Guía de procedementos e servizos

ED312C

Inscrición para a proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio de formación profesional.

Procedemento dirixido a: Cidadáns

Convocatoria 2021 - Prazo pechado: 15/03/2021 00:00 - 26/03/2021 23:59

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Esta orde ten por obxecto a regulación das probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio (código de procedemento ED312C) de formación profesional no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2021.

As probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio teñen por finalidade permitir ás persoas que non posúan o título de graduado en educación secundaria obrigatoria nin un título profesional básico, nin outros estudos equivalentes para os efectos de acceso, continuar a súa formación accedendo aos ciclos formativos de formación profesional de grao medio, nunhas condicións suficientes para cursaren con aproveitamento estas ensinanzas.

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Dirección Xeral de Formación Profesional

Subdirección Xeral de Cualificacións, Planificación e Xestión da Formación Profesional

Servizo de Xestión da Formación Profesional

San Caetano, s/n

15781  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 881997408/ 881997407

Fax: 981546550

Email: dxefpie@edu.xunta.gal

http://www.edu.xunta.gal/fp

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Coruña

Servizo Territorial de Inspección Educativa da Coruña

Vicente Ferrer, 2

15008  Coruña, A  (Coruña, A)

Teléfono: 981184731

Fax: 981184792

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Lugo

Servizo Territorial de Inspección Educativa de Lugo

Ronda Muralla, 70

27071  Lugo  (Lugo)

Teléfono: 982294212

Fax: 982294214

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Ourense

Servizo Territorial de Inspección Educativa de Ourense

Rúa do Concello, 11 - 6º

32003  Ourense  (Ourense)

Teléfono: 988386615

Fax: 988386788

Xunta de Galicia

Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Departamento Territorial da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional de Pontevedra

Servizo Territorial de Inspección Educativa de Pontevedra

R/ Fernández Ladreda, 43 - 8º andar

36003  Pontevedra  (Pontevedra)

Teléfono: 986805918

Fax: 986805699

Dirección Xeral de Formación Profesional

Prazo de presentación: PECHADO

15/03/2021 00:00 - 26/03/2021 23:59

O prazo de presentación estará abranguido entre os días 15 ao 26 de marzo de 2021, ambos os dous incluídos.

Poderán participar na proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio as persoas que non cumpran os requisitos académicos esixidos para acceder a eles e teñan dezasete anos ou os fagan no ano natural de celebración da proba.

Presentación de solicitudes.

1. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado de solicitude, anexo I (código de procedemento ED312C), dispoñible na aplicación informática «Ciclosprobas» (https://www.edu.xunta.es/ciclosprobas/PaxinaInicio.do) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal).

2. Tamén se poderán presentar as solicitudes na secretaría de calquera centro docente público da Consellería de Cultura, Educación e Universidade que imparta ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2020/21. As persoas interesadas deberán cubrir a solicitude a través da aplicación «Ciclosprobas» (https://www.edu.xunta.es/ciclosprobas/PaxinaInicio.do) que xerará un documento en formato PDF co formulario normalizado de solicitude, anexo I (código de procedemento ED312C), que a persoa interesada deberá imprimir e posteriormente presentar no centro de inscrición. No caso de solicitantes menores de idade poderán realizar a solicitude a través da aplicación informática as persoas titulares da patria potestade ou os representantes legais.

3. O centro de inscrición elixido pola persoa solicitante tomarase como referencia para a asignación da sede de realización da proba de acceso.

Documentación complementaria.

