Guía de procedementos e servizos
Ir á sección pai
Detalle procedemento
ED416A
Axudas a estudantes universitarios para estadías nalgún estado membro da Unión Europea durante o verán, co obxecto de coñecer a lingua dese país.
Procedemento dirixido a: Cidadáns
As actividades para as cales se solicita a axuda terán que ser realizadas no período comprendido, exclusivamente, entre o 15 de xuño e o 31 de agosto de 2017, ambos os dous inclusive.
A presentación da solicitude implica a aceptación das bases desta convocatoria e a obriga de:
a) Remitir á Secretaría Xeral de Universidades, unha vez finalizada a actividade, a documentación que se solicita no artigo 16.
b) Comunicar por escrito a renuncia á axuda, no caso de producirse, e a causa que determine a dita renuncia.
c) Informar o órgano que concede a axuda da obtención doutras subvencións ou axudas para a mesma finalidade procedentes de calquera Administración pública, ente público ou privado.
d) Facilitar toda a información que lle sexa requirida pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, así como da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, no exercicio das súas funcións de fiscalización e control do destino das axudas, segundo dispón o artigo 14.1.k) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
e) Acreditar mediante certificación que está ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social e de que non ten pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma. Esta certificación poderá ser substituída pola declaración responsable que figura dentro do anexo desta orde, segundo se regula no artigo 11 do regulamento da Lei 9/2007.
Xunta de Galicia
Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional
Secretaría Xeral de Universidades
Subdirección Xeral de Universidades
Servizo de Apoio e Orientación ao Alumnado Universitario
San Caetano, s/n
15781 Santiago de Compostela (Coruña, A)
Teléfono: 981544430
Fax: 981545422
Prazo de presentación: PECHADO
28/01/2017 00:00 - 14/03/2017 23:59
O prazo de presentación de solicitudes será desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia ata o 14 de marzo de 2017.
a) Estar matriculado no curso 2016/17, como mínimo en 50 créditos, en calquera das universidades do Sistema universitario de Galicia, en estudos universitarios oficiais conducentes a unha titulación de grao, licenciatura, diplomatura, enxeñaría, arquitectura, enxeñaría técnica ou arquitectura técnica, e ter superado 60 créditos con anterioridade á data de publicación da orde na titulación que está a realizar.
O alumnado que estea matriculado no traballo fin de grao poderá incluír os créditos que lle correspondan dentro do mínimo dos 50 créditos exixidos.
b) O curso de idiomas debe ter unha duración mínima de tres semanas, cun mínimo de 15 horas lectivas semanais. O idioma que se desexe cursar deberá corresponderse co idioma oficial do país elixido.
2. Queda excluído desta convocatoria:
a) O alumnado que xa resultase beneficiario desta axuda en anteriores convocatorias.
b) O alumnado que durante o curso 2016/17 sexa adxudicatario dunha bolsa do programa comunitario de mobilidade Erasmus+, sempre e cando a estadía que pretenda realizar sexa para perfeccionar a lingua oficial do país en que se está a desenvolver o devandito programa.
As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:
a) Certificación academica oficial completa emitida pola universidade correspondente, nun período non anterior a un mes á data de presentación da solicitude, na cal se farán constar as materias ou creditos en que está matriculado/a no curso academico 2016/17, así como a nota media do expediente academico, obtida de acordo cos parámetros reflectidos no protocolo de colaboración subscrito, o 27 de xuño de 2011, entre a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e as universidades de Santiago de Compostela, A Coruña e Vigo, para a valoración dos expedientes academicos, cuxa publicación no DOG foi acordada pola Resolución da Secretaría Xeral Tecnica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 15 de setembro de 2011 (DOG do 30 de setembro).
O alumnado que estea cursando estudos de 2º ciclo (licenciatura, arquitectura e enxeñaría), por acceder desde unha titulación de 1º ciclo ou desde o 1º ciclo doutra titulación, deberá enviar ademais unha copia da certificación academica oficial relativa ao primeiro ciclo realizado. Igualmente, o alumnado que cursase estudos oficiais de grao, por acceder desde unha titulación de primeiro ciclo ou primeiro e segundo ciclo, deberá presentar unha copia da certificación academica oficial completa na cal se inclúa o recoñecemento dos creditos das materias cursadas neles.
b) Programa do curso de idiomas para o cal se solicita a axuda, no cal deberán figurar o centro e lugar de destino, o período de duración, as datas de realización do curso e o número de horas lectivas semanais.
Non será necesario achegar os documentos que xa fosen presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta e autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.
Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, na súa falta, a acreditación por outros medios dos requisitos aos que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.
A presentación das solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a traves do formulario normalizado ED416A dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365
(https://sede.xunta.gal/chave365).
As solicitudes serán subscritas electronicamente pola persoa interesada ou pola persoa que acredite a súa representación por calquera medio válido en dereito.
Para a presentación electrónica deste procedemento, a sede electrónica da Xunta de Galicia dispón de instrucións de axuda que deberán ser observadas en todo momento polas persoas solicitantes. En caso de dúbida, dificultades tecnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de obtención dos formularios, poderán dirixirse ao telefono de información 012 ou ao enderezo electrónico 012@xunta.gal
Se as dúbidas están relacionadas coa presente convocatoria, poderán facer as súas consultas no enderezo electrónico orientacion.sug@edu.xunta.es
A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.
Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se dispón del.
Prazo de resolución: Catro meses
Sentido do silencio: Negativo
Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"
-
Ámbito Autonómico
-
Orde do 15 de decembro de 2016 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de axudas ao alumnado do Sistema universitario de Galicia para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea durante o verán de 2017, co obxecto de coñecer a lingua dese país (DOG nº 19 do 27 de xaneiro de 2017).
-
Outros procedementos relacionados
Formación práctica de alumnos en centros asistenciais dependentes do Servizo Galego de Saúde.
Aberto todo o ano
Premios fin de carreira da Comunidade Autónoma de Galicia para o alumnado universitario.
Prazo pechado: 29/01/2025 00:00 - 28/02/2025 23:59
Axudas complementarias do Programa comunitario de mobilidade de estudantes "Erasmus+" das universidades públicas.
Prazo pechado: 03/01/2025 00:00 - 03/02/2025 23:59
Axudas destinadas a persoas tituladas universitarias en situación de desemprego para a matrícula nun máster universitario oficial ofertado polas universidades públicas do Sistema universitario de Galicia
Prazo pechado: 10/08/2024 00:00 - 04/10/2024 23:59