Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
ED550C
Escolarización extraordinaria en centro docente sostido con fondos públicos
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Esta orde ten por obxecto regular o procedemento de escolarización extraordinaria (ED550C) en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato.
Alumnos de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos
Subdirección Xeral de Centros
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546506
Email: sxcentros@edu.xunta.gal
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Esta orde entrará en vigor ao día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e o prazo de presentación de solicitude estará permanentemente aberto desde o día 9 de novembro de 2022.
Documentación que se presenta coa solicitude:
- Solicitude segundo o Anexo III da Orde.
- Anexo III-bis (Comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar e consentimento da outra persoa proxenitora, titora ou acolledora).
- Documento acreditativo da representación.
- Copia do libro de familia ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e os demais membros computables da unidade familiar.
- Resolución administrativa ou xudicial acreditativa da situación de acollemento.
- Certificado de discapacidade do/a alumno/a non expedido pola Administración autonómica
- Informe de trastorno grave de conduta do/a alumno/a
- Traslado da unidade familiar por mobilidade forzosa das persoas proxenitoras ou titoras: documentación xustificativa do carácter forzoso do traslado e certificado de convivencia dos membros computables da unidade familiar.
- Traslado da unidade familiar por discapacidade sobrevida de calquira dos membros computables da unidade familiar: certificado de discapacidade non expedido pola Administración autonómica e certificado de convivencia dos membros computables da unidade familiar.
- Traslado da unidade familiar por cambio de residencia derivado de actos de violencia de xénero: documentación que considere xustificativa do motivo alegado para o cambio.
- Outros supostos de traslado do domicilio da unidade familiar, por causas distintas ás indicadas nos tres recadros anteriores, que impliquen cambio de localidade: certificado de convivencia dos membros computables da unidade familiar.
- Traslado de centro durante o curso sen cambio de localidade: documento acreditativo.
- Inicio dunha medida de acollemento familiar: resolución xudicial ou administrativa acreditativa.
- Agrupamento da unidade familiar nunha mesma localidade: documentación que considere acreditativa da circunstancia determinante do cambio de localidade e certificado de convivencia.
- Situación de acoso escolar: documentación que considere xustificativa do motivo alegado para o cambio.
Comprobacion de datos.
Os documentos relacionados serán obxecto de consulta ás administracións públicas. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no recadro correspondente e achegar unha copia dos documentos.
- DNI/NIE da persoa solicitante.
- DNI/NIE da persoa representante.
MARQUE NO ANEXO III O RECADRO CORRESPONDENTE PARA SINALAR AS CIRCUNSTANCIAS QUE LLE SEXAN DE APLICACIÓN.
- Certificado de nacemento do/a alumno/a (se non ten ou non consta no libro de familia)
- Certificado de discapacidade do/a alumno/a expedido pola Administración autonómica
- Certificado de dependencia do/a alumno/a
- Certificado de discapacidade da persoa solicitante expedido pola Administración autonómica
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG nº 29 do 11 de febreiro de 2022).
-
Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG nº 212 do 8 de novembro de 2022).
-
Corrección de erros. Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (DOG nº 51 do 14 de marzo de 2023).
-
Outros procedementos relacionados
Reserva de praza en centro docente sostido con fondos públicos
Prazo pechado: 15/01/2025 00:00 - 04/02/2025 23:59
Admisión ordinaria en centro docente sostido con fondos públicos.
Prazo pechado: 01/03/2025 00:00 - 20/03/2025 23:59
Axuda extraordinaria comedores escolares.
Prazo pechado: 31/03/2020 00:00 - 06/04/2020 23:59