Orientámolo/a, paso a paso, para presentar unha solicitude no rexistro electrónico
ED517J - Inscrición para as probas libres de módulos profesionais de ciclos formativos de formación profesional ao abeiro da Lei orgánica 1/1990.
1. Esta orde ten por obxecto establecer en centros públicos a realización de dúas convocatorias de probas libres para a obtención de títulos de formación profesional actualmente extinguidos dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, co fin de permitir finalizar os estudos e lograr a titulación ao alumnado que cursase as ensinanzas dos devanditos títulos na Comunidade Autónoma de Galicia.
A relación de ciclos formativos para os cales se convocan probas libres de módulos profesionais de títulos extinguidos no curso académico 2016/17 e a dos centros públicos en que se realizarán as devanditas probas figuran no anexo II desta orde.
2. As dúas convocatorias terán lugar no curso académico seguinte ao da extinción definitiva da docencia do título, consonte o seguinte calendario:
A primeira convocatoria realizarase no mes de setembro, antes do comezo das actividades lectivas, co fin de posibilitar a matrícula no ciclo equivalente establecido ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
A segunda convocatoria realizarase no mes de xuño, coincidindo co remate das actividades lectivas.
3. Poderán ser obxecto de avaliación nas devanditas convocatorias todos os módulos profesionais dos ciclos formativos extinguidos agás o de Formación en centros de traballo (FCT), que se regulará segundo o disposto no artigo 9 desta orde.
4. O alumnado con módulos pendentes en ciclos formativos de menos de 2.000 horas de duración tras a realización da primeira convocatoria prevista de probas libres poderá solicitar praza no segundo curso polo réxime ordinario, para os efectos de rematar o ciclo formativo que se extingue, se cumpre os correspondentes criterios de promoción.
5. O alumnado con módulos pendentes diferentes ao de FCT tras a realización de calquera das dúas convocatorias previstas de probas libres e que desexe finalizar os seus estudos poderá matricularse, de ser o caso, nas ensinanzas do título equivalente establecido ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para o cal se aplicará o réxime de validacións de módulos establecidos no real decreto correspondente.
No caso do réxime ordinario, a matrícula formalizarase no curso que corresponda en función do cumprimento dos requisitos de promoción.
Persoas que estén en posesión dun título de técnico ou de técnico superior extinguido.
a) Algunha das condicións de acceso a que se refire o artigo 36 do Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia.
b) Ter formalizada en cursos académicos anteriores a matrícula nalgún centro educativo de Galicia e nun ciclo formativo actualmente extinguido, derivado da Lei orgánica1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, dos cales se convocan probas libres de módulos profesionais.
c) Non estar matriculado/a simultaneamente nas probas libres obxecto desta orde e no ciclo formativo establecido ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, que substitúa o establecido ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.
e) Ter consumido algunha convocatoria nalgún módulo do ciclo formativo para o cal solicita a realización da proba.
Xunta de Galicia
Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades
Dirección Xeral de Formación Profesional
Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional
Servizo de Programación da Formación Profesional
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 881997094
Email: sfp@edu.xunta.es.
Servizo de Programación da Formación Profesional
Orde do 12 de xullo de 2011 pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial (DOG nº 136 do 15 de xullo de 2011).
Orde do 2 de maio de 2016 pola que se convocan probas libres de títulos extinguidos dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (DOG nº 94 do 19 de maio de 2016).
Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación (BOE nº 106 do 4 de maio de 2006).
Real Decreto 1147/2011, do 29 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo (BOE nº 182, do 30 de xullo de 2011).
Prazo de presentación: PECHADO
05/05/2017 00:00 - 15/05/2017 23:59
Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no DOG e os prazos de presentación de solicitudes serán os seguintes: Primeira convocatoria: do 5 ao 15 de xullo de 2016. Segunda convocatoria: do 5 ao 15 de maio de 2017.
- Soamente se o centro onde se presenta a solicitude non coincide co centro onde estivese matriculado/a con anterioridade, á solicitude de inscrición (anexo I) deberáselle achegar a seguinte documentación:
- a) Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante, no caso de non dar o consentimento para a comprobación dos datos de identidade no sistema de verificación do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro.
- b) Certificación academica relativa aos requisitos de acceso.
- c) Certificación da superación da proba de acceso ao ciclo formativo (acceso mediante proba).