1. As persoas interesadas deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Copia do pasaporte ou do documento de identificación da Unión Europea, cando non se dispoña de DNI ou NIE.

b) Resolución xudicial acreditativa da separación ou divorcio, situacións de violencia de xénero ou de que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a unha das persoas proxenitoras (documento 1).

c) Certificado do grao de discapacidade, cando fose expedido por outra comunidade autónoma (documento 2).

d) Ditame técnico facultativo, cando fose expedido por outra comunidade autónoma (documento 3).

e) Xustificación documental do diagnóstico de TDAH (documento 4).

f) Certificado de realización dunha proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional, cando fose expedido por outra comunidade autónoma (documento 5).

g) Certificación académica de módulos superados dun título de formación profesional básica, cando fose expedida por outra comunidade autónoma (documento 6).

h) Certificación académica de módulos superados dun programa de cualificación profesional inicial, cando fose expedida por outra comunidade autónoma (documento 7).

i) Certificación académica de ámbitos superados do nivel II da educación secundaria para as persoas adultas, cando fose expedida por outra comunidade autónoma (documento 8).

j) Certificado de profesionalidade (documento 9).

k) Informe de vida laboral da Tesouraría Xeral da Seguridade Social ou o equivalente da mutualidade laboral que corresponda (documento 10).

l) Persoal das Forzas Armadas: certificación de vida laboral expedida pola pagadoría do centro de destino actual onde consten os empregos desempeñados por destino, coa especialidade militar e o período de exercicio (documento 11).

m) Certificado de ter realizado un curso autorizado de preparación da proba de acceso aos ciclos formativos de grao medio (documento 12).

2. A documentación complementaria presentarase xunto coa solicitude, segundo o establecido nos artigos 16 e 17 desta orde.

As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, cando a relevancia do documento no procedemento o esixa ou existan dúbidas derivadas da calidade da copia, a Administración poderá solicitar de maneira motivada o cotexo das copias achegadas pola persoa interesada, para o que poderán requirir a exhibición do documento ou da información orixinal.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude, deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

Comprobación de datos.

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos en poder da Administración actuante ou elaborados polas Administracións públicas agás que a persoa interesada se opoña á súa consulta:

a) DNI ou NIE da persoa solicitante.

Consultaranse ademais os seguintes datos cando a persoa interesada faga constar na solicitude que lle é de aplicación a circunstancia que acredita o documento correspondente:

a) Certificado do grao de discapacidade, cando fose expedido por organismos dependentes da Xunta de Galicia (documento 2).

b) Ditame técnico facultativo, cando fose expedido por organismos dependentes da Xunta de Galicia (documento 3).

c) Certificado de realización dunha proba de acceso a ciclos formativos de grao medio de formación profesional, realizada en Galicia (documento 5).

d) Certificación académica de módulos superados dun título de formación profesional básica, cursado en Galicia (documento 6).

e) Certificación académica de módulos superados dun programa de cualificación profesional inicial, cursado en Galicia (documento 7).

f) Certificación académica de ámbitos do nivel II da educación secundaria para as persoas adultas, cursado en Galicia (documento 8).

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio e achegar os documentos.

Cando así o esixa a normativa aplicable solicitarase o consentimento expreso da persoa interesada para realizar a consulta.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados, datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude.

Para calquera outro trámite distinto da presentación da solicitude, a sede electrónica da Xunta de Galicia ten ao dispor das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados nos centros educativos de inscrición.

Unha vez presentado este trámite pode consultar o seu expediente en "A miña sede"

  • Ámbito Autonómico
    • Orde do 21 de xaneiro de 2021 pola que se convocan probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional do sistema educativo para o ano 2021 (DOG nº 26 do 9 de febreiro de 2021).

    • Resolución do 26 de febreiro de 2021, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se nomea e se fai pública a composición do tribunal que deberá xulgar as probas de acceso aos ciclos formativos de grao medio e de grao superior de formación profesional para o ano 2021 (DOG nº 44 do 5 de marzo de 2021).

Outros procedementos relacionados

ED306A

Adxudicación de prazas de residencia nos centros residenciais docentes.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 21/06/2025 00:00 - 04/08/2025 23:59

ED308A

Adxudicación de prazas de residencia a persoas colaboradoras bolseiras en centros residenciais docentes.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 21/06/2025 00:00 - 08/08/2025 23:59

ED314D

Subvencións a escolas de música privadas dependentes de institucións sen ánimo de lucro.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 11/06/2025 00:00 - 31/07/2025 23:59

ED314E

Subvencións a escolas de música públicas.

Tramitar en liña

Prazo aberto: 11/06/2025 00:00 - 31/07/2025 23:59