a valoración previa das dúas retribucións farase na mesma instancia.
Unha vez cuberta a solicitude (anexo I) do xeito indicado no punto anterior, xerarase o correspondente documento PDF e presentarse obrigatoriamente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).
Se algunha das persoas interesadas presentase a súa solicitude en formato papel, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.
En caso de dúbida, dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de presentación dos formularios na sede electrónica, poderanse dirixir ao teléfono de información 012 ou ao enderezo electrónico 012@xunta.gal.
Documentos necesarios para a tramitación do procedemento.
Xunto coa solicitude, as persoas interesadas deberán achegar a seguinte documentación, sempre que non se autorice a súa consulta:
Breve memoria de autoavaliación do labor docente que se presentará de acordo co modelo normalizado que se publica para o efecto como anexo II-A, que se poderá descargar a través da plataforma informática da ACSUG (só cando se solicite o complemento de recoñecemento ao labor docente).
Breve memoria de autoavaliación do labor investigador que se presentará de acordo co modelo normalizado que se publica para o efecto como anexo II-B, que se poderá descargar a través da plataforma informática da ACSUG (só cando se solicite o complemento de recoñecemento ao labor investigador).
Outros documentos que a persoa solicitante considere relevantes.
A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Se algunha das persoas interesadas presentase a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.
Comprobación de datos.
1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente datos en poder das administracións públicas.
DNI/NIE, ou documento equivalente, da persoa solicitante.
Título oficial de doutoramento (só cando se solicite o complemento de recoñecemento ao labor investigador).
Estar integrado no cadro de persoal docente, como funcionario ou como contratado doutor, de calquera das universidades públicas de Galicia, coa praza fixa e estable, tendo superado o correspondente proceso de concurso-oposición establecido na lei, e ter acreditado, polo menos, un ano de servizo na súa praza, cumprido o 31 de decembro de 2016 ou ben, entre o 1 de xaneiro e o 30 de xuño de 2017.
2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.
3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.
Prazo de resolución: Cinco meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Resolución do 14 de decembro de 2017 pola que se aproba a convocatoria ordinaria para a avaliación previa á asignación das retribucións adicionais relativas ao complemento de recoñecemento ao labor docente e ao complemento de recoñecemento ao labor investigador, e se abre o prazo para a presentación de solicitudes (DOG nº 10 do 15 de xaneiro de 2018).
-
Outros procedementos relacionados
Aprobación de centros e institutos de investigación do sistema universitario de Galicia
Aberto todo o ano
Inscrición, depósito documental e certificación da sección do Rexistro de Fundacións de Interese Galego do Protectorado da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
Prazo pechado: 01/02/2023 00:00 - 03/03/2024 23:59
Bolsas de formación para proxectos de investigación no centro Ramón Piñeiro para a investigación en humanidades.
Prazo pechado: 06/06/2018 00:00 - 05/07/2018 23:59
Axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades públicas do Sistema universitario de Galicia
Prazo pechado: 10/08/2024 00:00 - 04/10/2024 23:59