- d) Certificado da superación da proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos (acceso mediante proba).
- e) De ser o caso, certificación acreditativa de módulos xa superados ou unidades de competencia acreditadas.
- As solicitudes de inscrición para participar nas probas libres obxecto desta orde presentaranse nas secretarías dos centros públicos que ofrecesen as correspondentes ensinanzas no momento da súa extinción e irán dirixidas á dirección do centro educativo, de acordo co seguinte:
- a) As persoas aspirantes que cursasen o ciclo formativo nun centro público deberán presentar necesariamente a solicitude no mesmo centro en que estivesen matriculadas. En caso de non ofrecerse o ciclo formativo no momento da extinción, rexerase polo disposto na alínea b).
- b) No caso de alumnado procedente de centros privados, deberase presentar a solicitude nalgún dos centros públicos a que se fai referencia anteriormente.
No caso de remitirse a solicitude por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario, para garantir que a data de remisión e anterior á de peche da convocatoria.
- O modelo de solicitude axustarase ao establecido no anexo I desta orde. Estará dispoñible na Guía de procedementos e servizos, no enderezo https://sede.xunta.es, nas xefaturas territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp. Xuntarase a documentación acreditativa que corresponda.
- A sede electrónica da Xunta de Galicia ten ao dispor das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Máis información
Localice o procedemento ou servizo na guía de procedementos e servizos, consulte a información do trámite e revise a documentación obrigatoria para presentar a solicitude que figura na pestana "Presentación" no apartado "Documentación para a presentación".
No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles modelos en formato PDF para aqueles documentos para os que se precisan. Se os necesita:
- Primeiro descargue no seu equipo os modelos PDF (asegúrese de que están descargados, non abertos no navegador).
- A continuación cubra os modelos. Se algunha táboa ten filas e non son suficientes pode engadilas nese documento descargado.
- Por último garde ou imprima en versión PDF un arquivo electrónico de cada modelo cuberto.
- Asine o documento, se así se require.
- Para finalizar anexe o modelo ou modelos en PDF na súa presentación.
No caso de que o procedemento non figure na guía, poderá empregar a solicitude xenérica.
Prema en "Tramitar en liña" para iniciar o trámite electrónico.
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Agora xa está dentro do seu espazo persoal "A miña sede".
Cubra o formulario e lembre que pode gardalo para recuperalo máis adiante desde o apartado "Os meus borradores" de "A miña sede".
Cando o teña cuberto, prema en "Continuar".
Anexe a documentación que queira presentar xunto co formulario. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Pode consultar como enviar ficheiros que non teñen o tamaño ou o formato aceptados por esta sede.
Asine o formulario e a documentación que quere entregar.
Pode facelo cun certificado electrónico empregando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá no seu móbil.
Descargue o xustificante da presentación.
Poderá tamén acceder a este documento desde o apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede".
Consulte como proceder cos documentos de gran tamaño e en distintos formatos
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Lembre que este servizo soamente estará disponible desde o espazo "A miña sede" da sede electrónica e naqueles procedementos que teñan habilitados trámites electrónicos posteriores á solicitude cando así o estableza a súa norma reguladora.
Prepare os arquivos electrónicos necesarios e comprobe que utiliza formatos compatibles coa sede: .bmp, .ce3, .cex, .csv, .cte, .dbf, .doc, .docx, .dwg, .dxfn, .hexhash, .inp, .jpg, .ods, .odt, .pd2, .pdf, .pdl, .png, .prj, .shp, .shx, .tiff, .txt, .xls, .xlsx, .xml, .tgd, .kmz, .kml e .gpx
O tamaño máximo do conxunto de documentos achegados a unha presentación en esta sede é de 100 MB, e non se admiten arquivos comprimidos.
Comprobe o tamaño total do conxunto de documentos que precisa achegar:
- Se é inferior a 100 MB pode achegar todos os documentos á solicitude
- Se é superior a 100 MB separe os arquivos de máis de 100 MB, agrupe o resto en subconxuntos de documentos que non superen os 100 MB e proceda segundo os seguintes pasos
- Presente a solicitude achegando un subconxunto de documentos de menos de 100 MB.
