Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
ED517E
Convocatoria de probas libres de títulos extinguidos establecidos ao abeiro da Lei Orgánica 1/1990, do 3 de outubro grao medio
Procedemento dirixido a: Cidadáns
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
A relación de ciclos formativos para os que se convocan probas libres de módulos profesionais no curso académico 2009-2010 e a dos centros públicos en que se realizarán as devanditas probas figuran no anexo I desta orde.
A convocatoria terá lugar no mes de xuño de 2010.
Poderán ser obxecto de avaliación nas devanditas convocatorias todos os módulos profesionais dos ciclos formativos que figuran no anexo I desta orde, agás o de formación en centros de traballo (FCT), que poderá ser obxecto de exención segundo se regula no artigo 8º desta orde.
2. As persoas que, logo de rematada esta convocatoria, teñan aínda módulos pendentes diferentes ao de FCT e que desexen finalizar os seus estudos poderán matricularse no título correspondente ou, de ser o caso, nas ensinanzas do título equivalente establecido ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para o que se aplicará o réxime de validacións de módulos establecido no real decreto correspondente.
No caso do réxime ordinario, a matrícula formalizarase no curso que corresponda en función do cumprimento dos requisitos de promoción.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Dirección Xeral de Formación Profesional
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981546562
Fax: 981546550
Prazo de presentación: Aberto todo o ano
Para a primeira convocatoria: do 10 ao 20 de xullo / Para a segunda convocatoria: do 10 ao 20 de maio.
a) Cumprir os requisitos académicos de acceso directo ou mediante proba aos ciclos formativos correspondentes de grao medio ou superior, establecidos no artigo 41 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.
b) Dispor dunha certificación acreditativa de módulos xa superados do título que se pretenda obter, ou ben certificación acreditativa de unidades de competencia relacionadas con el, obtidas mediante a participación en procesos de acreditación de competencia profesional realizados ao abeiro da Orde do 25 de febreiro de 2008 e da Orde do 1 de setembro de 2009 pola que se convocan unidades de competencia e prazas para o recoñecemento, a avaliación, a acreditación e a certificación da competencia profesional, e se determina o correspondente procedemento experimental, ou ben mediante a participaron en convocatorias de probas realizadas ao abeiro da Orde do 11 de febreiro de 2005, pola que se regulan as probas libres para a obtención dos títulos de técnico e de técnico superior de formación profesional específica da Comunidade Autónoma de Galicia.
c) Non estar matriculado no curso académico 2009-2010 nos mesmos módulos profesionais que os establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, nin, de ser o caso, nos módulos profesionais establecidos ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, que os substitúan.
As solicitudes de inscrición para participar nas probas libres obxecto desta orde presentaranse nas secretarías dos centros públicos designados para cada ciclo formativo, que se determinan no anexo I, no prazo comprendido entre o 10 e o 20 de maio de 2010.
Solicitude segundo modelo normalizado Anexo II
DNI/NIE, pasaporte ou documento de identidade doutro Estado da UE.
Certificado de recoñecemento do grao de minusvalides e ditame tecnico facultativo (no caso de solicitar algún tipo de adaptación para realizar as probas).
SE A PERSOA SOLICITANTE CUMPRE OS REQUISITOS XERAIS DE ACCESO:
-Certificación academica en que conste o expediente academico e o deposito do título, se e o caso (acceso directo).
-Certificado da superación da proba de acceso ao ciclo formativo (acceso mediante proba).
-Certificado da superación da proba de acceso á universidade para maiores de 25 ano (acceso mediante proba).
EXPERIENCIA PROFESIONAL:
-Certificación da Tesourería Xeral da Seguridade Social.
-Certificado de empresa onde faga constar a actividade laboral e o número de horas dedicadas a esta (traballadores/as por conta allea)
-Certificado de alta no imposto de actividades económicas e xustificante do seu pagamento, se e o caso (traballadores/as por conta propia).
SE A PERSOA SOLICITANTE XA TEN MÓDULOS SUPERADOS OU UNIDADES DE COMPETENCIA ACREDITADAS:
-Certificación acreditativa de módulos xa superados.
-Certificación acreditativa de unidades de competencia.
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 25 de marzo de 2010 pola que se convocan probas libres de títulos dos establecidos ao abeiro da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, que foron obxecto do proceso de acreditación de competencias. (DOG nº 72 do 19 de abril de 2010)
-
Outros procedementos relacionados
Avaliación e acreditación académica do alumnado que cursa as ensinanzas da formación profesional inicial
Aberto todo o ano
Solicitude de exención de módulos de formación en centros de traballo (FCT) pola correspondencia coa practica laboral
Aberto todo o ano
Programa retorna talento FP.
Prazo aberto: 28/03/2025 00:00 - 26/05/2025 23:59
Homologación e/ou validación de títulos e estudos estranxeiros de ensinanzas non universitarias.
Aberto todo o ano