Guía de procedementos e servizos

ED517J

Inscrición para as probas libres de módulos profesionais de ciclos formativos de formación profesional ao abeiro da Lei orgánica 1/1990.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Prazo pechado: 04/05/2020 00:00 - 15/05/2020 23:59

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

TRAMITAR PRESENCIALMENTE

Esta orde ten por obxecto establecer en centros públicos a realización de dúas convocatorias de probas libres para a obtención de títulos de formación profesional actualmente extinguidos dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, recollidos no anexo II desta orde, co fin de lle permitir finalizar os estudos e lograr a titulación ao alumnado que cursara as ensinanzas dos devanditos títulos na Comunidade Autónoma de Galicia.

Realización das probas.

1. Realizaranse dúas convocatorias no curso académico 2019-2020, consonte o seguinte calendario:

a) A primeira convocatoria realizarase no mes de setembro, antes do comezo das actividades lectivas, co fin de posibilitar a matrícula no ciclo equivalente establecido ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

b) A segunda convocatoria realizarase no mes de xuño, coincidindo co remate das actividades lectivas.

2. Poderán ser obxecto de avaliación nas devanditas convocatorias todos os módulos profesionais dos ciclos formativos extinguidos agás o de Formación en centros de traballo (FCT), que se regulará segundo o disposto no artigo 10 desta orde.

3. O alumnado con módulos pendentes diferentes ao de FCT tras a realización de calquera das dúas convocatorias previstas e que desexe finalizar os estudos correspondentes ao título equivalente establecido ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, poderá matricularse destas ensinanzas, para o que se aplicará o réxime de validacións de módulos establecido na súa normativa reguladora. No caso do réxime ordinario, a matrícula formalizarase no curso que corresponda en función do cumprimento dos requisitos de promoción.

Para poderen acceder á realización das probas libres obxecto desta orde, as persoas aspirantes deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Algunha das condicións de acceso a que se refiren os artigos 6 e 7 da Orde do 15 de xuño de 2016 pola que se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos para impartir ciclos formativos de formación profesional de grao medio e de grao superior en réxime ordinario e para as persoas adultas.

b) Ter formalizado en cursos académicos anteriores a matrícula nalgún centro educativo de Galicia nun ciclo formativo actualmente extinguido, derivado da Lei orgánica1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, obxecto da presente convocatoria.

c) Non estar matriculado/a simultaneamente nas probas libres reguladas nesta orde e no ciclo formativo establecido ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, que substitúa o establecido ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

d) Non estar matriculado/a, durante o período de vixencia da matrícula, simultaneamente nun mesmo módulo profesional nas modalidades a distancia, semipresencial ou presencial, consonte o establecido no artigo 47 do Decreto 114/2010, do 1 de xullo.

e) Ter consumida algunha convocatoria nalgún módulo do ciclo formativo para o que solicita a realización da proba.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Dirección Xeral de Formación Profesional

Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional

Servizo de Programación da Formación Profesional

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881997094

Email: sfp@edu.xunta.es.

http://www.edu.xunta.es/fp

Dirección Xeral de Formación Profesional

Prazo de presentación: PECHADO

17/07/2019 00:00 - 31/07/2019 23:59

04/05/2020 00:00 - 15/05/2020 23:59

Establécense dous prazos de presentación de solicitudes, en función das convocatorias previstas:

a) Para a primeira convocatoria: do 17 ao 31 de xullo de 2019.

b) Para a segunda convocatoria: do 4 ao 15 de maio de 2020.

  • As solicitudes de inscrición, segundo o modelo recollido no anexo I desta orde (código de procedemento ED517J), presentaranse nas secretarías dos centros públicos sede destas probas, de acordo co seguinte:

a) As persoas aspirantes que cursaran o ciclo formativo nun centro público deberán presentar necesariamente a solicitude no mesmo centro en que estiveran matriculadas. En caso de non ofrecerse o ciclo formativo no momento da extinción, entregarase nun dos centros educativos, sede das probas, recollidos no anexo II desta orde.

b) No caso de alumnado procedente de centros privados, deberase presentar a solicitude nalgún dos centros públicos a que se fai referencia anteriormente.

Se a solicitude se remite por correo postal, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario, para garantir que a data de remisión sexa anterior á de pechamento da convocatoria.

  • O modelo de solicitude estará dispoñible na Guía de procedementos e servizos, no enderezo https://sede.xunta.gal e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp. Xuntarase a documentación acreditativa que corresponda.

  • Os centros educativos sede destas probas farán pública no taboleiro de anuncios a listaxe provisional de persoas admitidas no prazo máximo de dous días hábiles desde a finalización da presentación de solicitudes. Contra a listaxe de persoas admitidas, poderase presentar reclamación no prazo máximo de tres días hábiles desde a súa publicación perante a dirección do centro.

  • Os centros educativos sede destas probas farán pública no taboleiro de anuncios a listaxe definitiva de persoas admitidas no prazo máximo de dous días hábiles desde a finalización da presentación de reclamacións.

Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento.

  • Só no caso de non dispor de DNI ou NIE, achegarase un dos seguintes documentos:

    • a) Copia do documento de identificación da Unión europea.

    • b) Copia do pasaporte.

  • Soamente nos casos en que cumpra presentar a solicitude nun centro educativo distinto daquel en que se estivera matriculado/a con anterioridade, xuntarase á solicitude de inscrición a seguinte documentación, segundo os requisitos de acceso alegados:

    • a) Certificación académica relativa ao cumprimento dos requisitos de acceso.

    • b) Certificación da superación da proba de acceso ao ciclo formativo.

    • c) Certificado da superación da proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos.

    • d) De ser o caso, certificación acreditativa de módulos xa superados ou unidades de competencia acreditadas.

Esta documentación será presentada acompañando a solicitude segundo o disposto no artigo 4 desta orde.

  • Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento, consultarase automaticamente o DNI ou NIE da persoa solicitante.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario e achegar o documento.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 28 de xuño de 2019 pola que se convocan probas libres de títulos extinguidos dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (DOG nº 133 do 15 de xullo de 2019).

Outros procedementos relacionados

ED317A

Avaliación e acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas da formación profesional inicial

Aberto todo o ano

ED317B

Solicitude de exención de módulos de formación en centros de traballo (FCT) pola correspondencia coa practica laboral

Aberto todo o ano

ED330B

Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

Prazo aberto: 16/05/2025 00:00 - 20/06/2025 23:59

ED333B

Programa retorna talento FP.

Prazo aberto: 28/03/2025 00:00 - 25/06/2025 23:59