- Repita o trámite de achega de documentación separada da solicitude para cada un dos subconxuntos restantes de documentos, seguindo estes pasos:
- Unha vez finalizada a presentación acceda ao apartado "Os meus expedientes" de "A miña sede", seleccione o expediente da solicitude que acaba de realizar, pulse na opción "Accións" e seleccione "Achega de documentación separada da solicitude".
- Cubra o formulario e pulse en "continuar"
- Achegue o seguinte subconxunto de documentos
- Asine e complete a achega de documentación separada
- Repita este proceso para cada subconxunto de documentos de menos de 100 MB
Se algún arquivo supera individualmente os 100 MB:
- Proceda segundo se explica nos pasos anteriores para o resto de arquivos
- Descargue no seu equipo o modelo xenérico para a achega de documentación separada
- Cubra o modelo, indicando o expediente ou número de rexistro de entrada da solicitude electrónica realizada e a unidade responsable do procedemento
- Imprima o modelo e presénteo de forma presencial, xunto coa documentación en formato físico -CD, DVD, USB-, en calquera das oficinas de rexistro
Máis información
Consulte como responder a un requirimento de emenda de documentación
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos. Na pestana "Presentación", no apartado "Documentación para a presentación" figura o listado de documentos requiridos para a presentación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos. Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede". Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365. Busque o expediente relacionado co requirimento e seleccione no menú "Acción" da dereita a opción "Emenda ao requirimento".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Emenda ao requirimento" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a emenda utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario indicando os datos ou documentos achegados para a emenda.
Anexe os documentos que queira presentar. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a emenda.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da emenda.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Coñeza como achegar documentación xustificativa a un expediente en curso
Revise a documentación obrigatoria para o trámite que vai realizar na ficha do procedemento na Guía de procedementos e servizos.
Na pestana "Despois da presentación", no apartado "Xustificación" figura o listado de documentos requiridos para a xustificación. No apartado "Anexos asociados" ten dispoñibles os modelos en formato .pdf para aqueles documentos para os que se precisan.
Descargue no seu equipo os modelos que deba presentar e cúbraos.
Garde ou imprima a un arquivo electrónico cada modelo cuberto para anexalo posteriormente na presentación.
Acceda ao seu espazo persoal "A miña sede".
Identifíquese empregando un certificado electrónico ou Chave365.
Busque o expediente para o que precisa achegar documentación xustificativa. No menú "Acción" que aparece á dereita seleccione a opción "Achega de documentación xustificativa".
* No caso de que o expediente non apareza no seu espazo persoal, ou a opción "Achega de documentación xustificativa" non estivese dispoñible para ese expediente, poderá realizar electronicamente a xustificación utilizando a solicitude xenérica.
Cubra o formulario.
Indique os documentos que achega para a xustificación.
Anexe os documentos que queira presentar para a xustificación. Inclúa os modelos cubertos no paso 1.
Asine o formulario e os documentos que vai entregar para a xustificación.
Pode facelo con certificado electrónico utilizando a aplicación Autofirma ou, se emprega Chave365, coa clave de sinatura que recibirá nunha mensaxe no seu móbil.
Descargue o xustificante de presentación da xustificación.
Poderá acceder en calquera momento aos seus xustificantes electrónicos desde o seu espazo persoal "A miña sede".
Todos os seus expedientes, presentacións e borradores en "A miña sede"
Para xestionar os seus expedientes o primeiro que debe facer é acceder o seu espazo persoal premendo en "A miña sede" e, a continuación, identificarse empregando calquera dos certificados admitidos nesta sede ou Chave365.
Poderá ver na súa bandexa de entrada os seus últimos expedientes, presentacións e borradores.
Verá en pantalla información detallada de cada expediente ou presentación (número de expediente/rexistro, código e nome do procedemento etc.).
Se desexa ver todos os seus expedientes e presentacións, prema no botón "Ver todos/Buscar".
Ao acceder á pantalla de busca, pode buscar expedientes ou borradores por distintos criterios ou localizalos directamente se coñece o código de acceso.
Poderá realizar accións concretas sobre un expediente (achegar documentación adicional, mellorar unha solicitude, modificar os seus datos de notificación etc.) desde:
- A bandexa de entrada dos seus últimos expedientes, presentacións e borradores, premendo o botón "Acción" da columna "Que podo facer?"
- O detalle do expediente electrónico, premendo directamente nas accións dispoñibles da columna "Que podo facer?"