Guía de procedementos e servizos

ED517J

Inscrición para as probas libres de módulos profesionais de ciclos formativos de formación profesional ao abeiro da Lei orgánica 1/1990.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2017 - Prazo pechado: 05/05/2017 00:00 - 15/05/2017 23:59
TRAMITAR PRESENCIALMENTE

1. Esta orde ten por obxecto establecer en centros públicos a realización de dúas convocatorias de probas libres para a obtención de títulos de formación profesional actualmente extinguidos dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, co fin de permitir finalizar os estudos e lograr a titulación ao alumnado que cursase as ensinanzas dos devanditos títulos na Comunidade Autónoma de Galicia.

A relación de ciclos formativos para os cales se convocan probas libres de módulos profesionais de títulos extinguidos no curso académico 2016/17 e a dos centros públicos en que se realizarán as devanditas probas figuran no anexo II desta orde.

2. As dúas convocatorias terán lugar no curso académico seguinte ao da extinción definitiva da docencia do título, consonte o seguinte calendario:

A primeira convocatoria realizarase no mes de setembro, antes do comezo das actividades lectivas, co fin de posibilitar a matrícula no ciclo equivalente establecido ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

A segunda convocatoria realizarase no mes de xuño, coincidindo co remate das actividades lectivas.

3. Poderán ser obxecto de avaliación nas devanditas convocatorias todos os módulos profesionais dos ciclos formativos extinguidos agás o de Formación en centros de traballo (FCT), que se regulará segundo o disposto no artigo 9 desta orde.

4. O alumnado con módulos pendentes en ciclos formativos de menos de 2.000 horas de duración tras a realización da primeira convocatoria prevista de probas libres poderá solicitar praza no segundo curso polo réxime ordinario, para os efectos de rematar o ciclo formativo que se extingue, se cumpre os correspondentes criterios de promoción.

5. O alumnado con módulos pendentes diferentes ao de FCT tras a realización de calquera das dúas convocatorias previstas de probas libres e que desexe finalizar os seus estudos poderá matricularse, de ser o caso, nas ensinanzas do título equivalente establecido ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para o cal se aplicará o réxime de validacións de módulos establecidos no real decreto correspondente.

No caso do réxime ordinario, a matrícula formalizarase no curso que corresponda en función do cumprimento dos requisitos de promoción.

Persoas que estén en posesión dun título de técnico ou de técnico superior extinguido.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Dirección Xeral de Formación Profesional

Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional

Servizo de Programación da Formación Profesional

San Caetano, s/n

15781  Santiago de Compostela  (Coruña, A)

Teléfono: 881997094

Email: sfp@edu.xunta.es.

http://www.edu.xunta.es/fp

Servizo de Programación da Formación Profesional

Prazo de presentación: PECHADO

05/05/2017 00:00 - 15/05/2017 23:59

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no DOG e os prazos de presentación de solicitudes serán os seguintes: Primeira convocatoria: do 5 ao 15 de xullo de 2016. Segunda convocatoria: do 5 ao 15 de maio de 2017.

a) Algunha das condicións de acceso a que se refire o artigo 36 do Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia.

b) Ter formalizada en cursos académicos anteriores a matrícula nalgún centro educativo de Galicia e nun ciclo formativo actualmente extinguido, derivado da Lei orgánica1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, dos cales se convocan probas libres de módulos profesionais.

c) Non estar matriculado/a simultaneamente nas probas libres obxecto desta orde e no ciclo formativo establecido ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, que substitúa o establecido ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

d) Non estar matriculado/a, durante o período de vixencia da matrícula, simultaneamente nun mesmo módulo profesional nas modalidades a distancia, semipresencial ou presencial, así como nas probas para a obtención deste, consonte o establecido no artigo 47 do Decreto 114/2010, do 1 de xullo.

e) Ter consumido algunha convocatoria nalgún módulo do ciclo formativo para o cal solicita a realización da proba.

  • Soamente se o centro onde se presenta a solicitude non coincide co centro onde estivese matriculado/a con anterioridade, á solicitude de inscrición (anexo I) deberáselle achegar a seguinte documentación:

    • a) Copia do DNI ou NIE da persoa solicitante, no caso de non dar o consentimento para a comprobación dos datos de identidade no sistema de verificación do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, de conformidade co artigo 2 do Decreto 255/2008, do 23 de outubro.

    • b) Certificación academica relativa aos requisitos de acceso.

    • c) Certificación da superación da proba de acceso ao ciclo formativo (acceso mediante proba).

    • d) Certificado da superación da proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos (acceso mediante proba).

    • e) De ser o caso, certificación acreditativa de módulos xa superados ou unidades de competencia acreditadas.

  • As solicitudes de inscrición para participar nas probas libres obxecto desta orde presentaranse nas secretarías dos centros públicos que ofrecesen as correspondentes ensinanzas no momento da súa extinción e irán dirixidas á dirección do centro educativo, de acordo co seguinte:

    • a) As persoas aspirantes que cursasen o ciclo formativo nun centro público deberán presentar necesariamente a solicitude no mesmo centro en que estivesen matriculadas. En caso de non ofrecerse o ciclo formativo no momento da extinción, rexerase polo disposto na alínea b).

    • b) No caso de alumnado procedente de centros privados, deberase presentar a solicitude nalgún dos centros públicos a que se fai referencia anteriormente.

      No caso de remitirse a solicitude por correo, o envío deberá ser certificado, co selo de Correos na primeira folla do formulario, para garantir que a data de remisión e anterior á de peche da convocatoria.

  • O modelo de solicitude axustarase ao establecido no anexo I desta orde. Estará dispoñible na Guía de procedementos e servizos, no enderezo https://sede.xunta.es, nas xefaturas territoriais da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e na páxina web http://www.edu.xunta.es/fp. Xuntarase a documentación acreditativa que corresponda.

  • A sede electrónica da Xunta de Galicia ten ao dispor das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de rexime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 12 de xullo de 2011 pola que se regulan o desenvolvemento, a avaliación e a acreditación académica do alumnado das ensinanzas de formación profesional inicial (DOG nº 136 do 15 de xullo de 2011).

    • Orde do 2 de maio de 2016 pola que se convocan probas libres de títulos extinguidos dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo (DOG nº 94 do 19 de maio de 2016).

  • Ámbito Estatal
    • Lei Orgánica 2/2006, do 3 de maio, de Educación (BOE nº 106 do 4 de maio de 2006).

    • Real Decreto 1147/2011, do 29 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo (BOE nº 182, do 30 de xullo de 2011).

Outros procedementos relacionados

ED317A

Avaliación e acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas da formación profesional inicial

Aberto todo o ano

ED317B

Solicitude de exención de módulos de formación en centros de traballo (FCT) pola correspondencia coa practica laboral

Aberto todo o ano

ED330B

Participación no fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

Prazo aberto: 16/05/2025 00:00 - 20/06/2025 23:59

ED333B

Programa retorna talento FP.

Prazo aberto: 28/03/2025 00:00 - 26/05/2025 23:59